Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Ecoloxía, Enxeñaría Agroforestal
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os principais obxectivos da materia son dotar ao alumno dos coñecementos necesarios para ser capaz de cuantificar diferentes formacións de biomasa forestal; coñecer as bases da xestión de plantacións enerxéticas desde a premisa da sustentabilidade e a produción limpa; manexar e propoñer as mellores técnicas para a minimización de residuos nos diferentes procesos produtivos e a procura dos máximos rendementos e discernir e analizar a posibilidade do impacto ambiental a diferentes niveis que estas técnicas agresivas poderían xerar, e expoñer situacións reais e actuais para buscar solucións idóneas.
1.- Valores mundiais de biomasa e produción primaria. Relación produción-biomasa.
Métodos de medida da produción primaria. Factores limitantes.
2. -Biomasa, ciclo do carbono e cambio climático
3.- Cuantificación da biomasa arbórea e arbustiva e captura de carbono
4. -Impacto do aproveitamento da biomasa sobre o medioambiente.
5.- Xestión da biomasa agrícola e forestal para a xeración de enerxía sustentable.
6.- Modelos de xestión sustentable da biomasa.
7.- Técnicas emerxentes e aplicacións.
8.- I+D+i e demanda empresarial.
Ecología con números: http://www.ecologiaconnumeros.uab.es/
Ecología II. Comunidades y ecosistemas. Escolástico León, C., & Universidad Nacional de Educación a Distancia (España). (2013). Ecología (Ed. digital.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Montero, G, Ruiz-Peinado, R, Muñoz, M (2005). Producción de biomasa y fijación de CO2 por los bosques españoles. Monografías INIA. Serie Forestal nº 13. Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria. Ministerio de Educación y Ciencia. 270 pp.
Montero, G, López-Leiva; C, Ruiz-Peinado, R, López-Senespleda, E, Onrubia, R, Pasalodos, M (2020). Producción de biomasa y fijación de carbono por los matorrales españoles y por el horizonte orgánico superficial de los suelos forestales. Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 446 pp.
Gallardo, J.F.; Merino, A. (2007). El ciclo del carbono y la dinámica de los sistemas forestales. En Alloza et al. El Papel de los Bosques en la mitigación del Cambio Climático. 334 p. Fundación Gas Natural. (ISBN: 978-84-611-6599-5), 43-64.
Bibliografía complementaria
Álvarez-González, JG, Balboa, MA, Merino, A, Rodríguez-Soalleiro, R. (2005) Estimación de la biomasa arbórea de Eucalyptus globulus y Pinus pinaster en Galicia. Recursos Rurais, 1: 21-30
Basanta, M, Díaz Vizcaino, E, Casal, M (1988). "Structure of shrubland communities in Galicia (NW Spain)". En: H.J. During, M.J. Werger and H.J. Willems (eds.), Diversity and Pattern in Plant Communities, pp.: 25 36. SPB Academic Publishing. La Haya.
Bravo, F, Delgado, JA, Gallardo, JF, Bravo, F, Ruiz-Peinado, R, Merino, A, Montero, G, Cámara, A, Navarro, R, Ordóñez, C, Canga, E. (2007). Métodos para cuantificar la fijación de CO2 en los sistemas forestales. En Alloza et al. El Papel de los Bosques en la mitigación del Cambio Climático. 334 p. Fundación Gas Natural. (ISBN: 978-84-611-6599-5), 65-112
Casal, M, Basanta, M, García Novo, F (1984). “Ecología de la regeneración del monte incendiado en Galicia”". Monografía nº 99, 114 pp. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
Jarabo Friedrich, F. (1999). La energía de la biomasa. Sapt publicaciones técnicas 2ª ed.
Merino, A. (2004). Xestión de Solos Forestais: Produción Sostible e Calidade Ambiental. Recursos Rurais, serie cursos 1.
Merino, A. (2012). El bosque: sumidero de carbono y fuente de energía. Recursos Rurais, serie cursos, 6, 107-120.
Molles, MC. (2005). Ecology. Concepts and applications. 3ª edición. The McGraw Hill Higher Education.
Navarro-Cerrillo, RM, Blanco-Oyonarte, P. (2006). Estimation of above-ground biomass in shrubland ecosystems of southern Spain. Invest Agrar: Sist Recur For 15(2), 197-207. http://www.inia.es/gcontrec/pub/SRF15(2)-06_(NAVARRO-BLANCO)_1157613249…
Pérez Arriaga, JL. (2005). Libro blanco de la energía. Enerclub.
Picard, N., Saint-André, L., Henry, M. (2012). Manual de construcción de ecuaciones alométricas para estimar el volumen y la biomasa de los árboles: del trabajo de campo a la predicción. FAO y CIRAD. (accesible en http://www.fao.org/docrep/018/i3058s/i3058s.pdf).
Reyes, O, Basanta, M, Casal, M, Díaz-Vizcaíno, E. (2000). Functioning and dynamics of woody plant ecosystems in Galicia (NW Spain). En, L. Trabaud (ed.). Life and Environment in the Mediterranean. WIT Press. Southampton. pp.: 1-41.
Robbins, A. (2006). La hora de la agroenergía. Amylkar Acosta Medina.
Rosenbaum, KL, Schoene, D, Mekouar, A. (2004). Climate change and the forest sector. Possible national and subnational legislation. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome.
Smith, RL, Smith, TM. (2001). Ecologia. 4º Edición. Addison Wesley.
Vega Hidalgo, JA y otros (2001). Manual de queimas prescritas para matogueiras de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.
Velázquez, B. (2006). Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético. Ed. Univ. Politécnica de Valencia. Valencia.
Publicacións periódicas da especialidade.
Competencia Xerais:
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático
CG02 - Desenvolver a suficiente autonomía para iniciarse na investigación e poder incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos tres ámbitos do Máster
CG07 - Coñecer a lexislación básica a nivel nacional e autonómico relacionada co campo das enerxías renovables, e ser capaz de acceder ás bases bibliográficas dispoñibles e ter capacidade para interpretalas
CG04 - Dimensionar, executar, explorar, manter, xestionar e avaliar obras e instalacións de tecnoloxías renovables.
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias transversais
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT02 - Analizar, razoar críticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estructuradamente
CT10 - Capacidade de análise e de síntese Competencias específicas CE06 - Optimizar os mecanismos de crecemento e produción de formacións forestais mediante o uso de simuladores. CE17 - Planificar e xestionar os recursos enerxéticos e materiais para as enerxías, en procesos de produción e almacenamento.
Competencias específicas
CE06 - Optimizar os mecanismos de crecemento e produción de formacións forestais mediante o uso de simuladores.
CE17 - Planificar e xestionar os recursos enerxéticos e materiais para as enerxías, en procesos de produción e almacenamento.
A materia desenvolverase, maioritariamente de forma presencial, en clases expositivas e interactivas utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o alumno.
Nas horas de traballo do alumno, este deberá traballar sobre os diferentes temas propostos atractivamente polo profesor. Para iso o alumno contará coa axuda do profesor utilizando as titorías convencionais e personalizadas. Dentro destas horas inclúense 5 horas de apoio titorizado en forma de seminarios de traballo en grupo e 3 de titorías personalizadas.
Haberá 9 horas de prácticas que se poderán realizar en función das necesidades en laboratorio, en campo ou en forma de visitas a instalacións de referencia na nosa Comunidade. De forma habitual, dentro das 9 horas de prácticas, e sempre dependente das dispoñibilidades orzamentarias, 4 delas dedicaranse a realizar unha práctica de campo no Monte Pedroso na cal se caracterizará a biomasa dunha matogueira de Ulex europaeus. Outra práctica consistirá nunha visita a unha plantación forestal para practicar a cuantificación de biomasa e carbono.
A parte da materia non presencial, impartirase na USC virtual, e todo o material didáctico estará ao dispor do estudante no Campus Virtual da USC.
As titorías, e una vez acordadas co Profesor, poderán realizarse parcialmente de xeito virtual (correo electrónico, Teams).
Primeira e segunda oportunidade
- Avaliación continua formativa: Participación na clase e nos foros do aula virtual (20 %) e tarefas (80%). Utilizaranse as ferramentas do campus virtual.
Estímase que por cada hora presencial son necesarias dúas horas de traballo persoal do alumno
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases e seminarios programados. E importante resolver no momento as dúbidas que xurdan, así como revisar e completar as notas de clases despois destas. As titorías representan unha oportunidade excelente para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. O estudio da materia verase facilitado pola consulta do material que se poñerá a disposición dos alumnos na páxina web da USC Virtual. E importante tamén a lectura da bibliografía recomendada para cada tema.
O estudante terá á súa disposición medios suficientes para o desenvolvemento do seu traballo nos distintos centros onde se imparten os temas do Máster.
O traballo persoal inclúe a elaboración de traballos, o seguimento e participación activa en cada unha das sesións programadas, a procura e consulta dos últimos traballos científicos sobre a materia, a orientación previa e a orientación básica ao respecto por parte do profesorado.
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Agustín Merino García
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- agustin.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Otilia Reyes Ferreira
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
Mércores | |||
09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 130 |
20.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |