Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal é ofrecer os coñecementos teóricos e prácticos básicos necesarios para a aplicación dos datos e información xeográfica na xestión ambiental, así como introducir aos estudantes nas técnicas básicas de análise territorial dende o punto de vista cartográfico e de tratamento de imaxes.
Cando remate a materia o alumnado será capaz de afrontar as tarefas de identificación, xestión, análise e representación da información territorial mediante o manexo combinado de ferramentas SIX.
Durante o desenvolvemento do temario proporcionarase ao alumnado unha base sólida para o manexo e análise dos datos e información xeográfica dispoñible, sendo capaces de expresarse mediante o manexo de esquemas e mapas máis adecuados aos resultados obtidos das súas análises.
En definitiva, trátase de introducir aos alumnos no manexo das aplicacións informáticas propias da análise espacial e cartográfica desde a recolección dos datos ata a súa difusión cartográfica.
Despois de completar esta materia, os alumnos serán capaces de:
• Comprender que é un SIX, que pode facer e como se está utilizando na actualidade.
• Ver como pode beneficiarse co uso dun SIX.
• Crear mapas básicos.
• Traballar con diferentes tipos e formatos de datos xeográficos.
• Acceder á información de entidades e datasets xeográficos.
• Aplicar un enfoque sistemático para analizar algúns datos e coñecer os patróns e relacións que teñen os teus datos.
• Utilizar capas, grupos de capas e proxeccións nun mapa
• Crear e manexar de forma básica unha geodatabase
• Simbolizar as entidades por categorías ou por cantidades
• Traballar con táboas e realizar unións e relacións
• Editar a xeometría e atributos das entidades
• Manexar con soltura a interfaz de ArcGIS
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos de Máster en Enxeñaría Ambiental: Utilización da información cartográfica. Teledetección. Sistemas de información xeográfica.
O programa da materia está dividido en 2 bloques, que se detallan a continuación:
Bloque I: Cartografía, Fotografía aérea e Teledetección.
• Cartografía básica e xeorreferenciación (coordenadas xeográficas e UTM).
• Mapas topográficos e linguaxe cartográfica.
• Fotografía aérea e fotointerpretación.
Bloque II: Sistemas de Información Xeográfica (SIX)
• Introdución de datos nun Sistema de Información Xeográfica (SIX).
• Simbolizar elementos e cartografía Temática.
• Traballo con bases de datos.
• Xeorreferenciación.
• Análise espacial vectorial.
• Edición de datos
• MDT e análise raster.
• Composición de mapas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
* ALDREY VÁZQUEZ, J. A. (2018): Curso de Sistemas de Información Xeográfica. Publicado bajo licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional en el repositorio Minerva de la Universidad de santiago de Compostela. 2018. URI: http://hdl.handle.net/10347/17306
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/17306
Este será o manual básico e o único de lectura obrigatoria, disponible na web da usc.
* MORENO JIMÉNEZ, A. (Coor.) (2006): Sistemas y análisis de la información geográfica: manual de autoaprendizaje con ArcGIS. RA-MA, Paracuellos del Jarama. 895 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
* BARREDO;J. I. 1996: Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
* BURROUGH, P. (1988): Principles of Geographical Information Systems for land resources assessment. Oxford Univ. Press, Oxford.
* BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
* COPPOCK, J.T. and RHIND, D.W. (1991) The History of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications, John Wiley & sons, pp. 21-43. (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html)
* COMAS, D. y RUIZ, E. (1993): Fundamentos de los Sistemas de Información Geográfica. Ariel, Barcelona. 295 pp.
* CORBERÓ Mª V. et al. (1988) Trabajar mapas. Biblioteca de recursos didácticos Alhambra.
* CHUVIECO, E. (1990) Fundamentos de teledetección espacial. Rialp
* CHUVIECO, E. (2002) Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el Espacio. Ed. Ariel
* DENT, B.D. (1990 2ª ed.) Cartography. Thematic map design. Wm. C. Brown Publishers.
* FERNÁNDEZ GARCÍA, F. (2000) Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía.
* FRAILE GILPÉREZ, L. (1986) Lectura de planos. Penthalon.
* LONGLEY, P.A.; GOODCHILD, M.F.; MAGUIRE, D.J. (1991) An overview and definition of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications. John Wiley & sons, pp. 9-20 (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html).
* MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. 2005: Geographical Information Systems and Science., Wiley.
* ORSBY, T. et al. 2004: ;Getting to Know ArcGis desktop, ERSI Press.
* PANAREDA CLOPÉS, J.P. (1984) Como interpretar el Mapa Topográfico. Anaya.
* PELLICER CORRELLANO, F. (1998) Cuadernos Técnicos de Ciencias Ambientales 1. Introducción a la Fotografía aérea. Azara Ed.
* PEREÑA, J.G. 1992: Introducción Conceptual a los Sistemas de Información Geográfica (S.I.G.), Estudio Gráfico Madrid
* PUYOL, R. e ESTÉBANEZ, J. (1978) Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores.
* ROULEAU, B. (1991) Methodes de la cartographie. Presses du CNRS.
* SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
* SKIDMORE, A. (Ed.) (2002): Environmental modelling with GIS and remote sensing. Routledge, Londres. 268 pp.
* TOMLIN, D. (1990): Geographic Information Systems and cartographic modelling. Englewwod Cliffs. Prentice Hall.
* VÁZQUEZ MAURE, F. e MARTÍN LÓPEZ, J. (1989) Lectura de mapas. IGN.
*WISE, S. (2002): Gis Basics. Taylor & Francis, Londres, 218 pp.
* WRIGHT, D.J.; GOODCHILD, M.F. and PROCTOR, J.D. (1997): Demystifying the Persistent Ambiguity of GIS as Tool vs. Science The Annals of the Association of American Geographers 87(2): 346-362 (http://dusk.geo.orst.eddu/annals.html).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• CG1 - Identificar e enunciar problemas ambientais
• CG2 - Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexa mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade
• CG3 - Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
Transversais
• CT3 - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
• CT4 - Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
• CT5 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
• CT6 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco do compromiso co desenvolvemento sostible.
Específicas
• CE3 - Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñería Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
• CE5 - Conceptualizar modelos de Enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
• CE8 - Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
• CE9 - Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
• CE10 - Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análises do ciclo de vida, Ecoloxía Industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
Trátase dunha materia eminentemente aplicada, baseada principalmente na aprendizaxe de técnicas, de xeito que polo seu enfoque práctico, realizaranse unha serie de traballos específicos e secuenciais, encamiñados á posta en práctica dos aspectos máis relevantes de cada tema, e que demostren os coñecementos adquiridos. Os traballos que concirnen a cada tema servirán para unha avaliación continuada, xunto ao traballo final (que deberá entregarse nas datas oficiais establecidas pola ETSE).
Os alumnos deben realizar os seguintes traballos:
- Práctica de cartografía: localización de coordenadas UTM e xeográficas; lectura e interpretación topográfica
- Prácticas de SIX: ao final de cada tema deberase entregar unha práctica concerninte á mesma.
As leccións maxistrais intercalaranse con clases prácticas (en cada sesión ao longo do curso) para ilustrar os contidos teóricos.
Usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor e bibliografía complementaria).
Docencia presencial (26 h)
• Clases expositivas e interactivas: as clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado da arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos/as alumnos/as. Neste sentido, é moi relevante que o alumnado traballe o material do que disporá na aula virtual para promover a interacción profesor-alumno/a.
• Traballo individual: están planificadas prácticas individuais que favorezan a adquisición das competencias necesarias para a superación da materia.
Tutoría Grupal
• Titoría Grupal: Realizarase una titoría grupal para a resolución de dúbidas relacionadas co manexo de SIX e da realización do traballo final a través da plataforma MS Teams.
Tutorías individualizadas
• Titorías individualizadas: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
A cualificación do/a alumno/a será froito do seu rendemento nas dúas partes nas que se avalía a aprendizaxe: traballo final e rendemento na aula. O reparto da puntuación será en función dos rendementos obtidos nos traballos prácticos (50%) e no traballo final (50%).
Para superar a materia, o/a alumno/a debe ter realizado todas as prácticas correctamente, e obter un mínimo de 5 puntos no traballo final.
Búscase que o alumnado acade as competencias necesarías para o desenvolvemento autónomo de proxectos de SIX, para iso avaliaranse as competencias e destrezas na resolución de supostos prácticos de xestión ambiental territorial.
O traballo final constará dun suposto práctico de xestión ambiental territorial por medio de ferramentas SIX, no que o/a alumno/a deberá aplicar os coñecementos adquiridos durante o curso.
Na segunda oportunidade a avaliación se fará do mesmo xeito que a primeira. Os alumnos/as terán que entregar todas os traballos prácticos obrigatorios feitos ao longo do curso e resolver o suposto práctico plantexado como avaliación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3 ECTS.
Horas de traballo presencial do alumno:
Clases expositivas 10
Clases prácticas 12
Titorías personalizadas 4
Total de horas presenciais do alumno: 26
Horas de traballo persoal do alumno:
Estudio autónomo individual ou en grupo 32
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similares 12
Outras tarefas propostas polo profesor 6
Total de horas de traballo persoal do alumno: 50
É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos ou artigos que se vaian sinalando na guía docente. É imprescindible ter un dominio medio do idioma inglés.
É recomendable, aínda que non necesario, que os alumnos teñan unhas nocións básicas de ofimática, deseño asistido por computador.
Os alumnos deberán de instalar o software nos seus computadores portátiles. Se lles proporcionará ao comezo da materia.
No que respecta ao Bloque I e dada a diferente procedencia formativa dos alumnos, é normal atopar diferenzas no coñecemento do manexo de cartografía e fotografía aérea, polo que non se esixen requisitos previos.
Para o Bloque II, centrado no manexo dos Sistemas de Información Xeográfica, requírese que o alumno teña uns mínimos coñecementos de Informática a nivel de usuario.
A materia será impartida en castelán.
Jose Antonio Aldrey Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812545
- Correo electrónico
- joseantonio.aldrey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |