Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 14 Total: 27
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten os seguintes obxectivos formativos (coñecementos, habilidades e competencias) a ser atinxidos ao fin da súa realización por parte do estudante: i) coñecer a importancia da viscoelasticidade e como afecta á deformación dun fluido cando se somete a esforzos de cizalla e extensionais; ii) coñecer que parámetros interveñen nas funcións reolóxicas dos fluidos, en particular en sistemas de polímeros; iii) entender o comportamento reolóxico de materiais multifásicos (suspensións, emulsións, mixturas de polímeros) de interese químico, alimentario, cosmético, etc., iv) coñecer os equipos experimentais e técnicas avanzadas híbridas para a determinación de fenómenos estructurais-reolóxicos e viscosimétricos) medición experimental de propiedades reolóxicas de diferentes tipos de fluidos.
A asignatura combinará os fundamentos básicos da mecánica con aplicacións prácticas no ámbito da enxeñaría mediante a resolución de problemas e casos.
a. Clases expositivas.
Tema 1. Importancia da reoloxía na industria. Fundamentos matemáticos sobre a deformación e o fluxo de fluidos. Viscoelasticidade: sólidos e líquidos. Textura. Fluidos newtonianos e non-newtonianos. Viscosidade aparente. (2 h expositivas)
Tema 2. Fluidos non newtonianos. Clasificación. Fluidos inelásticos e dependientes do tempo. Modelización. (1 h expositiva + 1 h seminario)
Tema 3. Fluidos viscoelásticos. Módulos de perda e almacenamento. Viscosidade complexa. Modelos mecánicos. SAOS e LAOS. Viscosidade extensional. (4 h expositivas + 2 h seminario)
Tema 4. Reoloxía de sistemas biopoliméricos. Efectos da velocidade de cizalla, temperatura (transicións sol-gel), presión, concentración, estrutura molecular, tamaño molecular medio e distribución de tamaño. Exemplos de interese na industria. (5 h expositivas + 2 h seminario)
Tema 5. Equipos para a determinación experimental de propiedades viscosimétricas, reolóxicas e texturais. Tipos de viscosímetros. Reómetros. Texturómetros. (1 h expositiva)
b) Clases interactivas:
Actividade 1. Tratamento de problemas. Seminarios. (6h)
Actividade 2. Realización de prácticas. Laboratorio de investigación do Grupo GI-1618.
- Descrición de equipos de determinación de viscosidades e adquisición de técnicas. Determinación de viscosidades de disolucións líquidas de comportamento newtoniano. Influencia da temperatura e da concentración. (2 h)
- Descrición do reómetro e das técnicas experimentais e do software correspondente. Determinación do comportamento viscoelástico. Avaliación dos módulos de perda e de almacenamiento. (4 h)
- Descrición do texturómetro e metodoloxía. Ensaios de rotura por compresión. Avaliación dos módulos de elasticidade e tensión de rotura. (2 h)
A titoría grupal (1 h) empregarase na presentación e defensa oral dos resultados atinxidos na parte práctica a partires da elaboración dunha memoria en formato artigo científico.
Bibliografía básica
BARNES, H.A., HUTTON, J.F., WALTERS, K. An Introduction to Rheology, Elsevier, Amsterdam: Elsevier. 1989. ISBN: 08208;4448208;87469208;0. Sinatura: FS 3 (disponse de libro electrónico).
Biibliografía complementaria
GOODWIN, J.W., HUGHES, R.W. Rheology for Chemists: An Introduction. New York: RSC. 2008. ISBN: 978-0-85404-839-7
CARREAU, P.J., DE KEE, D.C.R., CHHABRA, R.O. Rheology of Polymeric Systems. Cincinnati: Hanser. 1997. ISBN: 978-1-56990-218-9
MORRISON, F.A. Understanding Rheology. Oxford: Oxford University Press. 2001. ISBN: 978-0-19514-166-5
Coñecemento
(CN02) Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou mais campos de estudio en Enxeñaría Química.
Competencia
(CP02) Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas axeitadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
Habilidad
(HD04) Buscar, procesar, analizar e sintetizar, de forma crítica, información procedente de diversas fontes para o establecimento das correspondentes conclusións.
(HD09) Abordar os problemas desde unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.
As clases expositivas desenvolveranse en medio oral, co apoio de presentacións informatizadas. As clases interactivas correspondentes á resolución de problemas prácticos desenvolveranse en pizarra no aula prestando gran atención á velocidade e ritmo de exposición e interación cos alumnos destacando os aspectos científicos e técnicos, tanto no relativo ao cálculo como ás aplicacións. As sesións de laboratorio faranse seguindo o protocolo establecido en fichas previas de cada práctica e o maior detalle posible no que afecta ao manexo de equipos e técnicas experimentais. Os equipos de medida viscosimétrica e reolóxica contan con manuais de funcionamento básico a disposición do alumnado.
O primeiro día de clase porase á disposición dos alumnos todo o material docente necesario (programa da materia, contido da materia, boletín de problemas, traballos a realizar, guións de prácticas, etc.) no curso do campus virtual.
A asistencia ás practicas é obrigatoria.
Relación de resultados de apredizaxe:
Clases expositivas CN02, HD09
Seminarios CP02, HD09
Laboratorio CP02, HD04
Descrición temporal aproximada das actividades:
Presentación do tema.
Tema 1. Importancia da reoloxía na industria. Fundamentos matemáticos da deformación e o fluxo de fluidos. Viscoelasticidade: sólidos e líquidos. Textura. Fluidos newtonianos e non newtonianos. Viscosidade aparente. (2 h)
Tema 2. Fluidos non newtonianos. Clasificación Fluidos inelásticos e dependentes do tempo. Modelado (2 h)
Laboratorio: Descripción de equipos de determinación de viscosidade e adquisición de técnicas. Determinación de viscosidades de disolucións líquidas de comportamento newtoniano. Influencia da temperatura e a concentración. (2 h)
Tema 3. Fluidos viscoelásticos. Módulos de pérdida e almacenamento. Viscosidade complexa. Modelos mecánicos. SAOS e LAOS. Viscosidade extensional. (4 h)
Laboratorio: Descripción do reómetro e das técnicas experimentais e do software correspondente. Determinación do comportamento viscoelástico. (2 h)
Tema 4. Reoloxía de sistemas biopoliméricos. Efectos da velocidade de corte, temperatura (transicións sol-gel), presión, concentración, estrutura molecular, tamaño molecular promedio e distribución de tamaños. Exemplos de interese na industria. (6 h)
Laboratorio: Evaluación dos módulos de pérdida e almacenamiento. (2 h)
Tema 5. Equipos para a determinación experimental de propiedades viscosimétricas, reolóxicas e texturais. Tipos de viscosímetros. Reómetros. Texturómetros. (2 h)
Laboratorio: Descripción do texturómetro e metodología. Ensaios de fractura por compresión. Evaluación de módulo de elasticidade e tensión de rotura. (2 h)
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Realizarase un seguimento da aprendizaxe dos estudiantes mediante a realización de actividades (CN02), traballos (incluindo a súa exposición en clase) (CN02, HD09) ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo (CP02, HD04). A calificación das prácticas de laboratorio farase a partires da avaliación da memoria das prácticas e a súa defesa oral (CP02, HD04). Asimesmo, os estudantes realizarán un exame (CN02, CP02, HD09) de resolución de problemas.
O único requisito é que as prácticas han de realizarse obrigatoriamente e superalas antes do exame. Toda calificación obtida durante o curso e avaliable na primeira oportunidade de cada convocatoria, conservarase, se fora o caso, na segunda oportunidade.
Distribución da calificación
Exame 50%
Traballos/actividades/memorias de prácticas 40%
Titorías 5%
Informe profesor 5%
Realizarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de problemas e actividades de forma individual e/ou por grupo. Asimesmo, os estudantes farán un exame de resolución de problemas que xunto á memoria de laboratorio permitirá individualizar a calificación final.
Para aprobar é necesario obter como mínimo un total de 5 puntos e 3/10 en cada unha das partes das que consta a avaliación, excepto nos apartados de Titorías/informe de profesor.
Na oportunidade de recuperación mantense a puntuación acumulada da avaliación continua.
En adicionais convocatorias o alumno pode facer uso das calificacións da avaliación continua e se as prácticas non están suspensas, non as ten que repetir.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno
Clases maxistrais 12
Seminarios 8
Prácticas laboratorio 10
Titorías grupo 4
Titorías individualizadas 4
Exame e revisión 8
Total 46
As clases impartiranse en castelán.
Os equipos de medida viscosimétrica e reolóxica contan con manuais de funcionamento básico á disposición do alumnado que cubren os aspectos relacionados coa seguridade e saúde no laboratorio.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que este coñeza e cumpra as normas incluídas no "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais" da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
Acceder á intranet coas credenciais persoais.
Entrar en Comisións > Seguridade e saúde > Formación.
Premer en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
Ramon Felipe Moreira Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |