Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Na actualidade, o uso de medicamentos é un feito xeneralizado, especialmente entre as persoas de idade superior a 50 anos. Por iso, encerra unha indubidable interese que estas persoas dispoñan da información necesaria para a súa correcta utilización.
Os obxectivos da materia son:
• Presentar unha visión xeral do medicamento.
• Dar a coñecer as características dos medicamentos máis utilizados.
• Describir as incorreccións máis frecuentes relacionadas co uso dos medicamentos.
- Conceptos básicos: Medicamentos, fármaco, excipiente.
- Paso dos medicamentos a través do organismo.
- Efectos terapéuticos e efectos tóxicos.
- Formas de dosificación de medicamentos.
- Tipos de medicamentos: Innovadores, xenéricos, fórmulas maxistrais, etc.
- Uso racional dos medicamentos.
- Correcta administración dos medicamentos.
- Producción industrial de medicamentos: a industria farmacéutica.
Tratado de Tecnología Farmacéutica, volúmenes 1-3. R. Martínez Pacheco (Ed.), Editorial Síntesis, Madrid, 2016-2017.
• Mellora no correcto uso dos medicamentos
Clase maxistral seguida de pequeno coloquio. Contémplase a proxección de vídeos.
- Avaliación continua ligada á asistencia a clases (50%)
- Exame (50%)
As horas de traballo presencial no aula ou no laboratorio son 30.
O tempo de estudo e traballo persoal estímase en 30 horas.
-Recoméndase que o estudante leve ao dia os temas abordados nas clases.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Angel Joaquin Concheiro Nine
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881814886
- Correo electrónico
- angel.concheiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881814877
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa