Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia Novos formatos e produtos para a rede sitúa o estudantado no escenario contemporáneo da comunicación dixital, tendo en conta a evolución dos medios e das tecnoloxías, así como o proceso de converxencia, as transformacións nos medios xornalísticos e os efectos da participación do usuario. Estúdanse e analízanse os novos formatos audiovisuais e multimedia xurdidos como consecuencia da evolución dos medios, xunto aos novos produtos para a rede derivados.
O obxectivo prioritario da materia é que o estudante adquira coñecementos arredor dos novos formatos e produtos para a rede e que entenda o papel e as características da construción das pezas informativas para os cibermedios.
O estudante analizará as características dos cibermedios, do contexto e da súa produción. Novos formatos e produtos para a rede debe capacitar ao estudante para entender os ámbitos de experimentación e produción de pezas innovadoras para a rede, e debe introducilo na elaboración desas pezas. Os obxectivos, polo tanto, inclúen:
a) Entender as características dos novos formatos e produtos para a rede.
b) Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c) Elaborar pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactiva.
d) Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Orixe e evolución da rede
1.1. Nacemento da rede como soporte de comunicación
1.2. Inicios da produción cultural dixital: fitos e pioneiros
1.3. Evolución da rede
1.4. Ciberxornalismo: definición, orixe e evolución
1.5. Características dos produtos para a rede
1.6. Xéneros, formatos e produtos
TEMA 2. Multiplicación de canles no escenario dixital
2.1. Evolución das tecnoloxías para a comunicación
2.2. Emerxencia e consolidación de plataformas dixitais e móbiles
2.3. Evolución das narrativas xornalísticas
2.4. Perfil do usuario dixital
TEMA 3. Da converxencia á innovación nos cibermedios
3.1. Converxencia no campo xornalístico
3.2. Cibermedios: modelos, características e perfís profesionais
3.3. Xornalismo emerxentes
3.4. Laboratorios de innovación
TEMA 4. Comunicación transmedia e participación no xornalismo
4.1. Participación: definicións e perspectivas
4.2. Mecánicas participativas e contido xerado polo usuario
4.3. Narrativas e proxectos transmedia
4.3. Valor do territorio e da comunidade
4.5. Xornalismo cidadán: cuestión de debate
TEMA 5. Formatos, tecnoloxías e produtos no xornalismo dixital
5.1. Multiplicidade e complexidade no escenario actual
5.2. Reportaxe multimedia
5.3. Visualización e infografía
5.4. Narrativas interactivas e personalizadas
5.5. Narrativas inmersivas
5.6. Gamificación
5.7. Redes sociais e microformatos
5.8. Dispositivos móbiles e medios locativos
5.9. Automatización e big data
5.10. Audio e podcast
5.11. Verificación da información
5.12. Tendencias e desafíos xornalísticos para os novos formatos e produtos
CONTIDOS PRÁCTICOS
Produción e desenvolvemento de contidos multimedia
Análise e estratexia en redes sociais
Deseño de proxectos de narrativa interactiva e transmedia
Experimentación con formatos inmersivos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Canavilhas, J. (2014). Webjornalismo: 7 características que marcam a diferença. Livros LabCom.
Costa-Sánchez, C. & López-García, X. (2019). Comunicación móvil. Editorial UOC.
Domínguez, E. (2013). Periodismo inmersivo: la influencia de la realidad virtual y del videojuego en los contenidos informativos. Editorial UOC.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Routledge.
Miller, C. H. (2014). Digital storytelling : a creator’s guide to interactive entertainment. Burlington: Focal Press.
Salaverría, R. (2019). Digital journalism: 25 years of research. Review article. Profesional de la Información, 28(1). https://doi.org/10.3145/epi.2019.ene.01
Scolari, C. (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Deusto.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aston, J., Gaudenzi, S. & Rose, M. (2017). i-Docs: The evolving practices of interactive documentary. Londres, Nueva York: Columbia University Press.
Dunford, M. & Jenkins, T. (2017). Digital Storytelling: Form and Content. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
Gifreu, A. (2013). El documental interactivo: evolución, caracterización y perspectivas de desarrollo. Editorial UOC.
Morville, P., Rosenfeld, L. & Arango, J. (2015). Information Architecture for the Web and Beyond. O’Reilly Media Inc.
Salaverría, R. & Martínez-Costa, M. P. (2021). Medios nativos digitales en España: caracterización y tendencias. Comunicación Social.
Toural-Bran, C. & López-García, X. (2019). Ecosistema de cibermedios en España. Tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Comunicación Social.
Uskali, T., Gynnild, A., Jones, S. & Sirkkunen, E. (2020). Immersive Journalism as Storytelling: Ethics, Production, and Design. Routledge.
Witchsge, T., Anderson, C. W., Domingo, D. & Hermida, A. (2016). The SAGE Handbook of Digital Journalism. Sage.
Publicacións complementarias en aberto no campus virtual.
Informes do sector: Digital News Report, Digital In, The State of Technology in Global Newsrooms, Trend Report for Journalism, Media & Technology, etc.
A materia debe contribuír a que o estudante teña coñecementos e habilidades para a análise, o deseño e a construción de pezas con diferentes formatos para os cibermedios e os múltiples dispositivos, así como debe favorecer actitudes que faciliten o seu desenvolvemento persoal e profesional.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
A avaliación realizarase a través dunha proba final de contidos teóricos e aplicados (50%), xunto á entrega das prácticas avaliadas no último curso impartido (50%) na data oficial de exame.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o estudante ten aprobada unha parte da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O estudante terá que dedicar 150 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas e de avaliación, dispoñendo tamén de atención personalizada en titorías.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualiza no campus virtual da USC.
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
02.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 8 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |