Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende presentar ao alumnado as cuestións máis actuais da astrofísica e da cosmoloxía, fundamentalmente aquelas relativas ao estudo dos principais constituíntes das galaxias (estrelas e planetas extrasolares), mais tamém aquelas que xorden ao abordarmos a evolución do universo de modo global. Os seus obxectivos son:
- Compreender algúns dos fenómenos extraordinarios que ocorren na nosa galaxia e no universo globalmente.
- Analizar e comprender as novas sobre astrofísica e cosmoloxía que regularmente aparecen nos medios de comunicación.
- Contribuír á formación dunha cultura científica crítica e libre de concepcións pseudocientíficas.
1. Estrelas e galaxias.
2. Outros mundos: os planetas extrasolares.
3. O universo…
1. ALTSCHULER, Daniel R. Hijos de las estrellas. Nuestro origen, evolución y futuro. Madrid: Cambridge University Press, 2001. 245 p. ISBN 978-84-8323-255-2
2. BARROW, John. El libro de los universos. Barcelona: Crítica, 2013. 432 p. ISBN 978-8498926101
3. GALFARD, Christophe. El universo en tu mano. Un viaje extraordinario a los límites del tiempo y el espacio. Barcelona: Blackie Books, 2016. 453 p. ISBN 978-84-16290-62-8
4. GREENE, Brian. La realidad oculta: los universos paralelos y las leyes profundas del cosmos. Barcelona: Editorial Crítica, 2011. 384 p. ISBN 978-8498922585
5. HAWKING, Stephen e Leonard MLODINOW. El gran diseño. Barcelona: Booket, 2013. 240 p. ISBN 978-8408119203
6. KRAGH, Helge. Historia de la cosmología. De los mitos al universo inflacionario. Barcelona: Editorial Crítica, 2008. 472 p. ISBN 978-84-8432-769-1
7. LOZANO, Manuel. El cosmos en la palma de la mano. Del Big Bang a nuestro origen en el polvo de estrellas. Madrid: Editorial Debolsillo, 2016. 400 p. ISBN 978-8499081182
8. MAYOR, Michel e Pierre-Yves FREI. Los nuevos mundos del cosmos. En busca de exoplanetas. Madrid: Ediciones Akal, 2006. 224 p. ISBN 978-84-460-2257-2
9. ROVELLI, Carlo. La realidad no es lo que parece. La estructura elemental de las cosas. Barcelona: Tusquets, 2015. 263 p. ISBN 978-84-9066-190-1
10. SAGAN, Carl. El mundo y sus demonios. La ciencia como una luz en la oscuridad. Barcelona: Editorial Planeta, 2000. 439 p. ISBN 84-08-03515-0
11. SUSSKIND, Leonard. El paisaje cósmico. Teoría de cuerdas y el mito del diseño inteligente. Barcelona: Crítica, 2007. 504 p. ISBN 978-8484329008
12. TEGMARK, Max. Nuestro universo matemático. Barcelona: Antoni Bosch, 2017. 456 p. ISBN 978-8494107603
13. VILENKIN, Alex. Muchos mundos en uno. La búsqueda de otros universos. Barcelona: Alba, 2009. 324 p. ISBN 978-84-8428-450-5
Capacidade de construír unha visión mental da nosa posición no universo.
- Aulas expositivas asistidas con material multimedia e exposición dialogada dos temas.
- Análise e comentario de novas astronómicas.
- Ocasionalmente, visionado e comentario de vídeos de temática astronómica.
- Aula práctica: observación das manchas solares con telescopio (só no caso de seren as condicións favorábeis).
Ao finalizar o curso cada alumna/o terá unha cualificación mínima ligada á súa asistencia ás 15 sesións do curso (de 2 horas cada unha) conforme ao seguinte esquema:
Asistencia Cualificación
-------------------------------------------------------
Menos de 12 Non presentada/o
12 – 13 8.0
14 – 15 9.0
Esta cualificación poderá ser aumentada, sempre que se teña asistido a un mínimo de 12 sesións, até un máximo de 1.0 puntos, tendo en conta a participación na aula.
---
---
As aulas impartiranse en lingua galega.
NORMATIVA DA USC
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Andrade Baliño
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 982823319
- Correo electrónico
- manuel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Sala Xuntas EPS |