Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo planeado para a primeira parte desta materia é que o alumno coñeza e comprenda os conceptos básicos da Química Farmacéuticas: definición, nomenclatura, metabolismo, relacións estrutura química-actividade biolóxica, coñecementos básicos sobre as dianas biolóxicas sobre as que actúan os fármacos, a importancia das propiedades físico-químicas na actividade biolóxica, así como as principais estratexias utilizadas no descubrimento, deseño e desenvolvemento de fármacos.
Na segunda parte da materia abordarase o estudo de diferentes familias de fármacos dos que estudaremos, fundamentalmente, o seu mecanismo de acción, as súas particularidades estruturais, os principais procedementos sintéticos e a súa utilidade terapéutica.
Tema 1. Conceptos básicos en Química Farmacéutica. Nomenclatura dos fármacos.
Tema 2. Evolución dos métodos de procura e descubrimento de fármacos.
Tema 3. Deseño de fármacos.
Tema 4. Aspectos fisicoquímicos e estereoquímicos na acción dos fármacos.
Tema 5. Análise de fármacos.
Tema 6. Antisépticos e desinfectantes.
Tema 7. Leprostáticos e Tuberculostáticos. Antimicóticos.
Tema 8. Antibacterianos I: Quinolonas. Sulfonamidas.
Tema 9. Antibacterianos II: Antibióticos beta-lactámicos: Penicilinas. Cefalosporinas.
Tema 10. Antibacterianos III: Antibióticos beta-lactámicos: Carbapenemas. Monobactamas. Inhibidores de beta-lactamasas.
Tema 11. Antibacterianos IV: Antibióticos Macrólidos, derivados de aminoácidos e Polipeptídicos.
Tema 12. Antibacterianos V: Antibióticos Aminoglicosídicos. Tetraciclinas.
Tema 13. Fármacos antivirais.
Tema 14. Fármacos antineoplásicos.
Tema 15. Fármacos antiparasitarios.
Tema 16. Hormonas non esteroideas: tiroideas e pancreáticas.
Tema 17. Esteroides I: conceptos fundamentais.
Tema 18. Esteroides II: Hormonas sexuais femininas: Estróxenos e Proxestáxenos.
Tema 19. Esteroides III: Hormonas sexuais masculinas: Andróxenos. Anabolizantes.
Tema 20. Esteroides IV: Corticoesteroides.
Tema 21. Vitaminas.
Bibliografía recomendada.
Básica.
1. “Introducción a la Química Farmacéutica”. Editado por Mª del Carmen Avendaño. McGraw-Hill/Interamericana, S.A., 2ª edición. Madrid (2001).
2. “Introducción a la Química Terapéutica”. Antonio Delgado, Cristina Minguillón y Jesús Joglar. Ediciones Díaz de Santos, S.A., 2ª edición (2003).
Complementaria .
1. “Medicamentos”. Enrique Raviña Rubira. Editorial Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. Santiago de Compostela (2008).
2. “Panorama actual de la Química Farmacéutica”. Juan Antonio Galbis Pérez. 2ª ed. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla. Sevilla (2004).
3. “Química Farmacéutica. Tomos I y II”. Pelayo Camps García, Santiago Vázquez Cruz y Carmen Escolano Mirón. Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona. Barcelona (2010).
4. “Química Fina Farmacéutica”. Encarnación Camacho Quesada y Joaquín María Campos Rosa. Editorial Universidad de Granada. Granada (2008).
5. “Drugs: From Discovery to Approval”. Rick Ng. Wiley-Blackwell, New Jersey (USA) (2009).
6. “Medicinal Chemistry: An Introduction”. Gareth Thomas. 2nd Edition. John Wiley & Sons, West Sussex (Inglaterra) (2007).
7. “The Practice of Medicinal Chemistry”. Edited by Camille Georges Wermuth. Academic Press-Elsevier, Amsterdam (Holanda) (2008).
8. “Wilson and Gisvold’s Textbook of Organic Medicinal and Pharmaceutical Chemistry”. 11 Edition. Edited by John H. Block and John M. Beale. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia (USA) (2004).
9. “Foye's Principles of Medicinal Chemistry”. Sixth Edition. Edited by Thomas L. Lemke and David A. Williams. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia (USA) (2008).
10. “Manual de nomenclatura química sistemática de los fármacos”. David Mauleón y Antonio Delgado. Ed. Promociones y Publicaciones Universitarias, S.A. Barcelona (1987).
11. Página de nomenclatura de la IUPAC: www.acdlabs.com/iupac/nomenclature
12. Glosario de terminología de Química Farmacéutica: http://www.chem.qmul.ac.uk/iupac/medchem/
13. Página de la Agencia Europea de Medicamento: www.ema.europa.eu/
14. Página de la Agencia de Alimentos y Medicamentos de Estados Unidos (FDA): www.fda.gov/
Prácticas.
1. “Técnicas experimentales en síntesis orgánica”. A. Martínez Grau y A. G. Csákÿ. 2nd Edición. Editorial Síntesis, Madrid (2012).
2. "Vogel´s Textbook of Practical Organic Chemistry”. B.S. Furniss, A.J. Hannaford, P.W.G. Smith, A.R. Tatchell, 5ª Edición. Ed. Longman, London (England) (1989).
3. “Introduction to Organic Laboratory Techniques". D.L. Pavia, G.M. Lampman and G.S. Kriz Jr., 3ª Edición. Ed. Saunders College Publishing, New York (USA) (1988).
Coñecementos:
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 11. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 13. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Con 16. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopia.
Con 23. Coñecer os principais roteiros metabólicas que interveñen na degradación de fármacos.
Con 27. Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
Con 33. Coñecer os efectos de substancias con actividade farmacolóxica.
Habilidades ou destrezas:
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
H/D 11. Avaliar datos científicos relacionados cos medicamentos e produtos sanitarios. Utilizar a análise estatística aplicada ás ciencias farmacéuticas.
H/D 14. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
H/D 15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xénica.
H/D 29. Saber utilizar correctamente as fontes de información científica, incluíndo as que se atopan en lingua inglesa.
Competencias:
Competencias Instrumentais:
Comp 01 Capacidade de análise e síntese.
Comp 02 Capacidade de organizar e planificar
Comp 03 Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07 Resolución de problemas.
Comp 08 Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp 10 Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11 Traballo en equipo.
Comp 13 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp 14 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 15 Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp 16 Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Competencias sistémicas:
Comp 18 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19 Habilidades de investigación.
Comp 20 Capacidade de aprender.
Comp 21 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 22 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp 23 Liderado.
Comp 25 Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 26 Deseño e xestión de proxectos.
1. Clases expositivas. Exposición do contido fundamental da materia
2. Clases interactivas. Traballo en grupos reducidos
3. Clases prácticas. Desenvolvemento de tarefas experimentais básicas con criterios de seguridade, eficacia
4. Titorías. Traballo personalizado
5. Avaliación. Control de capacidades e orientación do método de estudio
Farase ampla utilización da USC Virtual para a impartición da materia.
a) A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Non obstante, e de xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
b) As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
c) As probas finais terán carácter presencial.
1. A avaliación dos coñecementos e as competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
1. No exame:
a. Coñecementos: Deseñar, sintetizar e analizar principios activos, fármacos e substancias máis relevantes en Química Farmacéutica, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario, de uso humano ou veterinario, sendo capaz de manexar con rigor e precisión os conceptos máis importantes nesta disciplina.
b. Competencias Instrumentais.
c. Competencias Interpersoais.
d. Competencias sistémicas.
2. Nas prácticas de laboratorio:
a. Habilidades e destrezas.
b. Competencias Instrumentais.
3. Nas clases interactivas:
a. Coñecementos: Deseñar, sintetizar e analizar principios activos, fármacos e substancias máis relevantes en Química Farmacéutica, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario, de uso humano ou veterinario, sendo capaz de manexar con rigor e precisión os conceptos máis importantes nesta disciplina.
b. Competencias Instrumentais
c. Competencias Sistémicas.
2. A cualificación global do alumno na materia, un total de 10 puntos, será a suma do obtido na avaliación continua e no exame final, dacordo coa seguinte distribución:
• A avaliación continua da participación do alumno nas clases interactivas (resolución de exercicios, realización e exposición de traballos, participación en debates, etc.) contribuirá cun máximo de 1.5 puntos, un 15% da nota final.
• A avaliación do seu traballo de laboratorio contribuirá cun máximo de 0.5 puntos, un 5% da nota final.
• O exame teórico realizarase en dúas etapas. Unha primeira que comprenderá o contido dos temas 1-10 do programa e contribuirá cun máximo de 4 puntos, un 40% da nota final, debendo alcanzar un mínimo de 2 puntos sobre 4. A segunda fase comprenderá o contido dos temas 11-21 e contribuirá cun máximo de 4 puntos, un 40% da nota final, debendo alcanzar un mínimo de 2 puntos sobre 4. No global do exame teórico deberá alcanzarse un mínimo de 4 puntos sobre 8 para poder sumar a nota á dos outros dous apartados.
3. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria para obter a nota correspondente á avaliación continua, debendo asistir a un mínimo de 12 das 15 horas programadas. De non cumprir este requisito a avaliación continua de participación do alumno nas clases interactivas será cualificada cun 0 sobre 1,5 puntos. A superación das clases interactivas (obtención dunha cualificación igual ou superior a 0,7 puntos sobre 1,5 puntos) nun determinado curso académico terá unha validez temporal limitada a todas as convocatorias do devandito curso académico e ás convocatorias dos dous cursos académicos seguintes ao mesmo.
4. A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria; se o alumno non supera as prácticas, a cualificación do alumno na materia é de “suspenso”. Os 0,5 puntos que se lle asignan ás prácticas de laboratorio na nota total da materia poderanse conseguir coa actitude do alumno e a resolución de determinadas cuestións antes e despois da realización da práctica. A superación das clases prácticas nun determinado curso académico terá unha validez temporal limitada a todas as convocatorias do devandito curso académico e ás convocatorias dos dous cursos académicos seguintes ao mesmo.
5. No caso de que un alumno non cumpra algún dos requisitos indicados anteriormente (por exemplo que non consiga alcanzar algún dos mínimos esixidos) terá unha cualificación final de suspenso, cunha nota numérica que será función dos puntos acumulados nos diferentes apartados avaliados, e que será como máximo de 4.9 puntos sobre un total de 10 (a pesar de que a simple aplicación do baremo conducise a un resultado aritmético superior a 5).
6. Na segunda cualificación á que ten dereito o alumno (2ª oportunidade) examinarase soamente de teoría (por tanto un máximo de 8 puntos sobre 10), xa que as cualificacións que conseguise tanto en seminarios como en prácticas seranlle conservadas á hora de computar a nota final.
7. Hai que destacar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno deberá:
• Mostrar unha disposición aberta e sen prexuízo cara a materia, analizando obxectivamente a relevancia da mesma no contexto da súa formación profesional e integral.
• Implicarse activamente no proceso de aprendizaxe e formación para poder así rendibilizar ao máximo o seu esforzo e “desfrutar” do descubrimento da Química Farmacéutica.
• Asistir a todas as clases, un factor que ao longo dos años ten demostrado ser crítico para o bo aproveitamento, a eficiente formación e a obtención dunha avaliación positiva na materia.
• Estudiar a materia de modo continuado.
• Resolver intensivamente exercicios adicionais aos suxeridos polos docentes ao longo de todo o curso, fundamentalmente de modo individualizado aínda que tamén en grupo; para elo recoméndase o emprego de coleccións de exercicios resoltos existentes nos diferentes libros de nomenclatura e exercicios de Química Farmacéutica recomendados na bibliografía.
• Empregar de modo continuado a Aula Virtual.
• Preparar concienciudamente cada unha das actividades de laboratorio previamente a súa celebración.
• Contar con e acudir ao seu(s) profesor(es) universitarios, que son os primeiros interesados en que os alumnos acaden a excelencia na súa formación.
Xerardo Xusto Garcia Mera
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814939
- Correo electrónico
- xerardo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eddy Sotelo Perez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815732
- Correo electrónico
- e.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Outeiral Valiño
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- mcarmen.outeiral [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Rubén Prieto Díaz
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- ruben.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Aitor Garcia Rey
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- aitor.garcia.rey0 [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Lucia Mendez Gomez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- luciamendez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Carmen Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- carmen.g.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Asier Selas Lanseros
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- asier.selas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |