Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Ecoloxía, Xenética
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Reflectir a importancia socioambiental das zonas protexidas, así como que o alumnado coñeza as principais ferramentas necesarias para un deseño adecuado e unha correcta xestión das mesmas. Dentro dos programas de conservación dun espazo, resaltar a premisa básica da necesidade do esforzo na conservación das poboacións presentes, e a súa importante relación co mantemento da variabilidade xenética e as variables que inflúen no devandito mantemento.
- Tema 1.- Estrutura xenética poboacional. Diversidade xenética e estimadores poboacionais. Diversidade xenética reducida nas especies ameazadas. (1 expositiva + 2 interactivas + 10 Non Presenciais)
- Tema 2.- Equilibrio xenético e axentes evolutivos. Poboacións de censo pequeno. A deriva xenética e os seus efectos. Endogamia e censo efectivo: efectos en poboacións de censo reducido. Poboacións fragmentadas e fluxo xénico. (2 expositivas + 2 interactivas + 10 Non Presenciais)
- Tema 3.- Xestión xenética das poboacións ameazadas. Conservación da diversidade xenética: conservación Ex situ, conservación In situ. (1 expositiva + 3 Non Presenciais)
- Tema 4. Introdución aos Tratados Internacionais e Programas europeos sobre conservación. Fundamentos, plans e estratexias derivadas. Transposición ao estado español e a Galicia (Lei 4/89 e posterior). Proxecto Corine. Directivas Aves e Hábitat. Rede natura 2000. (1 Expositiva + 3 Non Presenciais)
- Tema 5. Criterios para o deseño e selección de espazos protexidos. Os índices de rareza como ferramenta de selección A Teoría de Illas. Relación especies/área. Hipótese do equilibrio. O deseño de reservas naturais: selección de tamaño, forma e distribución. Índice de Higgs e Margules. (2 expositivas + 4 interactivas + 12 Non Presenciais)
- Tema 6. Conservación das poboacións. Expresión espacial das variables xenéticas e demográficas: Metapoblaciónes. Modelo de Metapoblación: o modelo de Levins. Tempo de vida media dunha meta-poboación: modelos de Nisbet e Gurney. Aplicación á conservación na paisaxe: redes e corredores. (1 expositiva + 4 interactivas + 10 Non Presenciais)
Práctica de laboratorio
Estimación da relación entre área de conservación e variación da diversidade representada.
Seminarios de problemas
Os estudantes disporán de enunciados de problemas e cuestións de complexidade crecente, relacionados cos conceptos tratados ao longo do semestre; a maioría deles resolveranse na aula.
VIAXE DE PRÁCTICAS-Obrigatoira (4 horas presenciais)+Non computa para avaliación.
Visita de campo a un Parque Natural de Galicia, cos seguintes obxectivos:
• Coñecemento dos valores naturais.
• Constatación da realidade da xestión actual dos nosos Parques Naturais. Medidas e estratexias de xestión diaria, así como problemas na súa implantación.
A visita se realiza de maneira conxunta coa materia P4171202_Aproveitamento de recursos en espazos naturais protexidos
Básica
- Allendorf, F.W.; Luikart, G. 2007. Conservation and the Genetics of Populations. Blackwell.
- Frankham, R.; Ballou, J.D.; Briscoe, D.A. 2004. A Primer of Conservation Genetics. Cambridge.
- Diego, C., García, C. 2007. Los espacios naturales protegidos. Davinci.
- Gorman, M.L. 1991. Ecología insular. Vedra.
Complementaria
- Azqueta y Pérez. Gestión de espacios naturales.
- Castroviejo (ed). Prácticas para la planificación de espacios naturales.
- Gorman, M.L. 1991. Ecología insular. Vedra.
- Helliwell, D.R. 1985.Planning for nature conservation. Packard.
- Mills, L.S. 2007. Conservation of Wildlife Populations. Blackwell.
- Sutherland, W.J. 1998. Conservation science and action. Blackwell.
- CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións - e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan - a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
- CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
- CE24 Coñecer, comprender e aplicar os principios nos que se basea a selección de áreas a protexer, os principios, técnicas e indicadores que permiten analizar a integridade ecolóxica dos espazos naturais protexidos e os principios, técnicas e indicadores que permiten avaliar xenéticamente as poboacións a protexer nos espazos naturais protexidos.
Clases expositivas e interactivas de lousa
Van ser o núcleo básico da metodoloxía docente desta materia. Daranse ao grupo completo. Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa e a aplicación destes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas ou casos prácticos.
O desenvolvemento dos contidos farase con axuda de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, lousa, etc.).
A repartición temporal (horas) seguirá o seguinte guión:
- Docencia expositiva: 9
- Docencia interactiva: 12
- Actividades de avaliación: 3
- Titorías: 3
- Traballo persoal do alumno: 48 (aproximadamente 2 horas de traballo por cada hora de docencia expositiva e interactiva).
Na realización/presentación do traballo é recomendábel incluir referencias bilbiográficas atualizadas en inglés.
Traballos de aula: CB9, CT5, CT6, CT8. (40%)
Cuestións e problemas: CT6, CE24. (40%)
Exame: CT6, CE24. (20%)
Para a avaliación do alumnado repetidor e/ou con dispensa de asistencia, o sistema de avaliación será o mesmo: presentación de memorias, traballos e exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asistencia regular ás clases presenciais permitirá que unha dedicación aproximada de 8 horas semanais será suficiente.
Asistencia ás aulas
Realización dos traballos prácticos
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio V. Carral Vilariño
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
21.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |