Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é proporcionar coñecementos das principais características e tipos de residuos sólidos, así como os seus sistemas de tratamento e xestión, prestando especial atención á lexislación en vigor, e, adicionalmente, aos procesos utilizados para a recuperación de solos contaminados.
O programa da materia está dividido nun total de 3 bloques que se indican a continuación:
Bloque I - Caracterización e normativa da xestión de residuos sólidos
Tema 1. Definición e caracterización de residuos sólidos
Preséntase o problema da xeración de residuos e as actuacións que se propoñen para a súa redución aplicando conceptos de desenvolvemento sustentable.
Tema 2. Normativa da xestión de residuos sólidos
Introdúcese brevemente a normativa principal existente en materia de residuos para a súa xestión, incluíndo lexislación comunitaria e nacional. Descríbense criterios de clasificación de residuos.
Tema 3. Plans de xestión de residuos sólidos urbanos
Neste tema introducirase o concepto de xestión integral de residuos sólidos e diferentes plans existentes para este fin a nivel nacional e autonómico. Tratarase a recollida selectiva e a reciclaxe dos residuos sólidos urbanos. Estudaranse as instalacións de recuperación e transferencia destes así como as operacións de tratamento máis habituais. Finalmente, verase como a responsabilidade ampliada de produtor dá lugar aos sistemas integrados de xestión (SIX).
Bloque II - Tecnoloxías de xestión e tratamento de residuos sólidos
Tema 4. Eliminación de residuos sólidos por vertedura
Este tema está enfocado ao estudo dos vertedoiros, desde a súa construción á súa operación e clausura. Estudaranse os distintos tipos de vertedoiros e as súas características así como os procesos que levan a cabo nos mesmos que nalgúns deles conducen á produción de metano.
Tema 5. Tratamento biolóxico de residuos sólidos.
Neste tema trataranse as distintas opcións para o tratamento de residuos sólidos por vía biolóxica, en particular as operacións de compostaxe e tratamento anaerobio. Describiranse os procesos existentes atendendo ás condicións ambientais nas que levan a cabo e indicando as características necesarias dos residuos para a súa aplicación.
Tema 6. Tratamentos térmicos de residuos sólidos.
O tema tratará sobre os distintos tratamentos térmicos aplicables ao tratamento de residuos sólidos como a gasificación, pirólise e combustión, con énfase no tratamento de gases e cinzas de combustión.
Tema 7. Tratamento de residuos perigosos
Neste tema veranse a características de perigosidade que clasifican a un residuo como perigoso. Trataranse os aspectos específicos da súa xestión así como os posibles tratamentos. Finalmente, verase unha descritiva das instalacións que conforman o centro de tratamento de residuos industriais de Galicia.
Bloque III - Recuperación de solos contaminados
Tema 8. Recuperación de solos contaminados.
No último tema da materia tocarase o tema do tratamento de solos. Identificaranse as características dos contaminantes e do chan que teñen relevancia neste tema. Estudaranse as diferentes técnicas de remediación: "in situ", "on site" e "off site". Trataranse tamén os diferentes tratamentos físico-químicos e postratamentos xunto coas alternativas de biorrecuperación de solos.
Bibliografía básica
• Solid Waste Technology & Management, 1 & 2. Editor(s): Thomas H. Christensen. ISBN:978047066683
Este será o texto principal que se seguirá en toda a materia e está dispoñible online a través de Pórtico (buscador de libros electrónicos da USC) en: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9780470666883
• Tchobanoglous, G. Gestión Integral de Residuos Sólidos. Madrid: Editorial Mc-Graw-Hill., 1998. ISBN: 84-481-1830-8
Bibliografía complementaria
• Colomer Mendoza, F. J., Gallardo Izquierdo, A. "Tratamiento y gestión de residuos sólidos". Universidad Politécnica de Valencia, 2007. ISBN - 8483630710
• Kiely, G. Environmental Engineering. Boston: Mc-Graw Hill, 1998. ISBN: 0-07-709127-2
• Leckner, B. Process aspects in combustion and gasification Waste-to-Energy (WtE) units, Waste Management, Vol. 37, 2015. ISSN 0956-053X,
Dispoñible en internet na rede USC en:
https://doi.org/10.1016/j.wasman.2014.04.019.
• Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. 5ª Edición. New York: Mc-Graw Hill, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8
• Rodríguez Jiménez, J.J. Los Residuos peligrosos : caracterización, tratamiento y gestión. Madrid: Síntesis, 1999. ISBN: 84-7738-703-6
• Ortiz, I., Sanz, J., Dorado, M. & Villar, S. Técnicas de recuperación de suelos contaminados. Colección coordinada por la Fundación para el conocimiento Madri+d, Universidad de Alcalá, 2007.
Dispoñible en internet en:
https://www.madrimasd.org/uploads/informacionidi/biblioteca/publicacion…
Competencias específicas
CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostenibilidade.
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
Competencias xerais
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos , habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese.
CT.9. Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.16. Sensibilidade cara temas medioambientais
Os contidos teóricos básicos da materia impartiranse en base a clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos. Estas clases expositivas apoiaranse no uso de presentacións en Power Point e potenciarase a participación do alumnado nas mesmas. (CI.10, CQ.1.6.)
As clases expositivas alternaranse con seminarios nos que se realizarán problemas aplicados a casos reais. O alumnado entregará algunhas tarefas desenvolvidas durante as clases de seminario para a súa avaliación. (CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.1, CT.16)
Durante a primeira semana do curso indicarase a obrigatoriedade da realización dun traballo en equipo, que se presentará durante a titoría grupal. A asistencia ás titorías de grupo é obrigatoria. Para o seguimento do progreso do traballo, utilizaranse titorías individuais. (CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT9, CT.16, CT. 11)
Utilizarase a Aula Virtual da USC cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (guía docente, horarios, exames, anuncios, etc.).
• Proporcionar o material didáctico para as clases (diapositivas dos temas, casos prácticos, material complementario, etc.).
• Servir de medio de comunicación entre alumnado e profesorado.
• Entrega de tarefas.
Tamén se utilizará a ferramenta MS Teams como medio de comunicación non presencial alumno/profesor.
A distribución da cualificación será a seguinte:
* Exame final (actividade obrigatoria): 50%
* Traballo en equipo (actividade obrigatoria): 20%
* Actividades: 20%
* Titoría grupal (actividade obrigatoria): 5%
* Informe do profesorado: 5%
O exame final terá unha parte teórica (preguntas curtas) cun peso do 50%, e unha parte práctica cun peso do 50%. En ambas as partes por separado, acadarase como mínimo un 3,5 sobre 10 para compensar, sendo necesario acadar polo menos 4 puntos sobre 10 no exame global para poder compensar no conxunto da materia.
Considerarase como Non Presentado nas dúas oportunidades quen non realice ningunha das actividades obrigatorias da materia. No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado na Segunda Oportunidade da parte da materia non superada.
As competencias a avaliar son as seguintes:
• Exame: CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.1
• Traballo en equipo: CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.1, CT.9, CT.11, CT16
• Actividades: CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.1, CT.9, CT.11, CT16.
• Titoría grupal: CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.11, CT.16
• Informe do profesorado: CI.10, CQ.1.6, CG.4, CG.7, CT.1, CT.9, CT.11, CT16
En caso de realización fraudulenta de calquera actividade avaliable, será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión dás cualificacións”.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS (112,5 horas considerando que cada ECTS supón 25 horas de traballo do estudante) que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, as horas alumno corresponden ás horas de traballo autónomo que se consideran necesarias para superar a materia e horas totais indican a carga de traballo que supón cada actividade.
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS
Actividade_____________Horas aula____________Horas alumno____________Horas totais
Clases maxistrais___________28,0__________________34,0____________________62,0
Seminarios___________________9,0__________________11,0_________________20,0
Titorías grupo________________1,0___________________4,0__________________5,0
Titorías individualizadas______1,0___________________2,0_____________________3,0
Exame e revisión_____________5,0___________________17,5____________________22,5
TOTAL________________________44__________________68,5________________112,5
Debería ter cursado ou estar a cursar a materia de Enxeñaría Ambiental.
Para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumnado teña unha serie de coñecementos adicionais sobre: Inglés (nivel de lectura) e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas mesmas. Recoméndase tamén que se estude de forma continua a materia e que se faga uso da aplicación informática dispoñible na USC correspondente á materia, de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A materia será impartida en castelán/galego, pero poderá utilizarse bibliografía en inglés para a realización de traballos.
Marta Carballa Arcos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Mauricio Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
03.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |