Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económica descriptiva
así como a súa aplicación ao análise dos fenómenos económicos.
· Realizar análises estatísticos básicos utilizando ferramentas informáticas
· Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas ao análise de cada
fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
· Iniciarse na análise dos datos empíricos da realidade económica (obtención dos datos,
análise estatístico, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) na presentación formal
do traballo realizado.
· Coñecer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
· Desenvolver as capacidades de entendemento, razonamento, crítica e expresión oral e escrita,
a través da utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
TEMA 1.- INTRODUCIÓN A
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica
1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas
TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases
2.2.- Distribucións de frecuencias
2.3.- Representacións gráficas
2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable
2.4.1.- Medidas de posición
2.4.2.- Medidas de dispersión
2.4.3.- Medidas de forma
2.5.- Medidas de concentración
2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais
2.7.- Aplicacións económicas
TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais
3.4.- Dependencia e independencia estatística
3.5.- Aplicacións económicas
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación
4.2.- Regresión linear simple
4.3.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións. Elasticidade
4.4.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple
4.5.- Axustes non lineares.
4.6.- Aplicacións económicas
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Definición e clasificación dos números índices
5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión
5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base
5.5.- Deflactación de series económicas
5.6.- Aplicacións económicas.
TEMA 6.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
6.1.- Índices de Prezos ao Consumo
6.2.- Índice de Prezos Industriais
6.3.- Índice de Produción Industrial
6.4.- Enquisa de Poboación Activa
6.5.- Enquisa de Presupostos Familiares
6.6.- Outros indicadores económicos
TEMA 7.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS
7.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación
7.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización
7.3.- Aplicacións económicas
Bibliografía básica
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial. Teoría y práctica. Thomson, Madrid.
Bibliografía complementaria
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
RUIZ MUÑOZ, D.: Manual de Estadística. Editado por eumed.net 2004. ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
TOMEO, V., UÑA, I. (2009). Estadística descriptiva. Garceta, Madrid.
https://cv.usc.es (Campus Virtual) Pode conter material de apoio segundo as indicacións de clase.
· Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así
como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do seus coñecementos sobre a
realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
· Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
ámbito económico-empresarial, incorporando na elaboración de xuicios e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
· Elementos básicos de estatística descriptiva.
· Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.
Dada a ubicación da materia no primer curso da titulación, prestase especial atención as actividades presenciais. As sesións de aula dedicadas as clases expositivas teñen como obxeto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
Nas clases interactivas pretendese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas ao análise da realidade económica, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo.
Cas titorías os alumnos e alumnas terán asesoramento continuo das profesoras para o desenvolvemento das actividades propostas e reolverán calquera dúbida relacionada coa materia.
As actividades programadas para ser realizadas autónomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados.
A materia ten curso no Campus Virtual onde se poderá colocar información complementaria e material.
Idiomas de impartición: Castelán e galego
A avaliación da materia será do modo seguinte:
- O 70% é avaliación mediante exame final escrito.
- O 30% restante é avaliación continua en base as actividades feitas na aula no tempo de clase (controis: de participación, respostas a preguntas e cuestións de teoría e de práctica, ...), que requiren a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas. As indicacións sobre tipo e número de probas daránse nas clases e/ou na aula virtual da materia.
As alumnas ou alumnos que non participen en ningunha das actividades da avaliación continua poderán optar ao 100% da nota na realización do exame final.
Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 10.
A 2ª etapa de avaliación, a extraordinaria de xullo, faráse como en xaneiro ou, se renuncian a avaliación continua poden ir ao exame sobre 10.
Segundo a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non presentado.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral) poderá obter o 100% da nota no exame oficial. O alumnado repetidor non terá diferencia con o restante.
Para presentarse aos exames hai que traer un documento identificativo de carácter oficial: DNI, Tarxeta Universitaria, pasaporte, etc.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O exame final ten lugar na data e hora que fixa a Facultade.
As actividades de avaliación continua faranse no transcurrir das clases e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poderan dar nelas.
Outros matices sobre estes criterios básicos poden darse nas clases e/ou no curso do campus virtual.
A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS, e como cada crédito estímase en 25 horas de traballo para o alumno, a carga total é de 150 horas repartidas entre horas de clase, tempo de traballo personal, horas de titorías e horas de avaliación.
As horas de clase repártense entre horas de expositiva (en grupos máis grandes), horas de interactiva (grupos máis pequenos) segundo o horario da Facultade.
O tempo de traballo personal é o que en media o alumno ten que dedicar de xeito autónomo para conquerir o aprendizaxe: preparación de clases, estudio, resolución de exercicios. O alumno pode acudir a profesora para resolver dudas, buscar orientación nas activdades da materia, etc. no tempo das titorías.
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que ista é na que se expresa a Estatística. Neste senso o alumno/a ten que facer un esforzo ao comenzo do curso habituándose ao emprego dunha linguaxe precisa.
O alumno/a debe adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos en outras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.
Recomendamos estudar antes e despois de cada sesión de clase: para poder seguir as clases, para non acumular dúbidas. Igualmente facer os exercicios e tarefas que se vaian propoñendo.
Igualmente sinalamos como modo de avaliación máis axeitado a avaliación continua e solo a única para casos puntuais. A avaliación continua é un método de obter puntuación para aprobar a materia pero tamen de aprendizaxe, como contraposto a estudo de toda a materia para un exame único.
Maria Mercedes Tato Rodriguez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811528
- Correo electrónico
- mercedes.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pilar Gonzalez Murias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811527
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez.murias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marina Lois Mosquera
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811521
- Correo electrónico
- marina.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 29 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula B |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula C |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula C |