Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
• Coñecer a problemática e os fins da xestión de recursos hídricos e a súa tradución en termos de criterios de planificación, deseño e operación do sistema.
• Coñecer o marco institucional e legal básico en que se desenvolve a xestión de recursos hídricos.
• Comprender a importancia e casuística dos datos hidrolóxicos e o seu papel na avaliación e xestión dos recursos hídricos.
• Coñecer as variables socioeconómicas e ambientais involucradas na xestión de sistemas de recursos hídricos.
• Capacidade para avaliar os recursos hídricos dun territorio.
• Capacidade para deseñar as infraestruturas de regulación e definir regras de operación dos sistemas de recursos hídricos.
• Capacidade para analizar o rendemento de sistemas de recursos hídricos baixo distintos escenarios hidrolóxicos.
Aptitudes:
• Saber aplicalos coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
• Acostumarse ó manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
• Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
• Alimentala súa curiosidade e interese pola planificación dos recursos hídricos do seu entorno.
• Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
• Practica-lo razoamento correcto.
• Fomenta-lo traballo en equipa.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Recursos hidráulicos
Avaliación de recursos hídricos
Estudo de recursos subterráneos
Estudo de recursos superficiais
Demanda de auga
Sistemas de recursos hidráulicos
Uso conxunto
Calidade e contaminación
Recursos e planificación hídrica en España
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario:
48 horas
Entre paréntese horas presenciais
1. Introdución á xestión dos recursos hídricos (2 h.)
A importancia da xestión dos recursos hídricos. Situación actual da auga en Europa. Situación actual da auga en España. Alcance da planificación hidrolóxica.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3 horas
2. A planificación hidrolóxica (3 h.)
Lei de augas. Directiva marco de augas. Organismos de concas. Regulamento do dominio público hidráulico. Regulamento de planificación hidrolóxica. Instrución de planificación hidrolóxica. Plan hidrolóxicos. Reservas hidrolóxicas. Plan hidrolóxico nacional.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 5horas
3. Avaliación de recursos hídricos (3 h.)
Avaliación de recursos existentes: recursos en réxime natural, restitución ao réxime natural. Análise de datos de aforos e aportacións. Modelos hidrolóxicos: tipos e calibración. Exemplos de modelos hidrolóxicos: modelo SIMPA, Visual Balan, SWAT,... Estimación da variabilidade espacial dos datos climatolóxicos. Influencia dos escenarios de cambios climático nos recursos hídricos
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 5 horas
4. Usos e demandas (3 h)
Usos da auga (doméstico, Turismo e ocio, Rega e usos agrarios, Usos industriais eléctricos, Outros usos industriais). Demandas de auga (unidades de demanda, Niveis de garantía, Elasticidade, Eficiencia e Retornos). Presións. Pegada hídrica
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 4 horas
5. Caracterización do estado ecolóxico das masas de auga segundo a DMA (5 h)
Tipos de masas de auga. Definición do estados das masas de auga (Indicadores biolóxicos, hidromorfolóxicos e físico-químicos). Condicións de referencia. Protocolos de caracterización de augas superficiais continentais. Réxime de caudais ecolóxicos.
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 6 horas
6. Sucesos Hidrolóxicos Extremos: Inundacións e Secas (4 h)
Inundacións. Avaliación preliminar dos riscos de inundación. Mapas de perigosidade. Plans de xestión do risco. Determinación de ARPSIS (áreas de risco potencial significativo de inundacións9. Influencia do cambio climático nas ARPSIS. Usos do solo en zonas inundables. Determinación dos elementos do dominio público hidráulico (cauce, zona de servidume, zona de policía, zona de fluxo preferente). Obras fluviais en xeral (loita contra avenidas). Protección, corrección e renaturilización de leitos. Encauzamentos. Defensa de poboacións. Real decreto 903/2010, de avaliación e xestión de riscos de inundación. Métodos de estimación de caudais máximos. Tipos de secas. Indicadores de seca (SPI e índices de estado). Plans especiais de secas. Medidas de mitigación da seca. Escenarios de cambio climático: impacto na seca.
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 6 horas
Tema 7. Sistemas de soporte á decisión en planificación e xestión de recursos hídricos. (5 h)
Sistemas de soporte á decisión (SSD). Aquatool. Análise da xestión da auga. Planificación da auga mediante análise de sistemas. Elementos da análise-Topoloxía-(aportacións superficiais e subterráneas, demandas, retornos, elementos de almacenamento,...) Regras de operación de encoros. Funcións obxectivo.
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 7 horas
8. Estudio de recursos auga subterránea (5 h)
Conceptos hidroxeolóxicos. Parámetros hidroxeolóxicos. Acuíferos. Ecuación de fluxo de auga subterránea. Hidráulica de captacións. Ensaios de bombeo en réxime permanente e variable. Estudio de caudal de explotación. Augas subterráneas en Galicia. As augas subterráneas nos planos hidrolóxicos.
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 7 horas
9. Calidade e contaminación da auga (4 h)
Tipos de contaminantes. Transporte de contaminantes. Modelos de calidade de auga superficial e subterránea. Eutrofización das masas de auga
*Estimación de traballo do alumnado para o tema: 5 horas
Prácticas e actividades
Práctica 1. Obradoiro para calibración e validación de modelos hidrolóxicos de recursos hídricos (3 horas).
Práctica 2. Obradoiro de estudios de secas e inundacións (3 horas).
Práctica 3. Traballo co sistema de soporte á decisión para a planificación e xestión de concas AQUATOOL (4 horas).
Actividade 1. Usando o glosario de termos hidrolóxicos publicado pola organización meteorolóxica mundial e a base de datos web of science e Scopus, recabar información sobre artigos de temas de xestión de recursos hidráulicos publicados en inglés sobre un área específica determinada polo profesorado da materia (2 horas).
Práctica de Campo
* Visita ao Centro de Control de Concas, da confederación hidrográfica Miño-Sil en Ourense e visita a unha estación de control do Sistema Automático de Información Hidrolóxica e de Calidade das Aguas (SAIH-SAICA) (2 horas). A asistencia a esta visita é obrigatoria, e será avaliable a través da entrega dunha memoria.
*Estimación de traballo do alumnado: 24 horas para prácticas, prácticas de campo e traballos de curso
Bibliografía básica
• DMA (2000). Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 23 de Octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas (DO L 327 de 22.12.2000), 2000.
• Real Decreto 907/2007, de 6 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Planificación Hidrológica.
• Orden ARM/2656/2008, de 10 de septiembre, por la que se aprueba la Instrucción de Planificación Hidrológica, y su modificación por la Orden ARM/1195/2011, de 11 de mayo.
• Custodio, Emilio; Llamas, Manuel. Hidrología Subterránea; Omega 2001.
• Balairón, L. Gestión de Recursos Hídricos. UPC ediciones, 2002
• CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
• Gupta.(Ed.) 2017. Handbook of Applied Hydrology, 2nd edition. McGraw-Hill. Acceso a través da biblioteca universitaria da USC. Libros electrónicos
• Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
• Planos hidrolóxicos de conca
. WMO. Guide to hydrological practices. Volume I: Hydrology. From measurement to hydrological information. World Meterological Organization, 2008.(http://www.whycos.org/hwrp/guide/index.php)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Hydrologic Engineering Center User's Manual (CPD-74A) Description of the use and application of the program. Current Version: Version 4.8, April 2021 ttps://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmsum/4.8
• Hydrologic Engineering Center User's Manual Technical Reference Manual (CPD-74B) Discussion of the technical underpinnings of the program including theoretical basis, parameter estimation techniques, and application suggestions. https://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmstrm
• Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
• Hidroloxía subterránea en hidrologia.usal.es
• WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas fixadas pola Orde Ministerial:
CB1 - Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan darse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciales; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
Xerais
• CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
• CG5 - Capacidade para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, no seu ámbito.
Específicas:
• CETEH1 - coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.
Esta competencia específica é compartida coas materias de “Obras hidráulicas”, “Aproveitamentos enerxéticos hidráulicos”, “Presas” e “Enxeñaría e ecoloxía dos Sistemas Litorais”
Transversais:
• CT1. Capacidade de análise e síntese.
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
• CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
• CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
• CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As actividades presenciais son de catro tipos:
- Clases expositivas, fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte da profesora, axudado de medios audiovisuais.
- Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos/as, que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados a resolver casos, exercicios ou exemplos. Son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría.
- As prácticas de ordenador, en aulas de informática, onde o alumnado coñece e traballa con programas de xestión de recursos hídricos.
- As titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CETEH1, CT1, CT2, CT3, CETEH1,
*Seminarios e resolución de problemas: CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CETEH1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT10, CT12, CETEH1
*Prácticas e elaboración de traballos: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CETEH1, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CETEH1
*Titorías en grupos reducidos: CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT12, CETEH1
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado a través do Campus Virtual e/ou da plataforma MS Teams.
Actividades de avaliación
• Asistencia e participación: Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudantado na clase.
• Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas nas que se resolven prácticas, os/as alumnos/as, en grupos, dispoñen de tempo para formular a resolución de exercicios e casos prácticos e a continuación, baixo a supervisión do profesorado, expoñelas súas conclusións.
• Actividade: usando o glosario de termos hidrolóxicos publicado pola organización meteorolóxica mundial e a base de datos web of science e scopus, recabar información sobre artigos de temas de xestión de recursos hidráulicos publicados en inglés sobre un área específica determinada polo profesorado da materia.
• Informe das prácticas de programas informáticos: a partir das prácticas con diversos programas empregados actualmente en xestión de recursos hídricos, os/as estudantes elaboran un informe.
• Proba final: consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en preguntas tipo test e preguntas curtas. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Seguirase un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe.
En particular, a nota final da materia, será repartida da seguinte forma:
Exame final 70%
Entrega das memorias sobre os traballos propostos nos obradoiros, nas prácticas e actividades propostas : 30%
Práctica de Campo
* Visita ao Centro de Control de Conca, da confederación hidrográfica Miño-Sil en Ourense e visita a unha estación de control do Sistema Automático de Información Hidrolóxica e de Calidade das Aguas (SAIH-SAICA) (2 horas). A asistencia a esta visita é obrigatoria, e será avaliada a través da entrega dunha memoria .
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos/as repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.
A nota obtida no apartado de obradoiros (seminarios interactivos) conservarase durante o curso actual e o curso seguinte.
Se existe a imposibilidade por parte dalgún alumno/a de realizar os distintos aspectos indicados na avaliación, será preciso que se dirixa á profesora coa maior antelación posible, de modo que se lle poida indicar un método alternativo para a realización das actividades no caso de que sexa posible.
A materia superase cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos/as estudantes das competencias básicas CB-2 a CB-5.
Amosamos as competencias en función do sistema de avaliación elixido:
Exame final: 70% da nota
o Competencias xerais: CG1, CG5
o Competencias específicas: CETEH1,
o Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Seminarios interactivos (Obradoiros): 30% da nota
o Competencias xerais: CG1, CG5
o Competencias específicas: CETEH1
o Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT4,CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
As cualificacións das actividades realizadas conservaranse durante o curso académico na primeira e na segunda oportunidade.
Os/As estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións, correspondente ao artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011.
Traballo persoal do alumnado:
- Lectura e preparación de temas: 36h
- Realización de exercicios: 12h
- Elaboración de traballos de curso: 24h
- Preparación de probas de avaliación: 23h
Total: 95 h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas.
Esforzarse nos informes de prácticas.
Intentar resolvelos exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consultala bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveitalas titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.
Ter cursadas as materias Mecánica de fluídos e Hidráulica e Hidroloxía
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Rodríguez Fernández
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- martarodriguez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario II (Pav.III) |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Pendente de asignar |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario II (Pav.III) |