Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 23 Total: 46
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é ofrecer unha visión xeral da saída profesional nas especialidades do laboratorio clínico (Análises Clínicas e Bioquímica Clínica), polo o obxetivo e complementa-la formación de Análise Biolóxica e Diagnósticos Bioquímicos afondando nas actividades e tarefas laboratoriales o abordaxe de temas da simioloxía con máis intereses (analise de fluidos biolóxicos, Hormonas e marcadores tumorais)
TEORÍA
En dúas sesións semanais. Os contidos divídense en dous grupos temáticos:
Grupo Temático I: O Laboratorio Clínico desde dentro
Tema 1. Visión xeral do laboratorio clínico.
Tema 2. A fase preanalítica.
Tema 3. A fase analítica e a automatización.
Tema 4. Control de calidade do proceso analítico.
Tema 5. Produción de valores de referencia
Tema 6. Técnicas de diagnóstico molecular en análises clínicas
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímica-Clínica
Tema 7. Utilidade clínica dalgúns fluídos biolóxicos
Tema 8. Marcadores tumorais séricos
Tema 9. Consideracións preliminares na análise de hormonas
Tema 10. Avaliación da función hipofisaria
Tema 11. Avaliación da función tiroidea
Tema 12. Avaliación da función suprarrenal
Tema 13. Avaliación da función gonadal
Tema 14. Monitorización da terapia de fármacos, TDM
SESIÓNS INTERACTIVAS:
Organizado nunha clase presencial cada dúas semanas ó longo do semestre:
CI-1: Cálculo de índices diagnósticos e curvas ROC.
CI-2: Avalia-lo erro de arrastre e modelos de calibración matemática.
CI-3: Cálculo dos límites de referencia da poboación para un biomarcador.
CI-4: Execución e interpretación do Control de Calidade dos resultados de laboratorio.
CI-5: Deseño de cebadores/sondas de ADN para diagnóstico molecular.
CI-6: Escenarios clínicos: xestión de diagramas e algoritmos de avaliación funcional especializados.
PRÁCTICAS
Sesións no laboratorio de prácticas nas instalacións das que dispón o Departamento de Bioquímica no edificio de Farmacia (1ª Planta do pavillon A) en quendas de mañá e tarde. Organizado polo coordinador entre febreiro-marzo:
Práctica 1. Avaliación da imprecisión do analista.
Práctica 2. Investigación dunha interferencia "in vitro" causada por medicamentos.
Práctica 3. Obtención e purificaciónde DNA xenómico.
Práctica 4. Amplificación e detección dun polimorfismo.
BASICA:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de concordancia có plantexamento dos temas e de contidos. Axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Contemporary Practice in Clinical Chemistry. 4th Ed. William Clarke and Mark A. Marzinke. Elsevier-Academic Press, 2020. ISBN978-0-12-815499-1.
Texto avanzado que actualiza e profundiza nas últimas tendencias da medicina do laboratorio.
c) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido da versión inglesa que revisa aspectos fisiopatolóxicos e moleculares dos procesos que afectan ós
órganos e sistemas do corpo humano.
d) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e de consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Nela Recóllese información, en continua actualización, sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxicos. Útil desde a perspectiva de guías
clínica de consulta rápida das probas diagnósticas do laboratorio clínico como información elemental.
COMPLEMENTARIA:
a) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Util nó repaso dos coñecementos da Bioquímica xeral aplicados a medicina. Conta con exemplos de algunha enfermidade explicada.
b) Clinical Chemistry Edition1: Fundamentals and Laboratory Techniques. Donna Larson Eds. Elsevier-2016. ISBN: 9781455742141
Baséase no coñecemento da fisiopatoloxía das enfermidades máis comúns para presentar a abordaxe diagnóstica desde o laboratorio clínico e inclúe unha sección dedicada ós fundamentos das técnicas analíticas.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0.
Texto expecializado orientado ós coñecementos da metodoloxía analítica e na interpretación diagnóstica dende o punto de vista dó laboratorio.
d) Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª Edicion. Elsevier-2019. ISBN: 978-0-323-53044-6.
Considerado unha referencia das Análise Clinicas e diagnósticos de Laboratorio. Trata os procedementos analíticos e desglosa as probas diagnósticas por órganos e tecidos en diferentes situacions fisiopatolóxicas.
COÑECEMENTOS:
Con 01. Coñece-la orixe, naturaleza, e como diseñar, obtener, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros productos e materias primas de interese sanitario de uso humano o veterinario.
Con 02. Conoce-los efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 06. Adquirir conocimientos básicos en gestión clínica, economía da saúde e no uso eficiente dos recursos sanitarios para promove-lo uso racional dos medicamentos e productos sanitarios.
Con 07. Conocer, evaluar e valora-los problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 08. Conoce-las actividades da farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Conoce-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualiza-la competencia profesional, prestando especial importancia ó autoaprendizaxe de novos coñecementos basándose na evidencia científica disponible.
Con 17. Conocer como diseñar experimentos en base a criterios estadísticos.
Con 18. Conocer como evaluar datos científicos relacionados con los medicamentos y productos sanitarios. Utilizar el análisis estadístico aplicado a las ciencias farmacéuticas.
Con 19. Conocer las estructuras de las biomoléculas y sus transformaciones en la célula.
Con 21. Conocer las propiedades de las membranas celulares y la distribución de fármacos.
Con 32. Conocer e comprende-los fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictámenes do diagnóstico de laboratorio.
Con 33. Conoce-los efectos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 37. Conoce-la estructura e función do corpo humano, así como los mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estructurais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saúde.
Con 39. Conoce-las técnicas analíticas relacionadas có diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambente.
Con 44. Conoce-los principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regramentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con otros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Con 48. Conoce-las técnicas de comunicación oral e escrita que permitan informar ós usuarios dos establecementos farmacéuticos en términos intelixibles e axeitados ós diversos niveis culturais e entornos sociales.
HABILIDADES E DESTREZAS:
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; con una visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 02. Diseñar, aplicar y evaluar reactivos, métodos y técnicas analíticas clínicas, conociendo los fundamentos básicos de los análisis clínicos y las características y contenidos de los dictámenes de diagnóstico de laboratorio.
H/D 03. Evalua-los efectos toxicolóxicos de sustancias e diseñar e aplica-las probas e análises correspondentes.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar cos pacentes e os usuarios do centro donde desempeñe a actividade profesional.
H/D 07. Seleccionar las técnicas y procedimientos apropiados en el diseño, aplicación y evaluación de reactivos, métodos y técnicas analíticas.
H/D 08. Llevar a cabo procesos de laboratorio estándar incluyendo el uso de equipos científicos de síntesis y análisis, instrumentación apropiada incluida.
H/D 09. Estima-los riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos do laboratorio.
H/D 10. Aplicar los conocimientos de Física y Matemáticas a las ciencias farmacéuticas.
H/D 14. Estima-los riscos biolóxicos asociados á utilización de sustancias e procesos do laboratorio implicado.
H/D 18. Promove-lo racional do medicamento e productos sanitarios.
H/D 21. Organizar y gestionar el funcionamiento de una oficina de farmacia.
COMPETENCIAS:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisiones.
Comp 13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 16. Compromiso ético.
Comp 17. Capacidade de aplica-los conocimientos na práctica.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27. Preocupación po-la calidade.
Comp 28. Motivación de logro.
Na docencia empréganse catro elementos formativos:
a) Clases expositivas. Son sesións presenciais, cunha duración de 55 minutos, adáptanse ao horario e á programación aprobados polo Centro. Deseñado para ser impartido polo profesor na aula, con apoio audiovisual.
O alumnado participa seguindo explicacións, facendo preguntas e respondendo oralmente a cuestións de razoamento formuladas polo profesor, ou en modo escrito as preguntas puntuables sobre o contido xa explicado no tema. Permítese o acceso aos apuntamentos persoais da clase para responder, pero debido a que se cualifica como avaliación continua non se permite a interacción con outros estudantes.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 min. de duración, con calendario e distribución organizados polo Centro Académico.
Nelas o profesor presenta un caso clínico, ou contido similar a unha consulta de atención farmacéutica sobre resultados das análises, coas que poñer en práctica os contidos das clases teóricas. Tamén haberá preguntas para a avaliación en condicións similares ás do punto anterior.
C) Clases prácticas de laboratorio. Concibidas como unha actividade presencial obrigatoria para a adquisición ou mellora das destrezas no laboratorio e da interpretanción dos resultados. Realízanse nas instalacións das que dispón o Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia.
As sesións prácticas esténdense ao longo dunha semana, con sesións diarias de duración variable. Son organiza polo coordinador da asignatura.
Para cada práctica, o profesor preséntaa no contexto da materia, guía o grupo polas etapas do proceso analítico e aclara os cálculos e as interpretacións. Ofréceselle ó estudantado unha guía-resumo para cada práctica, que debe completar coa información necesaria para crear un caderno de procedementos do laboratorio.
Estas sesións tamén inclúen preguntas de avaliación sobre os contidos teóricos e prácticos tratados nos exercicios.
D)Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións presenciais na aula de 55 min de duración en subgrupos de seminarios, destinadas a clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos-prácticos vistos ata ese momento. A asistencia ás tutorías mon é obrigatoria para os estudantes, pero están programadas e con calendario establecido pola Dirección do Centro.
Para a cualificación da materia, téñense en conta tres bloques de información relativos ao nivel de aprendizaxe acadado polo estudante. Descríbense nos seguintes puntos:
a) Avaliación continua (AC) ata un máximo de 15 puntos. Integra os puntos obtidos por cada estudante nas preguntas puntuables ou pola súa destacada participación nas actividades plantexadas nas sesións presenciais. A asistencia á clase non se puntuará (acollendo o indicado no apartado "d" do artigo 1.2 do Regulamento de asistencia á clase do 24/11/2024). En caso de ausencia xustificada a unha actividade puntuable, a avaliación contínua prorratearase segundo a participación e o nivel de éxito acadado polo estudante (en consonancia có artigo 3.1 do Regulamento de Asistencia antes mencionado).
b) Examen práctico (EP): Trátase da execución individual de partes do desenvolvemento práctico visto. Será necesario reproducir procesos e cálculos, así como valora-los resultados obtidos.
A duración estimada da proba é de 10-15 minutos e permitirase acceso ó "caderno de laboratorio", o cal tamén será valorado polo examinador
Para supera-las prácticas terase en conta a actitude, a calidade, profundidade e claridade da interpretación, así como a calidade do recollido no caderno do Laboratorio. A cualificación outorgada será comunicada nos termos de APTO (válida para os próximos 5 anos) ou un NO APTO, neste caso a repesta adíase á unha nova Oportunidade á que se decida presentar, salvo que non se huberan realizado.
c) Exame Teórico (ET): Exame individual sen acceso ao contido teórico-práctico da materia. Consta de 45 preguntas de opción múltiple e 5 preguntas de resposta curta, que se deben completar nun máximo de 105 minutos, para unha puntuación máxima de 50 puntos. Ningunha das preguntas terá un valor negativo, e requírese un mínimo do 25 % de respostas correctas por tema ou grupo para que se teñan en conta.
En todo momento, e para os diferentes tipos de probas de avaliación, será de aplicación ó disposto no Regulamento da Institución para a “Avaliación do Rendemento Académico do Estudantado e Revisión de Cualificacións”, no que se indica que a realización fraudulenta das actividades ou probas de avaliación penalízase cunha nota de Suspenso (0.0) na OPORTUNIDADE de avaliación da infracción, sin descartar a aplicación de calquer outra medida disciplinaria.
A calificación final da asignatura ten en cuenta a Oportunidade de avaliación e a tipoloxía do estudante, como se describe:
1º. OPORTUNIDADE:
No "procedemento ordinario", para aprobar o curso requírese unha puntuación mínima de 35 puntos no ET e tamén o cumprimento de duas condicións:
1) Ter unha puntuación mínima en cada tema/agrupación indicada no exame.
2) Ter unha cualificación de APTO no exame práctico, EP.
O valor decimal da cualificación obtense sumando os puntos acumulados na teoría e na avaliación continua (P= ET+ AC) que se transformarán nunha nota decimal co seguinte algoritmo: [Nota= 0,0013*P^2+0,102*P-0,23]. A cualificación máxima de MH poderá outorgarse, de acordo coas disposicións establecidas pola USC, entre cualificacións superiores a Sobresaliente (9.5).
Se non se supera a avaliación, a nota decimal asígnase en función da puntuación obtida en ET, sen considerar a puntuación AC, aplicando o algoritmo antes mencionado. No caso de que na proba EP obtivera un NON APTO, ou non acadase a puntuación mínima para as materias no ET, o valor máximo da cualificación no arquivo será Suspenso (4,0).
Nesta 1ª Oportunidade, consideranse dous tipos especiais de avaliación:
1) Estudante con Dispensa de Docencia (concedida polo Centro). Cualificarase en función do ET e debe cumprir os mesmos criterios que o procedemento ordinario. A puntuación a considerar obtense como se describe para a 2ª Oportunidade na primeira excepción (ver máis abaixo) e de acordo cos criterios acordados pola Xunta de Facultade a este respecto.
2) Estudante Repetidor. Deberán informar ó coordinador da materia, a través da ligazón correspondente no Campus Virtual, do método de avaliación que escollan: "Procedemento ordinario" ou "Estudantado con Dispensa de docencia". Se non rexistra unha opción dentro do prazo establecido, aplicarase por defecto o "procedemento ordinario".
2º. OPORTUNIDADE:
En termos xerais, o procedemento a seguir é similar ó descrito para a 1ª Oportunidade con dúas diferenzas:
a) Non se emprega a avaliación continua (AC). Tomando a puntuación do ET como base, esta aumenta nun valor máximo de 10P por unha recalificación (RC), na que se obten "un punto extra" en cada unha das respostas ás 10 preguntas máis difíciles.
b) Nesta ocasión, non se outorgará a cualificación máis alta do Cadro de Honra (CH).
En canto a tipos especiais de avaliación:
Nesta ocasión, considérase o caso especial do alumno que na 1ª OP fora cualificado cun Suspenso (4.0) como consecuencia dun "NON APTO" na EP e unha puntuación global de 48 ou máis puntos P (ET+EC). Agora, de conquerir un APTO na repesca do EP, cualificará coa cualificación que correspondería á 1-OP, agás na súa cualificación máxima de CH.
Coa avaliación garante que o alumno acade os Coñecementos, Habilidades e Competencias arriba descritas, segundo se indica no seguinte cadro:
Tipo de Proba_______ Tipo de Resultado_______ Código do Resultado___________________________
Avaliación Continua...... Coñecemento.................... Con-07; Con-08; Con-10; Con-37; Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-05; H/D-18; H/D-21
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-19; Comp-20; Comp-27; Comp-28
Examen de Teoría......... Coñecemento.................... Con-01; Con-02; Con-06; Con-07; Con-08; Con-10; Con-19; Con-32; Con-33; Con-37;
................................................................................ Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-02; H/D-03; H/D-05; H/D-07; H/D-09; H/D-10; H/D-14; H/D-18; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-16; Comp-17 Comp-19; Comp-20; .
................................................................................. Comp-27; Comp-28
Examen de Prácticas.... Coñecemento.................... Con-06; Con-08; Con-32; Con-37; Con 39; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-02; H/D-03; H/D-09; H/D-10; H/D-14; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-08; Comp-16; Comp-17; Comp-24; Comp-27; Comp-28
TRABALLO PRESENCIAL,..............................DURACION (h)
Clases expositivas en grupo grande, ………………23
Clases interactivas en grupo reducido ………………6
Tutorías en grupo moi reducido ………………………… 2
Prácticas de laboratorio ……………………………………12
Exámenes e revisións …………………………………………2
Total horas de traballo ………………………………………45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO ,.................DURACION (h)
Estudio autónomo individual ou en grupo, …………….46
Resolución de ejercicios, outros traballos, ……………10.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador,...……8
Orientación e resolución de dúbidas, ……………………1
Realización e revisión do examen, ………………………………2
Total horas traballo personal do alumno, ……………………67.5
a interpretación dunha análise depende da secuencia e combinación de probas nun algoritmo así como da calidade dos resultados que soportan a información. Esa información poderá ser útil, dende o punto de vista dun profesional farmacéutico, para decatarse dun problema de saúde, monitoriza-la progresión da enfermidade ou avalia-la eficacia da resposta terapéutica.
Para supera-la asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e o " cómo?" dos cambios dos marcadores bioquímicos en diferentes cadros clinico-patolóxicos, xa que así resultará máis doado lembrar " ónde usalos" e "qué información" aportan.
E moi recomendable unha particiapación activa nas clases, e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para as actividades da Avaliación Continua que supón unha mellora da cualificación final dos que superen o examen de teoría.
2.- Identifica-los apartados do temario que lle ofrezan maior dificultade, e para os que pedir unha titoría.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura que ademáis de canle de comunicación entre o profesorado e o alumnado e o lugar no que se pode atopar artigos e outra información complementaria ás explicacións dadas na aula.
Para o estudo desta materia é desexable haber cursado a asignatura troncal Análise Biolóxica e Diagnóstico Bioquímico, por comparti-lo diseño e ser complementarias en obxetivos e formación.
Ademáis, recoméndase ter coñecementos suficentes da Química Analítica e das Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Bioestadística.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |