Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia son os seguintes:
- Dar a coñecer ao alumnado o comportamento estrutural dos elementos de edificación e as súas implicacións no deseño e cálculo das construcións forestais.
- Dar a coñecer a normativa de aplicación en construción e fundamentalmente o proceso de dimensionamento dos elementos estruturais dos edificios a traveso do seguinte proceso: avaliación de accións, cálculo de estruturas, dimensionamento de elementos estruturais en formigón armado, deseño de cimentacións.
- Conseguir, por unha banda, que o alumnado sexa capaz de realizar o proceso de dimensionamento anteriormente descrito no caso en estruturas sinxelas e, pola outra, que sexa capaz de interpretar os resultados dos cálculos obtidos a traveso de software específico para o caso de estruturas máis complexas.
- Dar a coñecer ao alumnado os elementos, materiais e tipoloxías construtivas máis comunmente utilizadas nas construcións forestais, así como os criterios para a avaliación das mesmas de acordo aos criterios dunha construción sustentábel.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Cálculo de estruturas.
Normativa de aplicación en construción.
Accións na edificación.
Construcións forestais: tipoloxías e elementos.
Deseño e cálculo de edificacións de formigón segundo a normativa específica.
Deseño e cálculo de cimentacións.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo á seguinte organización (a duración asignada a cada bloque pode variar en función do desenvolvemento dos contidos e do traballo persoal empregado polo/a estudante):
CLASES EXPOSITIVAS (18 h)
BLOQUE TEMÁTICO I.- INTRODUCIÓN (3 h + 4,5 h traballo)
Tema 1.- Solicitacións básicas. Tensións e deformacións.
Tema 2.- Cálculo de vigas elementos estruturais isostáticos.
Tema 3.- Cálculo de vigas elementos estruturais hiperestáticos.
BLOQUE TEMÁTICO II.- DIMENSIONAMENTO. DESEÑO E CÁLCULO DE ELEMENTOS DE FORMIGÓN. INTRODUCIÓN (3 h + 5 h traballo)
Tema 4.- Bases de cálculo e normativa específica para o dimensionamento de elementos de formigón.
Tema 5.- Dimensionamento de vigas de formigón armado. Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais.
Tema 6.- Dimensionamento de piares de formigón armado. Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais.
BLOQUE TEMÁTICO III.- SISTEMAS ESTRUCTURAIS. INTRODUCIÓN (1 h + 1 h traballo)
Tema 7.- Tipoloxías estruturais nas construcións forestais.
BLOQUE TEMÁTICO IV.- DIMENSIONAMENTO. ACCIÓNS NA EDIFICACIÓN (3 h + 6 h traballo)
Tema 8.- Bases teóricas e normativa aplicable na avaliación de accións.
Tema 9.- Avaliación de accións sobre os distintos elementos.
BLOQUE TEMÁTICO V.- DIMENSIONAMENTO. CÁLCULO DE ESTRUTURAS (4 h + 6 h traballo)
Tema 10.- Introdución ao cálculo de estruturas. Tipos de apoios e nós.
Tema 11.- Introdución aos métodos de cálculo de estruturas. Leis de esforzos. Deformacións.
Tema 12.- Resolución de estruturas isostáticas. Cálculo de reaccións. Leis de esforzos. Deformacións.
BLOQUE TEMÁTICO VI.- DIMENSIONAMENTO. CIMENTACIÓNS (3 h + 6,5 h traballo)
Tema 13.- A cimentación nas edificacións.
Tema 14- Cálculo da estabilidade estrutural das zapatas.
Tema 15.- Cálculo das armaduras en zapatas de formigón armado.
BLOQUE TEMÁTICO VII.- CONSTRUCIÓNS FORESTAIS SUSTENTABEIS: TIPOLOXÍAS E ELEMENTOS (1 h + 1 h traballo)
Tema 16.- Construción sustentábel.
Tema 17.- Elementos construtivos: cimentacións, estrutura e cuberta, paramentos, solos, revestimentos e illamentos.
Tema 18.- Tipoloxías das construcións de uso forestal.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS (18 h)
BLOQUE TEMÁTICO I.- INTRODUCIÓN (10 h + 10 h traballo)
- Seminario 1.- Forzas exteriores. Reaccións. Esforzos básicos. Solicitacións.
- Seminario 2.- Cálculo de leis de momentos flectores, esforzos cortantes e axiais.
- Seminario 3.- Cálculo de vigas hiperestáticas.
- Laboratorio 1.- Manexo de software específico para o cálculo de reaccións e leis en vigas sinxelas.
- Laboratorio 2.- Cálculo de vigas hiperestáticas por métodos manuais e por computadora.
BLOQUE TEMÁTICO II.- DIMENSIONAMENTO. DESEÑO E CÁLCULO DE ELEMENTOS DE FORMIGÓN (4 h + 12 h traballo)
- Seminario 4.- Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais en vigas de formigón armado.
- Seminario 5.- Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais en piares de formigón armado.
BLOQUE TEMÁTICO V.- DIMENSIONAMENTO. CÁLCULO DE ESTRUTURAS (4 h + 8 h traballo)
- Laboratorio 3.- Manexo de software específico para cálculo de estruturas con computadora.
TITORÍAS EN GRUPO (2,25 h)
Resolución de dúbidas sobre os contidos e resolución de problemas que se poidan propor especificamente para elas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Argüelles Álvarez, R. (Coord.) 2005. Cálculo matricial de estructuras en 1º y 2º orden. Teoría y problemas. Ed. Bellisco. Madrid.
Libro sobre cálculo matricial que explica o enfoque matemático e teórico necesario para o cálculo de estruturas. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de cálculo de estruturas.
- García Valcarce, A. (Dir.) 2003. Manual de edificación. Mecánica de los terrenos y cimientos. Departamento de edificación-ETSA-Univ. Navarra. CIE-Dossat2000. Navarra.
Libro moi didáctico sobre cimentacións. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de calculo de estruturas.
-Gere, J.M. 2002. (Timoshenko) Resistencia de materiales. 5ª ed. Ed. Thomsom. Madrid.
Libro clásico cunha grande cantidade e variedade de problemas resoltos que facilita o traballo individual do/a alumno/a.
- González Rodríguez, A. (Coord). 2004. Diccionario visual da construción. COAG. Lugo
Libro de grande utilidade e doado manexo para introducirse nas partes e elementos dos edificios e demais construcións. Ten ampla información e abundantes ilustracións.
- Ministerio de Fomento. 2009. Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. Ministerio de Fomento. Madrid.
Última revisión da normativa que rexe a avaliación de accións no noso país. De obrigado cumprimento.
- Ministerio de Transportes, movilidad y agenda urbana. 2020. Código Estructural. (Real Decreto 470/2021) Títulos 1 (Bases Generales) y 2 (Estructuras de hormigón). Anejos 1 a 15 y 18 a 21
https://www.mitma.gob.es/organos-colegiados/comision-permanente-del-hor…
- Ruby, I. & A. (eds.). 2010. Re-inventing construction. Berlín.
Libro cunha perspectiva xenérica do proceso construtivo (tecnoloxías, investigación, enerxía, arquitectura vernácula, etc.)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Allen, E.; Zalewski, W. 2009. Form and Forces: designing efficient, expressive structures. Ed. John Wiley and Sons, Hoboken, NJ, EEUU.
Libro que analiza o deseño das estruturas.
- Calavera Ruiz, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
Libro clásico sobre cimentacións. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de cálculo de estruturas.
- Eurocode 2: Design of concrete structures - Part 1-1: General rules and rules for buildings.
- Kubba, S. 2017. Handbook of green design and construction. Ed. Butterworth-Heinemann. Oxford, RU-Cambridge, MA, EEUU.
Libro para completar os contidos da construción sustentábel.
- Llano Cabado, P. de. 1981. Arquitectura popular en Galicia. COAG. Vigo.
Libro clásico e case único para coñecer as edificacións máis características de Galiza, fundamentalmente as do mundo rural, onde se inscribe o sector forestal.
- Ortiz Sanz, J.; López Villar, M. 2001. Problemas resueltos de hormigón. Conforme con la instrucción EHE. Editorial Trymar. Lugo.
Conxunto de problemas resoltos de aplicación de diferentes artigos da EHE, dirixido principalmente ao alumnado. Búscase facilitar a interpretación da citada normativa, desenvolvendo cada artigo nunha aplicación práctica.
-Vázquez Fernández, M. 1994. Resistencia de materiales. Ed. Noela. Madrid.
Un bo tratado de resistencia de materiais que pode recomendarse como texto a estudantes de enxeñaría. Destaca a profundidade con que se tratan todos os temas e a cantidade de problemas resoltos e propostos que incorpora que facil
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal e do medio natural en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS:
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo (CB2).
- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (CB5).
COMPETENCIAS XERAIS:
- Coñecementos de construción necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación (CX9).
- Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións. (CX 13).
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Construcións forestais. Vías forestais (CECF10).
- Coñecementos básicos sobre o uso e programación das computadoras, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría (CEFB3).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese (CT1).
- Capacidade para o razoamento e a argumentación (CT2).
- Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica (CT3).
- Utilización de información en lingua estranxeira (CT11).
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CT12).
A maior parte da docencia será de tipo presencial e engloba as clases expositivas en grupo grande e as clases interactivas (seminarios e clases de laboratorio) en grupos reducidos.
Nas sesións dedicadas á docencia expositiva, o alumnado recibe unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos que os fagan eficaces. Traballaranse as competencias: CX9, CX13, CECF10 e CT1.
Nas sesións de seminarios interactivos con grupos reducidos resolveranse casos prácticos e/ou se debaterá sobre temas concretos. Nestas sesións procurarase que o alumnado tome unha actitude activa, resolvendo por si mesmo os casos prácticos formulados ou preparando os temas de debate, recorrendo á axuda do profesor cando sexa necesario. Tamén se incluirá algún caso práctico no que se empregue material en inglés (como artigo científico, texto, recurso web, vídeo técnico, base de datos, etc.).Neste caso o papel do profesor será acompañar a alumno/a no proceso de aprendizaxe. Traballaranse as competencias: CX9, CECF10, CB2, CB5, CT2, CT3 e CT11.
As sesións de prácticas estarán baseadas na utilización de ferramentas informáticas existentes no laboratorio de cálculo de estruturas. Nestas sesións procurarase desenvolver a habilidade do alumnado no manexo de software específico para a resolución de casos prácticos de cálculos de estruturas e dimensionamento de elementos construtivos. Ao mesmo tempo procurarase que desenvolva a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos. A alumna/o realizará individualmente o cálculo nas computadoras e posteriormente haberá unha sesión de debate sobre os resultados obtidos. Traballaranse as competencias: CB2, CEFB3 e CT12.
Unha parte da docencia ten carácter non presencial e consistirá na realización, por parte do alumnado, de exercicios, informes de prácticas, traballos de curso, etc., que lle son encomendados.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O sistema inclúe unha avaliación continua (asistencia, participación, aproveitamento das prácticas, traballos de curso) combinada cunha proba final (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
a.- Proba escrita. Competencias CB2, CX9, CECF10, CT1 e CT11 (65% da cualificación final).
b.- Traballos entregados e/ou presentados. Competencias CB5, CX13, CECF10 e CT3 (15% da cualificación final). Consistirá na realización presencial de traballos propostos previamente.
c.- Asistencia. Competencias CB2, CX9, CX13, CT2 e CT11 (5% da cualificación final).
d.- Participación nas actividades da aula. Competencias CB5, CX9, CX13 e CT2 (5% da cualificación final).
e.- Aproveitamento das prácticas. Competencias CB5, CEFB3, CECF10, CT3 e CT12 (10% da cualificación final). Valorarase a asistencia ás mesmas, a participación activa e a entrega dos traballos realizados na aula.
A cualificación final obterase como suma das cualificacións obtidas en cada apartado, debendo cumprir simultaneamente as seguintes condicións para superar a materia:
- Obter un mínimo de 5 puntos na suma total.
- Obter un mínimo de 3 puntos na suma dos apartados a+b.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
ALUMNAS/OS REPETIDORAS/ES
As/os alumnas/os repetidoras/es que o soliciten poderán manter as cualificacións obtidas no curso anterior en todos ou algún dos seguintes apartados: b, c, d, e.
ALUMNAS/OS CON DISPENSA
O alumnado que teña recoñecida unha dispensa de asistencia a clase nas condicións indicadas na Orde 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberá realizar a proba escrita (exame) na data oficial fixada polo Centro (100% da cualificación final, debendo acadar nela unha nota mínima de 5 para superar a materia).
Observacións:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Segundo o Plano de Estudos, a distribución horaria da materia, para un total de 112,5 h, é a seguinte:
- Docencia presencial: 18 h clase expositiva, 18 h clase interactiva, 2,25 h titorías en grupo.
- Traballo do alumno/a: 74,25 h.
De acordo co Plano de Estudios, para o traballo do alumnado considerase necesario o seguinte:
- Lectura e preparación de temas: 30 h (aproximadamente 1,5 horas por cada hora de carácter expositivo).
- Realización de exercicios e casos prácticos derivados das clases de seminario, preparación das prácticas e elaboración de traballos de curso: 30 h (aproximadamente 1,5 horas por cada hora de carácter interactivo).
-Preparación de probas de avaliación e realización do exame: 14,25 h.
Así pois, considérase necesario dedicar, por termo medio, aproximadamente entre tres e catro horas de estudo e traballo persoal por semana.
Recoméndase a asistencia a clase xa que é fundamental, así como o seguimento diario dos contidos. Esta materia necesita de estudo repousado e de tempo de maduración do mesmo.
É necesario ter unha actitude activa na aprendizaxe para asimilar e consolidar os conceptos. Neste caso esta actitude activa concrétase no traballo persoal realizando os casos prácticos e problemas propostos, aclarando en titorías e na clase, as dúbidas que xurdan.
Non é recomendable asistir unicamente a algún dos diferentes tipos de clases (expositivas ou interactivas) xa que as prácticas e seminarios están moi interrelacionadas coas clases teóricas.
É moi importante manexar a bibliografía recomendada.
Recoméndase facer uso e aproveitar as titorías establecidas.
Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, presentacións empregadas nas clases expositivas, guión de prácticas, acceso a páxinas web de interese, etc.
Observación: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Juan Pedro Ortiz Sanz
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juan.ortiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Elena Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Martes | |||
12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |