Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clínicos EEES: 35 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Co estudo da Propedéutica Clínica o alumno coñecerá as técnicas exploratorias nas diferentes especies animais e iniciarase na interpretación dos resultados das mesmas. A través do contacto co animal, e servíndose de diferentes métodos de exploración e técnicas de recollida de mostras, o alumno interpretará os signos de enfermidade e os agrupará en síndromes, para así poder realizar un diagnóstico certeiro da enfermidade que padece o animal.
Sesións expositivas (22 horas): A materia estrutúrase nos seguintes bloques temáticos:
1. Manexo e exploración xeral do animal: Métodos de exploración (1 hora). Comportamento, plan xeral de exploración e historia clínica (1 hora). Termometría clínica e exploración do sistema linfático (1 hora). Exploración da capa, pel e mucosas (1 hora).
2. Exploración da cabeza: Semioloxía e semiotecnia da exploración da cabeza (orellas, nariz, ollos, boca, glándulas salivares, seos paranasais) e métodos complementarios de explotación: recolleita de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas).
Exploración do pescozo. Semioloxía e semiotecnia da exploración do pescozo: exploración da farinxe, larinxe, traquea, bolsas guturais, glándulas tiroides, esófago, venas xugulares e táboas de pescozo (1 hora).
3. Exploración do aparello respiratorio: Semioloxía e semiotecnia do aparello respiratorio e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas).
4. Exploración do aparello cardiovascular: Semioloxía e semiotecnia do aparello cardiovascular e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas).
5. Exploración do aparello dixestivo: Semioloxía e semiotecnia do aparello dixestivo e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (4 horas).
6. Exploración do aparello xenitourinario: Semioloxía e semiotecnia do aparello urinario, xenital e mamario e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (3 horas).
7. Exploración do aparello locomotor e nervioso: Semioloxía e semiotecnia do aparello locomotor e sistema nervioso (ósos, músculos, articulacións, SNC e Neurona Motora): métodos complementarios; recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas).
8. Biopatoloxía clínica: Estudo da hematoloxía e o urianálisis en veterinaria. (2 horas).
Prácticas Clínicas (37 h). Os contidos prácticos estrutúranse en 12 sesións: vacas (18 horas), cabalos (6 horas) e cans (13 horas), abordando os seguintes contidos:
PROPE C1. Manexo e exploración xeral e da cabeza e pescozo en bovinos
PROPE C2. Exploración do aparello cardiorrespiratorio en bovinos
PROPE C3. Manexo e exploración xeral e da cabeza e do tórax en cabalo
PROPE C4. Exploración do aparello dixestivo en bovinos
PROPE C5. Exploración do aparello xenitourinario, mamario e locomotor en bovinos
PROPE C6. Exploración do aparello dixestivo, mamario e locomotor en cabalo
PROPE C7. Manexo e exploración xeral de pequenos animais
PROPE C8. Exploración da cabeza e pescozo en pequenos animais
PROPE C9. Exploración do aparello cardiorrespiratorio en pequenos animais
PROPE C10.Exploración do aparello locomotor e nervioso en pequenos animais
PROPE C11. Exploración do aparello dixestivo e xenitourinario en pequenos animais
PROPE C12.-Exploración na granxa do gando vacún
Titorías: PROPE T1 (1 hora): Introdución ao método de estudo da Propedéutica Clínica.
Bibliografía básica.
Birchard, S.J., Sherding, R.G. (2002) Manual clínico de procedimientos en pequeños animales. Mcgraw.Hill-Interamericana, Madrid.
Cebrián, LM.; Pastor, J.; Ramos, JJ., Ferrer, LM. (2005). La exploración clínica del ganado vacuno. Editorial Servet, Zaragoza.
Fernández Casanovas, A.; Conde, T, y Fondevila, J. (2011). La exploración clínica del caballo. Ed. Servet, Zaragoza.
García Partida, P., Prieto Montaña, F., Gutiérrez Panizo, C., Mayer Valor, R. (1999). Exploración clínica veterinaria. Ed. Universidad de León, León.
Jaksch, W., Glawischnig, E. (1978) Propedéutica clínica de las enfermedades internas de la piel de los animales domésticos. Acribia, Zaragoza.
McCurnin, D.M., Bassert, J.M. (2001) Clinical textbook for veterinary technicians. 5th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
McCurnin, D.M., Poffenbarger, E.M. (1991) Small animal physical diagnosis and clinical procedures. WB Saunders Co., Philadelphia.
Pastor Meseguer, J. (2006). Manual de Propedéutica y Biopatología Clínicas Veterinarias. 3ª ed. Mira Editores, Zaragoza.
Rijnberk, A., Vries, H.W. (1997) Anamnesis y exploración corporal de pequeños animales. Acribia, Zaragoza.
Rosenberger, G. (1994) Exploración clínica de los bovinos. 3ª ed. Hemisferio Sur, B. Aires.
Smith, BP (2009) Large animal internal medicine. 4th ed. Mosby, St. Louis.
Speirs, V.C., Wrigley, R.H., Mueller, G.E. (1997) Clinical examination of horses. WB Saunders Co., Philadelphia.
Bibliografía complementaria.
Burk, R., Ackerman, N. (1996) Small animal radiology and ultrasonography: A diagnostic atlas and text. 2nd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Goddard, P.J. (2000) Ecografía veterinaria. Acribia, Zaragoza.
Gómez Piquer, J., y col (1992) Manual Práctico de Análisis Clínicos en Veterinaria. Mira, Zaragoza.
Kaneko, J.J., Harvey J, Bruss, M. (2008) Clinical biochemistry of domestic animals.6th ed. Academic Press, San Diego.
Kittleson, M.D., Kienle, R.D. (2000) Medicina cardiovascular de pequeños animales. Multimédica, Barcelona.
Liste, F (2010) Atlas veterinario de diagnóstico por imagen. Ed. Servet. Zaragoza.
Locke, P.H., Harvey, R.G., Mason, I.S. (2001) Manual de dermatología en pequeños animales. Colección BSAVA. Ediciones S, Barcelona.
Martin, M. (2001) ECG en Pequeños Animales. Una guía introductoria Ed. Inter-Médica, Buenos Aires
Radostits, O.M., y col. (2002) Examen y diagnóstico clínico en veterinaria. Harcourt. Madrid.
Reagan, W.J., Sanders, T.G., De Nicola, D.B. (1999) Hematología Veterinaria. Ed., Barcelona.
Salvat (1992) Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. 13ª ed. Salvat, Barcelona.
Sodikoff, CH. (2002) Pruebas diagnósticas y de laboratorio en pequeños animales. Una guía para el diagnóstico de laboratorio. 3ª ed. Harcourt, Madrid.
Tams, T.R. (1999) Small animal endoscopy. 2nd ed. Mosby, St. Louis.
Thrall, D.E. (1998) Textbook of veterinary diagnostic radiology. 3rd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Tilley, L. P. (1992) Essentials of canine and feline electrocardiography. 3rd ed. Lea & Febiger, Philadelphia.
Ynaraja, E. y Montoya, J.A. (2012) Manuel de electrocardiográfica clínica canina. 2ª edición Ed. Grupo Asís Biomedia, S.L. Zaragoza
ENLACES URL DE INTERÉS
http://www.ivis.org
http://argos.portalveterinaria.com/
http://albeitar.portalveterinaria.com/
http://www.rvc.ac.uk/Review/ocular_reflexes/
http://www.rinderskript.de
http://en.wikivet.net/Veterinary_Education_Online
http://www.usc.es/es/servizos/pfid/gruinodoc/propevet/index.html
http://www.consultavet.org/
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias disciplinares:
CEDVUSC01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
CEDVUSC02. Estrutura e funcións dos animais sans.
CEDVUSC03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC16. Coñecer las técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias profesionais:
D1VUSC01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondinte informe.
D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17: Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas:
CEAVUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral y escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
CTVUSC05. Habilidade o manexo das TICs.
CTVUSC06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza
Sesións expositivas: Na primeira parte de cada sesión teórica (correspondente a cada bloque temático) presentarase a estrutura didáctica a seguir en cada bloque temático, analizando os contidos a desenvolver de forma práctica nas distintas especies domésticas (grandes e pequenos animais). Na segunda parte de cada sesión abordarase o estudo das técnicas complementarias que non se van a tratar de forma práctica co animal, mediante o emprego de material audiovisual. Durante cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final da avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Prácticas clínicas: Antes do comezo de cada práctica, o alumno dispoñerá dunha guía e vídeos con todos los contidos necesarios para iniciarse á exploración clínica dos distintos sistemas orgánicos en grandes e pequenos animais. O alumno deberá traballar de forma autónoma en ditos materiais con antelación á práctica, de forma que cada sesión práctica se centrará fundamentalmente na aprendizaxe da realización sobre o animal dos distintos procesos ou mecanismos exploratorios. Durante cada sesión clínica o alumno terá que demostrar o grado de aproveitamento da mesma mediante a realización práctica dos procedementos aprendidos, así como a estratexia ou protocolo de exploración a seguir en base a distintos supostos prácticos. Ao final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. As prácticas PROPE C1 - PROPE C11 realizaranse nas instalacións do Cebiovet, a práctica PROPE C12 na granxa Gaioso Castro. Non procede a dispensa á clase.
Titoría: Na titoría farase unha presentación da materia, dos obxectivos e metodoloxía de traballo, dos mecanismos de avaliación e bibliografía.
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán as guías teóricas e prácticas para cada bloque temático, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademais, crearanse foros para la resolución de dúbidas e suxestións.
A avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (40% da cualificación) e un exame final (60% da cualificación final).
Na avaliación continua o alumno terá que demostrar as habilidades adquiridas na exploración física dos animais. Para iso en cada guía de prácticas facilitarase unha listaxe das habilidades que o estudante debe adquirir na práctica. Segundo as características de cada práctica, ó final de cada unha ou na práctica seguinte, o estudante será avaliado mediante un Exame Clínico Obxectivamente Estruturado. Os resultados de cada unha desta proba daranse nunha escala de tipo Likert de 5 puntos; 0 = Mal; 1 = Regular; 2 =Ben; 3 = Moi Ben; 4= Excelente. Os resultados reflectiranse nunha ficha de prácticas que o alumno deberá custodiar durante todo o semestre e presentala en cada práctica para ser asinada polo profesor. Unha vez realizadas todas as sesións prácticas os estudantes deberán entregar ao profesorado a ficha clínica e computaranse os resultados obtidos ao longo do semestre e calcularase a nota global da avaliación continua e informarase da mesma. A aqueles estudantes que tiveran superado a avaliación continua gardaráselle a cualificación obtida no curso académico seguinte.
A proba de exame final consistirá en 60 preguntas tipo test, de resposta curta (definición de conceptos, completar frases ou relacionar conceptos) ou con imaxes/vídeos/sons onde se avaliarán os coñecementos teóricos adquiridos tanto nas sesións teóricas (na aula) como nas sesións prácticas (sala de exploración/corte/laboratorio). No caso de poñer preguntas de desenvolvemento, cada unha delas equivalería a 10 preguntas tipo test ou de resposta curta. O alumno superará a disciplina se a suma das cualificacións obtidas da avaliación continua e no exame escrito é superior a 5 sempre que na proba escrita obteña unha puntuación de polo menos o 50%.
Durante cada actividade poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua.
Non procede a dispensa a clase en ningunha actividade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de cualificación sobre o plaxio nas probas.
O calendario de exames aprobado polo pleno da Xunta da Facultade de Veterinaria poderase consultar (data, hora e lugar) na páxina web da Facultade. Na convocatoria de xullo, dispoñible na páxina web da Facultade, só será posible presentarse ao exame final escrito, manténdose a nota da avaliación continua obtida.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60h)
Sesións expositivas: 22h
Prácticas clínicas: 37h
Titorías: 1h
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE (90h)
Estudo individual: 35h
Elaboración das memorias de prácticas: 40h
Revisión bibliográfica: 4h
Resolución de casos/problemas: 6h
Realización de exames: 5h
TOTAL: 150h
Coñecementos básicos de disciplinas como Anatomía, Etnoloxía e Fisioloxía e outras disciplinas de primeiro ciclo, que axudarán ao alumno a acelerar a aprendizaxe e comprensión de esta materia. Recoméndase un coñecemento básico de inglés, posto que gran parte da bibliografía está nesta lingua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cristina Castillo Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- cristina.castillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Marta López Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- marta.lopez.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Joaquin Ricardo Hernandez Bermudez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joaquin.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Benedito Castellote
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseluis.benedito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Victor Pereira Lestayo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- victor.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rodrigo Muiño Otero
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Teléfono
- 982822643
- Correo electrónico
- rodrigo.muino.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Angel Hernandez Malagon
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseangel.malagon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán, Galego | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán, Galego | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:30-12:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:30-12:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán, Galego | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas 1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES04 | Castelán, Galego | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES03 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:30-12:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:30-12:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
Venres | |||
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES06 | Castelán, Galego | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:00-12:30 | Grupo /CLI_EEES05 | Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
09:30-12:00 | Grupo CLI-EEES_15 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina_Propedéutica Vacas |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |