Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno os fundamentos para o deseño e implementación de procesos de intelixencia de negocio. Nesta materia, partirase dunha metodoloxía na que, en primeiro lugar, o alumno debe coñecer a importancia da análise do dominio de negocio no que se vai a traballar e a formulación dos obxectivos e indicadores de negocio. Os alumnos coñecerán as fases que ten a implementación, empezando desde os procesos de transformación e acabando nas aplicacións e interfaces de usuarios finais. Entre ámbalas dúas fases, os alumnos aprenderán as técnicas para o modelado do dominio, deseño de estruturas de datos orientadas á análise.
Modelado de negocio e indicadores
Metodoloxía de desenvolvemento e ciclo de vida de solucións de intelixencia de negocio
Arquitectura e compoñentes de solucións de intelixencia de negocio
Deseño de almacéns de datos
Procesos de extracción, transformación e carga (ETL)
Explotación de datos: Linguaxes de consulta, xeración de informes, cadros de mando
Textos básicos:
The Data Warehouse Toolkit: The Definitive Guide to Dimensional Modeling, 3rd Edition. M. Ross, R. Kimball. Editorial: John Wiley & Sons. 2013. ISBN: 9781118530801.
The Data Warehouse Lifecycle Toolkit, 2nd Edition. R. Kimball, M. Ross, W. Thornthwaite, J. Mundy, B. Becker. Editorial: John Wiley & Sons. 2008. ISBN: 978-0-470-14977-5.
http://www.pentaho.com/
Textos complementarios:
http://www.kimballgroup.com/
http://wiki.pentaho.com/
Information Dashboard Design: The Effective Visual Communication of Data. S. Few 2006. Ed. O’REILLY.
O alumno será capaz de analizar un problema e definir un proxecto de intelixencia de negocio
O alumno identificará os compoñentes e procesos dunha arquitectura de intelixencia de negocio
O alumno estruturará e aplicará procesos de integración de datos
O alumno será capaz de deseñar un almacén de datos orientado a análises
O alumno coñecerá e utilizará linguaxes de consultas para analizar datos e crear informes de explotación
O alumno deseñará e implementa á cadros de mando atendendo a criterios de deseño específicos
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CB7, CB9
- Transversais/Xerais: G2, G4, G5, T3, T5, T7
- Específicas: E14
Utilizaranse clases maxistrais, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias dos materiais formativos con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
Realizaranse tutoriais introductorios ás ferramentas, onde os alumnos aplicarán os conceptos vistos en clase á resolución de problemas sinxelos. Os alumnos disporán tamén dos manuais no caso das ferramentas utilizadas.
Realizarase un traballo tutelado no que os alumnos terán que profundar de maneira autónoma pero tutelada nalgún dos contidos básicos, ou aplicar a metodoloxía vista á resolución dun problema real. Para os aspectos máis avanzados e últimas tendencias referentes á materia, os alumnos disporán de diverso material de lectura e estudo proposto polo profesor, xa sexan libros da bibliografía dispoñible en biblioteca, artigos ou revistas científicas.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios: CB7, G4, E14.
Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos: CB7, G2, E14.
Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas: T3, E14.
Proba final: T3, G4, E14.
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos : CB9, T3, T5, G5, E14.
Empréganse dous sistemas de avaliación: un para a oportunidade de xaneiro e outro para o resto de oportunidades.
Na primeira oportunidade ponderaranse as actividades da seguinte maneira:
Seguimento continuado e objetivable dunha participación activa: 5%
Realización de traballos academicamente dirixidos: 30%
Realización de prácticas: 35%
Proba final: 30%
No resto de oportunidades ponderaranse as actividades da seguinte maneira:
Seguimento continuado e objetivable dunha participación activa: 5%
Realización de traballos academicamente dirixidos: 25%
Realización de prácticas: 20%
Proba final: 50%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Clases teóricas: 22 h presenciais + 30 h traballo autónomo do alumno
Clases prácticas e prácticas: 22 h presenciais + 64 h traballo autónomo do alumno
Titorías e Actividades de avaliación: 4 h presenciais + 10 h traballo autónomo do alumno
Total: 150 h
ningunha específica
Faise uso do campus virtual.
Para calcular a cualificación da materia súmanse de maneira ponderada as actividades de avaliación segundo as porcentaxes estipuladas en cada convocatoria. Ningunha das actividades de avaliación é obrigatoria; por exemplo, non fai falta realizar a proba final se co resto de actividades supérase a materia.
É necesario sacar máis de 5 puntos sobre 10 puntos na proba final para que poida contribuír á cualificación. Esta restrición non se aplica ao resto de actividades de avaliación.
O criterio para a nota en acta é o seguinte:
- O alumno considérase “Presentado” se se dá algunha destas tres condiciones: a) entrega polo menos 2 das prácticas de laboratorio, b) entrega o traballo academicamente dirixido, c) preséntase á proba final. Poñerase na acta a cualificación calculada como se indica anteriormente. - Noutro caso a cualificación será “Non presentado”.
Joaquín Ángel Triñanes Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816001
- Correo electrónico
- joaquin.trinanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-19:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | PROXECTOS |
17.01.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
17.01.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
01.07.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
01.07.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |