Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer e comprender a Contabilidade como sistema de información, aprender a diferenciar os conceptos económicos básicos, comprender o ciclo contable da empresa e coñecer as bases de presentación dos principais estados contables.
Introdución a contabilidade.
Conceptos contables básicos e criterios de valoración.
O ciclo contable.
Estados contables básicos.
Análise económico financeiro.
Muñoz Merchante, Ángel (2010): Prácticas de introducción a la contabilidad, Ediciones académicas.
Camacho Miñano, M.M. y Rivero Menéndez, M.J. (2010): Introducción a la contabilidad financiera. Pearson.
Rodríguez Domínguez, L, Gallego Álvarez, I. y García Sánchez, M.I.: Contabilidad para no economístas.Especial referencia a las empresas de transporte aéreo, Universidad de Salamanca.
PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007
CB02- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB04- Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión empresarial -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solucións
CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial
CT03- Capacidade de análise e síntese
CE06- Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa
CE07- Capacidade para realizar a xestión económico-financeira dunha empresa
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
As sesións de aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tras as exposicións de cada un dos temas, expomos diferentes actividades, que haberán de resolverse nalgúns casos de forma individual e noutros en grupos reducidos, relacionadas fundamentalmente coa resolución de exercicios e casos prácticos.
Estas actividades completaranse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar á asimilación de contidos e á formulación e solución dos exercicios e casos prácticos.
Na aula virtual da materia o alumnado dispoñerá de todo o material necesario para preparar a materia (diapositivas da parte expositiva e interactiva, etc.). Ademais, se teñen dúbidas durante este proceso de aprendizaxe, estas serán comunicadas a cada profesor a través do e-mail institucional, e serán resoltas de forma individual ou colectiva.
Considérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso, xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumno alcanzar os obxectivos da materia. Para superar a materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
Avaliación: Avaliación continua + proba final (obrigatoria)
Avaliación continua.
PESO: 50%
Aspectos a avaliar:
-participación activa en clase: exercicios prácticos e/ou teóricos a resolver e entregar polos estudantes.
-Cualificación das probas e traballos realizados polos estudantes ao longo do curso.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Estas actividades terán carácter presencial.
Proba final: exame teórico-práctico.
PESO: Valor 50%.
Para superar a materia deberá obter no exame escrito unha nota mínima dun 4 sobre 10.
O exame teórico-práctico terá carácter presencial.
Sumando ambos os conceptos, o alumno deberá obter para superar a materia un mínimo dun 5 sobre 10. En calquera caso, a nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 4 sobre 10. A nota interactiva só súmase cando se alcanzou o mínimo esixido de 4 no exame teórico-práctico.
Este criterio de valoración é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame e para todos os alumnos.
Con todo, para aqueles alumnos que acrediten de forma oficial que lles foi concedida dispensa de asistencia a clase realizarase un exame teórico-práctico cuxa valoración será do 100% na cualificación final. Para superar a materia o alumno con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame teórico-práctico.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión da cualificación ( DOGA 21-07-2011)”
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Exame teórico: CB02, CG06, CT03, CE07
Avaliación continua: CB02, CB04, CG06, CG09, CT03, CE06, CE07
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Aulas de pizarra en grupo grande 8h
Aulas de pizarra en grupo reducido 6h
Titorías 2h
Outras sesións con profesor. avaliación 4h
Total horas traballo presencial na aula: 20h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 20h
Escritura de exercicios, conclusións ou
outros traballos relacionados coa materia 6h
Lecturas recomendadas, actividades
en biblioteca ou similar 4h
Total horas traballo persoal do alumno 30h
-Asistencia e participación activa na aula.
-Antes de cada clase, o alumno debe preparar as liñas xerais de cada un dos temas que serán obxecto de desenvolvemento.
-Estudo continuado da materia dada a estreita ligazón entre os seus distintos contidos.
-Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos na clase.
-Para o seguimento e preparación da materia recoméndase a utilización do campus virtual da USC e a comunicación continua co profesor, a través das titorías persoais ou das ferramentas de comunicación virtuais.
Jose Manuel Maside Sanfiz
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811616
- Correo electrónico
- josemanuel.maside [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
Martes | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
17.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
23.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |