Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios dos equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñería das obras e instalacións.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Regulamento de Baixa Tensión. Materiais e sistemas de instalación. Luminotecnia e instalacións de alumado agroindustrial. Instalacións de protección e seguridade. Máquinas eléctricas e instalacións de forza na industria agroalimentaria. Aforro e eficiencia enerxética. Fundamentos de control automático.
Estes contidos serán desenvoltos con máis detalle a continuación. A estimación de duración é aproximada, en función das necesidades docentes.
CONTIDOS TEÓRICOS.
Tema 1. Deseño de instalacións eléctricas (5 h; Non presenciais: 7,50 h).
1.1. Cables de baixa tensión.
1.2. Sistemas de instalación.
1.3. Regulamento de Baixa Tensión.
1.4. Instalacións de enlace.
1.5. Mellora da eficiencia enerxética da instalación.
Tema 2. Instalacións de protección e seguridade (4 h; Non presenciais: 6 h).
2.1. Protección contra sobreintensidades. Aparatos de protección. Intensidades de curtocircuíto.
2.2. Protección contra contactos directos.
2.3. Protección contra contactos indirectos.
2.4. Sistemas de posta a terra. Interruptores diferenciais.
Tema 3. Luminotecnia e instalacións de iluminación (6 h; Non presenciais: 9 h).
3.1. Magnitudes e unidades. Leis fundamentais.
3.2. Lámpadas e luminarias.
3.3. Deseño y cálculo de instalacións de iluminación.
3.4. Eficiencia en instalacións de alumado. CTE.
Tema 4. Principios xerais das máquinas eléctricas. (2 h; non presenciais: 3 h).
4.1. Campo magnético e forza. Materiais magnéticos.
4.2. O circuito magnético como fundamento da máquina eléctrica.
4.3. Perdas enerxéticas nos circuítos magnéticos.
Tema 5. Transformadores. (3 h; non presenciais: 4,50 h).
5.1. Partes do transformador e tipos de transformadores.
5.2. Transformadores monofásicos. Circuíto equivalente. Rendimento.
5.3. Transformadores trifásicos. Formas de conexión. Índice horario.
Tema 6. Máquinas asíncronas (4 h; non presenciais: 6 h).
6.1. Circuíto eléctrico equivalente. Balance de potencias.
6.2. Par motor. Zonas de funcionamento da máquina asíncrona.
6.3. Funcionamento industrial do motor asíncrono
6.4. Arranque de motores asíncronos
A docencia interactiva traballará con problemas e casos prácticos derivados dos contidos teóricos.
CONTIDOS PRÁCTICOS.
Os contidos prácticos estrutúranse en catro prácticas de 2/4 horas de duración no laboratorio de electrotecnia, aula de informática ou medios telemáticos:
1. Selección de materiais e tipos de instalacións. (2 h; Non presenciais: 1 h).
2. Deseño e cálculo da instalación de enlace. (2 h; Non presenciais: 1 h).
3. Deseño e cálculo de instalacións interiores mediante programas informáticos. (2 h; Non presenciais: 4 h).
4. Cálculo luminotécnico de interiores e exteriores mediante programas informáticos. (2 h; Non presenciais: 3 h).
5. Arranque de motores trifásicos e tipos de par. (2 h; Non presenciais: 3 h).
6. Automatización básica mediante autómatas programables. (2 h, non presenciais: 3 h).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Luna Sánchez, Luis et al. Instalaciones eléctricas de baja tension en el sector agrario y agroalimentario. Editorial Mundi-Prensa. Madrid, 2008
Fraile Mora, J. Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid, 2008.
Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión. Mº de Industria. 2003
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Carmona Fernández, D. 2003. Cálculo de Instalaciones y Sistemas Eléctricos: proyectos a través de supuestos. @becedario.
Carmona Fernández, D. 2004. Manual de Instalaciones Eléctricas. @becedario.
Chapman, S.J. 2004. Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill.
Trashorras Montecelos, J. 2002. Diseño de Instalaciones Eléctricas de Alumbrado. Thompson-Paraninfo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG4 - Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
COMPETENCIAS TRANVERSALES
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais -parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano, etc.-, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
IA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñería das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.
A docencia presencial desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías:
DOCENCIA EXPOSITIVA.
Son clases de teoría nas que se presentarán os contidos do programa en liñas xerais, con axuda de medios audiovisuais. O obxectivo destas clases é proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O/a estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia. Traballaranse as seguintes competencias: CG1, CG4, CEG1, CEG2, CEG3, IA2.
DOCENCIA DE SEMINARIO.
Resolución de problemas e elaboración e presentación de traballo/s de curso.
Son clases nas que se realizarán exercicios e traballos de cada tema. O estudantado disporá do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Exercicios propostos.
• Exercicios resoltos.
• Guións de traballos propostos.
Promoverase a interactuación entre docente e os/as estudantes na resolución dos exercicios, problemas e traballos propostos. Traballaranse as seguintes competencias: CG1, CG4, CT1, CT8, CT9,CT12, CEG1, CEG2, IA2.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO. PRÁCTICAS DE AULA INFORMÁTICA.
Para a realización das prácticas de laboratorio e informática, cada alumno/a traballará en grupo seguindo as instrucións dos guións de prácticas e as indicacións docentes. Será necesario a entrega das cuestións formuladas nos guións de prácticas. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de electrotecnia ou na aula de informática. Traballaranse as seguintes competencias: CT4, CEG1, IA2.
APRENDIZAXE BASEADO NA RESOLUCIÓN DE CASOS PRÁCTICOS E EN PROXECTOS.
Proporase un traballo de curso baseado nun caso práctico para a elaboración dun proxecto da instalación eléctrica para a súa realización en grupos. O estudantado disporá do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Documentación da parte eléctrica de proxectos de enxeñaría.
• Catálogos comerciais.
• Normativa e lexislación aplicable.
Traballaranse as seguintes competencias: CG4, CT1, CT8, CT9, CT12, CEG1, CEG2, CEG3, IA2.
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS E COLECTIVAS.
Cada alumno/a pode acudir a titorías individuais a demanda no horario dos profesores para calquera cuestión relacionada coa materia. Nas sesións programadas no horario da materia atenderase ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia. Traballaranse as competencias orixinadas en función das necesidades discentes.
O traballo non presencial é fundamental na aprendizaxe da materia e no grao de interacción do alumnado que debe desenvolver:
• Traballo autónomo e estudio independente. Estudio de teoría, realización de exercicios e resolución de problemas. Competencias: CG1, CG4, CT1, CT9, CT12, IA2.
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Elaboración do traballo de curso en grupo. Competencias: CG1, CG4, CT1, CT4, CT8, CT9, CT12, GEG1, CEG2, CEG3, IA2.
• Realización de actividades ao longo do curso de forma autónoma que serán entregados nos prazos establecidos. Competencias: CG1, CG4, CT1, CT9, IA2.
Para impartir a docencia empregaranse os seguintes recursos:
• Realización de presentacións mediante ordenador.
• Utilización de lousas clásicas e dixitais.
• Utilización do campus virtual para proporcionar o seguinte material:
• Desenvolvemento do temario teórico.
• Cuestionarios e exames.
• Boletíns de exercicios resoltos.
• Boletíns de exercicios propostos.
• Guións de prácticas.
• Guión do/s traballo/s de curso.
• Outra información de interese:
• Microsoft Teams.
• Software libre de cálculo e simulación.
Na cualificación final, a parte de instalacións eléctricas ponderará un 70% da nota e a de máquinas e motores un 30%.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de: exame final, traballo/s de curso e aproveitamento das prácticas que contempla asistencia e entrega da memoria de prácticas, segundo a seguinte táboa.
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación
Proba ou probas, orais e/ou escritas CG1, CG4, CEG2, IA2 70%
Aproveitamento das prácticas CT1, CT4, CT8, CT9, CT12, CEG1, CEG2, IA2 10%
Traballos entregados e/ou presentados CT1, CT4, CT8, CT12, CEG1, CEG2, CEG3, IA2 20%
A porcentaxe dedicada a exames (70%) pódese obter na súa totalidade no exame final tanto no primeiro como no segundo período de avaliación. A obtención dunha nota maior ou igual a 5 no/s exame/s parcial/is permitirá aos/ás estudantes eliminar esa parte da materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas como máis tarde a data do último exame parcial da materia, que, de non habelo, pasará a ser a data do exame do primeiro período de avaliación. Os estudantes que xa cursaran a materia e que entregaran a memoria de prácticas no curso anterior non terán que repetilas conservando exclusivamente a cualificación das prácticas. Os traballos só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha das partes e compoñentes da materia
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o/a estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período, examinándose das partes que teña suspensas. O alumno presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
A cualificación de “non presentado” estará reservada para o alumnado que non posúa cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Os/As alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA/HORAS
Docencia expositiva: 24 h
Docencia interactiva: 12 h
Titorías en grupo: 2 h
Actividades de avaliación: 4 h
Total: 42 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO/HORAS
Lectura e preparación de temas: 30 h
Realización de exercicios: 12 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 6 h
Elaboración de traballos de curso: 16 h
Preparación de probas de avaliación: 6,5 h
Total: 70,5 horas
TOTAL 112,5 horas
Os alumnos deberían ter cursado e superado as materias Física do primeiro curso e a materia de Electrotecnia de segundo curso. Recoméndase o traballo continuo durante o curso e consulta de dúbidas que podan xurdir tanto en clases, como nas titorías.
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 9 e 12 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual e do correo electrónico dos profesores: miguelangel.gonzalez [at] usc.es (miguelangel[dot]gonzalez[at]usc[dot]es)
manuelramiro. [at] usc.es (manuelramiro[dot][at]usc[dot]es).
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Gonzalez Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- miguelangel.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 (Aulario 1) |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |