Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia, contemplada nos Plans de Estudo das Titulacións de Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroaliamentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado habilidades de razoamento espacial, así como ferramentas de expresión gráfica acordes coas novas tecnoloxías da información e coñecementos básicos sobre Normalización neste eido, que lle faciliten as operacións de deseño e representación de obxectos tridimensionais relacionados coa súa futura actividade profesional. Hai que dotar ao alumno/a, futuro/a enxeñeiro/a, dos coñecementos prácticos que lle permitan entenderse e expresarse nunha linguaxe gráfica, común ás distintas profesións técnicas.
Así, os contidos da materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría" responden a unha meta primordial, que se formula con respecto a esta materia e ao seu bloque formativo: a de conseguir que o alumnado, ao finalizar os seus estudos, sexa capaz de elaborar e xestionar a documentación gráfica necesaria para a redacción dun proxecto da súa especialidade. Neste caso, e dacordo co recollido na Memoria da titulación, os resultados da aprendizaxe nesta materia deben contemplar tamén unha introdución á utilización dalgún programa de CAD (preferentemente AutoCAD, pola súa ampla utilización no mundo da enxeñaría), co obxectivo de adquirir uns coñecementos básicos de representación con estas ferramentas.
Para chegar a alcanzar este obxectivo é necesario que o alumnado traballe as seguintes destrezas e habilidades, tanto de tipo xenérico (que deberan ser comúns e transversais a todas as materias) como específico:
XENÉRICAS:
a) Capacidade para a análise e a síntese.
b) Capacidade para aprender.
c) Capacidade para resolver problemas.
d) Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
e) Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
f) Capacidade para a toma de decisións.
g) Capacidade para o traballo autónomo, xa sexa en grupo ou individualmente.
ESPECÍFICAS:
De tipo informativo:
a) O coñecemento racional e dedutivo dos fundamentos da Xeometría que permitan resolver os problemas de trazados xeométricos planos de uso habitual nos debuxos da especialidade.
b) O coñecemento aplicado dos principais Sistemas de Representación, dos seus fundamentos e técnicas, con especial dedicación aos Sistemas Diédrico, Axonométrico e de Planos Acoutados.
c) O coñecemento básico da Normalización en xeral e das normas de aplicación ao Debuxo Técnico no ámbito profesional da enxeñaría.
d) O coñemento dun programa universal de CAD como ferramenta rápida e precisa para resolver os problemas de trazados xeométricos de uso habitual nos debuxos da especialidade, para a resolución de problemas espaciais e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
e) O coñecemento da estruturación da documentación gráfica dun proxecto de enxeñaría.
De tipo formativo:
a) A adquisición e fortalecemento de visión e comprensión espacial.
b) A adquisición de destreza no manexo das ferramentas informáticas aplicadas á expresión gráfica, co fin de obter unha boa representación da realidade.
c) A adquisición de capacidade para a interpretación de calquera dos principais Sistemas de Representación, e para facer representacións nos Sistemas Diédrico, Axonométrico e de Planos Acoutados empregando as novas tecnoloxías.
d) A adquisición de capacidade de análise e resolución de problemas gráficos.
e) A adquisición de destreza no manexo dos instrumentos de debuxo e precisión e de hábitos de pulcritude, co fin de obter unha boa calidade dos trazados.
f) A utilización do debuxo a man alzada como instrumento de análise espacial.
Todo isto concorda co recollido nas Ordes Ministeriais CIN/323/2009 e CIN/324/2009, polas que se establecen respectivamente os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio das profesións de Enxeñeiro Técnico Agrícola e Enxeñeiro Técnico Forestal, que establecen literalmente que o alumnado, na súa formación, debe adquirir “capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computadora”.
As Memorias dos Títulos de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural contemplan para esta materia os seguintes contidos:
- Debuxo Técnico e Normalización.
- Estudo dos Sistemas de Representación.
- Introdución ao DAO.
- Fundamentos dos Sistemas de Representación.
- Xeometría Descritiva.
- Sistema de Planos Acotados: principios básicos e principais aplicacións.
- Sistema Axonométrico: trazado práctico de perspectivas.
- Sistema Diédrico: principios básicos e representación por vistas.
- Normalización do Debuxo Técnico.
- Introdución ao Deseño Asistido por Ordenador.
Estes contidos teóricos e prácticos vanse desenvolver ao longo do semestre a través dos bloques e temas que se detallan a continuación, coa distribución temporal presencial que se sinala en ambos casos (tendo en conta que a materia se reparte en 24 horas expositivas, 24 interactivas e 3 de titorías en grupo).
Os 6 bloques que se presentan neste apartado constitúen os contidos esenciais e necesarios para superar esta materia. Non obstante, os temas que aparecen marcados (*) correspóndense cos de maior importancia, dacordo co sentido da materia nas titulacións nas que se imparte, sendo necesario para a súa correcta interpretación o dominio do resto dos recollidos en cada bloque.
Para cada tema, recóllese a temporalización (en horas presenciais) referida á exposición teórica nas clases expositivas e á realización das prácticas de aula nas clases interactivas, e tamén para cada bloque temático se presenta unha estimación do tempo de traballo autónomo do alumnado (en horas non presenciais HNP) ata completar as horas que corresponden á materia pola súa carga de 6 créditos ECTS (150 horas en total).
BLOQUE I - Os Sistemas de Representación. (2 HNP)
Tema 1.- FUNDAMENTOS DOS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN. (*) (1 hora expositiva)
1.1 A proxección. Tipos e propiedades.
1.2 Sistemas de Representación. Condición Fundamental. Clasificación.
1.3 Sistema Diédrico. Fundamentos e aplicacións.
1.4 Sistema de Planos Acoutados. Fundamentos e aplicacións.
1.5 Sistema Axonométrico. Fundamentos e aplicacións.
1.6 Sistema Cónico. Fundamentos e aplicacións.
BLOQUE II - Sistema de Planos Acoutados. (30 HNP)
Tema 2.- O PUNTO E A RECTA. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
2.1 Representación do punto.
2.2 Representación da recta. Pendente, módulo ou intervalo, traza.
2.3 Graduación dunha recta.
2.4 Pertenza punto-recta. Obtención da cota dun punto da recta.
2.5 Posicións particulares da recta.
2.6 Posicións relativas entre dúas rectas.
2.7 Orientación xeográfica dunha recta.
Tema 3.- O PLANO. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
3.1 Determinación e representación do plano.
3.2 Rectas notables: horizontais, traza e rectas de máxima pendente.
3.3 Pendente e módulo dun plano.
3.4 Posicións particulares do plano.
3.5 Pertenza punto-plano e recta-plano.
3.6 Determinación da pendente dunha recta do plano.
3.7 Trazado dun plano de pendente dada que pase por un punto.
3.8 Trazado dun plano de pendente dada que conteña a unha recta.
3.9 Trazado dunha recta de pendente dada que pertenza a un plano.
3.10 Representación de figuras planas.
3.11 Utilización dun plano auxiliar vertical: alzados.
Tema 4.- INTERSECCIÓNS (RECTA e PLANO). (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
4.1 Intersección de dúas rectas. Casos particulares.
4.2 Intersección de planos. Casos particulares.
4.3 Intersección de recta e plano. Casos particulares.
4.4 Intersección dun plano cunha figura plana.
4.5 Intersección dunha recta cunha figura plana.
4.6 Intersección de dúas figuras planas entre sí.
Tema 5.- PARALELISMO E PERPENDICULARIDADE. (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
5.1 Paralelismo entre rectas.
5.2 Paralelismo entre planos.
5.3 Paralelismo entre recta e plano.
5.4 Teoremas de perpendicularidade.
5.5 Perpendicularidade entre recta e plano.
5.6 Perpendicularidade entre rectas.
5.7 Perpendicularidade entre planos.
Tema 6.- ABATEMENTOS. (1 hora expositiva+ 1 hora interactiva)
6.1 Xeneralidades.
6.2 Abatemento dun punto pertencente a un plano.
6.3 Abatemento dunha recta pertencente a un plano.
6.4 Abatemento dunha figura plana.
Tema 7.- DISTANCIAS. (*) (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
7.1 A distancia real e a distancia reducida.
7.2 Distancia entre dous puntos.
7.3 Distancia dun punto a un plano.
7.4 Distancia dun punto a unha recta.
7.5 Distancia entre dúas rectas paralelas.
7.6 Distancia entre dous planos paralelos.
7.7 Distancia entre unha recta e un plano paralelo a ela.
7.8 Mínima distancia entre dúas rectas que se cruzan.
Tema 8.- ÁNGULOS. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
8.1 Ángulo dunha recta co plano de proxección.
8.2 Ángulo dun plano co de proxección.
8.3 Ángulo de dúas rectas que se cortan.
8.4 Ángulo de dous planos.
8.5 Ángulo dunha recta cun plano.
Tema 9.- REPRESENTACIÓN DE VOLUMES. SECCIÓNS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
9.1 Corpos xeométricos.
9.2 Poliedros. Poliedros regulares.
9.3 Prismas e pirámides.
9.4 O cono e o cilindro.
9.5 A esfera.
9.6 Intersección entre corpos e planos: seccións.
9.7 Intersección entre corpos e rectas.
9.8 Intersección entre corpos.
9.9 Sombra despedida por un corpo.
Tema 10.- APLICACIÓNS – I : CUBERTAS E SOLEIRAS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
10.1 Cubertas. Nomenclatura.
10.2 Resolución de cubertas con perímetro poligonal a igual cota.
10.3 Cubertas con patio interior.
10.4 Cubertas con perímetro poligonal a distintas cotas.
10.5 Cubertas con beirados inclinados.
10.6 Cálculo da superficie dos faldóns.
10.7 Determinacións complementarias (alzados, seccións…).
10.8 Soleiras.
Tema 11.- APLICACIÓNS – II : REPRESENTACIÓN DO TERREO. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
11.1 Superficie topográfica. Curvas de nivel. Equidistancia.
11.2 Singularidades do terreo.
11.3 Liña de máxima pendente.
11.4 Determinación da cota dun punto do terreo. Interpolación de curvas de nivel.
11.5 Verdadeira distancia entre dous puntos do terreo.
11.6 Trazado dun itinerario con pendente constante.
11.7 Intersección dun plano cunha superficie topográfica.
11.8 Perfís do terreo.
11.9 Panoramas topográficos.
11.10 Superficies vistas e ocultas. Zonas de sombra.
Tema 12.- EXPLANACIÓNS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
12.1 Explanacións: xeneralidades. Plataforma e noiros de desmonte e terraplén.
12.2 Obtención da configuración final dunha explanación. Acordos.
12.3 Caso particular de plataforma con bordes inclinados.
12.4 Caso particular de plataforma con bordes curvos horizontais.
12.5 Caso particular de plataforma con bordes curvos inclinados.
12.6 Trazado de perfís transversais.
12.7 Cubicación do volume de terras removido.
Tema 13- VÍAS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
13.1 Condicionantes no trazado dunha vía de comunicación.
13.2 Traza lonxitudinal do eixo da vía.
13.3 Trazado do perfil lonxitudinal. Rasante.
13.4 Plano de planta.
13.5 Trazado dos perfís transversais. Perfís tipo. Cubicación.
BLOQUE III - Sistema Diédrico (Método Directo). (28 HNP)
Tema 14.- O PUNTO E A RECTA. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
14.1 Comparación entre os métodos tradicional e directo.
14.2 Representación do punto. Sistema de coordenadas. Notación.
14.3 Representación da recta. Proxección de perfil.
14.4 Posicións particulares e posicións favorables da recta.
14.5 Pertenza punto-recta.
14.6 Conversión dunha recta oblicua noutra en posición favorable.
Tema 15.- O PLANO. (1 hora exp ositiva + ½ hora interactiva)
15.1 Determinación e representación do plano.
15.2 Pertenza recta-plano e punto-plano.
15.3 Rectas notables dun plano.
15.4 Posicións particulares e posicións favorables do plano.
15.5 Conversión dun plano oblicuo noutro en posición favorable.
Tema 16.- INTERSECCIÓNS (RECTA e PLANO). (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
16.1 Intersección de dúas rectas. Casos particulares.
16.2 Intersección de dous planos. Casos particulares.
16.3 Intersección entre recta e plano. Casos particulares.
16.4 Visibilidade da recta e o plano nas interseccións.
Tema 17.- PARALELISMO E PERPENDICULARIDADE. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
17.1 Paralelismo entre rectas.
17.2 Paralelismo entre planos.
17.3 Paralelismo entre recta e plano.
17.4 Recordando os Teoremas de perpendicularidade.
17.5 Perpendicularidade entre recta e plano.
17.6 Perpendicularidade entre rectas.
17.7 Perpendicularidade entre planos.
Tema 18.- DISTANCIAS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
18.1 Distancia entre dous puntos.
18.2 Distancia dun punto a un plano.
18.3 Distancia dun punto a unha recta.
18.4 Distancia entre dúas rectas paralelas.
18.5 Distancia entre dous planos paralelos.
18.6 Distancia entre unha recta e un plano paralelo a ela.
Tema 19.- ÁNGULOS. (½ hora expositiva + ½ hora interactiva)
19.1 Ángulo dunha recta cun plano de proxección.
19.2 Ángulo dun plano cun de proxección.
19.3 Ángulo de dúas rectas que se cortan.
19.4 Ángulo de dous planos.
19.5 Ángulo dunha recta cun plano.
Tema 20.- MÉTODOS AUXILIARES – I : ABATEMENTOS. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
20.1 Finalidade dos métodos auxiliares.
20.2 Recordando o concepto de abatemento dun plano.
20.3 Obtención das posicións abatidas dun punto, dunha recta e dunha figura
plana contidas no plano que se abate.
20.4 Aplicación da afinidade plana á resolución de problemas de abatementos.
20.5 Restitución das proxeccións dunha figura plana abatida.
Tema 21.- MÉTODOS AUXILIARES – II : CAMBIOS DE PLANO. (1 hora expositiva + ½ hora interactiva)
21.1 Concepto.
21.2 Cambio de Plano Vertical: obtención de alzados auxiliares.
21.3 Cambio de Plano Horizontal: obtención de plantas auxiliares.
21.4 Cambios de plano sucesivos.
Tema 22.- MÉTODOS AUXILIARES – III : XIROS. (1/2 hora expositiva)
22.1 Concepto.
22.2 Xiro dun punto.
22.3 Xiro dunha recta.
Tema 23.- REPRESENTACIÓN DE VOLUMES. SECCIÓNS. (*) (1 hora expositiva + 1 hora interactiva)
23.1 Representación diédrica e lectura de corpos xeométricos. Vistas.
23.2 Intersección entre corpos e planos: seccións.
23.3 Intersección entre corpos e rectas.
BLOQUE IV - Perspectivas. (12 HNP)
Tema 24.- SISTEMA AXONOMÉTRICO. TRAZADO PRÁCTICO DE PERSPECTIVAS. (*) (2 horas expositivas + 2 horas interactivas)
24.1 Axonometría ortogonal. Tipos de axonometría ortogonal. Escalas axonométricas.
24.2 Axonometría oblicua: Perspectiva Cabaleira. Perspectiva Cabaleira Normalizada e Perspectiva Militar ou Planimétrica.
24.3 Trazado de perspectivas axonométricas isométricas e cabaleiras normalizadas:
- Representación de figuras planas.
- Representación de volumes.
- Representación do plano.
- Intersección de planos.
- Intersección entre planos e volumes: seccións.
BLOQUE V - Normalización. (6 HNP)
Tema 25.- NORMALIZACIÓN DO DEBUXO TÉCNICO. (1/2 hora titoría en grupo)
25.1 Concepto de normalización: orixe e finalidade. Normas UNE e ISO. Outras normas.
25.2 A normalización no Debuxo Técnico.
25.3 Normas sobre a presentación dos debuxos técnicos:
- Formatos e presentación de elementos gráficos (UNE 1026-2-83).
- Pregado de planos (UNE 1027-95).
- Escritura. Caracteres correntes (UNE 1034-1-75).
- Cadro de rotulación (UNE 1035-95).
25.4 A Escala: definición, tipos e emprego.
Tema 26.- A NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN. (*) (1/2 hora titoría en grupo)
26.1 Norma UNE 1-032-82: principios xerais de representación.
26.2 Denominación e disposición das vistas:
a) Método do primeiro diedro (Sistema Europeo).
b) Método do terceiro diedro (Sistema Americano).
26.3 Criterios de elección das vistas. Centrado no formato.
26.4 Cortes e seccións. Roturas.
26.5 Croquización.
Tema 27.- ACOUTAMENTO. (1/2 hora titoría en grupo)
27.1 Concepto. Norma UNE 1-039-94.
27.2 Elementos de acoutamento.
27.3 Inscrición das cifras de cota: métodos e particularidades.
27.4 Disposición das cotas.
27.5 Acoutamentos singulares.
Tema 28.- INTRODUCIÓN AO DEBUXO DE PROXECTOS. (1/2 hora titoría en grupo)
28.1 Xeneralidades.
28.2 Planos de situación e de localización ou emprazamento.
28.3 Planos descritivos dos condicionantes.
28.4 Planos descritivos da situación actual (sen proxecto).
28.5 Planos definidores da transformación.
28.6 Sistematización e ordenación dos planos dun Proxecto.
BLOQUE VI - O Debuxo Técnico Asistido por Computadora. (12 HNP)
Tema 29.- FUNDAMENTOS DO D.T.A.O. (*) (1 hora titoría en grupo + 6 horas interactivas)
29.1 Desenvolvemento histórico do debuxo e deseño asistidos por computadora.
29.2 O CAD como ferramenta para a expresión gráfica na enxeñaría.
29.3 Programas de debuxo en 2D e modeladores en 3D.
29.4 Utilización básica dunha plataforma de CAD: AutoCAD
Os contidos prácticos desenvolveranse en clases interactivas a partir dos contidos teóricos anteriores, facendo exercicios relacionados cos diferentes temas, unha vez rematada a exposición teórica dos mesmos nas clases expositivas de teoría ou en paralelo con elas. Tamén serán tratados autonomamente polo alumnado, sobre todo despois de que completen os seus apuntamentos coa bibliografía recomendada no apartado seguinte.
Bibliografía básica:
Bertrán Guasp, J. Geometría Descriptiva I: Sistema Diédrico Directo. Donostiarra. S. Sebastián, 1995
Collado Sánchez-Capuchino, V. Dibujo Técnico (Expresión Gráfica de la Ingeniería). Tébar Flores. Albacete, 1996
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva I (Diédrico). Dossat. Madrid, 1992
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva II (Acotado y Axonométrico). Paraninfo. Madrid, 1994
Montaño La Cruz, F. AutoCAD 2023 (Colección “Manuales imprescindibles”). Anya Multimedia. 2023
Reyes Rodríguez, A.M. AutoCAD 2021 (Colección “Manuales imprescindibles”). Anaya Multimedia. 2021
Rodríguez De Abajo, F.J. Geometría Descriptiva II: Sistema de Planos Acotados. Donostiarra. San Sebastián, 1982
Varios Autores, Cuadernos de prácticas de Dibujo Técnico. Donostiarra:
0: Dibujo Lineal
1: Croquización.
2: Cortes, secciones y roturas
3: Acotación
6: Vistas y visualización.
7: Iniciación al Sistema Diédrico
11: Sistema de Planos Acotados
12: Sólidos geométricos en Sistema Diédrico.
14: Sistema Diédrico Directo.
Bibliografía de consulta (complementaria):
Bertoline, G.R. et al. Engineering and Graphics Communication. Irwin. Chicago,1995
Félez, J.; Martínez, M.L. Dibujo Industrial. Síntesis. Madrid, 1996
Félez, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Síntesis. Madrid, 1996
Gimenez Peris, V. Diédrico Directo Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Editor Autor. Madrid, 2007
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2020. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2019
Pérez Díaz, J.L., Palacios Cuenca, S. Expresión Gráfica en la Ingeniería. Prentice Hall. Madrid, 1998
Reyes Rodríguez A.M.; Montaño de la Cruz, F. AutoCAD Práctico: 130 ejercicios definitivos. Anaya Multimedia. 2012
Speck, H. J. e Vieira Peixoto. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil, 2004.
Taibo Fernández, A. Geometría Descriptiva y sus aplicaciones. Editorial Tébar. 2009
Para o desenvolvemento da materia, o Centro tamén proporcionará ao alumnado diferentes recursos, entre os que cabe destacar as licencias de software do programa de CAD (AutoCAD) co correspondente hardware.
Asimesmo, o alumnado contará ao inicio de cada sesión práctica na aula de debuxo cos exercicios a desenvolver na mesma, cun guión detallado dos pasos a seguir no caso das clases interactivas de laboratorio, a desenvolver nas aulas de informática do Centro.
Nesta materia o alumnado adquirirá e practicará as seguintes competencias básicas, xerais, específica e transversais, que aparecen dentro dos cadros de competencias que se deseñaron para o conxunto de cada unha dúas titulacións e que aparecen nas Memoria verificadas de ambos títulos, e que como xa se apuntou, concordan co recollido nas Ordes Ministeriais CIN/323/2009 e CIN/324/2009, polas que se establecen respectivamente os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio das profesións de Enxeñeiro Técnico Agrícola e Enxeñeiro Técnico Forestal:
GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA
Competencias básicas e xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe contínua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG6- Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
Competencias específicas (de formación básica e xeral):
FB2 - Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de
xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano, etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e ámbitos sometidos a recuperación paisaxística).
Competencias transversais:
CT2- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3- Capacidade para traballar individualmente, con actitude de autocrítica.
CT9- Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12- Capacidade de resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Competencia básica e xeral:
CG1- Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
Competencia específica:
CEFB2- Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de
xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
Competencias transversais:
CT2- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3- Capacidade para traballar individualmente, con actitude de autocrítica.
CT9- Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT11- Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12- Capacidade de resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A metodoloxía e actividades a desenvolver na materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría" adáptanse ás esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior. Neste sentido, a distribución entre as diferentes actividades dos 6 ECTS desta materia que se presenta a continuación (con 150 horas de dedicación total) amosa como o traballo autónomo do estudantado convírtese en boa medida no protagonista da súa aprendizaxe:
- Clases expositivas = 24 horas presenciais (+ 36 horas de traballo autónomo = 60)
- Clases interactivas = 24 horas presenciais (+ 36 horas de traballo autónomo = 60)
- Titorías en grupo = 3 horas presenciais (+ 6 horas de traballo autónomo = 9)
- Titorías libres = 2 horas presenciais
- Exames = 6 horas presenciais (+ 12 de traballo autónomo = 18)
- Revisión de exames = 1 hora presencial
Totais: 60 horas presenciais + 90 horas de traballo autónomo = 150 horas
Aparece pois un factor que expresa a relación entre a presencialidade e o traballo autónomo do estudantado que requiren as actividades mencionadas. Así, por cada hora presencial nas clases, o alumnado deberá adicar polo menos unha e media, fora das aulas, a completar os apuntamentos correspondentes aos diferentes temas tratados, a rematar as prácticas iniciadas ou a aplicar o aprendido a novas situacións.
Deste xeito, a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, se adaptan ao sistema proposto no EEES, co claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado antes mencionado.
Concretamente, a docencia da materia baséase nas seguintes actividades, traballando en todas elas as competencias básicas, xerais e específicas (CG1, CG2, CG6, FB2 e CEG1 no caso da Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, e CG1 e CEFB2 no caso da Enxeñaría Forestal e do Medio Natural), e tamén as transversais CT2, CT3, CT9, CT11 e CT12 recollidas nesta Guía:
- Clases expositivas ou maxistrais en grupo único, onde na maior parte do tempo farase a exposición ordeada e razoada dos contidos de cada un dos temas da materia.
- Clases interactivas de laboratorio ou prácticas con computadora en grupos cun máximo de 20 persoas, impartidas nas aulas de debuxo e de informática, para resolver exercicios relacionados cos diferentes contidos da materia.
- Titorías en grupo cun máximo de 10 persoas, realizadas tamén na aula de debuxo ou na de informática para tratar asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior atención personalizada.
- Titorías libres atendidas no despacho do profesor, na aula se son de xeito colectivo, ou a través do Curso aberto da materia no Campus Virtual da USC, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso.
- Exame dos contidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
- Revisións voluntarias (e recomendadas) dos exercicios de exame.
- Apoio na rede cun Curso aberto para esta materia no Campus Virtual da USC.
Asimesmo, na materia prevese facer unha viaxe de estudos, de asistencia non obrigatoria e non avaliable, que formará parte das actividades de benvida á titulación e que terá como obxectivo dentro da materia coñecer instalacións e aspectos construtivos das explotacións agropecuarias de cara a facilitar a súa posible representación gráfica.
O debuxo é un xeito fundamental de expresión para o enxeñeiro e os contidos abordados nesta materia constitúen unha potente ferramenta de traballo neste sentido. Polo tanto, a cualificación do alumnado debera reflectir o nivel adquirido na formación necesaria para a súa correcta utilización e presentación.
Así, en todos os exercicios, xa sexan de Prácticas ou de Exame, valoraranse dous aspectos:
1º.- Os coñecementos, a capacidade de resolución e a visión espacial.
2º.- A precisión, a lexibilidade e a pulcritude na resolución e presentación do exercicio.
Deste xeito, a cualificación obtida na corrección do procedemento e resultados dun exercicio, poderá ser rebaixada ata un 30% por mala calidade da presentación ou por pouca precisión no debuxo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto a forma de medir se adquiriu as competencias básicas, xerais e específicas marcadas para esta materia nas dúas titulacións, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguimento e exame final (obrigatorio e complementario a ese seguimento, de carácter eminentemente práctico) ao longo do curso. A continuación expóñense as súas principais características:
Para a cualificación final da materia, en primeira ou segunda oportunidade, terase en conta, ademais do exame que se describe a continuación, a realización e presentación do conxunto dos exercicios das prácticas (cualificación P, cunha puntuación sobre 10 puntos), tanto as desenvoltas nas clases interactivas como as complementarias que se propoñan e que o alumnado terá que resolver e enviar tamén nos prazos establecidos (que suporán en conxunto un 35% da nota da materia).
O profesor recibirá os envíos destes exercicios a través do Campus Virtual nos momentos que se determinen e fará a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, a través dese mesmo Campus Virtual. A resolución e o envío destes materiais terán carácter obrigatorio, aínda que o alumnado disporá dunha marxe razoable de dispensa, un 20% como máximo, se nalgún momento non fai estes envíos (que en calquera caso menguará a súa nota neste apartado ao ter unha cualificación de 0 nos exercicios non enviados).
EXAME FINAL (primeira oportunidade da convocatoria en curso):
Ao rematar o primeiro semestre, no mes de decembro ou xaneiro (en data oficial fixada polo Centro), realizarase unha proba ou exame final (cunha achega do 65% da nota da materia).
Todo o alumnado deberá realizar obrigatoriamente esta proba final, que forma parte da avaliación continua da materia.
Para aprobar o exame, hai que ter máis de 5 puntos sobre 10 (cualificación E), pero a materia pódese superar se a cualificación das prácticas compensa o déficit ata esa nota: se a cualificación final (CF = 0,35xP + 0,65xE) é superior a 5, a materia considérarase aprobada sempre e cando a nota do exame E sexa maior de 3,5 puntos sobre 10.
EXAME DE XUÑO-XULLO (segunda oportunidade da convocatoria en curso):
No caso de non aprobar a materia na oportunidade anterior, na seguinte (na de xuño-xullo) o alumnado realizará un novo exame de recuperación de toda a materia, estando a cualificación final suxeita ás mesmas condicións sinaladas anteriormente.
Resumindo, a superación da materia (en 1ª ou 2ª oportunidade) require acadar 5 puntos sobre 10 na súa cualificación final CF, tendo en conta que o exame (E) supón un 65% da nota, e a realización e entrega dos exercicios das prácticas de clase e complementarias (P) un 35%. En calquera caso, inicialmente é imprescindible sacar como mínimo 3,5 puntos sobre 10 no exame da materia para poder ter en conta o outro criterio de avaliación (esta condición podería verse modificada en función de como se desenvolva a materia por diferentes razóns, pero en calquera caso, sempre sería de xeito favorable para o alumnado).
Todas estas compoñentes servirán para avaliar conxuntamente as competencias CG1, CG2, CG6, FB2 e CEG1 relacionadas con esta materia na titulación de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, e as competencias CG1 e CEFB2 na titulación de Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. En canto ás competencias transversais (CT2, CT3, CT9, CT11 e CT12) recollidas nesta Guía, serán traballadas ao longo do desenvolvemento docente da materia, sen ser sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
No caso do alumnado non matriculado por primeira vez na materia por non tela superada previamente, só terá que facer o exame final (na súa primeira ou segunda oportunidade) se xa fixo e enviou as prácticas nunha anterior matrícula. Nese caso, a nota acadada nas prácticas feitas no seu día servirá para aplicar os criterios de avaliación comentados para o alumnado matriculado por primeira vez, que tamén serían de aplicación neste suposto.
Se non tivera feitas e enviadas esas prácticas, ou quixera mellorar a nota acadada anteriormente, tería que facer as propostas no presente curso como apoio na preparación da materia, aplicándose tamén nesta situación o sistema de avaliación descrito nos parágrafos anteriores.
Lembrar que todas as clases teñen “carácter presencial e obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia. De non constar unha asistencia superior ao 80%, o alumnado nesas circunstancias non poderá presentarse aos exames, nin na primeira nin na segunda oportunidade. Só quedaría fora desta esixencia o alumnado non matriculado por primeira vez se xa cumpriu ese requisito nunha anterior matrícula.
O alumnado que teña concedida unha dispensa de asistencia, para ser avaliado, terá que facer o exame final (na súa primeira ou segunda oportunidade), tendo que facer tamén as prácticas propostas pola súa conta, co apoio das titorías, para un posterior envío e corrección por parte do profesor (que lle axude a ir adquirindo as competencias relacionadas coa materia). Este traballo autónomo, xunto coa nota do exame, estarían suxeitos ao mesmo sistema de avaliación descrito para os casos anteriores.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta destes exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (24 horas ao longo do semestre, 2 por semana), ás clases interactivas (24 horas ao longo do semestre, con sesións de 2 horas semanais), ás titorías en grupo (3 horas en todo o semestre) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" do aprendido e á resolución dos exercicios das prácticas e doutros fora da clase, unha media de 5 ou 6 horas semanais. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación
24 horas expositivas + 24 horas interactivas + 3 horas de titorías en grupo = 51 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 6 horas (exame)
150 - 51 - 6 = 93 horas de traballo autónomo
93 horas / 15 semanas do semestre = 6 horas por semana
Aínda que a adquisición da visión espacial e da destreza na representación gráfica, incluso co emprego de ferramentas informáticas, poden ter unha compoñente inherente á persoa que facilite a súa aprendizaxe, o certo é que ambas habilidades requiren dun traballo constante para que poidan ser desenvoltas con garantía de éxito na consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
É importante a asistencia a todas as clases da materia, presenciais ou virtuais se fose o caso, como instrumento para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vai desenvolver o aprendido e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor. Co complemento das titorías, en grupo e individuais, superará calquera dificultade que se lle poda presentar.
En calquera caso, non se trata de memorizar definicións e procedementos, senon de resolver problemas relacionados coa titulación, empregando para elo as ferramentas que nos proporciona esta materia. E estas habilidades, que poden resultar máis doadas para unhas persoas que para outras como xa se apuntou, adquírense coa práctica e o traballo constante e persoal ao longo do curso.
A impartición desta materia será en galego.
Para a resolución dos exercicios prácticos en papel, na aula de debuxo ou de xeito autónomo, o alumnado precisará como mínimo o seguinte material de debuxo:
- Portaminas clásico (2 mm) ou retráctil (0,5 mm) con mina media (F ou HB).
- Compás articulado, con rosca e minas da mesma dureza que o portaminas.
- Afíaminas (para as minas de 2mm) e rasqueta ou lixa (para a mina do compás).
- Goma de borrar lapis, branca e con forro.
- Escuadra e cartabón de 25 ou 30 cm, sen bisel nin graduación.
- Escalímetro (recomendado coas escalas 1:100, 1:200, 1:250, 1:300, 1:400 e 1:500).
- Cinta adhesiva transparente normal.
Coa finalidade de favorecer a atención do alumnado ás explicacións dadas polo profesorado, e ante a crecente utilización inoportuna nas aulas destes aparellos, recóllese nesta Guía a prohibición do emprego de móviles e tabletas para uso particular durante o desenvolvemento das sesións (salvo que o seu emprego estea directamente relacionado cos contidos impartidos e sempre baixo a supervisión do profesorado).
Así pois, esixirase ao alumnado que manteña apagados (ou inactivados) e gardados a bo recaudo estes dispositivos durante as clases, podendo ser expulsado se non cumpre este requirimento
De igual xeito, pedirase ao alumnado que nas prácticas impartidas nas aulas de informática faga un bo uso dos ordenadores, non entrando en navegadores ou programas que non sexan os que se estean a empregar en cada momento no desenvolvemento das clases, coas mesmas consecuencias que no caso anterior se non o fai.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 (Aulario 2) |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 (Aulario 2) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 (Aulario 2) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |