Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios dos equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Enxeñaría das obras. Construcións agroindustriais.
Polo miúdo, a materia está orientada a proporcionar ao alumnado a formación necesaria para deseñar, calcular, planificar e dirixir as construcións mais habituais no ámbito da súa competencia. Isto implica o estudo dos elementos construtivos na edificación agroindustrial, e a adquisición de coñecementos que permitan o dimensionado e o cálculo de estruturas de formigón armado na construción agroindustrial.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Construcións agroindustriais, tipoloxías e elementos. Deseño e cálculo de edificacións segundo normativa específica. Deseño e cálculo de cimentacións.
Para a organización destes contidos dividiuse a materia en tres unidades básicas:
- Unidade I: Avaliación de accións na edificación (CTE-AE)
- Unidade II: Cálculo de elementos de formigón armado (CE-21)
- Unidade III: Cimentacións (CTE-C)
que se desenvolverán atendendo ao seguinte programa:
Programa de teoría
Unidade I. Accións na edificación.
Tema 1: Avaliación das accións que actúan sobre a edificación: Normativa. Accións gravitatorias. Sobrecarga de uso. Sobrecarga de neve. Accións de vento. Accións térmicas e de retracción. Acción sísmica. Combinación de accións segundo CTE-SE.
(3h expositivas presenciais e 6 h non presenciais)
Unidade II: Estruturas de formigón
Tema 2: Bases de cálculo: Introdución. Materiais: propiedades tecnolóxicas e datos para o proxecto. Principios xerais e método dos Estados Límite. Análise estrutural.
(6h expositivas presenciais e 10 h non presenciais)
Tema 3: Comprobación de seccións: Cálculos relativos aos Estados Límite Últimos. Cálculos relativos aos Estados Límite de Servizo.
(10h expositivas presenciais e 22 h non presenciais)
Unidade III: Cimentacións.
Tema 4:Estudo de cimentacións: Introducción. Normativa DB-SE-C. Tipos de cimentación. Cimentacións superficiaais: clasificación. Comprobación de elementos e dimensionamento dos armados. Vigas centradoras e vigas de atado.
(5h expositivas presenciais e 10 h non presenciais)
Programa de actividades interactivas
Unidade I: Accións na edificación
Seminario 1: Exemplo de cálculo de accións segundo CTE-AE.
(1h interactiva presencial e 2h non presenciais)
Seminario 2: Cálculo de accións e combinacións posíbeis segundo CTE-SE.
(1h interactiva presencial e 2h non presenciais)
Laboratorio 1: Cálculo e combinación de accións sobre un pórtico tipo.
(2h interactivas presenciais e 3h non presenciais)
Titoría 1: Accións e hipóteses de cálculo aplicadas a estruturas de formigón
(1h interactiva presencial)
Unidade II: Estruturas de formigón
Seminario 3: Cálculo de seccións en formigón armado (valores de cálculo dos materiais, ambiente e recubrimento).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 4: Cálculo de seccións en formigón armado (compresión e tracción simple).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 5: Cálculo de seccións en formigón armado (flexión simple).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 6: Cálculo de seccións en formigón armado (flexión composta).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 7: Exemplos de armado de seccións en formigón (vigas).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 8: Exemplos de armado de seccións de formigón (piares e pandeo).
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 9: Exemplos de cálculo de armadura de cortante en seccións de formigón.
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Laboratorio 2: Cálculo de esforzos en pórtico tipo para as accións calculadas cun programa de cálculo matricial (para armado en próximas prácticas).
(2h interactivas presenciais e 4 h non presenciais)
Laboratorio 3: Cálculo de seccións de formigón armado cun programa informático (Vigas: flexíón e esforzos normais).
(2h interactivas presenciais e 4 h non presenciais)
Laboratorio 4: Cálculo de seccións de formigón armado cun programa informático (Piares: flexocompresión e pandeo).
(2h interactivas presenciais e 4 h non presenciais)
Laboratorio 5: Cálculo de seccións de formigón armado para os estados límite de servizo. ( Fisuración e deformación).
(2h interactivas presenciais e 4 h non presenciais)
Titoría 2: Formigón
(1h interactiva presencial)
Unidad III: Cimentacións
Seminario 10: Exemplo de cálculo de estabilidade.
(1h interactiva presencial e 2 h non presenciais)
Seminario 11: Exemplo de armado de zapata a flexión.
(1h interactiva presencial + 2h non presenciales)
Seminario 12: Exemplo de comprobación de zapata a cortante e punzonamento.
(1h interactiva presencial + 2h non presenciales)
Laboratorio 6: Cimentacións. Manexo do DB-SE-C. Cálculo de cimentacións cun programa informático.
(2h interactivas presenciais + 4h non presenciais)
Tutoría 3: Cimentacións
(1h interactiva presencial)
Unidade I. Accións na edificación
Bibliografía básica:
VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: bases de cálculo y acciones en la edificación. Ministerio de Vivienda. Madrid.
Última revisión da normativa que rexe a avaliación de accións. De obrigado cumprimento, considérase que todo o alumnado debe coñecela tanto nos seus contidos coma na súa interpretación e forma de aplicación.
Unidade II. Estruturas de formigón
Bibliografía básica:
Código estructural. Real Decreto y Articulado [Volumen I, II, III]. Ministerio de Fomento. Madrid. ISBN 978-84-498-1059-6
Trátase da normativa que regula o deseño, cálculo e execución de estructuras de formigón, aceiro e mixtas, motivo polo que todo estudante debe saber interpretar e aplicar.
Bibliografía complementaria:
CALAVERA RUIZ, J. 2008. Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón: en masa, armado y pretensado, de acuerdo con la EHE-08 y EC-2. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
JIMENEZ MONTOYA, P.; ARROYO PORTERO, J.C.; MORÁN CABRÉ, F.; GARCÍA MESEGUER, A. 2009. Hormigón armado. Editorial Gustavo Gili.
HERNÁNDEZ MONTES, Y OTROS. 2007. Hormigón Armado y pretensado. Universidad de Granada. Granada.
PÁXINAS WEB: Buildsum : “Why use reinforcement in Concrete” https://www.youtube.com/watch?v=vuZcPTp51Zk
Unidade III. Cimentacións
Bibliografía básica:
VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: Cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid.
Bibliografía complementaria:
CALAVERA RUIZ, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
Tal e como se recolle no plano de estudos, de entre as competencias xerais a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona a materia de Construción Agroindustrial son as seguintes:
Básicas e Xerais
• CG4: Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
Transversales
• CT1: Capacidade de análise e síntese.
• CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
• CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación.
• CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas
• CEG1: Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por fin a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salazón e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais (parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc.), instalacións deportivas públicas ou privadas e ámbitos sometidos a recuperación paisaxística).
• CEG2: Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo co seu entorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e ese entorno coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
• CEG3: Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de resgos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
• CEG4: Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
• CR7: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motorese máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
• IA2: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.
• Traballo Presencial
Clases expositivas:: Nas clases teóricas empregarase o método expositivo, de xeito que o/a alumno/a reciba unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos.
En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o razoamento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introdución á aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que ha de lograrse por outros medios.
Traballaranse as competencias CG4, CT1, CT2, CT12, CEG1, CEG2, CEG3, CEG4 e IA2.
Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos: Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente existente.
(Competencias CG4, CT1, CT2, CT5, CT12, CR7, CEG1 y CEG2)
Contemplase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos á resolución de estruturas reais de naves agroindustriais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
(Competencias CEG1, CT1, CT2, CT9, CT12, CEG3, CEG4 e IA2)
• Traballo non presencial
Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos: neste senso contémplase a posibilidade de encomendar a realización de traballos baseados na resolución de casos prácticos, así como manexo de normativa e a súa aplicación a problemas reais.
(Competencias CG4, CEG1, CEG2, CEG3 e IA2).
Así mesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos da materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases interactivas.
Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma da USC onde ten á súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, boletíns de problemas...
• Titorías
Ademais de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou mesmo a formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de lograr unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, se ben estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan se refire ao conxunto do alumnado, como poden ser os traballos de curso.
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio a titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.
1.- Exame de contidos teórico-práctico (mínimo de 70% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7): competencias CEG1, CEG2 e IA2.
2.- Traballos de curso (ata un 30% da cualificación final): competencias CG4, CEG1, CEG2, CEG3 e IA2.
A cualificación final obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Estes criterios mantendanse tanto na primeira como na segunda oportunidade, e igualmente para os alumnos repetidores. En este último caso valorarase conservar a nota de prácticas si xa se superou este apartado no curso anterior.
Os alumnos que teñan concedida dispensa de asistencia, deberán superar o examen final, sin posibilidade de sumar puntuación nos conceptos de avaliación continua nin nas prácticas.
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 24h presenciais e 72h en total (2h de estudo por cada hora presencial)
Seminarios: 12h presenciais e 36h en total (para a realización de casos prácticos derivados das clases e traballos de curso)
Laboratorio: 12h presenciais e 35h en total (para tratamento de resultados e elaboración de traballos de prácticas)
Tutorías: 3h y 3h en total (100% presenciais pola natureza do traballo)
Examen: 4 h (100% presenciais pola natureza do traballo)
Asistencia á clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura e seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.
As clases impartiranse en galego e castelán indistintamente.
Maria Jose Lopez Villar
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ml.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Elena Fernández Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |