Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
INTRODUCION
A materia de Psicometría está ubicada no primeiro cuadrimestre de 2º do Grao. Xunto coas materias Análise de Datos en Psicoloxía, Deseños de Investigación en Psicoloxía (1º do Grao) e Análise Multivariante (2º do Grao, 2º cuadrimestre) forma parte da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento. Ditas materias completan a formación metodolóxica ofertada os estudantes de Grao en Psicoloxía na USC.
OBXETIVOS
Aínda que a Psicometría se ocupa, en xeral, de todo o relacionado coa medición en Psicoloxía, nesta materia centrarémonos no que se denomina Teoría dos Tests. Abordárase a lóxica dos modelos matemáticos máis relevantes subxacentes a construción e uso dos tests: a Teoría Clásica dos Test (TCT), que se desenvolverá en profundidade, e unha introdución a Teoría de Resposta aos Items (TRI).
O obxectivo que se pretende é que os estudantes coñezan o proceso que se ha de seguir para a construción dun test, coñezan os métodos e técnicas implicadas en dito proceso e, ademais, adquiran as destrezas necesarias para poder entender e valorar a información psicométrica relativa aos tests que xa están comercializados e facer un uso axeitado dos mesmos.
PROGRAMA CLASES EXPOSITIVAS
I. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Delimitación do campo da Psicometría: A medición en Psicoloxía. Definición de Psicometría. Orixes e desenvolvemento da Psicometría. Teorías dos tests.
Tema 2.- Os tests: Definición, historia e clasificación: Definición dos tests. Clasificación dos tests. Etapas na construción dun test.
II. DESEÑO E ANÁLISE DE ITEMS
Tema 3.- Deseño e elaboración de ítems: Introdución. Construción de ítems. Formatos de resposta. Cuantificación das respostas.
Tema 4.- Análise de ítems: Índice de dificultade. Índice de discriminación. Índice de homogeneidad. Índice de fiabilidade. Índice de validez. Análise de ítems en relación co test. Análise de distractores.
III. MODELO CLÁSICO E FIABILIDADE
Tema 5.- Marco teórico, TCT e TRI: Teoría Clásica dos Tests. Teoría de Resposta ao Ítem.
Tema 6.- Indicadores de fiabilidade dun test: Concepto de fiabilidade. Fiabilidade como precisión. O coeficiente de fiabilidade. Procedementos de estimación da fiabilidade. O alfa de Cronbach. Erro típico de medida e índice de fiabilidade. Estimación da fiabilidade da precisión.
Tema 7.- Factores que afectan á fiabilidade dun test: Lonxitude do test. Variabilidade do test.
IV. VALIDEZ
Tema 8.- Concepto e evidencias de validez. Introdución. Concepto de validez. Evidencias de validez: evidencias baseadas no contido do test, na estrutura interna do test e nas relacións con outras variables.
Tema 9.- Análise factorial exploratorio. Introdución. Visión xeral do AFE. Pasos do AFE: matriz de correlacións, extracción de factores, rotación de factores e puntuacións factoriais.
Tema 10.- O coeficiente de validez. Introdución. Coeficiente de validez e a súa interpretación. Predición do criterio a partir do test: o análise de regresión. Factores que afectan a validez.
V.- BAREMACIÓN E INFORME
Tema 11.- Introdución. Transformacións das puntuacións directas dun test: percentiles, puntuacións típicas Z e puntuacións típicas derivadas.
Tema 12.- Informe das propiedades psicométricas dun test.
PROGRAMA CLASES INTERACTIVAS
1. Recollida e preparación de datos para a análise psicométrica dun test.
2. Análise de ítems.
3. Fiabilidade.
4. Análise Factorial.
5. Validez referida ao criterio e baremación.
6. Informe das propiedades psicométricas dun test.
BÁSICA
Abad, F.J. Olea, J., Ponsoda, V., e García, C. (2011). Medición en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Síntesis.
Colegio Oficial de Psicólogos (COP). Comisión Internacional de Tests (ITC). Directrices internacionales para el uso de los tests. http://www.cop.es/index.php?page=directrices-internacionales
Fernández Muñoz, J.J. e Marquínez Rengifo, J.M. (2019). Introducción a la Psicometría. Madrid: OMMPress.
Martínez Arias, R., Hernández Lloreda, M.J., e Hernández Lloreda (2014). Psicometría. Madrid: Alianza. (Libro-e: Texto completo disponible vía PRELO).
Meneses, J., Barrios, M., Bonillo, A., Cosculluela, A., Lozano, L.M., Turbany, J. e Valero, S. (2013). Psicometría. Barcelona: UOC.
Muñiz, J. (2018). Introducción a la psicometría. Teoría clásica y TRI. Madrid: Pirámide.
Prieto, G. e Delgado, A.R. (2010). Fiabilidad y validez. Papeles del Psicólogo, 31(1), 67-74.
Seoane, G. e Rodríguez, M.S. (2001). Análisis factorial. En C. Arce y E. Real, Introducción al análisis estadístico con SPSS para Windows (pp. 189-204). Barcelona: PPU.
COMPLEMENTARIA
American Psychological Association, American Educational Research Association, & National Council on Measurement in Education (2014). Standards for educational and psychological testing. Washington, DC: American Educational Research Association.
Barbero García, M.I., Holgado Tello, F.P. e Vila Abad, E. (2015). Psicometría. Madrid: Sanz y Torres.
de Ayala, R. J. (2022). The theory and practice of item response theory (2nd ed.). New York: Guilford Press.
Hidalgo Montesinos, M.D., French, B.F., Finch, H. e Immekus, J.C. (2022). Psicometría aplicada usando SPSS y AMOS. Charlotte, NC: Information Age Publishing.
Miller, L.A. e Lovier, R.L. (2016). Foundations of psychological testing. A practical approach (5th ed.). Thousand Oaks, CA: Sage.
Muñiz, J. (1997). Introducción a la teoría de respuesta a los ítems. Madrid: Pirámide.
Muñiz, J. e Fonseca-Pedrero, E. (2019). Diez pasos para la construcción de un test. Psicothema, 31(1), 7-16. doi: 10.7334/psicothema2018.29
Santiesteban Requena, C. (2009). Principios de psicometría. Madrid: Síntesis.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1 • Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE7 • Coñecer e comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
CE9 • Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE11 • Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE14 • Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 • Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia. As competencias específicas da titulación concrétanse nas seguintes competencias especificas da materia:
• Coñecer os diferentes modelos e métodos de construción de instrumentos de medida en Psicoloxía, así como a súa aplicación e as técnicas para a súa valoración psicométrica.
• Coñecer as estratexias fundamentais para o deseño, cuantificación e análise das propiedades métricas dos distintos tipos de ítems; para seleccionar os procedementos máis adecuados para o estudo da fiabilidade e validez; e para optimizar as propiedades psicométricas dos diferentes instrumentos de medida.
• Manexar software básico para analizar as propiedades psicométricas dos tests (SPSS).
• Saber elaborar informes técnicos sobre as propiedades psicométricas dos instrumentos de medida utilizando unha linguaxe precisa.
• Entender e saber interpretar os indicadores psicométricos que achegan os instrumentos de avaliación utilizados nas distintas áreas da Psicoloxía, así como os que poidan recollerse nas distintas publicacións científicas.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: nas que se explicarán os diferentes temas dos que consta o programa (temas 1 a 12), distribuídas ao longo do primeiro cuadrimestre en dúas sesións semanais, cunha duración de 1h 15m.
SESIÓNS INTERACTIVAS: cuxa finalidade será complementar os contidos das clases expositivas mediante aplicacións prácticas. Desenvolveranse nun laboratorio da Facultade con dotación informática no que se traballará co paquete estatístico SPSS. Estas sesións terán unha duración de 2 horas, nas que cada grupo asistirá en semanas alternas.
Para o seguimento das clases expositivas e interactivas os/as estudantes dispoñerán de material de apoio elaborado polos profesoros e outros documentos que serán facilitados, coa debida antelación, no Campus Virtual da materia. Ademáis, poderán consultar a bibliografía básica de acceso libre ou formato electrónico, dispoñible a través dos servicios da biblioteca da Facultade.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: ademais da asistencia ás actividades indicadas nos parágrafos anteriores, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, á realización de exercicios prácticos, e ao estudo dos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. É preciso que o/a estudante domine os contidos teóricos necesarios para o adecuado desenvolvemento e aproveitamento das sesións interactivas.
A ASISTENCIA A CLASES E ACTIVIDADES: considérase fundamental para poder alcanzar os obxectivos da materia. Controlarase a asistencia na totalidade das sesións interactivas. A consideración da asistencia na avaliación do/a estudante indícase no apartado correspondente do programa.
TITORÍAS: os profesores da materia están dispoñibles en titorías (a través dos medios, lugares e horas que se indicarán a comezo de curso) para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
Levaránse a cabo as adaptaciones curriculares necesarias para garantir a igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal das persoas con necesidades educativas especiais, contando para iso co apoio e asesoramento do “Servizo de Participación e Integración Universitaria” ( SEPIU) da Universidade de Santiago de Compostela.
A avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizarase en base a varios elementos, cuxo peso relativo no resultado final exprésase a continuación:
1. Avaliación continua (30%) pola realización de:
• Unha avaliación formativa da primeira metade da materia (temas 1 a 7) que se realizará na metade do primeiro cuadrimestre, cun peso de 1 punto sobre a calificación final.
• Un traballo de grupo que consistirá na elaboración don informe a partir dos datos analizados nas clases prácticas e os contidos teórico/prácticos impartidos, cuxa entrega se contempla para o mes de decembro ao finalizar o cuadrimestre. Este traballo terá un peso de 2 puntos sobre a calificación final e finalizado o prazo de entrega, avaliarase o mesmo e se proporcionará feedback ao estudante, a través del campus virtual.
A planificación dos traballos de avaliación continua estará condicionada ao calendario de clases así como das actividades das outras materias de segundo curso, cuxa coordinación se levará a cabo ao inicio do curso.
Esta puntuación máxima de 3 puntos só aplicarase a aqueles/as estudantes que asistan polo menos as 60% das prácticas impartidas e aproben o exame final (cunha puntuación maior ou igual a 3,5). Ademáis, a puntuación obtida na avaliación continua conservarase durante dous cursos académicos, no caso de que non se supere a materia.
2. Exame final (70%) que constará de preguntas sobre contidos teórico/prácticos recollidos no programa relacionados cos resultados da análise psicométrico dun test (SPSS). Como material de apoio poderase utilizar o formulario e a calculadora. A data do exame correspóndese co calendario oficial publicado na WEB da Facultade e no taboleiro de anuncios do centro.
A realización /entrega de calquera das probas recollidas nos apartados precedentes implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que levará unha cualificación final da materia.
Para aprobar a materia, os/as estudantes deberán de aprobar o exame final e obter unha puntuación total (suma avaliación continua + exame final) igual ou maior que 5.
Aqueles/as estudantes que non participen na avaliación continua, poderán ir ao exame de toda a materia na que se avalían os contidos tanto teóricos como prácticos. Para aprobar terán que obter unha puntuación no exame final de 5 sobre 7 puntos.
Na segunda oportunidade de superación da materia, prevista no mes de xuño/xullo para aqueles/as estudantes que non aprobasen ou non se presentasen ao exame na primeira oportunidade, realizarase un exame final das mesmas características do descrito anteriormente. Ademais, os/ as estudantes que queiran mellorar ou obter a súa puntuación na avaliación continua dispoñerán dun segundo prazo (no mes de xuño) para presentar o traballo planificado para a primeira oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cun exame final que supoñerá o 70% da cualificación, ademais dun traballo autónomo (30%) que se concretará en titorías cos profesores da materia.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Resolución 15 xuño 2011, DOG 21 xullo 2011).
A materia consta de 6 créditos, o que corresponde a un total estimado de 150 horas de traballo do/a estudante, repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades presenciais e/ou virtuais (docencia, avaliación): 50 horas.
Traballo non presencial: 100 h. Este deberá distribuírse en preparación previa para o seguimento das clases, lecturas, resolución de exercicios e estudo de materiais.
Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Lograr os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1er curso do Grao, especialmente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Análise de Datos en Psicoloxía e Deseños de Investigación.
(2) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura dos materiais e estudo dos contidos. Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas ou a orientación no proceso de aprendizaxe.
O horario de titorías durante o período de docencia da materia é:
Martes de 12h a 14,30h
Mércores de 12h a 14,30h
Aconséllase mandar con antelación un correo ao profesor para comunicar a asistencia a titoría.
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813793
- Correo electrónico
- msoledad.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Picon Prado
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813739
- Correo electrónico
- eduardo.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Gomez Salgado
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Correo electrónico
- patricia.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
13.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |