Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xardinería e viveiros, así como, a importancia da paisaxe nas actividades forestais e as técnicas actuais relacionadas co seu deseño e xestión.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Plantas ornamentais. Céspedes e plantacións. Técnicas de conservación e mantemento dos espazos verdes.
Técnicas de planificación e xestión de paisaxes. Métodos de conservación e restauración das paisaxes naturais e rurais.
Os contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Bloque de Xardinaría
Programa de teoría
1. Plantas ornamentais. Clasificación do material vexetal. Nomenclatura das plantas cultivadas. Clasificación hortícola. Necesidades de clima e chan. Funcións. Atributos estéticos. Procedementos de selección. Especies adecuadas para diferentes condicións de clima e ambiente (4 horas) (8h non presenciais).
2. Céspedes e plantacións. Céspedes (xeneralidades; especies axeitadas: morfoloxía, desenvolvemento, condicionantes, características específicas; mesturas). Plantacións (proceso e operacións; preparación do terreo; fertilización; control de malas herbas; época; necesidades específicas); plantacións urbanas (necesidades específicas, buratos, suxeición do arborado) (5 horas) (10h non presenciais).
3. Técnicas de conservación e mantemento dos espazos verdes. Labores de mantemento e conservación (labores; características; frecuencia; época; maquinaria e equipo necesario; recomendacións; programación). Poda de árbores e arbustos ornamentais (3 horas) (6h non presenciais).
Programa de prácticas
1. Recoñecemento de especies ornamentais. Coníferas. Frondosas. Árbores, arbustos, plantas de recubrimento e trepadeiras de uso ornamental. Os alumnos deberán realizar un herbario dixital cun mínimo de 50 especies de uso ornamental, incluíndo cultivares (4 horas) (8h non presenciais).
2. Manexo das NTJ de calidade de planta ornamental (1 hora) (2h non presenciais).
3. Programación das actividades en xardinaría (1 hora) (2h non presenciais).
Bloque de Paisaxismo Forestal
Programa de teoría
4. Técnicas de planificación e xestión de paisaxes.- Enfoque global da problemática paisaxística, recoñecendo as variables que determinan a súa dinámica. Toma de decisións para a conservación dos valores naturais. Fundamentos da planificación e xestión da paisaxe. Planificación da contorna urbana e rural nos seus aspectos funcionais e técnicos, recoñecendo o valor dos condicionantes sociolóxicos, ecolóxicos, históricos e económicos (4 horas) (8h non presenciais).
5. Métodos de conservación e mantemento das paisaxes naturais e rurais.- Recoñecemento das unidades de paisaxe. Diferentes escalas na paisaxe. Unidades nas que se estrutura o macro – paisaxe. Técnicas que permiten adquirir coñecemento e información territorial para incluír a toma de decisións dentro dun sistema ambiental xeral (4 horas) (8h non presenciais).
6. A importancia da paisaxe nos aproveitamentos forestais.- Detección de conflitos entre áreas homoxéneas e a súa posterior transformación por medio do deseño e/ou a planificación. Capacitación no manexo e preservación da paisaxe a escala rexional. Explotación sostible dos recursos fronte á necesidade de conservalos (4 horas) (8h non presenciais).
Programa de prácticas
4. Analizar e estudar as diferentes unidades da paisaxe de Galicia. Factores que contribúen á diversidade paisaxística. Diferenzas máis significativas entre as paisaxes costeiras e do interior (2 horas) (4h non presenciais).
5. Aprender os métodos e modelos empregados no estudo da paisaxe e na súa valoración. Diferentes métodos de estudo e valoración da paisaxe. Métodos directos e métodos indirectos. Subxectividade dos métodos utilizados na valoración da paisaxe (2 horas) (4h non presenciais).
6. Principal lexislación nacional e internacional relacionada coa paisaxe (2 horas) (4h non presenciais).
Bibliografía Xardinaría:
Básica
Brickell, C. 1990. Enciclopedia de plantas y flores. The Royal Horticultural Society. Ed. Grijalbo, Barcelona.
Merino Merino, D., J. Ansorena Miner. 1998. Césped deportivo. Construción e mantemento. Dpto. de Agricultura e Medio Ambiente, Diputación Floral de Guipuzkoa.
Naves Viñas, F., J. Pujol Solanich, X. Argimon de Vilardaga, L. Sampere Montillól. 1992. El árbol en jardinería y paisajismo. Ed. Omega, Barcelona.
Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo (NTJ). 1993-2020. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas y Peritos Agrícolas de Cataluña/Fundació de la Jardineria i el Paisatge.
Ros Orta, S. 1996. La Empresa de Jardinería y Paisajismo. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Recursos web
-Arbolapp. Guía de los árboles silvestres de la Península Ibérica y Baleares. CSIC/FECYT. Accesible en: http://www.arbolapp.es/
-Sánchez de Lorenzo Cáceres, J.M. Árboles ornamentales. Accesible en: https://www.arbolesornamentales.es/
Complementaria
Krüssman, G. 1986. Manual of cultivated broad-leaved trees & shrubs. Vol. I-IV. Timber Press. Oregón.
Walter, S.M. y col. (Ed.) (1986-2000). The European Garden Flora. A manual for the identification of plants in Europa, both out-of-doors and under glass. Vol. I-VI. Cambridge University Press. Oregón.
Bibliografía Paisaxismo Forestal:
Básica
Ambroise, R. 2000. Agriculteurs et paysages: dix exemples de projets de paysage en agriculture. Educagri, Dijon. 207 pp.
Azevedo, J.C., Perera, H., Pinto, M. Alice. 2014. Forest Landscapes and Global Change: Challenges for Research and Management. Springer-Verlag, New York. 262 pp.
Bolós, M. de (Dir.). 1992. Manual de ciencia del paisaje. Teoría, métodos y aplicaciones. Ed. Masson, Barcelona. 273 pp.
Boyer, C.R. 2015. Political Landscapes: Forests, Conservation, and Community in Mexico. Duke University Press, 360 pp.
Convenio europeo da paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consello de Europa, entrando en vigor o 1 de marzo de 2004.
Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
Perera, H., Sturtevant, B.R., Buse, L.J. 2015. Simulation Modeling of Forest Landscape Disturbances. Springer International Publishing, 321 pp.
Rodríguez, F. 1998. Atlas de Galicia. Hércules de Ediciones, A Coruña. 239 pp.
Outra bibliografía complementaria detallarase no Campus Virtual, nos bloques temáticos correspondentes.
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais:
CG2 - Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo as paisaxes.
CG6 - Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas silvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como, as técnicas de aproveitamento de produtos forestais.
CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de seus coñecementos.
Competencias específicas:
CETEEF5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xardinería.
CETEEF9 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar as bases do Paisaxismo Forestal.
A materia corresponde ao primeiro semestre do terceiro curso do Grado en Enxeñaría Técnica Forestal e do Medio Natural. A parte teórica impartirase en clases maxistrais nas que se explicarán os contidos básicos de forma que sexa posible unha participación activa do alumnado. As prácticas realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar durante o curso facilitarán e reforzarán a aprendizaxe dos contidos da materia. Farase unha viaxe de prácticas, obrigatoria e avaliable, para a realización dun estudo global dunha determinada zona (comarca, concello, xardín público, xardín histórico,…).
A análise individualizada, ou ben en grupos, de distintos tipos de espazos verdes e paisaxes, axudará a unha mellor comprensión da materia, tanto nos aspectos de deseño e xestión das paisaxes como na adecuación da plantación e deficiencias de mantemento dunha zona verde.
As competencias traballadas son as seguintes:
Clases expositivas.- CT2, CETEEF5, CETEEF9
Prácticas.- CG2, CG6, CG7, CT1, CT3, CT5, CT6, CT11, CT12
Titoría en grupo.- CT2
Toda a información sobre a materia, así como o material empregado na docencia teórica e práctica, enlaces web, foro para debates, exercicios para a aprendizaxe da materia, así como novidades no sector da xardinería e o paisaxismo, estarán dispoñibles para os alumnos no campus virtual da USC. Tamén se habilitará espazo nel para a entrega dos traballos.
Os alumnos examinaranse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar en cada unha das súas partes para superar a materia. Na parte correspondente a Xardinaría haberá un examen de prácticas sobre identificación de especies ornamentais, que tamén será necesario aprobar para superar a materia no seu conxunto. Os requisitos para superar a materia na segunda oportunidade serán os mesmos que para a primeira oportunidade, o estudante terá que aprobar as probas/exercicios/traballos que teña suspensos. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar e aprobar os traballos prácticos que se propoñan durante o curso. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha parte da materia conservarase a parte superada durante un curso académico. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia.
Os pesos de cada parte sobre a cualificación final, asi como as competencias avaliadas serán os seguintes:
Probas escritas (50%): competencias CETEEF5, CETEEF9, CT1, CT2, CT12
Traballos entregados e/ou expostos (50%): competencias CG2, CG6, CG7, CT5, CT6
En canto á superación da materia nas oportunidades extraordinarias (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC): Os alumnos deberán examinarse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que será necesario aprobar para superar a materia. Na parte correspondente a Xardinería haberá un exame de prácticas sobre identificación de especies ornamentais, que tamén será necesario aprobar para superar a materia no seu conxunto. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar e aprobar todos os traballos prácticos.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía Docente. As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG, 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
Os créditos desta materia son 4,5. Isto supón un número total de horas computables de 112,5 h, que se distribúen do xeito seguinte:
a) Distribución da docencia presencial
24h clases expositivas
12h clases interactivas
2 h de titorías individuais
b) Traballo persoal do alumno. En total o alumno debe dedicar 74,5 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos.
Trátase dunha materia optativa que comparten dúas áreas de coñecemento, Enxeñaría Agroforestal e Produción Vexetal, polo que a materia ten unha visión máis ampla no que afecta ao estudio da paisaxe, á creación da paisaxe e ao mantemento do mesmo. O alumno vai a estudar unha materia que abarca aspectos estéticos e sensibles na percepción da paisaxe pero que implica tamén un coñecemento profundo do medido físico. Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, e consultas de dúbidas nas titorías.
É importante completar os contidos explicados nas clases mediante a consulta da bibliografía recomendada. Finalmente, recoméndase abordar o estudo das plantas ornamentais dende un punto de vista moi práctico, de modo individual, ou ben en grupo, aprendendo a recoñecelas en saídas a parques e xardíns e, observando as súas posibilidades de emprego.
Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ignacio.diazmaroto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |