Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Nos últimos anos o turismo urbano ten acadado unha grande importancia ate o punto de que as cidades se teñen convertido en importantes destinos turísticos. Alén do tradicional segmento de negocios ou de congresos, moitas se teñen preocupado por atraer visitantes culturais ou exclusivamente recreacionais. Para lograr eses obxectivos en moitas ocasións procederon a desenvolver ambiciosos procesos de renovación urbana ou de posta en valor do seu patrimonio, entroutras estratexias.
As novas tendencias do mercado turístico, coa fragmentación dos períodos vacacionais que favorecen os destinos con maior accesibilidade, ou a procura de actividades e espazos singulares, ten posicionado de xeito vantaxoso os destinos urbanos. Neste sentido as cidades tamén se preocupan por se adaptar aos diferentes segmentos que queren atraer desenvolvendo accións e medidas que lle garantan o éxito.
As cidades son no mundo actual os principais centros creadores e difusores da innovación. Isto tamén se pode aplicar ao turismo poidendo observarse unha interesante dinámica que as sitúa nunha posición de avangarda. Polo tanto, o obxectivo xeral desta materia será o de analizar as causas que contribúen ao desenvolvemento do turismo urbano e ao mesmo tempo estudar as principais tendencias en canto á produtos, xestión do destino ou comunicación.
Cun contido eminentemente práctico no que abundarán os estudos de casos, fixemos unha división entre cidades mundiais e históricas. As primeiras son aquelas que se encontran no topo da hierarquía urbana e son as pezas claves do sistema mundo. Nelas os procesos de innovación son moi importantes e o turismo unha das actividades que máis ten crecido. Por outro lado, trataremos tamén as cidades históricas posto que a singulariedade do seu espazo desencadea procesos moi interesantes nos que o turismo se convirte nun punto central da súa economía mais tamén pode chegar a ser unha fonte de problemas.
Tema 1: O turismo urbano no mundo, situación actual e tendencias
Tema 2: Turismo nas cidades históricas
Tema 3: O turismo nas grandes metrópoles
Tema 4: A aposta polo turismo nas cidades medias
CALLE, M. de la (2002): La ciudad histórica como destino turístico. Barcelona: Ariel
DESARROLLO turístico integral de ciudades monumentales (2003). Granada: Patronato Provincial de Turismo
DU, G. (Ed.), (2007): Tourism and Urban Transformation. Tokyo: Kikkyo University Press
FERNÁNDEZ, F.; PUMARES, P.; ASENSIO, A. (Eds.), (2002): Turismo y transformaciones urbanas en el siglo XXI. Almería: Universidad
FERRER, M. (2003): Los centros históricos en España. Teoría, estructura, cambio. Pamplona: Gobierno de Navarra
GARCÍA, J.; TROITIÑO, M. (Coords.), (1998): Vivir las ciudades históricas: recuperación integrada y dinámica funcional. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha
HOFFMAN, L; FAINSTEIN, S.; JUDD, D. (Eds.), (2003): Cities and visitors. Oxford: Blackwell
LOIS, R. (Ed.), (2006): Urban Changes in Different Scales: Systems and Structures. Santiago: Universidade
MARCHENA, M. (Ed.), (1998): Turismo urbano y patrimonio cultural. Una perspectiva europea. Sevilla: Diputación
MORALES, G. (Ed.), (2000): Turismo y Ciudad. Las Palmas: AGE
PAGE, S. (1995): Urban Tourism. London: Routledge
SANTOS, X.; LOIS, R. (Coords.), (2005): Desenvolvemento turístico sustentábel en cidades históricas. Santiago-Lugo: Concellos
SELBY, M. (2004): Understanding Urban Tourism: Image, Culture and Experience. London: Tauris
Esta bibliografía é unicamente unha referencia porque usaremos fundamentalmente artigos de revistas así como documentos e informes de organismos internacionais e de empresas privadas.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
– G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas
– G3 Resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos
– G4 Tomar decisións a partir de informacións incompletas ou limitadas
– E6 Identificar as novas tendencias na xestión de destinos urbanos.
– E7 Definir os principios da xestión sustentable.
– E8 Diagnosticar necesidades eoportunidades e identificar potencialidades e ameazas
– E13 Aplicar instrumentos de planificación.
Competencias transversais:
– T1 Aplicar a ética na toma de decisións.
– T2 Demostrar razoamento crítico.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
– T5 Formular propostas creativas e emprendedoras.
-Comprender a importancia actual do turismo urbano
-Interpretar os procesos de innovación que teñen lugar nas cidades e como afectan ao sistema turístico
-Analizar as tendencias do turismo urbano e enmarcalas no contexto xeográfico e histórico
-Valorar o comportamento turístico das cidades en función das súas características
-Adquirir as capacidades que permitan interpretar as tendencias e dar solucións aos numerosos problemas coa que se enfrontan as cidades na xestión territorial do destino.
O sistema de clases maxistrais terá que ser complementado coa participación activa do estudantado.
A avaliación será continuada. A participación e a asistencia á sala de aulas será valorada de xeito moi positivo. Co exame o que se pretende é que os estudantes saiban estruturar os coñecementos adquiridos ao longo do curso. Pola súa parte, será obrigatorio a redacción e exposición dun estudo de caso dunha cidade non galega co que se quere resaltar a capacidade do alumnado para buscar e sistematizar información. Para este traballo non se poderá utilizar como fonte exclusiva de información a internet.
As porcentaxes de cada parte da materia na cualificación final serán:
-Exame: 50%
-Prácticas na aula: 25%
-Traballo final: 25%
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria e para aprobar será necesaria unha presencialidade mínima do 80%.
A nota mínima para cada unha das partes será de 3'5. É dicir se nalgunha das tres partes nas que se divide a materia non se chega a esa nota mínima, a nota será de suspenso.
Non se gardan as cualificacións para posteriores convocatorias.
Aquel alumno ou alumna que teña que se presentar nunha convocatoria diferente á de xuño deberá falar co profesor para que este lle especifique as características dos traballos que terá que presentar para poder ser avaliado.
Para o alumnado con dispensa de asistencia, as condicións do exame son as mesmas que para as demais persoas. En canto ás aulas interactivas, deberá presentar os mesmos traballos antes da data do exame. Recoméndase que se fale co profesor para concretar o seguimento das prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
12 horas de docencia interactiva na aula
9 horas de docencia expositiva na aula
O resto do tempo até completar os 3 créditos será, na súa maior parte, traballo do alumno ou alumna ben dirixido a preparar o traballo final, ben a traballar en documentos para debater na aula, ben no estudo da materia.
Recoméndase a asistencia e participación activa nas aulas
Recoméndase a lectura de bibliografía adicional para complementar os contidos formativos impartidos polo profesorado.
Esta proposta de programa e do plan de traballo poderá modificarse sempre cando sexa necesario para adaptalo ás circunstancias concretas do grupo, e sempre de mutuo acordo cos estudantes.
O horario de titorías é de 9 a 11 os luns, martes e mércores no despacho 236 da facultade de Xeografía e Historia
IMPORTANTE. PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA PARA O CURSO 2021-22
Seguindo o devandito plan, aprobado pola USC, establécense tres escenarios en función da situación sanitaria.
Segundo como vaia indo a situación sanitaria, esta programación pode ser alterada no desenvolvemento da docencia e das prácticas. A adaptación para esta materia seguirá estes criterios:
-De non poder entregarse presencialmente ou a través de correo electrónico, as prácticas subiranse á Aula Virtual nas mesmas condicións de data e formato que figuran nesta programación. O seu peso na avaliación final será o mesmo, 50%
-No caso de non ser posible a docencia presencial, o profesor subirá á aula virtual o tema correspondente en formato ppt con gravación do voz. O profesor estará presente a través da plataforma Teams de Microsoft durante a hora oficial de clase para atender as consultas do tema correspondente. É importante que o alumnado estea conectado e que participe nos debates.
-A cualificación dos contidos teóricos será de carácter continuado e o alumnado terá que entregar un traballo resumo do conxunto da materia cuxo valor será do 50% da nota final.
A aplicación destas medidas poderá variar lixeiramente en función da intensidade na restrición da mobilidade.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 18 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
25.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
25.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |