Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as principais achegas teóricas sobre os vínculos existentes entre literatura e sociedade, como se representa unha sociedade no universo do literario en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais e metodoloxía(s) de interpretación.
Comprender, analizar e comparar textos (literarios, históricos, culturais, políticos, visuais) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
Formular razoamentos críticos derivados da análise dos textos inseridos nun contexto social que conduzan á adquisición dun método sólido de análise socioliteraria que transcenda a mera aproximación intuitiva aos textos obxecto de estudo.
Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cine, a música ou a arte coa realidade sociocultural na que se producen.
A materia aborda as relacións entre literatura e sociedade, prestando especial atención aos contextos políticos e sociohistóricos. Así mesmo, as imbricacións ideolóxicas intertextuais e os aspectos estéticos máis relevantes teranse en conta na análise dos (con)textos literarios do ámbito anglófono
Básica:
Bercovitch, S. ed. 1994-2004. The Cambridge History of American Literature. Cambridge: CUP.
During, S. 2005. Cultural Studies: A Critical Introduction. London & New York: Routledge.
Carter, R. & McRae, J. 2006. The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge.
Johnson, P. 1997. A History of the American People. London: Phoenix Press.
King, B., ed. 1996. New national and post-colonial literatures: an introduction. Oxford: Clarendon Press.
Lane, R.J., ed. 2013. Global Literary Theory. London and New York: Routledge.
Morgan, K.O. ed. 2009. The Oxford Illustrated History of Britain. Oxford: OUP.
Rojek, C., 2007. Brit-myth: Who Do the British Think They Are? London: Reaktion Books.
Ryan, M. 2010. Cultural Studies. A Practical Introduction. Malden, MA: Wiley-Blackwell.
Complementaria:
Arana, R.V., ed. 2009. “Black” British Aesthetics Today. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Auslander, P. 2003. Performance: Critical Concepts in Literary and Cultural Studies. London & New York: Routledge.
Butler, J., Laclau, E., & Žižek, S. 2000. Contingency, Hegemony, Universality: Contemporary Dialogues on the Left. London: Verso.
Davis, M. 2007. In Praise of Barbarians: Essays Against Empire. Chicago, IL: Haymarket Books.
Ledent, B. & P. Cuder, eds. 2012. New Perspectives on the Black Atlantic: Definitions, Readings, Practices, Dialogues. Bern: Peter Lang.
McIntyre, D.W. 2001. A Guide to the Contemporary Commonwealth. Houndmills, Hampshire; New York: Palgrave.
Moi recomendable:
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
(“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf):
CB7:Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8:Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9:Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
G01:Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02:Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04:Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05:Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06:Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
E07- Capacidade para analizar distintos tipos de discursos e xéneros discursivos orais e/ou escritos en lingua inglesa.
E09:Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E11: Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
Actividades de introdución, debates e presentacións orais e grupais, traballos escritos.
Traballo virtual, participación activa nas aulas e asistencia : 20% (Competencias avaliadas: G01, G02, G05, E09, E11)
Unha presentación oral individual: 30% (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, E07)
Un traballo escrito final: 50% (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06)
A asistencia a todas as clases presenciais é obrigatoria (14 horas).
Este sistema de avaliación aplícase á primeira e segunda oportunidades.
O alumnado oficialmente exento de asistencia a clase e de segunda matrícula ou sucesivas será avaliado cun traballo final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
-Clases expositivas na aula 5 100 %
-Clases interactivas
(seminarios, debates, exposicións
na aula) 7 100 %
-Titorías presenciais 2 100 %
-Actividades de control de
lecturas a través da
plataforma virtual 4 0
-Estudio autónomo individual
ou en grupo do/da estudante 11 0
-Escritura de exercicios, artigos,
conclusións ou outros traballos derivados
da materia 20 0
- Actividades en biblioteca, lecturas
recomendadas e buscas
bibliográficas 20 0
-Busca e envorco da información
na plataforma virtual 4 0
-Asesoramento virtual na elaboración
de traballos 2 0
Total horas traballo presencial na aula 14
Total horas traballo a través da plataforma virtual 10
Total horas traballo persoal do alumnado 51
A materia será impartida en inglés.
Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet.
IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do alumno/a (enderezo da USC).
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |