Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Inmunoloxía Veterinaria ten como obxectivo principal proporcionar ao alumno coñecementos sobre os principios básicos e aplicacións técnicas da resposta inmune.
En concreto abórdase o estudo da resistencia inespecífica (innata) e a inmunidade específica (adquirida) do hóspede fronte ás infeccións e o desenvolvemento de células tumorais, das alteracións asociadas ao sistema inmunitario (alerxia, autoinmunidade, inmunosupresión, reaccións transfusionais e rexeitamento de tecidos transplantados), así como as aplicacións da inmunoloxía (vacinas, seroterapia e métodos inmunolóxicos).
A. PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. INTRODUCIÓN AO SISTEMA INMUNITARIO. Inmunidade innata (inespecífica) e adquirida (adaptativa, específica). Breve historia da Inmunoloxía Veterinaria (1 hora)
TEMA 2. ANTÍXENOS. Antixenicidade e inmunoxenicidade. Determinantes antixénicos e reaccións cruzadas. Haptenos. Principais antíxenos microbianos e celulares (1 hora)
TEMA 3. ANTICORPOS. Formas solubles dos receptores dos linfocitos B (BCR). Estrutura e funcións. Clases de inmunoglobulinas. Obtención de antisoros policlonais convencionais (1 hora)
TEMA 4. ANTICORPOS MONOCLONAIS. Concepto, aplicacións e forma de obtención. Inmunotoxinas (0,5 horas)
TEMA 5. DIAGNÓSTICO INMUNOLÓXICO. Técnicas serolóxicas empregadas na detección, cuantificación e caracterización de antíxenos e anticorpos. Reaccións de aglutinación, precipitación, fixación de complemento, neutralización, inmunofluorescencia e enzima-inmunoensaio (EIA ou ELISA) (2 horas)
TEMA 6. ÓRGANOS DO SISTEMA INMUNITARIO. Órganos linfoides primarios (timo, medula ósea, placas de Peyer, bolsa de Fabricio) e secundarios (bazo e ganglios linfáticos) (1 hora)
TEMA 7. CÉLULAS QUE INTERVEÑEN NA RESPOSTA INMUNITARIA. Células presentadoras de antíxenos (macrófagos presentadores e células dendríticas) e tipos de linfocitos B e T (2 horas)
TEMA 8. RECEPTOR ANTIXÉNICO DOS LINFOCITOS T (TCR). Estrutura e funcións (0,5 horas)
TEMA 9. XERACIÓN DE DIVERSIDADE. Variabilidade das inmunoglobulinas e do receptor antixénico das células T. Bases xenéticas (1 hora)
TEMA 10. COMPLEXO MAIOR DE HISTOCOMPATIBILIDADE (CMH). Estrutura e funcións das moléculas MHC da clase I, II e III (1 hora)
TEMA 11. COLABORACIÓN CELULAR NA RESPOSTA INMUNE HUMORAL. Interaccións entre linfocitos B e T colaboradores. Células plasmáticas produtoras de anticorpos e linfocitos de memoria. Resposta inmunitaria primaria e secundaria. Teoría da selección clonal (1 hora)
TEMA 12. RESPOSTA INMUNITARIA CELULAR. Respostas mediadas por linfocitos T citotóxicos, células NK e células K (1 hora)
TEMA 13. INMUNIDADE NO FETO E O NEONATO. Desenvolvemento do sistema inmunitario. Resposta inmunitaria nos neonatos. Transferencia pasiva de inmunidade da nai á cría. Desenvolvemento de resposta inmunitaria nos neonatos. Inmunidade pasiva no polo (1 hora)
TEMA 14. INMUNIDADE DAS SUPERFICIES CORPORAIS. Tecidos linfoides nas mucosas. Tubo dixestivo, glándula mamaria, vías uroxenitais, vías respiratorias e pel (0,5 horas)
TEMA 15. VACINAS. Inmunoterapia: inmunización pasiva e activa. Métodos de inmunización e produción de vacinas. Administración de vacinas e adxuvantes. Vacinas fronte a axentes infecciosos e fronte ao cáncer (1 hora)
TEMA 16. INMUNIDADE FRONTE A AXENTES INFECCIOSOS: virus, bacterias, fungos e parasitos (2 hora)
TEMA 17. INMUNOLOXÍA TUMORAL. O tumor como un tecido enxertado. Antíxenos tumorais. Respostas inmunitarias fronte aos tumores e mecanismos de evasión. Inmunodiagnóstico e inmunoterapia (0,5 horas)
TEMA 18. INMUNIDADE INNATA. Neutrófilos, macrófagos e inflamación. Fagocitos (polimorfonucleares e macrófagos), vasodilatación, aumento da permeabilidade vascular, migración de fagocitos e reparación tisular (1,5 hora)
TEMA 19. O SISTEMA DO COMPLEMENTO. Compoñentes. Activación pola vía clásica e alternativa (Properdina). Funcións e importancia (0,5 horas)
TEMA 20. INTERFERÓNS VÍRICOS. Concepto, clases e funcións (0,5 horas)
TEMA 21. REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDADE. Tipo I: reaccións alérxicas, IgE e mastocitos. Tipo II. Reaccións transfusionais, enfermidade do neonato e hipersensibilidade de tipo II aos fármacos e nas enfermidades infecciosas. Tipo III: enfermidades por inmunocomplexos (artrite reumatoide e glomerulonefrite). Tipo IV: hipersensibilidade retardada por contacto, de tipo tuberculínico e granulomatosa. Transplante de órganos e rexeitamento de enxertos (1 hora)
TEMA 22. AUTOINMUNIDADE E ENFERMIDADES AUTOINMUNITARIAS. Principios xerais e tipos de enfermidades autoinmunitarias. Factores xenéticos, patoxénese e etioloxía (0,5 horas)
TEMA 23. INMUNOSUPRESIÓN E INMUNODEFICIENCIAS. Principios xerais (0,5 horas)
TEMA 24. EVOLUCIÓN DA INMUNIDADE. Inmunidade nos invertebrados e vertebrados (0,5 horas)
B. PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA LB1: Determinación do antíxeno O en cepas de E. coli mediante microaglutinación
PRÁCTICA LB2: Proba de aglutinación pasiva con partículas de látex para a identificación de Staphylococcus aureus
PRÁCTICA LB3: Proba de aglutinación del Rosa de Bengala para o diagnóstico da brucelose
PRÁCTICA LB4: Determinación dos grupos sanguíneos por aglutinación directa con anticorpos monoclonais
PRÁCTICA LB5: ELISA tipo sándwich de captura de antíxeno para odiagnóstico de Rotavirus e Coronavirus en feces de bovino
PRÁCTICA LB6: Inmunocromatografía para a detección de antíxenos víricos
Bibliografía básica
INMUNOLOGÍA VETERINARIA. IAN R. TIZARD. 10ª Edición (2019). Editorial ELSEVIER
KUBY INMUNOLOGÍA. Jenni Punt, Sharon A. Stranford, Patricia P. Jones, Judith A. Owen. 8ª Edición (2020). Editorial MCGRAW-HILL.
Bibliografía complementaria
INMUNOLOGÍA CELULAR Y MOLECULAR. ABUL K. ABBAS, ANDREW H. LICHTMAN, SHIV PILLAI. 10ª Edición (2022) Editorial ELSEVIER
INMUNOLOGÍA. David Male, R. Stokes Peebles Jr, Victoria Male. 9ª edición (2021). Editorial ELSEVIER.
VACUNAS VETERINARIAS. IAN R. TIZARD. 1ª Edición (2022) Editorial Acribia.
MANUAL DE INMUNOLOGÍA VETERINARIA. Esperanza Gómez-Lucía, María del Mar Blanco, Ana Doménech. Editorial: Pearson Educación SA, Madrid 2007
INMUNOLOGÍA VETERINARIA. José ángel Gutiérrez Pabello. Editorial: El Manual Moderno. México, 2010
INMUNO POWER. CONOCE Y FORTALECE TUS DEFENSAS. África González. (2021) Editorial Esfera de los Libros.
1. COMPETENCIAS XENÉRICAS
o GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
o GVUSC02. Capacidade de análise e sínteses.
o GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
2. COMPETENCIAS DISCIPLINAIS
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS PROFESIONAIS
o D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ACADÉMICAS
o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
o CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
o CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diferentes medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
o CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-Clases maxistrais con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Titorías programadas.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en clases maxistrais de aproximadamente 50 minutos e o alumnos poderán intervir nos debates que se susciten. O material didáctico orientativo exposto nas clases poñerase a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual.
De forma xeral, os contidos prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria para superar a asignatura.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais). O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
A avaliación realizarase a partir dos seguintes apartados:
A. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á avaliación continua será do 20% da nota final, que se asignará do seguinte xeito:
- Clases prácticas: os contidos prácticos representan o 10% da avaliación final (1 punto). A través de un cuestionario de preguntas curtas realizado ao remate da segunda sesión práctica, o profesor verificará a adquisición de coñecemento.
-Clases maxistrais e titorías programadas: a asistencia e participación representarán o 10% da avaliación final (1 punto).
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A puntuación correspondente á avaliación escrita será do 80% da nota final.
A proba escrita realizarase na data e hora acordadas pola Xunta de Facultade, na sala reservada para o dito fin. O exame escrito pode incluír preguntas de resposta múltiple e breves e temas a desenvolver.
O cálculo da nota final será = Nota de avaliación continua (2 puntos) + Nota de avaliación escrita (8 puntos)
A nota para aprobar o curso será de 5 en todos os casos.
O alumnado repetidor que o desexe manterá a puntuación correspondente á avaliación continua.
Non se contempla a dispensa de asistencia ás prácticas. Nesta materia non se contempla a dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas ou interactivas de seminario, pero mantense a obrigación de asistencia presencial ás clases prácticas. Neste caso, se non dispón de nota de evaluación continua de cursos anteriores, esta será a nota de prácticas e suporá o 10% da nota final, sendo o 90% restante a nota do exame final.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 23 horas
- Prácticas de laboratorio: 6 horas
- Titorías: 1 hora
- Total horas de traballo presencial: 30
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 30 horas
- Estudio y elaboración memorias de prácticas: 3 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 10 horas
- Realización de exames: 2 horas
- Total horas de traballo persoal do estudante: 45
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 75
O alumno debe de asistir ás clases teóricas e titorías para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É aconsellable o estudo periódico da materia e a asistencia ás titorías para resolver as dúbidas que vaian xurdindo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido no artigo 16 dá Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de cualificación sobre ou plaxio nas probas non apartado de avaliación.
Jorge Blanco Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- jorge.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Leticia Carballeira Campa
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- leticia.carballeira.campa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 4 |
27.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |