Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Coñecer, comprender e utilizar os principios de identificación e caracterización de especies vexetais.
-Coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
-Coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñería agrícola.
-Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
-Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
-Explicar os procesos básicos do funcionamento vexetal centrándose no metabolismo do carbono como base do desenvolvemento da planta e a súa regulación e integración espacial e temporal, para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
-Instruírlles no método científico, de forma que poidan resolver problemas novos, manexar a gran cantidade de información á que hoxe ten acceso e facer unha análise en profundidade dos distintos fenómenos.
Temario teórico (18h): Relacións hídricas, nutrición e transporte nas plantas.
A economía do carbono. Control do rendemento biolóxico e económico das plantas.
Fisioloxía del desenvolvemento. Regulación endóxena e esóxena.
Fisioloxía en condiciones de estres. Fitorremediación.
Introdución a biotecnoloxía vexetal.
Temario práctico (18h): O potencial da auga. Transpiración Transporte por xilema. Fotosíntese. Hormonas vexetais. Xerminación. Plantas en condicións de estrés.
Bibliografía básica,
Azcón-Bieito J, Talón M (eds). 2008 (2ª ed.). Fundamentos de Fisiología vegetal. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 978-84-481-5168-3. (FVE 120/121/122/123/241).
Barceló J, Nicolás G, Sabater B, Sánchez-Tamés R. 2000 (7ª ed.). Fisiología Vegetal. Madrid: Pirámide. ISBN 84-368-1521-4. (FVE 12).
García Breijo FJ, Roselló Caselles J, Santamarina Siurana MP. 2006. Introducción al funcionamiento de las plantas. Valencia: Ediciones Universidad Politécnica de Valencia. ISBN 84-9705-944-1. (FVE 201).
Hopkins WG, Hüner NPA. 2009 (4ª ed.). Introduction to plant physiology. Nueva York (NY): Wiley. ISBN 978-0-470-24766-2. (FVE 288/344).
Pineda, M. 2004. Resúmenes de Fisiología Vegetal. Córdoba: Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba. ISBN 84-7801-718-6 (FVE 145/243).
Taiz L, Zeiger E, Moller IA, Murphy A. 2015 (6th ed.). Plant physiology and development. Sunderland (MA): Sinauer Associates Inc. ISBN 978-1-60535-255-8. (FVE 374; 5ª ed. FVE317; 4º ed. 132, 196; en castellano, FVE 119/225) http://6e.plantphys.net/.
Bibliografía complementaria,
Beltrán JP, García Olmedo F, Puigdoménech P. 2003. Plantas transgénicas. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-718-0. (FVE 361).
Buchanan RB, Gruissem W, Jones RL. 2015 (2ªed). Biochemistry and molecular biology of plants. Chichester (UK): American Society of Plant Physiologists, Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-470-71422-5.(A VBF77H/AVBF77I/VBF346).http://www.aspb.org/publications/biotext/.
Davies PJ (ed.) 2004 (3ª ed). Plant hormones: biosynthesis, signal transduction, action. Kluwer Academic Publishers, Dordrecht. ISBN 1-4020-2685-4 (1-4020-2686-2 e-book) (FVE 181).
Epstein E, Bloom AJ. 2005 (2ª ed.). Mineral nutrition of plants principles and perspective. Sunderland (MA,USA): SinauerAssociates Inc. ISBN 0-87893-172-4. (FVE 355).
Jones R, Ougham H, Thomas H, Waaland S. 2013. The molecular life of plants. Chichester (UK): Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-470-87012. (FVE 327). http://www.wiley.com/go/molecularlifeofplants.
Raghavendra, A.S. (ed.) 2000. Photosynthesis : a comprehensive treatise. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-78444-1. (FVE 286).
Páxinas webs
http://6e.plantphys.net/
http://www.wiley.com/go/buchanan/biochem
http://plantphys.info/Plant_Biology/Schedule.html
http://www.biologia.edu.ar/plantas/indplantas.htm
http://plantsinmotion.bio.indiana.edu/plantmotion/starthere.html
Xenerais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3 - Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade da contorna humana e natural.
Específicas da materia
FB8- Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na enxeñería.
CR2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
CR 4: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñería agrícola e gandeira.
Transversais
As doce competencias transversais que se recollen na memoria do título trabállanse nas distintas actividades como aparece reflectido no seguinte apartado.
Expositiva:
A materia impartirase en clases maxistrais (expositiva en grupo grande). Nelas, os profesores expoñerán os contidos da materia coa axuda de medios audiovisuais (a súa voz, a lousa e o canón de proxección).
Requirirase a participación dos alumnos en todo momento, pero máis nesta discusión activa da aplicación do aprendido en cada tema. Na aula virtual da materia haberá copias das diapositivas presentadas.( CG1, CG2, FB8, CR2, CR4, CR8, CR9).
Interactiva:
As clases prácticas de laboratorio, que se irán realizando simultaneamente coas clases teóricas.
Realizaranse unha serie de experimentos, seguimentos e/ou observacións aplicando protocolos experimentais estarán antes de cada sesión a disposición na aula virtual que os alumnos deberán coñecer antes de comezalas, producíndose unha preparación previa das prácticas. A asistencia é obrigatoria. Están exentos desta obrigación os alumnos que realizasen todas as prácticas, as prácticas gardaranse durante dous cursos. ( CT1,2,3,4,6e12).
Seminarios:
Nos seminarios (actividades interactivas en grupos reducidos), os alumnos deberán de realizar un traballo relacionado cos temas de teoría e deberán de expoñelo usando o cañon e a lousa. ( CT3,4,5,6,7,8,9,10,11).
Titorías:
Nas titorías resolveranse as dúbidas que os alumnos teñan sobre calquera aspecto da materia.( CT2,3,12).
Os criterios a empregar e o peso de cada parte avaliada quedan plasmados como segue:
-Avaliación teórica:
Exame escrito sobre os contidos da materia. A cualificación será o 55% da nota final. As competencias para avaliar figuran ao final do documento.
Para ser avaliado, o alumno asistiría, polo menos, ao 80% das sesións expositivas (os alumnos repetidores quedan excluídos do requisito anterior se o cumprisen o curso anterior). O
profesor controlará a asistencia mediante unha folla de firmas. ( CG1, CG2, FB8, CR2, CR4, CT2).
-Avaliación de prácticas:
Para ser cualificado neste apartado é condición, sine qua non, i) a asistencia e participación en todas as sesións prácticas programadas, e ii) para valorar o aproveitamento das prácticas o alumno será avaliado mediante a entrega dunha memoria de prácticas.
A cualificación deste apartado será o 25 % da nota final.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. Aos alumnos repetidores conservaráselles a cualificación durante dous cursos.( CT1,2,3,4,6,12).
-Seminarios:
A asistencia a todos os seminarios é obrigatoria para ser cualificado neste apartado. Valorarase a exposición e preparación do tema. A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. Este apartado valerá o 10% da nota final ( CT3,5,6,7,8,9,10,11, CG3, CG5).
-Asistencia e participación nas actividades:
Valorarase a asistencia e participación activa do alumnado nas actividades da aula. O profesor controlará a asistencia mediante unha folla de firmas. A cualificación será un 10% da nota final. ( CG1, CG2, FB8, CR2, CR4, CT2).
Cualificación final da materia: Será a suma das notas obtidas na avaliación teórica, práctica, seminarios e asistencia e participación activa. No caso do alumno repetidor conservaráselles a nota de prácticas durante dous cursos.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade poderá realizarse un exame final teórico-práctico, para os alumnos non aptos na avaliación continua.
Os estudantes con dispensa de asistencia, que renunciasen a asistir a calquera das actividades de ensino programadas debido á reconciliación laboral ou familiar, deberán cumprir coas disposicións da Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatorio asistir ás actividades prácticas.
Horas presenciales: Total 38h.
Clases expositivas: 18h; interactivas: 18h (prácticas de laboratorio y seminario); examen, 2h.
Horas no presenciales: 74,5 h.
Tiempo total de trabajo del alumno = 112,5 horas.
- Recomendase que o alumno consulte cada tema previamente as sesións, independentemente do carácter das mesmas.
- Para o estudio aconsellase facer táboas ou resumes que relacionen as diferentes partes da materia.
- Un estudio diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
- Implicación e participación activa n as discusións que se susciten nos diferentes tipos des sesións.
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento as clases.
Cursar Bioloxía é un requisito fundamental para poder seguir a materia.
E ter coñecementos básicos de Bioquímica facilitará a tarefa discente.
Javier Veloso Freire
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 982822467
- Correo electrónico
- javier.veloso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |