Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de “Simulación e deseño avanzado de EDAR” ten como cometido introducir ó alumnado ao deseño i) das unidades de pre-tratamento, tratamento primario das EDAR, así como as unidades de decantación secundaria, rexidas habitualmente pola hidráulica e ii) ao dimensionado de sistemas biolóxicos, onde a reacción biolóxica adoita limitar as dimensións da unidade a tratar. Gran parte dos tránsitos das augas residuais na liña de auga ocorren por gravidade, polo que familiarizarase aos alumnos co concepto de “perda de carga”, proporcionando información sobre os rangos de perdas de carga, recomendados entre unidades da liña de auga. Respecto ao tratamento biolóxico, as necesidades de asegurar unha operación enerxeticamente eficiente, cunha tendencia cara a recuperación de recursos e de forma respectuosa co medio ambiente, deu lugar a EDAR caracterizadas por múltiples procesos biolóxicos vinculados. Dada a complexidade dos modelos matemáticos de tratamento biolóxico, a capacidade de usar ferramentas informáticas e en particular de simuladores de tratamento de augas residuais constituíse nunha necesidade na enxeñaría do tratamento de augas. Cunha aproximación pragmática e centrada no estudo de casos reais, introdúcese ao alumnado ás posibilidades dos simuladores comerciais, ao seu uso e á análise e interpretación dos resultados de simulación.
Tema 1. Dimensionamento de unidades de tratamento. Unidades limitadas pola hidráulica. Unidades limitadas pola carga de contaminantes. Dimensionamento baseado en criterios empíricos. Perfil hidráulico. Perdas de carga admisibles entre unidades de proceso (4 horas).
Tema 2. Reactores biolóxicos: modelado e dimensionado asistido por simuladores. Estrutura dos modelos biolóxicos (estequiometría e cinética). Selección e uso en simulador comercial dos modelos de lodos activos máis relevantes. O Activated Sludge Model 1 (ASM1). (4 horas)
Tema 3. Simulación de EDAR en estado estacionario. Análise crítica e representación de resultados de simulación. Estimacións simples de recursos necesarios (enerxía, produtos químicos...) e dos requirimentos de osíxeno e produción de lamas. (8 horas)
Tema 4. Simulación dinámica de EDAR. Escenarios máis habituais: Cambios temporais no afluente en tempo seco e en episodios de precipitación. (2 horas)
Seminario na Aula de Informática de estudo de casos prácticos e comparación de alternativas de proceso. (4 horas)
Básica
GUANG-HAO C., VAN LOOSDRECHT, M., EKAMA, G. BRDJANOVIC, D.. Biological Wastewater Treatment: Principles, modelling and design. 2nd Edition. IWA Publishing. London, UK (2020). Dispoñible como libro dixital na B-USC: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/tmlevo/alma99101338386130…
Está dispoñible en versión electrónica a primeira edición como:
HENZE, M.., VAN LOOSDRECHT, M., EKAMA, G. BRDJANOVIC, D. Biological Wastewater Treatment: Principles, modelling and design. IWA Publishing. London, UK (2008). Signatura B-ETSE: A213 17. 17. (Libro electrónico gratuíto en castelán: https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…)
METCALF & EDDY Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. 5ª ed. New York: McGraw-Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8 (A213 13 H1, H2, I1, I2, J1, J2, K1, K2)
DÍAZ, M. “Ecuaciones y cálculos para el tratamiento de aguas”. Madrid: Paraninfo, 2019. ISBN: 84-283-4152-4. (A213 63 (A))
Complementaria
ECKENFELDER, W. Wesley. Industrial Water Pollution Control 3ª ed. Boston: Mc-Graw Hill Book Company, 1999. ISBN: 0-07-116275-5 (A213 39)
HENZE, M, GUJER, W., MINO, T., VAN LOOSDRECHT, M. Activated Sludge Models ASM1, ASM2, ASM2d and ASM3. IWA Publishing, 2006. ISBN: 9781780402369 (eBook). ISBN: 9781900222242 (Print) (A 213 4 9 )
METCALF & EDDY Inc. Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización. 3ª ed. Madrid: Mc-Graw Hill, D.L. 2000. ISBN: 84-481-1607-0 (A213 13 A, B)
Manuais
GARRIDO, JUAN M.. Simulación de plantas de lodos activos “Activated Sludge Model” número-1. Dpto de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela
O alumno desenvolverá as seguintes competencias que aparecen na memoria de estudos do Máster en Enxeñería Ambiental:
Básicas e Xerais
CB 6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB 7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB 8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB 9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB 10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
CG 1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG 4. Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia e práctica, con razoamento crítico para establecer soluciones viables economicamente a problemas técnicos.
Transversais
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 3. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 5. Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
Específicas
CE 1. Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudo da Enxeñería Ambiental para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
CE 2. Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñería ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes
CE 4. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria de procesos, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da Enxeñería Ambiental.
CE 5. Conceptualizar modelos de enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 9. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
As competencias desenvólvense ao longo de cada unha das actividades que se realiza durante a materia, segundo a relación que se adxunta:
Clases maxistrais: CB6, CG1, CG4, CT4, CE1, CE2
Seminarios na aula de informática: CB7, CB10, CG1, CG4, CT1, CT3, CE1, CE2, CE4, CE5
Exposición oral: CB9, CT1, CT5
Proxecto por equipos: CB10, CG4, CT1, CE5, CE8, CE9
Titoría: CB8, CE1, CE8
Clases maxistrais: Están previstas 4 sesións onde se presentarán dunha forma sucinta as bases de dimensionado de equipos baseados na hidráulica (pretratamentos, tratamentos primarios e terciarios) así como as bases de deseño dos reactores biolóxicos de tratamento secundario.
Seminarios de aula de informática: As sesións en aula de informática terán como obxecto presentar a estrutura básica dos modelos de tratamento biolóxico e a súa aplicación mediante ordenador. Farase énfase no uso da folla de cálculo (por exemplo MS Excel) e dun simulador de plantas de tratamento biolóxico de augas residuais (por exemplo Biowin). Usarase o simulador de plantas de tratamento biolóxico de augas residuais para facilitar a avaliación de alternativas de tratamento, o dimensionado de unidades e o deseño de controladores simples. Prestarase especial atención á interpretación crítica dos resultados do simulador
Proxecto por equipos: formaranse equipos reducidos (2-3 persoas) que terán que aplicar os coñecementos adquiridos na materia para presentar alternativas de proceso e dimensionado dunha EDAR real, cos criterios e obxectivos de deseño indicados polo equipo docente. Parte das sesións de seminario en aula de informática estarán dedicadas á realización deste proxecto coa titorización do profesor. Este proxecto será presentado mediante exposición oral.
Titorías grupais: Esta actividade está asociada ao proxecto por equipos de deseño e selección de alternativas. De forma adicional ás 4 h de seminarios en Aula de Informática, a titoría grupal servirá, entre outros, como revisión intermedia do traballo, a posta en común das dificultades atopadas e as dúbidas máis comúns. Os alumnos entregaran previamente un resumo sinalando os avances e problemas encontrados durante a realización do traballo en equipo.
A realización de titorías a petición dos alumnos realizarase tanto presencialmente como usando a aplicación MS Teams.
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) e do MS Teams como ferramentas de comunicación entre docentes e alumnos, utilizando o Campus Virtual para poñer ao dispor dos alumnos os guións de laboratorio, da aula de informática e materiais complementarios.
Todas as horas de aula asociadas a cada actividade da materia serán presenciais.
Exame final 30%
Exposición oral do proxecto en equipo 30% (avaliación pares e profesor)
Traballos en equipo 30%
Titoría grupal: 10%
Para poder superar a materia é preciso obter un cualificación mínima de 5,0 obtendo unha nota mínima do 35% tanto na nota asociada a actividade exame como na titoría grupal obrigatoria. De non obterse este mínimo, a cualificación máxima que se podería obter quedaría fixada en 4,9 suspenso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A memoria do Máster en Enxeñería Ambiental asigna unha carga lectiva a materia:
Clases maxistrais 4 h
Sesións na aula de informática 18 h
Titoría en grupo 2 h
Traballo autónomo do estudante 49 h
Exame 2 h
Total 75 h de traballo do estudante (3 ECTS) , horas presenciais co profesor (excepto exame) 24 h.
Recoméndase que os alumnos cursaran previamente a materia de “Modelización Ambiental” e que participe activamente na materia de Tecnoloxía de tratamento de augas, que se imparte durante o mesmo módulo.
A docencia da materia impartirase, preferentemente en castelán ou alternativamente en galego. Utilizarase o idioma inglés para o alumnado que o precise.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia. Tamén se empregará MS Teams para a docencia síncrona non presencial.
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun computador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso.
• Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Juan Manuel Garrido Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Mauricio Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
25.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
25.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |