Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 71.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Electrónica e Computación
Áreas: Dereito Administrativo, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como obxectivo proporcionar unha visión global dos conceptos asociados á definición, xestión e revisión da seguridade da información.
Como resultado desta materia o alumnado será capaz de analizar as necesidades de seguridade da información nunha organización, de avaliar os riscos que afectan aos recursos de información, catalogalos e clasificalos, e de determinar os modelos e políticas de seguridade para o establecemento e implantación dun sistema de xestión da seguridade da información. Será capaz de identificar as diferentes actividades e definir as responsabilidades, figuras e roles na xestión da seguridade.
Asimesmo, proporcionarase ao alumnado un conxunto de coñecementos sobre as ramas do Dereito e as normas que afectan ao seu futuro desenvolvemento profesional. Analizaranse as diferentes figuras xurídicas que habitualmente se atopa un/ha profesional deste campo no desenvolvemento da súa actividade profesional, facendo énfase en constatar a importancia que ten posuír estes coñecementos xurídicos actualizados sobre os posibles conflictos que poden xurdir no campo da Enxeñaría en Informática.
Introducción á seguridade da información.
Privacidade e identidade dixital.
Sistemas de xestión da seguridade da información.
Análise e xestión de riscos.
Políticas e estándares de seguridade. As políticas de seguridade da información.
Introducción ao Dereito. Fontes do Dereito. Estado e Constitución.
Lexislación sobre protección de datos de carácter persoal. A súa intersección coa intelixencia artificial.
Esquema Nacional de Seguridade.
Propiedade intelectual.
Bibliografía básica:
PFLEEGER, Charles P., PFLEEGER Sharie Lawrence, MARGULIES, Jonathan. Security in Computing, Fifth Edition. Upper Saddle River, NJ. Prentice-Hall - Pearson Education Inc., 2015. ISBN: 0-13-408504-3.
Bibliografía complementaria:
MAGERIT v.3 : Metodología de Análisis y Gestión de Riesgos de los Sistemas de Información. © Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica, Subdirección General de Información, Documentación y Publicaciones.
Centro de Publicaciones. Colección: administración electrónica. Madrid, octubre de 2012. NIPO: 630-12-171-8
Disponible esta publicación en el Portal de Administración Electrónica (PAe): https://administracionelectronica.gob.es/pae_Home/pae_Documentacion/pae…
PÉREZ ROYO, Javier, Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
Manual de legislación europea en materia de protección de datos, European Union Agency for Fundamental Rights, 2018.
COTINO HUESO, L. y SIMÓN CASTELLANO, P., Tratado sobre el Reglamento de Inteligencia Artificial de la Unión Europea.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J., Decálogo sobre a nova normativa de protección de datos, Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública, Vol. 13, Nº. 2, 2018, pp. 61-78
LÓPEZ PORTAS, M. B., La Configuración Jurídica Del Derecho al Olvido en el Derecho Español a tenor de la doctrina del TJUE. Revista De Derecho Político, 1(93), 2015, pp. 143–175.
Competencias básicas e xerais:
CG1 - Capacidade para concebir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CG3 - Capacidade para deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.
CG7 - Capacidade para coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG10 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritaxes, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática.
CG11 - Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do/a Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
CG12 - Coñecemento e aplicación de elementos básicos de economía e xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos, de acordo cos coñecementos adquiridos.
Competencias específicas:
RI1 - Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
RI4 - Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpra os estándares e normativas vixentes.
RI18 - Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
TI7 - Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguridade dos sistemas informáticos.
Para o desenvolvemento da materia empregarase como ferramenta de apoio para a docencia o Campus Virtual da USC.
O traballo durante o curso vaise realizar alternando a introdución de conceptos en sesións expositivas con sesións interactivas en grupos máis reducidos nas que se levarán á práctica os conceptos a aprender e se discutirán aqueles aspectos máis relacionados coa implementación. A metodoloxía a seguir en función do tipo de sesión será diferente:
1. Sesións expositivas: 26 horas en sesións de 1 hora de duración
As sesións expositivas realizaranse en aula de teoría, e servirán para introducir os conceptos correspondentes a cada un dos temas. As presentacións estarán dispoñiibles na aula virtual, e durante as sesións indicaranse os puntos máis relevantes, e que aspectos se complementarán co traballo nas sesións interactivas.
2. Sesións interactivas: 14 horas en sesións de 1 hora e media ou 1 hora
Estas sesións repartiranse en sesións de aula de informática (4 primeiras sesións) e sesións de seminario.
Nas clases interactivas o estudantado resolverá casos prácticos e outras actividades propostas polo profesorado, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A cualificación final conformarase do seguinte modo:
1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida da suma das seguintes actividades:
- o 70% da nota virá determinada pola cualificación obtida nun exame final escrito (por tanto, un 7 sobre 10);
- o 30 % da nota restante, virá determinado pola calificación das sesións interactivas (por tanto, un 3 sobre 10); nesta calificación valorarase a participación na aula e os exercicios realizados nestas sesións.
2. Para superar a materia será preciso alcanzar, como mínimo, a nota de 5 puntos, debendo en todo caso superar as dúas partes da avaliación (exame final, e parte interactiva) de forma independente (5 puntos sobre 10 en cada parte).
Terá a condición de PRESENTADA/O na cualificación final da materia, independentemente da realización ou non do exame final, quen entregue algún informe de prácticas ou traballo con posterioridade ao 15 de marzo.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade deberase repetir o exame (mesma ponderación que na primeira oportunidade) se non se acadou a nota mínima de 5 sobre 10.
Poderase recuperar tamén a parte interactiva se non se tivese alcanzado a nota mínima, mediante a entrega de exercicios e a realización dunha proba o día do exame.
Non se conservan resultados para cursos posteriores, co cal as persoas que repitan a materia deberán volver realizar as prácticas, traballos, exercicios e exames que se propoñan durante o curso no que están matriculadas.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
Esta materia ten 4,5 créditos ECTS, correspondendo unha carga de traballo persoal para o alumnado de 48 horas.
Este tempo pode desglosarse aproximadamente nos seguintes apartados:
• Estudo autónomo: 24 horas
• Escritura de casos, traballos, etc.: 10 horas
• Programación/experimentación en ordenador: 8 horas
• Evaluación de traballos, proxectos, exames: 6 horas
Recoméndase encarecidamente o manexo directo dos textos lexislativos relacionados cos diferentes contidos do programa, a asistencia regular ás sesións para aclarar conceptos, intervir nas discusións prácticas, consultar dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaron e interiorizaron.
O alumnado ha de intentar que o tiempo adicado ao estudo sexa o máis continuo e estandarizado posible, realizando un seguemento constante do explicado nas sesións. Recoméndase que, ademais, se realicen as tarefas indicadas.
Nesta materia farase uso intensivo do Campus Virtual para a presentación de contidos, a entrega de informes e traballos e a inclusión dun foro de novidades no que comentar aquelas incidencias relacionadas co ámbito da seguridade informática que vaian aparecendo nos medios durante o desenvolvemento do curso.
Para o desenvolvemento das prácticas en principio pode empregarse calquera S.O. Para a parte de Análise de Riscos empregarase a ferramenta PILAR.
A lingua de impartición da materia é fundamentalmente o castelán.
Maria Purificacion Cariñena Amigo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881813563
- Correo electrónico
- puri.carinena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Anxo Varela Hernandez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- anxovarela.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | IA.S1 |
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | IA.03 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | IA.S1 |
Xoves | |||
18:30-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | IA.S1 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.S2 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A10 |
12.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A10 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | IA.11 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | IA.S1 |
29.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S1 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
06.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |