Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer a importancia económica das industrias forestais non dependentes da madeira.
- Coñecer os produtos forestais non madeireiros máis importantes (resina, cortiza e aceites esenciais).
- Coñecer os procesos industriais de transformación de materias primas forestais non madeireiras.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñecerá que tipo de materias primas forestais empréganse nas industrias dos produtos forestais non madeireiros, os procesos de fabricación típicos destas industrias e os principais produtos que se obteñen.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
A materia prima da industria da cortiza.
Propiedades e defectos da cortiza.
Industria preparadora da cortiza.
Industria cortiza-taponeira.
Industria de aglomerados compostos de cortiza.
Materia prima da industria resineira.
Procesos industriais para a obtención de produtos resinosos a partir da miera.
Procesos de preparación de mieras.
Destilación de trementinas.
Colofonias.
Aceites esenciais.
Procesos industriais de extracción.
Principais esencias españolas.
Outras industrias de produtos forestais non madeireiros.
Estes contidos serán desenvoltos segundo o seguinte temario, no que a asignación de horas é aproximada:
Tema 0. Presentación (1 hora presencial)
Tema 1. Materia prima da industria da cortiza (3 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 2. Industria preparadora da cortiza (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Tema 3. Industrias da cortiza natural (3 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 4. Industrias de aglomerados de cortiza (7 horas presenciais e 7 horas non presenciais)
Tema 5. Cálculo da dimensión das instalacións de almacenaxe (3 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 6. Materia prima da industria resineira (4 horas presenciais e 5 horas non presenciais)
Tema 7. Obtención industrial de produtos resinosos a partir da miera (4 horas presenciais e 5 horas non presenciais)
Tema 8. Composición, propiedades e aplicacións da augarrás e da colofonia (3 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 9. Outras fontes de obtención de resinosos (3 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 10. Orixe biolóxica e características químicas dos aceites esenciais (1 hora presencial e 1,5 horas non presenciais)
Tema 11. Cultivo de plantas aromáticas, procesado e comercialización dos aceites esenciais (1 hora presencial e 1 hora non presencial)
Tema 12. Taninos (1 hora presencial e 1 hora non presencial)
Bibliografía básica
Coppen, J. J. W.; Hone, G. A. 1995. Gum naval stores: turpentine and rosin from pine resin. FAO, Roma. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria e en versión dixital en http://www.fao.org/3/a-v6460e.pdf.
INIA. 1989. I jornadas ibéricas de plantas medicinales, aromáticas y de aceites esenciales. Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Remacha Gete, A. 2009. Tecnología del corcho. Visión Libros, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Riesco Muñoz, G.; Amurrio Ordóñez, J. M. 2003. Ordenación de recursos forestales no madereros: resinas, corcho, pastos y pesca fluvial. Escola Politécnica Superior, Lugo. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria e en versión dixital en https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/20375.
Vidal Holguín, C. J. 2010. Fundamentos de control y gestión de inventarios. Programa Editorial Universidad del Valle, Santiago de Cali. Dispoñible en versión dixital en https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/ereader/busc/128995.
Bibliografía complementaria
García Esteban, L. 2001. Los materiales forestales: madera, papel y corcho. En: Ayala-Carcedo, F. J. Historia de la tecnología en España. Ed. Valatenea, Barcelona. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Martínez de Arano, I. et al. 2021. Productos forestales no madereros para la conservación de la naturaleza, la economía verde y el bienestar humano. Recomendaciones para la acción política en Europa. Un libro blanco basado en las lecciones aprendidas alrededor del Mediterráneo. EFI, FAO. Dispoñible en versión dixital en https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/recursos/pag-web/productos-forestal….
Soria Ballesteros, E. 2009. La resina: herramienta de conservación de nuestros pinares. CESEFOR, Soria. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria e en versión dixital en https://www.resinacyl.es/sites/default/files/publicaciones/la_resina_su….
Wenger, K. F. 1984. Forestry handbook. Society of American Foresters, Nova York. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Zinkel, D. F.; Russell, J. 1989. Naval stores: production, chemistry, utilization. Pulp Chemicals Association, Nova York. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Nesta materia o alumno vai adquirir ou practicar unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e outras específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación trabállanse as seguintes.
Competencias básicas:
(CB1) Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
(CB2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
(CB3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
(CB4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
(CG 11) Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como as tecnoloxías e industrias destas materias primas.
Competencias transversais:
(CT1) Capacidade de análise e síntese.
(CT2) Capacidade para o razoamento e a argumentación.
(CT3) Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
(CT5) Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
(CT6) Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
(CT8) Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
(CT10) Utilización de información bibliográfica e de Internet.
(CT11) Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
(CETEIF6) Materias primas forestais non madeireiras. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Producións complementarias do bosque” e “Industrias dos produtos forestais non madeireiros”.
(CETEIF7) Procesos industriais de produtos non madeireiros: cortiza, resina, aceites esenciais.
A docencia presencial desenvolverase mediante clases expositivas na aula (exposicións orais co apoio frecuente do encerado clásico e proxección de imaxes en PowerPoint). A docencia presencial tamén incluirá clases prácticas para recoñecemento de produtos forestais así como seminarios interactivos na aula para a resolución de problemas numéricos e supostos prácticos.
Días antes da clase poñerase á disposición dos alumnos copia en formato dixital de todo o material que se vaia proxectar na aula.
Como práctica de campo está previsto realizar unha viaxe para coñecer instalacións de fabricación de produtos derivados da cortiza.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións docentes que veñen de describirse.
Existen titorías presenciais na aula, nas que o alumno (individualmente ou en grupos reducidos) ten a oportunidade de recibir ensino por parte do profesor nos aspectos da materia que o alumno considere. As titorías tamén poden ser atendidas por correo electrónico ou por teléfono.
Nas clases expositivas trabállanse as seguintes competencias básicas, transversais e específicas: CB1, CT1, CT2, CT6, CETEIF6 e CETEIF7.
Nas clases prácticas e seminarios interactivos trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB2, CG11, CT3, CT5, CT11 e CETEIF6.
Na práctica de campo trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais e específicas: CB2, CB3, CB4, CG11, CETEIF6 e CETEIF7.
Nas titorías trabállanse as seguintes competencias básicas e transversais: CB3, CB4, CT2, CT8 e CT10.
Para aprobar a materia hai que superar un exame final escrito, para o cal hai dúas oportunidades oficiais no curso. O exame será presencial e incluirá preguntas curtas así como a discusión e resolución de supostos prácticos. Incluirase algunha pregunta sobre a visita de campo realizada.
Nas probas de exame escritas avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CETEIF6 e CETEIF7.
As datas dos exames finais serán fixadas pola Dirección do Centro e son inamovibles para todos os alumnos matriculados na materia (artigo 4.3 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Durante os exames non se fará uso de ningún tipo de documentación, agás a que proporcione o profesor. Non serán necesarias as calculadoras programables, se ben o seu uso está permitido. Non se pode levar teléfono móbil aos exames. O alumno deberá acudir aos exames debidamente documentado mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir.
Entrega de traballos. Ao longo do curso propoñeranse diversos casos prácticos sinxelos por vía telemática, de carácter voluntario e a resolver por escrito na casa, en torno aos contidos que se estean a impartir en cada momento. Algún dos casos prácticos basearase no uso de documentación en inglés. A puntuación destes traballos será a seguinte: traballo ben resolto 10 puntos sobre 10, traballo regular 5 puntos sobre 10, traballo mal realizado 1 punto sobre 10 e traballo non presentado 0 puntos sobre 10. Para os alumnos que se acollan a este sistema de traballos (a entregar ó profesor en papel ou por vía telemática) a cualificación media obtida nestes representará o 30 % da cualificación final da materia e o 70 % restante corresponderá ao exame final escrito. Para os alumnos que non se acollan a este sistema de traballos o 100 % da cualificación final da materia será o resultado obtido no exame final escrito. A cualificación do exame será sobre 10 puntos, e para superalo será preciso alcanzar polo menos unha cualificación de 5 puntos. Se un alumno non presenta ningún dos traballos propostos enténdese que renuncia á avaliación continua (traballos e máis exames), có cal a súa cualificación basearase sómente no resultado do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e outras probas que formen parte da avaliación será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Nos traballos entregados avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CETEIF6 e CETEIF7.
A competencia CB4 será traballada pero non avaliada. No caso dos alumnos que non realicen avaliación continua as competencias CT5, CT10 e CT11 serán traballadas pero non avaliadas.
O sistema de avaliación será o mesmo na oportunidade ordinaria e na oportunidade extraordinaria de recuperación.
O sistema de avaliación para os alumnos repetidores será o mesmo que para o resto.
Para os alumnos con dispensa de asistencia a clase o sistema de avaliación será o mesmo, coa excepción de que non serán avaliados sobre o contido da práctica de campo.
Ademais do tempo de asistencia ás clases, considérase necesaria unha dedicación de 2,5 horas semanais de estudo persoal para superar a materia.
Convén comezar a fase final de estudo con antelación dabondo respecto da data das probas de avaliación para evitar problemas de última hora.
Recoméndase a asistencia a clase, tomando os apuntamentos necesarios, pois trátase dunha materia na que para a plena comprensión de moitos conceptos convén a atención directa ás explicacións do profesor.
Para completar contidos e afianzar a aprendizaxe é desexable o manexo, polo menos, da bibliografía recomendada.
Así mesmo, é necesario o estudo regular ao longo do curso dos apuntamentos tomados na clase, xunto coa análise das presentacións que serven de apoio e máis o repaso dos exercicios presentados na aula.
Guillermo Riesco Muñoz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- guillermo.riesco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |