Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Sendo a auga un elemento co cal deberá enfrontarse o Enxeñeiro Civil en practicamente tódolos seus campos de actuación, cómpre o coñecemento dos aspectos dinámicos e cinemáticos (causas e efectos) que rexen o seu comportamento. Esta materia presentase cun aspecto básico dado que nela impártense conceptos e métodos contemplados por primeira vez na carreira (condicións de circulación, ecuacións básicas, modelización, etc.).
Os principais aspectos que se pretende que o alumno domine con claridade son:
1. Entender os conceptos principais da Mecánica de Fluídos e as súas implicacións para a Enxeñería Civil.
2. Coñecer as ecuacións fundamentais que rexen os fluxos incompresibles.
3. Saber distinguir os distintos tipos de fluxos.
4. Adquirir os conceptos básicos para a análise e resolución de problemas de Enxeñaría Hidráulica.
Os contidos establecidos na Memoria Verificado do Título son:
* Estática de fluído e cinemática
* Dinámica de fluídos
* Instalacións de fluxo de fluídos.
* Equipamentos e accesorios para instalacións de fluído
Desenvólvense seguindo o seguinte temario (con indicación de tempo aproximado)
Temario Teórico.
1. Introdución á Mecánica de Fluídos (2 h) (DNP: 3 h)
2. Estática de fluídos. Forzas hidrostáticas sobre superficies: Empuxes (2 h) (DNP: 3 h)
3. Cinemática de fluídos. (1h) (DNP: 3 h)
4. Hidrodinámica de fluídos ideais e reais. (3 h) (DNP: 6 h)
5. Perdas de carga en conducións. Ecuación xeral das perdas de carga. (3 h) (DNP: 8 h)
6. Resistencias de forma en tubarias. Método de lonxitude equivalente (1h) (DNP: 2 h)
7. Tubarias con distribución discreta de caudal (1 h) (DNP: 3 h)
8. Tubarias con distribución continua de caudal (1 h) (DNP: 3 h)
9. Cálculo de instalacións. Tubarias en serie e en paralelo. Sifóns (2 h) (DNP: 4 h)
10. Redes de distribución. Método gráfico (1h) (DNP: 4 h)
11. Redes ramificadas e redes maiadas (1 h) (DNP: 6 h)
12. Medidores de caudal (1 h) (DNP: 2 h)
13. Movemento non permanente en tubarias: Golpe de ariete (1 h) (DNP: 3 h)
14. Turbomáquinas. Clasificación (1 h) (DNP: 3 h)
15. Ecuación de Euler das turbomáquinas (1h) (DNP: 3 h)
17. Cavitación en bombas. Factor NPSH (1 h) (DNP: 3 h)
Total 24 horas
Temario Práctico.
1. Propiedades dos fluídos: densidade, densidade aparente e flotación (1 h) (DNP: 1 h)
2. Cálculo do centro de presións (1 h) (DNP: 1 h)
3. Cálculo da velocidade de saída dun líquido para un nivel de líquido constante (1 h) (DNP: 1 h)
4. Perda de carga continua e singular en tubarias. Análise de funcionamento de sifóns. (1 h) (DNP: 1 h)
6. Recoñecemento de materiais (1 h) (DNP: 1 h)
7. Cálculo da curva característica dunha bomba hidráulica (1 h) (DNP: 1 h)
8. Busca e análise de artigos científicos (1 h) (DNP: 3 h)
9. Proposta de exercicios (16 h) (DNP: 14 h)
Resumo:
Presenciais: 55
Docencia Expositiva 24
Laboratorio 8
Seminarios 16
Titorías en grupos reducidos 3
Exame 4
Non presenciais: 95
Lectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
Bibliografía básica para os contidos teóricos
· White , F. “Mecánica de fluídos" Ed. McGraw Hill (2008)
· Daugherty, F. Mecánica de fluídos con aplicaciones en ingeniería. Mc Graw Hill (1989).
· Crespo, A. “Mecánica de fluídos” Ed. Thomson (2006)
· Finnemore, E.J., J.B. Franzini. “Fluid Mechanics with Engineering Applications”. Ed. McGraw Hill (2002).
· Elger, D.F., B. Lebret, C.T. Crowe, J.A. Roberson. Engineering Fluid Mechanics, 12th Edition. Jhon Wiley (2020)
Bibliografía complementaria
· Fox - McDonald “Introducción a la mecánica de fluídos" Ed. McGraw Hill (1989)
· Shames, I. “La mecánica de los fluídos" Ed. McGraw Hill (1995)
· Mataix, C. “Mecánica de fluídos y máquinas hidráulicas" Ed. del Castillo (1986)
- Douglas, J. F., R.D. Matthews. Solving problems in fluid mechanics. 3rd ed. Harlow: Prentice Hall. (1996)
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnos de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais e transversais:
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CECC7. Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado
Sistema de avaliación
Convocatoria ordinaria
Un exame final (7 puntos). Proba escrita con contidos teóricos e resolución de problemas aplicados.
Competencias a avaliar: todas as competencias xerais e as específicas.
- Prácticas e traballos voluntarios (3 puntos máximo). Asistencia as prácticas de clase e exposición escrita dos resultados obtidos. Proposta e resolución dun problema de transporte de auga baixo determinadas condicións.
Competencias a avaliar: todas as competencias transversais. Para avaliar as prácticas será necesario a asistencia ás mesmas e facer as tarefas encomendadas.
O sistema de avaliación baséase na realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas polo centro, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e cómpre, na mesma, un mínimo de 3,5 pontos sobre 10 para poder superar a materia.
Convocatoria extraordinaria (Segunda oportunidade)
- Mesmos criterios que na convocatoria ordinaria. A puntuación da parte práctica é a acadada na convocatoria ordinaria
Os alumnos repetidores cursarán a materia completa, incluidas prácticas, en cada curso académico
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Isto non impide que poidan realizar outras tarefas de avaliación continua
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Presenciais: 55
Docencia Expositiva 24
Laboratorio 8
Seminarios 16
Titorías en grupos reducidos 3
Exame 4
Non presenciais: 95
Lectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
- Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia
Xan Xosé Neira Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- xan.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 (Aulario 4) |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 (Aulario 4) |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
25.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |