Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Presentación
Este curso aborda a problemática da xestión da información na empresa desde un punto de vista global e especialmente vinculado á tecnoloxía.
O alumnado deberá desenvolver un proxecto de xestión completo, definindo o problema, deseñando e empregando a solución elixida nun sistema real, e enfrontándose a diferentes alternativas e retos que aprenderá a superar, e que o trasladará ás situacións futuras que se presenten nos seus exercicios profesionais.
Proponse unha aprendizaxe orientada a proxectos, onde comezará plantexando un reto a acadar, a partir do cal a materia achegará os recursos necesarios para a súa consecución.
As competencias adquiridas en sistemas integrados de xestión servirán tamén de apoio ao resto de materias onde a problemática da xestión da información formará parte activa dos desenvolvementos en cada unha delas.
Obxectivos da materia
Os obxectivos, para o alumnado, que se perseguen nesta unidade didáctica son:
• Familiarizarse co vocabulario e os conceptos básicos do mundo da xestión e a súa vertente tecnolóxica.
• Coñecer e saber utilizar diferentes ferramentas e recursos informáticos para as distintas áreas de xestión.
• Recoñecer a importancia da planificación para acadar os obxectivos desexados.
• Coñecer a importancia da calidade dos datos
• Resolve problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade
• Descubrir novas tendencias relacionadas cos sistemas de xestión
Contidos
Estes contidos desenvolveranse segundo o seguinte temario:
PARTE 1: INTRODUCIÓN AOS SISTEMAS DE XESTIÓN:
1 Concepto de sistemas de xestión. ERP.
2 Contribución á empresa
3 Evolución histórica
4 Os sistemas e o seu contorno
5 Procesos de negocio
6 Conceptos ERP
7 Módulos básicos dun sistema ERP
8 Estruturas dos sistemas integrados de xestión
9 Integracións con outros sistemas
10 Mercado ERP
11 Tipos de ERP
PARTE 2: IMPLEMENTACIÓN DUN ERP:
1 Implantación dun ERP
1.1 Recollida de información
1.2 Viabilidade
1.3 Obxectivo, ámbito, contorno
1.4 Especificación de requisitos
1.5 Avaliación e selección de software
1.6 Fases
1.7 Metodoloxías
2 Etapas dos sistemas de información. xestión de Proxectos
PARTE 3: INTRODUCIÓN AO USO DOS SISTEMAS ERP EMPRESARIAIS E OS SEUS MÓDULOS
1 Finanzas
2 CRM - Vendas
3 SRM. Compras
4 MRP
5 Proxectos
6 Subministros. Cadea de subministración
7 Apoio á xestión . BI.
8 Recursos Humanos
9 Outros
PARTE 4: INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN dun ERP con Odoo
1. Módulos
2. Modelos de datos
3. Vistas
4. Informes
Bibliografía básica
• LUIS F. DIAZ DOMINGUEZ : SISTEMAS DE GESTION INTEGRADA PARA LAS EMPRESAS (ERP). . UNIVERSIDAD DE ALCALA DE HENARES
• Alvaro Gomez Vieites , Carlos Suarez Rey : Sistemas de Información. Herramientas prácticas para la gestión empresarial. 4ª Edición
• Medina Garrido, J. y Arjonilla, S. (2013): La gestión de los sistemas de información en la
• empresa. (3ra ed.). España: Editorial Pirámide.
• Greg Moss (2019) : “Learn Odoo: A beginner's guide to designing, configuring, and customizing business applications”, Packt Publishing
Bibliografía complementaria
• ARJONILLA DOMÍNGUEZ, S.J.; MEDINA GARRIDO, J.A. (2009): “La gestión de los sistemas de información en la empresa. Teoría y casos prácticos”, Ediciones Pirámide, Madrid.
• MENCHEN PEÑUELA, A. (2010): “Informática para la Gestión y Administración”. Starbook. Madrid
• JJ Yadav, Sandeep Shukla, Rahul Mohta, Yogesh Kasat (2020):Implementing Microsoft Dynamics 365 for Finance and Operations Apps: Learn best practices, architecture, tools, techniques, and more
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e
tecnolóxico
CG7 - Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión
empresarial
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT6 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización
CT10 - Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
ESPECÍFICAS
CE16 - Entender os sistemas de información empresarial, tomando en consideración as súas tres dimensións específicas
(informacional, tecnolóxica e organizativa) e tomar decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación
CE17 - Propor e codirigir a integración dos sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacións nos distintos
ámbitos da xestión da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso da
criptografía, intelixencia artificial e big data
CE3 - Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e
aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir.
O alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota.
A materia ten 4,5 ECTS que equivalen a 112,5 horas.
Dado que se emprega unha metodoloxía baseada na avaliación continua, é necesario un traballo continuo cos contidos da materia. Isto é especialmente importante coas prácticas, xa que algúns contidos están baseados nos anteriores, o que fai moi cómodo ter asimilado os temas anteriores antes de intentar comprender os novos. É o único xeito de poder superar as diferentes actividades de avaliación que se propoñen.
Para o estudo da materia recoméndase a realización de todos os exercicios e actividades, tanto os que se resolvan nas propias sesións interactivas, como os que se propoñan.
A asignatura impartirase en castelan
Santiago Argueso Armesto
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- santiago.argueso.armesto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
19.01.2026 15:00-19:00 | Grupo de exame | Aula Informática 5 |
15.06.2026 15:00-19:00 | Grupo de exame | Aula Informática 5 |