Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é presentar formas de dixitalizar desde simples obxectos ou documentos de texto ata edificios e información xeográfica. Tratarase como almacenar e xestionar esta información dixitalizada, tanto en texto, video ou audio. A información xeográfica será tratada dun xeito especial, xa que é fundamental para localizar, conservar e manter o patrimonio, tanto cultural como natural.
1. Dixitalización
- Audio, imaxe, vídeo, texto
- Formatos de codificación
2. Xestión e almacenamento
- Bases de datos documentais
- Datos e metadatos
3. Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIG, desde o punto de vista da dixitalización e captura da información xeográfica e a sua correcta representación)
- Representación da información xeográfica
- Sistemas de navegación globais
- Infraestructuras de datos espaciais
- Aplicacións SIG
4. LiDAR e fotogrametría - Fundamentos
- Almacenamento de nubes de puntos
- Procesamento, análise e visualización de nubes de puntos
- Aplicacións e ferramentas
Bibliografía básica
- Apuntamentos proporcionados polo profesor
- Sistemas de captura de la información: fotogrametría y teledetección. Arozarena Villar, Antonio ; Otero, I ; Ezquerra Canalejo, Alejandra 2016. (en liña)
- LiDAR remote sensing and applications / Pinliang Dong and Qi Chen, Dong, Pinliang autor; Chen, Qi, autor 2018 (ETSE)
Os resultados da apredizaxe, segundo a memoria verificada do título (MVT) son:
Coñecementos:
CON5: Coñecementos sobre a creación e xestión de proxectos patrimoniais no ámbito dixital.
CON7: Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, interpretación fotográfica
CON9: Coñecemento de produtos interactivos e apps aplicadas á divulgación e á educación patrimonial
Habilidades:
HAB2: Ser capaz de aplicar o coñecemento na resolución de problemas
HAB4: Ser capaz de identificar fontes de información, recoller e analizar datos e elaborar sínteses en relación con elas.
Destrezas Tranversais:
DES1: Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
Competencias:
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB4 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns que as sustentan– a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
CG3 - Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, tratamento, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5 - Traballar en equipos interdisciplinares nos ámbitos empresarial, de mercado e institucional da xestión cultural.
CG6 - Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural combinando coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
CT1 - Adaptar o uso e transferencia de coñecementos ás novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4 - Comprender os valores da igualdade, a sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso en igualdade de condicións aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. Nas clases de aula discutirase sobre os contidos xa publicados e realizaranse explicacións sobre os contidos máis complexos. Está orientada a la presentación de los contenidos teóricos de la materia, fundamentalmente á lección maxistral.
- Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
- Traballo tutelado: Realización por parte do alumno dun traballo sobre temas da materia
- Proba obxectiva: Exame presencial da totalidade dos contidos na data oficial de exame da materia.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación
- Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CB2, CG3.
- Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CB2, CB4, CB5, CG3.
- Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua. Competencias traballadas: CG5, CT1, CT4
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
- Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos. Número de horas: 71,5. Competencias traballadas: CT4, CE13, CB5.
Oportunidade ordinaria:
Contribución á nota final e criterios de avaliación:
- Prácticas de laboratorio: 60% da nota (30% avaliación contínua, 30% realización de prácticas e entrega de memorias)
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados.
- Exposición oral e defensa de traballos: 10% da nota.
- Exame teórico: 30% da nota.
Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou superior. É imprescindible para aprobar ter entregado todas as prácticas indicadas como obrigatorias. Para poder sumar as tres notas o estudante deberá obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.
Segundo o artigo 1 sobre a asistencia a clase, a asistencia ás clases expositivas non será obrigatoria e non se valorará, pero a asistencia ás clases de laboratorio valorarase dentro do 30% da avaliación continua.
Os alumnos que non sexan de nova matrícula non conservan notas de cursos anteriores.
Oportunidade de recuperación (Xullo) e extraordinaria:
O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. Poderá entregar o traballo tutelado, o entregara ou non con
anterioridades, e a nota do traballo entregado sustituirá a que teña previamente
neste apartado. En canto a nota obtida nos traballos na clase manterase,
podendo recuperar parte da nota entregando os traballos que non se fixeran durante o curso, pero non se poderá recuperar a parte da avaliación contínua. Deste modo, no peor caso, un alumno que non entregase ningún traballo podería obter o 30% da realización de prácticas e memorias, pero non recuperar o 30% de avaliación continua.
Condición para cualificación de Non Presentado: non presentarse ao examen teórico.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia deberán indicar ó profesor esta situación. A entrega dos traballos terase que realizarse nas datas establecidas para tódolos estudantes. A nota de prácticas de laboratorio será avaliada segundo as entregas dos traballos, podendo optar ó 60% completo.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (USC). En calquiera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente da universidade de matriculación.
- Clases teóricas/maxistrais: 8 h presenciais + 24 h traballo autónomo do alumno
- Clases de prácticas: 12 h presenciais + 12 h traballo autónomo do alumno
- Titorías y actividades de avaliación: 2 h presenciais + 16 h traballo autónomo do alumno
- Total: 75 h
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
- As ferramentas software utilizadas nesta materia son de fontes abertas ou gratuitas.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- A materia impartirase en galego.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
-Para a consideración da asistencia, a materia terá en consideración o "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
Oscar Garcia Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- oscar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU