Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Común
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Constitucional, Dereito Civil
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Introducir as categorías xurídicas básicas para comprender o marco xurídico que regula o uso e desenvolvemento da Intelixencia Artificial.
2. Comprender o marco xurídico da Intelixencia Artificial en Europa e en España e, de forma particular, a súa regulación no seo das Administracións públicas, e a súa intersección con outras normativas sectoriais, como a protección de datos.
3. Analizar os riscos que poden xurdir coa utilización da IA, e a esixencia do respecto polos dereitos fundamentais previstos na Constitución española, a fin de evitar a toma de decisións incompletas, erróneas ou discriminatorias que poidan non resultar axustadas a Dereito e xerar consecuencias xurídicas diversas.
4. Coñecer o alcance da responsabilidade civil de modo orientado ao deseño correcto de algoritmos, aplicacións e servizos baseados en intelixencia artificial e así evitar que incorran en responsabilidade, fronte a terceiros, as empresas, organismos públicos ou privados, institucións ou persoas que deseñan, producen ou colocan ao dispor da sociedade máquinas intelixentes.
1. Aproximación ao dereito: Dereito, ordenamentos xurídicos, Estado, Constitución, fontes do Dereito español e europeo.
2. O carácter ambivalente da tecnoloxía e a afectación dos dereitos fundamentais. A especial incidencia da IA. Os riscos xurídicos asociados ao deseño, adestramento e despregamento de sistemas de IA.
3. Marco normativo e regulatorio da Intelixencia Artificial. 3.1. O Regulamento (UE) 2024/1689 do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xuño de 2024, polo que se establecen normas harmonizadas en materia de intelixencia artificial. 3.2. Normativa e outros documentos estatais e autonómicos sobre IA.
4. Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
5.Responsabilidade civil e sistemas intelixentes. 5.1. Principios en materia de responsabilidade civil derivada de produtos que utilicen sistemas de IA. En concreto, a Directiva (UE) 2024/2853 sobre responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos. 5.2. Tipoloxías de danos e réxime xurídico para o seu resarcimento.
6.Outras cuestións xurídicas de interese na IA. Dereitos de autor nos sistemas de IA, contratos e IA.
1. Bibliografía básica
• COTINO HUESO, Lorenzo y SIMÓN CASTELLANO, Pere, Tratado sobre el Reglamento de Inteligencia Artificial de la Unión Europea. Aranzadi, 2024.
• FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, José Julio, “Decálogo sobre a nova normativa de protección de datos”, Administración & Cidadanía: Revista da Escola Galega de Administración Pública, Vol. 13, Nº. 2, 2018, pp. 61-78.
• MORENO MARTÍNEZ, Juan Antonio y FEMENÍA LÓPEZ, Pedro José (Coords.), Inteligencia artificial y derecho de daños. Cuestiones actuales: acorde al Reglamento (UE) 2024/2689, Dykinson, 2024.
2. Bibliografía complementaria
• BARRIO ANDRÉS, Moisés (Dir.), El Reglamento Europeo de Inteligencia Artificial, (Dir.), Tirant lo Blanch, 2024.
• FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, José Julio, “Reflexiones (provisionales) sobre los posibles derechos de los robots”, en SANSÓ-RUBERT PASCUAL, Daniel, ROCHA ESPÍNDOLA, Martín y RODRÍGUEZ DOS SANTOS, Nuria (coords.), Inteligencia artificial y derecho, Dykinson, Madrid, 2023, págs. 227-242.
• FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, José Julio, “Derechos y progreso tecnológico: pasado, presente y futuro”, en ENGELMANN, Wilson, Sistema do direito, novas tecnologías, globalização e o constitucionalismo contemporáneo: desafíos e perspectivas, Casa Leiria, São Leopoldo (Brasil), 2020, págs. 259- 277.
• GARCÍA BARBERÁN, Inés, “Inteligencia artificial: responsabilidad civil y reparación de daños”, Revista general de legislación y jurisprudencia, núm. 4, 2024, pp. 581-617.
• RENARD, Céline and EYNARD, Jessica (Eds.), Artificial intelligence law: between sectoral rules and comprehensive regime comparative law, Bruxelles, Bruylant, 2023.
Competencias básicas e xerais:
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Competencias transversais:
TR4 - Capacidade para introducir a perspectiva de xénero nos modelos, técnicas e solucións baseadas en intelixencia artificial.
TR5 - Capacidade para desenvolver modelos, técnicas e solucións baseadas en intelixencia artificial que resulten éticas, non discriminatorias e confiables.
TR6 - Capacidade para integrar aspectos xurídicos, sociais, ambientais e económicos inherentes á intelixencia artificial, analizando os seus impactos, e comprometéndose coa procura de solucións compatibles cun desenvolvemento sostible.
Resultados de aprendizaxe:
Adicionalmente a asignatura contribuirá a que o alumnado coñeza a normativa sobre IA en Europa e España; comprenda o alcance que a IA pode ter sobre os dereitos da cidadanía; e aprenda a transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Sesións expositivas: consistirán en clases maxistrais impartidas polo profesorado.
O obxectivo das clases presenciais é a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e conceptos básicos que presiden a materia, de forma que o estudantado dispoña das ferramentas imprescindibles que lle permitan profundar no seu estudo de forma autónoma. Co manexo dos textos legais e a xurisprudencia máis relevante, analizaranse en clase os detalles relevantes de cada tema, nun intento de promover o coñecemento das categorías cunha visión práctica das mesmas. Destacarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e expoñeranse os argumentos que sustentan as diversas teses defendibles ante os tribunais.
Pola súa banda, nas sesións interactivas realizaranse prácticas acordes co explicado nas sesións expositivas. Teñen por obxecto o desenvolvemento por parte do estudantado, co asesoramento e orientación do profesorado, de diferentes tipos de actividades individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos a través da súa aplicación a casos da realidade práctica. Ademais, permiten alcanzar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da aula Virtual e serán realizadas en horario de clase.
O Campus Virtual servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ao estudantado a consulta das principais normas e resolucións analizadas no transcurso das explicacións teóricas como para poñer ao dispor, con suficiente antelación, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Pode ser utilizado como plataforma de entrega por parte do estudante para as actividades propostas.
O sistema de avaliación consistirá (nas dúas oportunidades de convocatoria):
1. Realización de traballos, exercicios e prácticas solicitados polo docente durante as clases, e participación activa na aula: supoñerá un 50% da nota.
- Os traballos e exercicios realizaranse nas clases interactivas, de forma individual ou en grupo, e entregaranse preferiblemente durante as propias sesións (40% da nota).
- Terase en conta a participación activa na aula. De acordo co artigo 1.2.a) do Regulamento de asistencia a clase, a asistencia valorarase como un factor máis da avaliación continua. Neste senso, valoraranse positivamente as respostas correctas que dea o alumnado a preguntas que formulen os profesores en clase (10% da nota).
2. Superación dunha proba final: supoñerá o 50% da nota. O exame final consistirá nunha proba escrita na que se avalíen os coñecementos adquiridos durante as sesións expositivas e interactivas.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías para a realización das tarefas ou probas: nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes do Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os realice en ningún caso será de "non presentado".
Réxime para o estudantado con exención de docencia: serán avaliados a través do exame final (100% da nota)
Clases maxistrais (teóricas, exercicios ou problemas): 10 horas (presenciais)
Sesións prácticas en aula de informática e/o laboratorio: 15 horas (presenciais)
Tutorización individual do estudantado: 1 hora (presencial)
Traballo persoal do estudantado (estudo, realización de exercicios, prácticas, proxectos) e outras actividades (avaliación non presencial): 49 horas (non presenciais)
- A asistencia a clase.
- Os estudantes deben utilizar os materiais da disciplina desde o comezo do curso; é preciso que conten cos textos legais.
- A asistencia ás clases presenciais imponse como o método máis adecuado para o seguimento da materia, pois é necesaria para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- O estudantado debe estar atento á Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o profesorado considere útiles, ademais de que pode ser vehículo de comunicación co profesorado.
- Baixo ningún concepto débese memorizar contido ningún se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable, xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
- O estudantado debe realizar traballos en equipo de apoio mutuo e aprendizaxe de habilidades propias do grupo, pois tamén é unha actividade avaliable.
- No caso de dúbidas, concertar unha titoría co profesorado da materia (presencialmente ou vía Teams).
1. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse a través da aula virtual.
2. As comunicacións deberán practicarse desde as contas de correo institucionais da USC.
3. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos/as docentes, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.
4. As linguas que se utilizarán para a impartición da materia serán o castelán e o galego.
Jose Julio Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814723
- Correo electrónico
- josejul.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Julia Ammerman Yebra
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Anxo Varela Hernandez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- anxovarela.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.01 |
22.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
22.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
22.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
18.12.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
18.12.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
18.12.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |