Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
G4091204 e G4071224 - Edafoloxía - Curso 2024/2025
Información xeral:
• Créditos ECTS: 4,50
• Clase Expositiva: 18,00
• Clase Interactiva Laboratorio: 18,00
• Actividades de avaliación 2,5
• Horas de Titorías: 2,00
• Traballo do Alumno ECTS: 72
• Total: 112.5
Obxectivos da materia
(comúns para os diferentes posibles escenarios na vixente situación de pandemia)
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
Coñecemento das bases e fundamentos da Ciencia do Solo para a súa aplicación no ámbito da Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Coñecemento das bases e fundamentos da Ciencia do Solo para a súa aplicación no ámbito da Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
GRADO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
As memorias dos títulos contemplan para esta materia os seguintes contidos:
Conceptos xerais de Edafoloxía.
Factores de formación do solo.
Compoñentes do solo.
Estructura do solo.
Propiedades físicas, químicas y biolóxicas do solo.
Clasificación de solos según o método FAO.
Aptitudes e limitacións dos solos para a producción: clases agrolóxicas.
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS:
BLOQUE I: Conceptos xerais e factores de formación do solo. 5 horas
TEMA 1.- CONCEPTOS DE EDAFOLOXÍA E SOLO.
Concepto de Edafoloxía. Concepto de solo. Organización vertical dos solos: Perfil e horizontes. Nomenclatura e definición dos principais horizontes. Organización lateral: Concepto de pedón e polipedón.
TEMA 2.- FACTORES DE FORMACIÓN DO SOLO
Estudio da acción dos factores de formación e da súa influencia nas propiedades dos solos. Clima. Material de partida. Relevo. Organismos. Tempo.
Horas expositivas bloque I: 5
Horas traballo alumno bloque I: 10
BLOQUE II: Compoñentes do solo. 5 horas
TEMA 3.- O SOLO COMO SISTEMA DISPERSO.
Fases do solo. Definición de fase sólida. Textura do solo. Representación e interpretación dos resultados.
TEMA 4.- A FRACCIÓN MINERAL DO SOLO: FRACCIÓN MINERAL GROSA.
Orixe e composición da fracción inorgánica. A fracción mineral grosa: orixe, función e significado
TEMA 5.- A FRACCIÓN MINERAL FINA.
Orixe, tipos e significado da fracción mineral fina. Compoñentes cristalinos e non cristalinos da fracción fina. Importancia da fracción fina. Capacidade de intercambio iónico. Caracterización do complexo de cambio.
TEMA 6.- A FRACCIÓN ORGÁNICA DO SOLO.
Orixe, contido e composición da materia orgánica do solo. Mineralización e humificación. Tipos de humus. Funcións da materia orgánica no solo. Capacidade de intercambio iónico.
TEMA 7.- AS FASES FLUIDAS DO SOLO.
Formas de auga no solo. Estado enerxético. Aspectos dinámicos da auga no solo. A disolución del solo: orixe, composición e variabilidade. A atmosfera do solo: orixe e composición.
Horas expositivas bloque II: 5
Horas traballo alumno bloque II: 15
BLOQUE III: Propiedades do solo. 5 horas
TEMA 8.- ORGANIZACIÓN DO SOLO.
A estrutura do solo. Mecanismos de formación de agregados. Estabilidade estrutural. Degradación estrutural.
TEMA 9.- PROPIEDADES FÍSICAS DEL SUELO
Densidade real e aparente. Porosidade e tipos de poros. Capacidade de aireación. A cor do solo.
TEMA 10.- PROPIEDADES QUÍMICAS DO SOLO
Acidez do solo. pH do solo: concepto, significado e métodos de determinación. Acidez natural e inducida. Poder de amortiguación do solo. Corrección da acidez. Salinidade alcalinidade. Estado redox do solo: Principais procesos de oxidación-redución nos solos. Concepto de Eh. Diagramas Eh-pH.
TEMA 11.- O SOLO E A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Principais nutrientes. Formas e dinámica dos nutrientes no solo. Importancia relativa das reservas minerais e orgánicas.
Horas expositivas bloque III: 5
Horas trabajo alumno bloque III: 10
BLOQUE IV: Clasificación dos solos. 3 horas
TEMA 12.- CLASIFICACIÓN DOS SOLOS.
Importancia da clasificación dos solos. O sistema FAO-UNESCO: Principais Unidades de solos.
Horas expositivas bloque IV: 3
Horas trabajo alumno bloque IV: 6
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO, CAMPO E RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Práctica 1.- Determinación da textura e da materia orgánica.
Práctica 2.- Determinación de pH e capacidade de intercambio catiónico.
Horas interactivas, prácticas de laboratorio: 4
Horas trabajo alumno, prácticas de laboratorio: 3
PRÁCTICAS DE CAMPO
Práctica 1.- Descrición detallada de perfiles de solo nunha catena sobre xistos nas proximidades do Campus de Lugo.
Práctica 2.- Descrición no campo de perfiles de solo formados sobre diferentes materiais de partida (granitos, xistos, lousas, serpentinitas, anfibolitas, materiais sedimentarios).
Horas interactivas, prácticas de campo: 6
Horas trabajo alumno, prácticas de campo: 2
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Práctica 1. Cálculos relacionados coas propiedades físicas do solo
Práctica 2. Cálculos relacionados coas propiedades químicas do solo
Práctica 3. Clasificación de perfiles de solo
Horas interactivas, resolución problemas: 8
Horas trabajo alumno, resolución problemas: 11
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BASE REFERENCIAL MUNDIAL DEL RECURSO SUELO 2014. Sistema internacional de clasificación de suelos para la nomenclatura de suelos y la creación de leyendas de mapas de suelos. Informes sobre recursos mundiales de suelos nº 106. Roma 2016.
BOHN, H. L., MCNEAL, B.L.,. O'CONNOR G.A. 1993. Química del suelo. 2nd ed., 1ª ed. en español. Limusa, México. 370pp.
CHESWORTH, W. 2008. Encyclopedia of soil Science. Springer, Dordrecht (The Netherlands). 902pp.
DRIESSEN, P. 2001. Lecture notes on the major soils of the world. Organización de LAS NACIONES UNIDAS PARA LA AGRICULTURA Y LA ALIMENTACIÓN. ROMA, 334PP
FITZ PATRICK, E.A., 1984. Suelos: su formación, clasificación y distribución. CECSA, México. 430pp.
GUITIÁN, F., CARBALLAS, T., 1976. Técnicas de análisis de suelos. Editorial Pico Sacro, Santiago de Compostela.
PORTA CASANELLAS J., LOPEZ-ACEVEDO REGUERÍN M., ROQUERO DE LABURU C. 2003. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi Prensa, Madrid.
VARGAS ROJAS, R. 2009. Guía para la descripción de suelos / traducido y adaptado al castellano por Ronald Vargas Rojas. 4ª ed. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. Roma, 99pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BRADY N. C., WEIL R. R. 1999. The Nature and properties of Soils. Ed. Prentice Hall. New Yersey.
BREEMEN, N. van. 1991. Soil Acidification and Alkalinization. In Ulrico, B., M.E. Sumner (eds): Soil Acidity. Springer-Verlag.
DOMINGUEZ VIVANCOS, A. 1997. Tratado de Fertilización. Editorial Mundi –Prensa. Madrid.
DUCHAUFOUR Ph., SOUCHIER B. 1987. Edafología.2. Constituyentes y Propiedades del Suelo. Ed. Masson SA. Barcelona.
HUANG, P.M., LI, Y., SUMNER M.E. 2012.Handbook of soil sciences [Recurso electrónico]. Boca Raton : CRC Press
KATIE, P. 2017. Pedology : formation, morphology and classification of soil. Callisto Reference. New York . 249pp.
MUNSELL COLOR COMPANY. 1998. Munsell Soil Colour Charts. Macbeth Division of Kollomorgen Corporation. MaryLand, USA.
WHITE, R. E. 2006. Principles and practice of soil science: the soil as a natural resource Blackwell Publishing, 4th ed. Malden (Massachusetts) 363 pp.
WILD, A. 1992. Condiciones del suelo y desarrollo de las plantas según Russell. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
PORTA CASANELLAS J., LOPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafologia. Uso y Protección del suelo. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 451 pp.
Páginas web:
http://edafologia.ugr.es
http://www.unex.es/edafo/
COMPETENCIAS
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
Competencias Xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
Esta competencia adquírese parcialmente con esta materia, concretamente, nos aspectos referidos ao solo.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
Esta competencia adquírese parcialmente con esta materia, concretamente, nos aspectos referidos ao solo.
CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do ámbito humano e natural.
Esta competencia adquírese parcialmente con esta materia, concretamente, nos aspectos referidos ao solo.
Competencias Transversais:
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CR2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
Esta competencia adquírese parcialmente con esta materia, concretamente, nos aspectos referidos ao solo como base da produción vexetal.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Competencias Xerais:
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividad profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito forestal.
Esta competencia adquírese, parcialmente nesta materia, concretamente no que se refire á Ciencia do Solo.
CG14 - Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Esta competencia adquírese, parcialmente nesta materia, concretamente no que se refire á Ciencia do Solo.
Competencias Específicas:
CECF3 - Ciencias do Medio Físico: Xeoloxía, Climatoloxía e Edafoloxía.
Esta competencia adquírese, parcialmente nesta materia, concretamente no que se refire á Edafoloxía. O resto adquírese en Xeoloxía e Climatoloxía.
Competencias Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira
CT12- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas e clases interactivas (prácticas, resolución de problemas, elaboración dun traballo de curso e titorías). Como apoio a estas actividades se proporcionará aos alumnos/as material docente axeitado, ben imprimido ou ben a través da Aula Virtual.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. O profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ao alumno abordar o estudo e compresión da materia. Como apoio utilizaranse medios audiovisuais. Promoverase a participación crítica dos alumnos/as.
Competencias traballadas: CG1, CR2
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento aos contidos presentados nas clases de teoría. Realizaranse:
1. Prácticas de laboratorio e campo: Nas prácticas de laboratorio farase a determinación dalgúns parámetros físicos e químicos do solo. No campo describiranse perfís de solo desenvolvidos sobre diferentes materiais de partida e discutiranse as súas propiedades, aptitudes, limitacións e clasificación.
Competencias traballadas: CG2, CG5, CT2, CT8, CT12, CR2
2. Resolución de problemas: Realizaranse cálculos relacionados con propiedades físicas e químicas, así como exercicios relativos á clasificación de solos.
Competencias traballadas: CT2, CT3, CT8, CT12, CR2
3. Titorías: Realizaranse en grupos moi reducidos e utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.
Haberá tamén titorías individualizadas nas que o alumno poderá resolver dúbidas relacionadas con calquera actividade relacionada coa materia.
Competencias traballadas: CG1, CT2, CT12, CR2
4. Elaboración de traballo de campo: O alumno realizará, de forma individual, un traballo consistente nun estudo edafolóxico unha zona determinada. Para a discusión o estudante utilizará a bibliografía básica e complementaria recomendada, tanto en español como en inglés.
Competencias traballadas: CT1, CT3, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas e clases interactivas (prácticas, resolución de problemas, elaboración dun traballo de curso e titorías). Como apoio a estas actividades se proporcionará aos alumnos/as material docente axeitado, ben imprimido ou ben a través da Aula Virtual.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. O profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ao alumno abordar o estudo e compresión da materia. Como apoio utilizaranse medios audiovisuais. Promoverase a participación crítica dos alumnos/as.
Competencias traballadas: CG1, CG14, CECF3
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento aos contidos presentados nas clases de teoría. Realizaranse:
1. Prácticas de laboratorio e campo: Nas prácticas de laboratorio farase a determinación dalgúns parámetros físicos e químicos do solo. No campo describiranse perfís de solo desenvolvidos sobre diferentes materiais de partida e discutiranse as súas propiedades, aptitudes, limitacións e clasificación.
Competencias traballadas: CG1, CG14, CT2, CT8, CT12, CECF3
2. Resolución de problemas: Realizaranse cálculos relacionados con propiedades físicas e químicas, así como exercicios relativos á clasificación de solos.
Competencias traballadas: CT1, CT2, CT3, CT8, CT12, CECF3
3. Titorías: Realizaranse en grupos moi reducidos e utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen. Haberá tamén titorías individualizadas nas que o alumno poderá resolver dúbidas relacionadas con calquera actividade relacionada coa materia.
Competencias traballadas: CG14, CT2, CT12, CECF3
4. Elaboración de traballo de campo: O alumno realizará, de forma individual, un traballo consistente nun estudo edafolóxico unha zona determinada. Para a discusión o estudante utilizará a bibliografía básica e complementaria recomendada, tanto en español como en inglés.
Competencias traballadas: CT1, CT3, CT5, CT8, CT11, CT12
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación a porcentaxe de cada parte sobre a cualificación final:
1. Probas teóricas (inclúe todos os contidos explicados nas clases expositivas e seminarios): 65%. Con estas probas se evaluarán as competencias: CG1, CG2, CG5, CT1, CT2 e CR2.
2. Prácticas de laboratorio: 10%. Con esta actividade avalíanse as competencias: CG2, CG5, CT1, CT2, CT12 e CR2.
3. Traballo de campo: 25%. Utilizarase para evaluar as competencias: CG2, CG5, CT2, CT1, CT3, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12 e CR2.
A realización das prácticas de campo e laboratorio é obrigatoria.
Durante o curso realizarase unha proba parcial. O exame parcial constará de dúas partes e eliminarase aquela/s na/s que se alcance unha cualificación mínima de 5. Para presentarse a esta proba parcial será imprescindible unha asistencia ás clases teóricas e prácticas dun 75%. Para os alumnos/as repetidores/as esta porcentaxe será do 50%.
Na primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro) o/a alumno/a examinarase da segunda parte da asignatura e das partes nno superadas no primeiro parcial. Poderán compensarse as distintas partes non superadas (teoría, prácticas de laboratorio e traballo de campo) sempre e cuando se consiga en cada unha delas unha cualificación mínima de 4,5.
Na segunda oportunidade o/a alumno/a deberá presentarse á/s parte/s non superada/s. Para calcular a cualificación final manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade, é decir, alcanzar unha puntuación mínima de 4,5 en cada parte. O traballo concervarase durante dous anos. A realización das prácticas tamén se conservará dous años; pero será necesario realizar un exame de prácticas si éstas se realizaron en algún ano anterior.
Xa que nesta materia existe proba final, debe saberse que por unha banda é complementaria á avaliación continua das fases anteriores (xa que na proba final se avalían aspectos que non foron avaliados antes), pero tamén pode verse como alternativa á avaliación continua, para os casos de alumnos-as que non tivesen superado as probas de avaliación das fases anteriores. Ademais, debe quedar claro que a proba final é obrigatoria para todo o estudantado (tivese ou non superado a avaliación continua previa), posto que (como xa se indicou) nela se avaliarán algúns aspectos que non foron avaliados anteriormente. O que variará serán os contidos dos que os distintos alumnos-as serán avaliados, posto que os-as alumnos-as que xa tivesen superados algúns en fases anteriores da avaliación continua (segundo os criterios indicados previamente) non terán que examinarse na proba final deses contidos que xa tiñan superados.
Os alumnos/as con dispensa de asistencia a clase serán evaluados mediante exame de cada unha das partes (teoría, prácticas e seminarios) xunto co traballo de campo. Poderán realizar probas parciais. Recoméndaselles a realización das prácticas de campo e laboratorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación a porcentaxe de cada parte sobre a cualificación final:
1. Probas teóricas (inclúe todos os contidos explicados nas clases expositivas e interactivas): 65%. Con estas probas se evaluarán as competencias: CG1, CG14, CT1, CT2, CECF3.
2. Prácticas de laboratorio: 10%. Avalíanse as competencias: CG1, CG14, CECF3, CT1, CT2, CT12.
3. Traballo de campo: 25%. Utilizarase para avaliar as competencias: CG1, CG14, CECF3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT11 y CT12.
A realización das prácticas de campo e laboratorio é obrigatoria.
Durante o curso farase unha proba parcial que será eliminatoria, a condición de que se alcance unha cualificación mínima de 5. Para presentarse a esta proba parcial será imprescindible unha asistencia ás clases teóricas e prácticas dun 75%. Para os alumnos /as repetidores esta porcentaxe será do 50%.
Na primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro) o alumno examinarase de toda a materia (en caso de non superar o primeiro parcial) ou só da segunda parte da asignatura (caso de superar o primeiro parcial). Poderán compensarse as distintas partes non superadas (teoría, prácticas de laboratorio e traballo de campo) a condición de que se consiga en cada unha delas unha cualificación mínima de 4,5.
Na segunda oportunidade o alumno deberá presentarse á/s parte/s non superadas (teoría, prácticas de laboratorio e/ou traballo de campo). Para calcular a cualificación final manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade, é dicir alcanzar unha puntuación mínima de 4,5 en cada parte. O traballo concervarase durante dous anos. A realización das prácticas tamén se conservará dous años; pero será necesario realizar un exame de prácticas si éstas se realizaron en algún ano anterior.
Xa que nesta materia existe proba final, debe saberse que por unha banda é complementaria á avaliación continua das fases anteriores (xa que na proba final se avalían aspectos que non foron avaliados antes), pero tamén pode verse como alternativa á avaliación continua, para os casos de alumnos-as que non tivesen superado as probas de avaliación das fases anteriores. Ademais, debe quedar claro que a proba final é obrigatoria para todo o estudantado (tivese ou non superado a avaliación continua previa), posto que (como xa se indicou) nela se avaliarán algúns aspectos que non foron avaliados anteriormente. O que variará serán os contidos dos que os distintos alumnos-as serán avaliados, posto que os-as alumnos-as que xa tivesen superados algúns en fases anteriores da avaliación continua (segundo os criterios indicados previamente) non terán que examinarse na proba final deses contidos que xa tiñan superados.
Os alumnos/as con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante examen de cada unha das partes (teoría, prácticas e seminarios) xunto co traballo de campo. Poderán realizar probas parcias. Recoméndaselles a realización das prácticas de campo e laboratorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Elaboración de traballo de curso: 15 h
Lectura e preparación de temas, prácticas e probas de avaliación: 57 h
TOTAL: 72 h
GRADO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA Y AGROALIMENTARIA
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Seguimento aplicado das clases de teoría. Realización das prácticas de campo e laboratorio. Resolución das cuestións teórico-prácticas que se propoñen. Resolución das dúbidas nas titorías e un estudo continuado da materia.
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823141
- Correo electrónico
- mf.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Souza Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- pablo.souza [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Antonio Moreno Robles
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- antonio.moreno.robles [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |