Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a normativa e as estratexias para a planificación e xestión dos espazos naturais protexidos (ENP).
- Capacidade para deseñar, redactar e poñer en práctica os diferentes documentos de planificación e xestión de ENP.
- Capacidade para aplicar técnicas de toma de decisións multicriterio na planificación e xestión de ENP.
- Coñecer as posibilidades da custodia do territorio como elemento para xestionar espazos naturais.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Concepto, tipos e necesidade das áreas naturais protexidas.
- Normativa e organismos relacionados coa xestión de espazos naturais protexidos (ENP) a nivel mundial, europeo, español e galego.
- Documentos de planificación e xestión de ENP (Plan Director, PORN, PRUG, Plan sectorial, Plan de seguimento, etc.).
- Toma de decisións multicriterio na planificación e xestión de ENP.
- Custodia do territorio.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas, agrupadas en 10 horas expositivas e 12 interactivas, con 2 de titorías.
Programa de horas expositivas (10 h.):
- Tema 1: Introdución e definicións: Concepto de xestión de espazos protexidos. Definición e finalidades dun espazo natural protexido (ENP). Tipos e categorías de protección dos ENP. Percepción actual dos ENP. Os obxectivos (de desenvolvemento) do milenio. 2 h.
- Tema 2: Lexislación e "actores" internacionais da xestión de ENP: Principais "actores" internacionais da xestión de ENP: UICN, UNESCO (Reservas da Biosfera, Patrimonio da humanidade, Xeoparques, Convención Ramsar), PNUMA (ZEPIM). Principais "actores" europeos da xestión de ENP e lexislación relacionada: OSPAR (AMP), Unión Europea (Rede Natura 2000, Directivas de Aves e Hábitats), Consello de Europa (Reservas Bioxenéticas), Federación Europarc. 4 h.
- Tema 3: Lexislación e "actores" nacionais da xestión de ENP: Principais "actores" españois da xestión de ENP e lexislación relacionada: Europarc España, Ministerio para la Transición Ecológica (Organismo Autónomo Parques Nacionales, OAPN), Ministerio de Cultura y Deporte (BICs). Principais "actores" galegos da xestión de ENP e lexislación relacionada: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. 4 h.
Programa de horas interactivas (12 h.):
- Tema 4: Planes de xestión dos ENP: Elementos fundamentais para a xestión. Planificación participativa. Planificación en fervenza: Plans Directores, Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN), Plans de Xestión, Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUG), Plans ou Programas Sectoriais. Elaboración dos plans de xestión: Deficiencias habituais nos plans xestores. Metodoloxía para a elaboración dun plan de xestión: Identificación de obxectivos a longo prazo (obxectivos xerais); Diagnóstico; Formulación de obxectivos operativos; Definición de medidas e resultados a obter; Avaliación. Preguntas ás que debe responder un plan de xestión. 2 h.
- Tema 5: Deseño de plans de seguimento: A necesidade da avaliación dos espazos protexidos. Definición e contido básico dun plan de seguimento. Metodoloxía para o deseño dun plan de seguimento: Identificación de obxectivos; Definición dun modelo de funcionamento do sistema; Selección de indicadores; Establecemento de protocolos para a medida dos indicadores, a adquisición de datos e o seu tratamento. 2 h.
- Tema 6: A custodia do territorio como elemento de conservación da natureza: definición de custodia do territorio. Acordos de custodia. Entidades públicas e privadas de custodia. Exemplos nacionais e galegos. 1 h.
- Tema 7: Toma de decisións na planificación e xestión de ENP: O método AHP (Analytic Hierarchy Process). 4 h.
- Criterios e esquema para o análise crítico dun plan de xestión dun ENP. 1 h.
- Presentación, discusión e debate do traballo de análise dun plan de xestión dun ENP. 2 h.
Prácticas de campo (voluntarias, fora de horario):
Planease a posibilidade de realizar unha visita de campo (fora do horario oficial e de carácter voluntario) a un Espazo Natural Protexido, como complemento aos coñecementos impartidos.
Bibliografía básica
EUROPARC-España (2021). Anuario 2020 del estado de las áreas protegidas en España. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 131 p. Disponible en:
https://redeuroparc.org/wp-content/uploads/2022/01/anuario2020finalweb…
MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE. Recopilación de legislación en materia de naturaleza de aplicación a nivel nacional, europea e internacional. Disponible en: http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/legislacion/
BASORA ROCA X., SABATÉ I ROTÉS X. 2006. Custodia del territorio en la práctica. Fundació Territori i Paisatge, Obra Social Caixa Catalunya, Xarxa de Custòdia del Territori. Disponible en:
https://www.custodia-territorio.es/manual-de-custodia-del-territorio-en…
Bibliografía complementaria
EUROPARC-España (2002). Plan de Acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid 168 p. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/planaccion.pdf
EUROPARC-España (2005). Diseño de planes de seguimiento en espacios naturales protegidos. Manual para gestores y técnicos. Serie manuales EUROPARC-España nº 2. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 176 p. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual_2.pdf
EUROPARC-España (2008). Planificar para gestionar los espacios naturales protegidos. Serie manuales EUROPARC-España nº 7. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 120 p. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual_7.pdf
EUROPARC-España (2010). Herramientas para la evaluación de las áreas protegidas: modelo de memoria de gestión. Serie manuales EUROPARC-España nº 8. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 121 p. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual8.pdf
EUROPARC-España (2013). Proyectos de ordenación de montes. Herramientas para la conservación en los espacios protegidos. Serie manuales EUROPARC-España nº 11. Ed. Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez. Madrid. 80 p. Disponible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual11.pdf
Lausche B. (2012). Directrices para la legislación relativa a áreas protegidas. UICN, Gland, Suiza. Disponible en: http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/EPLP-081-Es.pdf
Leverington F., Lemos Costa K., Courrau J., Pavese H., Nolte C., Marr M., Coad L., Burgess N.D., Bomhard B., & Hockings M. (2010). Management effectiveness evaluation in protected areas: a global study: second edition. IUCN, Gland; Switzerland. Disponible en:
http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/2010-092.pdf
MMAM (1999). Estrategia española para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid.
UICN (1994). Guidelines for Protected Area Management categories. CNPPA and WCMC. UICN, Gland, Suiza y Cambridge, UK. Disponible en:
http://www.wild.org/wp-content/uploads/2010/01/IUCN-Protected-Area-Cata…
Competencias Básicas e Xerais:
- CG1: Identificar e enunciar problemas ambientais.
- CG2: Ser capaces de predicir e controlar evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico o profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
- CG4: Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudio, experiencia e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
- CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
- CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB8: Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- CB10: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais:
- CT4: Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
- CT5: Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
- CT6: Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco de compromiso co desenvolvemento sostible.
Competencias Específicas:
- CE2: Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
- CE3: Desenrolar a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas o tecnolóxicas dentro del ámbito temático da Enxeñaría Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
- CE5: Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
- CE8: Abordar un problema real de Enxeñaría Ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
Toda a docencia desta materia optativa impartirase de maneira telemática e síncrona mediante a ferramenta corporativa da USC MS Teams (estando todo o alumnado con cámaras e micrófonos abertos durante as clases), pero contemplase a posibilidade de que algunhas clases se impartan de forma dual se un número elevado de estudantes manifestan o seu desexo de participar de forma presencial na ETSE (mantendo a impartición por MS Teams para o resto).
As clases expositivas de teoría, de carácter maxistral, sumaranse clases interactivas, prácticas e participativas, que consistirán na aplicación dun caso práctico da metodoloxía AHP de toma de decisións multicriterio, e na realización de seminarios a cargo de especialistas en custodia do territorio. Ademais, os alumnos deben realizar un traballo de análise crítico dun documento de xestión dun espazo natural protexido (despois das clases sobre a tipoloxía e elaboración dos mesmos), e expoñelo o derradeiro día de clases da materia, discutindo e debatendo os resultados obtidos e resaltando as principais conclusións. O informe e a exposición deste traballo de curso servirán parala avaliación parcial da materia.
Como complemento, contemplase a posibilidade de realizar unha visita de campo (voluntaria e fora do horario oficial) a algún espazo natural protexido, para coñecer a aplicación á realidade dos coñecementos impartidos.
Nas titorías atenderase ao alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación cos seus tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación do traballo e a súa exposición...).
A dinámica das actividades a desenvolver detállase a continuación:
1ª Semana: Clases Expositivas; Contido: Presentación do profesorado e da materia, que inclúe a descrición detallada da guía docente e da filosofía de traballo da materia + Tema 1. Introdución e definicións.
2ª Semana: Clases Expositivas; Contido: Tema 2. Lexislación e “actores” internacionais da xestión de ENP.
3ª Semana: Clases Expositivas; Contido: Tema 3. Lexislación e “actores” nacionais da xestión de ENP.
3ª Semana: Clases Interactivas; Contido: Tema 4. Plans de xestión dos ENP.
4ª Semana: Clases Interactivas; Contido: Tema 5. Deseño de plans de seguimento + Tema 6. A custodia do territorio como elemento de conservación da natureza + Criterios e esquema para o análise crítico dun plan de xestión dun ENP.
5ª Semana: Clases Interactivas; Contido: Tema 7: Aplicación a un caso práctico da metodoloxía de toma de decisións AHP (Analytic Hierarchy Process).
5ª Semana: Clases Interactivas; Contido: Exposición (e entrega) do traballo de prácticas consistente no análise crítico dun documento de xestión dun ENP, discutindo e debatendo os resultados obtidos e resaltando as principais conclusións.
O sistema de avaliación constará, tanto na primeira como na segunda oportunidade, dos seguintes elementos ou actividades, xunto cos súas porcentaxes de ponderación na nota final da materia:
- Avaliación continua (50%): a medida que se avance na materia propoñerase un traballo de prácticas consistente no análise e valoración crítica do documento de xestión dun espazo natural protexido (seleccionado polos propios alumnos), que deberá realizarse individualmente a lo longo do curso e entregarse no prazo que se especifique (como moi tarde o día da proba final).
- Exposición do traballo (20%): consistirá na exposición do traballo realizado durante o curso. Realizarase de forma telemática por MS Teams o derradeiro día de clases da materia (e para a segunda oportunidade o día fixado para o exame pola dirección do centro). Contemplase a posibilidade de facelo dual para os alumnos que desexen facer a exposición de forma física na ETSE (mantendo a exposición por MS Teams para o resto).
- Participación do alumnado nas clases (30%). Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
Tanto o traballo da avaliación continua como a súa exposición na proba final son obrigatorios para aprobar a materia, e será necesario obter nas dúas como mínimo 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. A asistencia as posibles visitas de campo é voluntaria.
Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor o teña concedido dispensa de asistencia).
A relación entre as actividades de avaliación e as competencias detállanse a continuación:
(Competencia; Avaliación continua (traballo entregado)*; Exposición (exposición do traballo)*; Participación nas clases*)*Actividades obrigatorias
CG1 X X X
CB6 X X X
CB7 X X
CB8 X X X
CB9 X X
CB10 X X X
CT4 X X X
CT5 X X
CT6 X X
CE2 X X
CE3 X
CE8 X
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións" (articulo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten unha carga de 3 ECTS, correspondentes a 26 horas: 10 horas de docencia expositiva, 12 de interactiva e 2 horas de titorías (2x2G). Estimase que se necesitarán 50 horas de estudo e traballo persoal do alumnado, incluíndo a elaboración do traballo de curso e a súa exposición, que se empregarán para a avaliación parcial da materia.
Participación activa nas clases expositivas e nas interactivas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntes, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflexar esas aclaracións na documentación (apuntes, etc.).
Utilizarase o Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes na internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado).
Ademais, utilizarase o programa informático VSElephas Academy© para a clase práctica interactiva de aplicación da metodoloxía de toma de decisións AHP, que será facilitado aos alumnos mediante o Campus Virtual.
A materia impartirase en castelán.
Alberto Rojo Alboreca
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
15.10.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
15.10.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |