Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Desenvolver unha comprensión da función das artes na educación, de modo específico da música, e da súa contribución ao desenvolvemento de actitudes e hábitos útiles para a vida e para o traballo.
2. Dar a coñecer a natureza da música e as formas nas que a música pode aprenderse.
3. Desenvolver habilidades e destrezas musicais básicas que contribúan á comprensión e coñecemento da linguaxe musical.
4. Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, a súa aplicación na educación primaria de xeito seguro e a súa relación con outras áreas, cos obxectivos xerais e as competencias da etapa.
5. Participar en propostas e proxectos musicais que fomenten a participación ao longo da vida en actividades dentro e fóra da escola.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I -A natureza da música e o seu sentido na escola
• Valor formativo da música. Por que ensinar música? Que achega ao desenvolvemento infantil?
• Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical.
• Elementos da música e a súa exploración para un entendemento e desenvolvemento na Educación Primaria.
Bloque II -A música no currículo da Educación Primaria
• Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
• Relación da música con outras áreas curriculares e a súa contribución ao desenvolvemento formativo.
• A música na atención á diversidade dende unha perspectiva curricular.
• As TIC para o ensino e aprendizaxe da música na Educación Primaria
• Propostas de educación musical para a Educación Primaria.
Bloque III - Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estrutural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
Básica:
- Gillanders, C. e Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación, (8), 62-72.
- Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la música para primaria. Prentice Hall.
- Rico Verea, M. (1996). Vente vindo, ven cantando. Cancioneiro Escolar Galego. Edicións Fontel.
- San Andrés, C. (2002). Jugar, cantar y contar. Teleno Ediciones.
Complementaria:
- Alsina, P. (1997). El área de educación musical: propuestas para aplicar en el aula. Graó.
- Akoschky, J. (1988). Cotidiáfonos. Ricordi.
- Choksy, L., Abramson, R.M., Gillespie, A. e Woods, D. (2004). Teaching Music in the Twentieth Century. Prentice-Hall.
- Gillanders, C., Pérez, L. T., & Fuente, L. C. de la. (2018). Sonorizando cuentos infantiles. Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 0(5). https://doi.org/10.15304/elos.5.5253
- Díaz, M., e Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Graó.
- Froehlich, H.C. (2011). Sociología para el profesorado de música. Perspectivas para la práctica. Graó.
- Hemsy de Gainza, V. (1964). La iniciación musical del niño. Ricordi.
- López de la Calle, M. (2001). La música y su proyección educativa. Investigación e Innovación na Escola Universitaria de Formación del Profesorado (pp. 233-246). USC.
- Michels, V. (1989). Atlas de música 1. Alianza Editorial.
- Schafer, M.R. (1994). Hacia una educación sonora. Pedagogías Musicales Abiertas.
- Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. MAD.
- V.V.A.A. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía. Didáctica de la música, (41). Graó.
Documentos:
- Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, núm. 183, 49595-50009.
As competencias que o documento oficial da titulación adscribe a esta materia son as seguintes:
• Competencias básicas:
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
• Competencias xerais:
X.1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
X.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
• Competencias específicas:
E.54 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes.
E.55 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E.56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
E.57 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
• Competencias transversais:
T.1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A propia natureza da música e as competencias de diferentes tipo que deben desenvolver os estudantes a través desta materia esixen unha intervención na aula que combine diferentes estratexias. Levaranse a cabo actividades de gran grupo orientadas para falar, debater e reflexionar sobre os contidos propiamente teóricos da materia.O alumnado lerá previamente, cando sexa necesario, os materiais escritos a traballar.
Nas actividades de grupo reducido trabállanse outro tipo de aspectos ou contidos que requiren unha práctica regular e un desenvolvemento continuo ao longo da materia. No campo da música "facer" é un feito imprescindible xa que sen a súa práctica non é posible avanzar na súa comprensión e dominio. O alumnado deberá adicar unha porcentaxe substancial do traballo persoal ao desenvolvemento das súas propias habilidades musicais.
As sesións ou prácticas específicas de música desenvólvense con diversas técnicas de traballo en grupo, o que dará lugar a que o alumnado opere en múltiples configuracións espaciais. Con isto trátanse de desenvolver no alumnado as competencias xerais relacionadas con actitudes e valores. As actividades en grupo pequeno ou de titorías dirixiranse a orientar e supervisar as aprendizaxes musicais e didácticas propostas para esta materia. Así mesmo, poderanse avaliar os procesos de aprendizaxe de forma máis individualizada.
Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación con profesorado doutras materias.
Utilizarase a Aula Virtual da USC como canle de traballo obrigatorio e complementario á docencia.
A) AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE ORDINARIA
Seguindo a ficha da materia na Memoria do Grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes apartados e porcentaxes:
1. Participación nas actividades da aula (5% da nota final): Neste apartado tomarase en consideración a participación activa nas actividades presenciais e prácticas con música. Para avaliar este apartado, é imprescindible que o alumnado asista ao 80% das sesións, exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas. Realizarase un control de asistencia. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais necesarios e poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia*.
2. Probas específicas (50% da nota final): A proba constará de dúas partes, e será preciso aprobar ambas para superar a materia. A primeira parte (30%) será unha proba individual escrita que permita demostrar o dominio dos contidos básicos de linguaxe musical. Será avaliada na data oficial do exame. A segunda parte (20%) consistirá nunha proba individual de canto baseada nas cancións traballadas na aula. Este apartado avaliarase nun exame parcial tras finalizar as sesións co profesorado responsable.
3. Informes e producións musicais na aula (40% da nota final). Avaliaranse os seguintes traballos: traballos de seguimento das sesións expositivas (15%), un traballo individual relacionado co canto e a biografía musical (15% da nota) e un traballo colectivo relacionado coa música e a danza como recursos educativos aplicados á aula de Educación Primaria (10% da nota). Este apartado avaliarase durante as sesións co profesorado responsable, e será preciso realizar todos os traballos indicados para superar a materia.
4. Proba oral (5% da nota final): Presentación dun traballo grupal centrado no proceso de ensino-aprendizaxe da música e a danza. Este traballo presentarase durante as sesións interactivas co profesorado responsable.
Todos os informes e probas anteriormente mencionados nos apartados 2, 3 e 4 teñen un carácter obrigatorio, e os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual. Para aprobar a materia será preciso ter acadado polo menos un 5 nos apartados 2, 3 e 4. En caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na oportunidade extraordinaria. Por tanto, o alumnado que asiste a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá obter puntuación dos apartados 2, 3 e 4.
B) AVALIACIÓN EN OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (RECUPERACIÓN)
Apartado 1: Este apartado non é recuperable, polo que o alumnado conservará a cualificación obtida para esta oportunidade, aínda que sexa suspensa.
Apartados 2, 3 e 4: O alumnado que teña superados estes apartados conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver a examinarse deles. En caso de ter algún apartado suspenso e/ou pendente, o alumnado deberá facelo nesta oportunidade.
Todos os informes e probas anteriormente mencionados nos apartados 2, 3 e 4 teñen un carácter obrigatorio, e os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual. Para aprobar a materia será preciso ter acadado polo menos un 5 nos apartados 2, 3 e 4. En caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na oportunidade extraordinaria. Por tanto, o alumnado que asiste a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá obter puntuación dos apartados 2, 3 e 4.
C) ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA E DISPENSA
A normativa da USC non contempla a opción de dispensa de asistencia nesta asignatura por tratarse dunha materia con grupos interactivos de laboratorio (CLIL). Con respecto á exención de docencia, esta concederase só para as sesión expositivas (CLE). O control de asistencia realizarase só nos grupos interactivos de laboratorio (CLIL). Por tanto, o alumnado nestas casuísticas terá que avaliarse seguindo os mesmos criterios que os indicados nos epígrafes A e B.
D) ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado común, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores e tendo as mesmas obrigas no referente á asistencia.
*Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Esta materia segue o sistema de avaliación C) para a primeira convocatória ordinaria (Xaneiro), o que significa que a asistencia é “preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. (...) con anterioridade á realización das probas deberá publicarse un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse”. O alumnado que non acade o 80% de asistencia nas sesións, só poderá examinarse na segunda convocatoria (Xuño-Xullo).
A distribución dos 6 ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudante: 99
Total horas dedicación á materia: 150
A proposta docente que se presenta constrúese, de xeito esencial, dende a práctica na aula. Para poder alcanzar os obxectivos de aprendizaxe propostos nesta materia é fundamental a asistencia ás sesións permitindo ademais entender e asimilar a teoría dun xeito sinxelo e efectivo.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Remigio Moreira Arincon
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carol Jean Gillanders
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carme Lopez Fernandez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Mario Diz Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- mario.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_08 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 + Dobre Grao 2º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
22.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |