Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Tecnoloxía de Alimentos
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios, os tratamentos, os métodos e os equipos propios dos procesos das Industrias conserveiras.
Capacidade para traballar nas distintas liñas de produción, realizar os controis de proceso e xestionar o aproveitamento de residuos destas industrias.
Capacidade para aplicar as políticas de calidade na industria conserveira.
DOCENCIA EXPOSITIVA (18 horas, 18 horas de traballo persoal do estudante):
Bloque I. Introdución e Calidade. (6 horas presenciais + 6 horas de traballo persoal do estudante).
Tema 1. Factores de calidade das materias primas vexetais para transformación industrial. Clasificación e categorización dos produtos segundo a normativa. A estratexia da calidade. Mecanismos de corrección, a xestión de calidade.
Tema 2. Materias primas na industria conserveira de vexetais. Verduras. Hortalizas. Froitas. Cogomelos. Algas. Especies de consumo, clasificación, propiedades bioquímicas para a elaboración de conservas. Madurez. Recolección. Preparación posterior á colleita. Recepción, selección e acondicionamento de materias primas e material auxiliar. Produtos de primeira, segunda, terceira, cuarta e quinta gama. Produtos frescos. Procesos industriais de preparación, acondicionamento. Lexislación
Tema 3. Outros ingredientes na elaboración de conservas vexetais. Sal. Azucre. Aditivos: clasificación, función e regulamentación ( edulcorantes, acidulantes, conservantes, etc). Lexislación
Bloque II.- Conservación de produtos vexetais. (10 horas + 10 horas de traballo persoal do estudante).
Tema 4. Conservación pola calor. Escaldado.
Tema 5. Refrixeración. Conxelación. Conservación de alimentos cociñados e precociñados.
Tema 6. Envasado en atmosferas modificadas ou controladas.
Tema 7. Deshidratación. Deshidratación osmótica. O azucre como conservante.
Tema 8. Envasado, etiquetaxe e almacenamento.
Bloque III.- Novas tecnoloxías de conservación. (2 horas + 2 horas de traballo persoal do estudante).
Tema 9. Novas tecnoloxías de conservación. Altas presións. Pulsos eléctricos, etc.
DOCENCIA INTERACTIVA (18 horas, 42 horas de traballo persoal do estudante):
A docencia interactiva desenvolverase mediante:
• Prácticas de laboratorio (8 horas, 14 horas non presenciais) que terán lugar no laboratorio de Tecnoloxía Alimentaria I da Facultade de Veterinaria. Nelas estudaranse os procesos de conservación de diferentes produtos alimentarios vexetais.
• Prácticas de campo que incluirán visitas polo menos a dúas industrias conserveiras (6 horas, 6 horas non presenciais). As visitas realizaranse en número, data e horario (condicionados á dispoñibilidade das industrias) e efectuaranse en función da existencia do orzamento necesario, para o traslado dos estudantes ás mesmas.
• Seminarios prácticos (4 horas, 22 horas non presenciais). O estudante poderá realizar polo menos un traballo de forma individual. O tema será proposto pola profesora, ou polo estudante. Estes traballos serán expostos na aula abríndose unha quenda de debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto dos estudantes. Trataranse temas de actualidade ou complementarios aos contidos da materia de forma interactiva.
Bibliografía básica
- Garrido, M. (2020). Procesos Tecnológicos en la Industria Alimentaria. Ed. Síntesis. Madrid.
- Han, J.H. (2005) Innovations in Food Packaging. Elsevier. Academic Press. , London
- Raventós Santamaría, M. (2005) Industria Alimentaria. Tecnologías emergentes. UPC-Barcelona.
- Russel, N.J. y Gould, G.W. (2003) Food Preservatives. Springer. Alemania
- Sun, D.W. (2005) Emerging Technologies for Food Processing. Academic Press, London.
Bibliografía complementaria
- Brennan, J.G. (2007) Manual del procesado de los alimentos. Ed. Acribia.
- Delgado, J. y col. (2019). Tecnología Alimentaria. Ed. Síntesis, Madrid.
- Fellows, P. (2007) Tecnología del procesado de los alimentos: principios y prácticas. Ed. Acribia.
- Gil, G. (2017). Innovación Alimentaria. Ed. Síntesis, Madrid.
- Jeantet, R., Croguennec, T., Schuck, P. y Brulé, G. (2010) Ciencia de los alimentos: Bioquímica-Microbiología-Procesos-Productos. Volumen1: Estabilización biológica y fisicoquímica. Volumen 2: Tecnología de los productos alimentarios. Ed. Acribia.
- Morata, A. (2008) Nuevas tecnologías de conservación de alimentos Ed. AMV.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, rastrexabilidade e certificación e as técnicas de márketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
IA1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería e tecnoloxía dos alimentos: Enxeñería e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Rastrexabilidade.
CR10. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS. Os contidos abordaranse durante as 18 h de clases expositivas, as 18 h de clases interactivas (prácticas de laboratorio, visitas a industrias e seminarios) e as 2 horas de titorías.
A docencia expositiva realizarase mediante o desenvolvemento de clases teóricas nas que se explicarán os temas do programa, e exporanse cuestións de actualidade relacionadas coa industria conserveira. As competencias que se traballarán son: CG1, CT1, CT5, CT6 e IA1.
As clases prácticas permitirán que o estudante complete a súa formación na materia. As mesmas constan de prácticas de laboratorio e prácticas de campo. As prácticas de campo incluirían visitas a empresas do sector agroalimentario (Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ( APLTA) e/ou Torre de Núñez en Lugo; Conservas Isabel no Grove; Pescanova en Vigo ou Frinova en Porriño, Aceites Abril en Ourense ou Fariñas Dás Mariñas en Carral. As competencias que se traballarán son: CG1, CT3, CT4, CT6, CEG6, IA1 e CR10.
Por outra banda, o estudante poderá realizar un traballo de forma individual. O tema será proposto pola profesora ou polo estudante. Estes traballos serán expostos na aula (nas horas correspondentes aos seminarios) abríndose unha quenda de debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto dos estudantes. As competencias que se traballarán son: CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT12 e CEG6.
Nas titorías, o estudante pode consultar todas as dúbidas xurdidas ao longo do desenvolvemento da materia. As competencias que se traballarán son: CG1 e CT2.
Durante o desenvolvemento da materia utilizarase o Campus Virtual como apoio á docencia impartida.
A avaliación do estudante estará integrada pola avaliación continua (Supoñerá un 50% da cualificación final) e unha avaliación final (Supoñerá o outro 50% da cualificación final).
Na avaliación continua valorarase:
-A realización dunha memoria tras a asistencia ás prácticas de laboratorio, e as visitas ás industrias (20% da avaliación final). As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CEG6 e IA1.
-A realización de traballos (30% da cualificación final). Consistirá na presentación oral e escrita dun traballo sobre temas relacionados coa materia. As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6 e CT7.
A asistencia ás actividades interactivas (seminarios, prácticas de laboratorio, e visitas a empresas) é obrigatoria para superar a materia.
Na avaliación final:
Realizarase unha proba final escrita para avaliar coñecementos adquiridos na materia e que supoñerá o 50% da nota final (sendo necesario que o estudante saque unha nota mínima de 4 sobre 10 para avaliar o resto dos méritos). Esta proba é complementaria á avaliación continua. As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT12, CGE6 e IA1.
Os anteriores criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria. Non se gardarán cualificacións parciais aos estudantes repetidores.
Os estudantes que cumpran cos requisitos legalmente establecidos pola USC, poderán solicitar dispénsaa de asistencia a clase.
No caso de que o estudante obteña dispensa de asistencia a clase accederá ao 50 % da nota de teoría mediante exame final, mentres que a asistencia a seminarios, prácticas de laboratorio, e visitas a empresa( s) será obrigatoria, incluíndo os traballos para realizar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia (estruturada en clases expositivas, interactivas e titorías) consta de 4,5 créditos ECTS o que supón 112,5 horas totais (1 crédito equivale a 25 horas).
Do tempo total, 40 horas son presenciais (asistencia a clases expositivas, a clases interactivas, a titorías e ao exame) e as 72,5 horas restantes son as correspondentes ao traballo do estudante. A distribución é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA aula, Horas
-Clases expositivas en grupo: 18 h, 100% presencialidad.
-Clases interactivas (Prácticas de laboratorio e seminarios): 18 h, 100% presencialidad.
-Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 2 h, 100% presencialidad.
-Actividades de avaliación: 2 h, 100% presencialidad.
Total, horas de traballo presencial: 40
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE, Horas
-Lectura e preparación de temas: 18,0 h, 0% presencialidad.
-Realización de exercicios: 10,0 h, 0% presencialidad.
-Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14 h, 0% presencialidad.
-Elaboración de traballos de curso: 18,0 h, 0% presencialidad.
-Preparación de probas de avaliación: 12,5 h, 0% presencialidad.
Total, horas de traballo persoal do estudante 72,5
Recoméndase:
-Asistencia ás clases expositivas.
-Asistencia ás clases interactivas.
-Realización de traballos relacionados coa materia.
-Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de ligazóns on- line de interese.
-Utilización das horas de titorías para resolución de dúbidas.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade, castelán e galego.
A admisión do estudante matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web da USC http://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ servizos/ sprl/descargas/ NPR-20-Ed-3-Normas- xerais-de- seguridade-nos-laboratorios-de-practicas.pdf).
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams, ou ben por correo electrónico.
Patricia Cazón Díaz
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Tecnoloxía de Alimentos
- Correo electrónico
- patricia.cazon.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |