Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é que o alumnado adquira as competencias básicas para xestionar a información e a comunicación nos novos formatos e nos novos soportes, así como para manterse ao tanto da evolución dos novos produtos que puideran influír na maneira de narrar ou de transmitir a información. A materia oriéntase a promover unha continua actualización para incorporar ás rutinas produtivas os cambios derivados dun escenario comunicativo en transformación constante.
Os obxectivos resúmense a continuación:
1. Estudo dos novos formatos e novos soportes para a comunicación.
2. Estudo e análise dos novos cenários de interrelación comunicativa: produtos móbeis, tendencias na evolución de aplicacións e produtos en liña para a información e a comunicación.
3.Aplicación de ferramentas e técnicas xornalísticas multimedia.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Novos formatos e novos soportes para a comunicación
1.1 Novos formatos e novos soportes. Definición e características
TEMA 2. Novos escenarios de interrelación comunicativa
2.1 A interactividade e a súa evolución nos contextos dixitais
TEMA 3. Produtos emerxentes
3.1 O xornalismo móbil. Definición e características
3.2 Exemplos de produtos emerxentes no eido do xornalismo móbil
TEMA 4. Tendencias na evolución de aplicacións online para a información e a comunicación
4.1 Análise de tendencias na produción informativa e na comunicación interactiva en redes sociais
TEMA 5. Tendencias na evolución de produtos online para a información e a comunicación
5.1 Análise de tendencias de produtos dixitais dos medios de referencia internacional
CONTIDOS PRÁCTICOS
Ao longo desta materia desenvolveranse os seguintes exercicios prácticos:
Práctica 1 (grupal). Creación dun medio dixital para a elaboración de información de produción propia, o seguemento de últimas horas, o traballo en redes sociais e a ideación de solucións innovadoras a través dun laboratorio. Búscase aplicar os coñecementos sobre xestión da información en redes sociais, o xornalismo móbil e a innovación en novos formatos e soportes.
Práctica 2 (grupal). Creación dun especial multimedia (empregarase a ferramenta Shorthand ou Adobe Spark).
Prácticas 3 e 4 (individual ou grupal). Uso de ferramentas multimedia e adaptación de contidos para redes sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Adornato, A. (2018). Mobile and social media journalism : a practical guide. Thousand Oaks, California : CQ Press, SAGE Publications, Inc.
Burum, I. (2016). MOJO : the mobile journalism handbook : how to make broadcast videos with an iPhone or iPad. Burlington, MA : Focal Press.
Aguado, J. M. (2004). E-comunicación: dimensiones sociales y profesionales de la comunicación en los nuevos entornos tecnológicos. Sevilla: Comunicación Social.
Happer, C., & Philo, G. (2016). New approaches to understanding the role of the news media in the formation of public attitudes and behaviours on climate change. European Journal of Communication, 31(2), 136-151. http://doi.org/10.1177/0267323115612213
Nieminen, H. (2016). Digital divide and beyond: What do we know of Information and Communications Technologys long-term social effects? Some uncomfortable questions. European Journal of Communication, 31(1), 19-32. http://doi.org/10.1177/0267323115614198
Peña-Fernández, S., Lazkano-Arrillaga, I., & García-González, D. (2016). European Newspapers’ Digital Transition: New Products and New Audiences. Comunicar, 24(46), 27-36. http://doi.org/10.3916/C46-2016-03
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguado, J. M., Feijóo, C., & Martínez, I. J. (Eds.). (2013). La comunicación movil: hacia un nuevo ecosistema digital. Barcelona: Gedisa.
Casero-Ripollés, A. (2012). Beyond Newspapers: News Consumption among Young People in the Digital Era. Comunicar, 23(45), 151-158. http://doi.org/10.3916/C39-2012-03-05
Díaz-Noci, J. (2009). Multimedia and Reading Ways: a State of the Art. Comunicar, 17(33), 213-219. http://doi.org/10.3916/c33-2009-03-013
Foust, J. C. (2009). Online journalism: principles and practices of news for the Web (2nd ed). Scottsdale, Ariz: Holcomb Hathaway.
Karlsen, R. (2015). Followers are opinion leaders: The role of people in the flow of political communication on and beyond social networking sites. European Journal of Communication, 30(3), 301-318. http://doi.org/10.1177/0267323115577305
Koenitz, H., Ferri, G., Haahr, M., Sezen, D., & Sezen, T. I. (Eds.). (2015). Interactive digital narrative: history, theory and practice. New York: Routledge, Taylor & Francis Group.
Rosenfeld, L., & Morville, P. (2006). Information Architecture for the World Wide Web (3a ed). Cambridge [etc.]: O’Reilly.
Salaverría, R., & Negredo, S. (2008). Periodismo integrado: convergencia de medios y reorganización de redacción. Barcelona: Sol 90 Media.
Singer, J. B. ( (Ed.). (2011). Participatory journalism: guarding open gates at online newspapers. West Sussex: Wiley-Blackwell.
CON.2 - Coñecer os principios e as técnicas de análise e elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e á comunicación.
HAB.1 - Utilizar técnicas e ferramentas específicas para o traballo no xornalismo e comunicación multimedia.
HAB.3 - Aplicar as innovacións tecnolóxicas no xornalismo multimedia.
COM.1 - Seleccionar, jerarquizar e aplicar os coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no ámbito profesional para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.2 - Deseñar e implementar estratexias creativas no xornalismo e comunicación multimedia.
COM.4 - Xestionar e liderar proxectos colaborativos con iniciativa e carácter emprendedor no ámbito profesional do xornalismo e da comunicación multimedia.
A materia baséase nunha distribución equilibrada de horas expositivas e interactivas. Realizaranse revisións de supostos prácticos, aplicacións prácticas das achegas teóricas e actividades relacionadas coa lectura dos documentos propostos polo/a docente.
Na parte expositiva, a metodoloxía a seguir será unha combinación entre a clase maxistral e a participación do alumnado. En canto ás sesións interactivas, a metodoloxía basearase no formato dos grupos de discusión e na organización de equipos de traballo para prácticas individuais e grupais. Todas estas propostas complementaranse co apoio titorial individual e grupal.
A metodoloxía docente inclúe o uso do Campus Virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado.
En resumo, contémplanse as seguintes metodoloxías de ensino:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou cuestión.
- Seminario: sesión interactiva e grupal de traballo guiado pola docente, especialmente centrada na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como no deseño de estratexias e proxectos.
- Prácticas en aula de informática: sesión interactiva e grupal nun entorno equipado con ordenadores.
A materia contempla diferentes porcentaxes de avaliación en función de cada método empregado:
- Actividades de avaliación continua: 25%
- Prácticas experimentais: 75%
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final (25%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Docencia teórica: 18 horas
Docencia interactiva laboratorio: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 6 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 99 horas
Participación activa nas sesións presenciais, coñecemento dos conceptos teóricos explicados e fundamentados na bibliografía e realización das probas de avaliación propostas.
Alba Silva Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
13.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
13.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |