Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Acadar un coñecemento avanzado sobre a avaliación da calidade do solo, a aplicación dos indicadores de calidade, e os sistemas de manexo para a conservación do solo e e á xestión sostible do medio natural.
Temario de clases expositivas
1. Concepto de calidade do solo. (1 h)
2. Indicadores de calidade: indicadores físicos, químicos e biolóxicos; indicadores agregados. (6 h)
3. Avaliación da calidade do solo. (3 h)
4. Manexo sostible do solo e cambio de uso. (2 h)
5. Recuperación da calidade do solo. (2 h)
Temario de clases interactivas
1. Indicadores físicos: estrutura do solo. (2 h)
2. Indicadores químicos: capacidade de sorción e parámetros de fertilidade. (2 h)
3. Indicadores biolóxicos: actividade biolóxica e biodiversidade. (1 h)
4. Indicadores agregados como instrumentos para a xestión da calidade do solo. (2 h)
Bibliografía básica
Bünemann et al. 2018. Soil quality – A critical review. Disponible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0038071718300294
Moebius-Clune et al. 2017. Comprehensive Assessment of Soil Health. The Cornell Framework. Cornell University. Disponible en: Cornell University
Muñoz-Rojas, M. Soil quality indicators: critical tools in ecosystem restoration. Current Opinion in Environmental Science & Health 2018, 5:47–52. Disponible en: https://bit.ly/2WGax7z
USDA Natural Resources Conservation Service. Soil Quality Indicators. Disponible en: https://cv.usc.es/pluginfile.php/772530/mod_resource/content/1/biologic…
USDA. Salud del suelo para educadores. Diversos recursos. Disponible en: https://www.nrcs.usda.gov/wps/portal/nrcs/detail/soils/health/assessmen…
Bibliografía complementaria
Doran, J.W. and Jones A.J.(Eds.) 1996. Methods for assessing soil quality. Madison (Wisconsin): Soil Science Society of America. TS-316.
Doran, J.W., Coleman, D.C., Bezdicek, D.F., Stewart, B.A. (Eds.). 1994. Defining Soil Quality for a Sustainable Environment. SSSA Spec. Publ. 35. SSSA and ASA, Madison, WI. TS-264
Gregorich, E.G., Carter, R. M. (Eds.). 1997. Soil quality for crop production and ecosystem health. Amsterdam : Elsevier. TS-307 e TED-63
Lobo M.C. & Ibánez J.J. (Eds.) 2003. Preserving soil quality and soil biodiversity : the role of surrogate indicators. Madrid: Instituto Madrileño de Investigación Agraria y Alimentaria: Centro de Ciencias Medioambientales. TS-353.
Porta Casanellas, J., López-Acevedo, M., Poch, R.M. 2014. Edafología : uso y protección de suelos. Madrid : Mundi-Prensa. A-TS-14
Stromberger, M., Comerford, N., Lindbo, D. 2015. Soil Ecosystems Services. SSSA, Madison, WI. doi:10.2136/2015.soilecosystemsservices.2014.0055
BÁSICAS E XERAIS
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, actualizada e diversa en distintos idiomas.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos
ESPECÍFICAS
CE8 - Coñecer as técnicas e aspectos xeolóxicos, xeomorfolóxicos e edafolóxicos relevantes para comprender a biodiversidade
Clases expositivas: Clases maxistrais síncronas presenciais e por videoconferencia, propiciando a intervención do alumnado.
Clases interactivas:
Seminarios: Traballo do alumno baixo a tutela do profesor para estudar con detalle aspectos importantes da materia; resolución de casos prácticos, problemas e cuestións. Conferencias. Lectura crítica de documentación científica. Emprego da plataforma virtual Moodle e MS Teams.
Titorías: para o seguimento personalizado do alumno, presenciais e telemáticas, síncronas e asíncronas (correo electrónico).
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
1. No exame:
- Competencias xerais e básicas: CG02, CB6.
- Competencias transversais: CT1, CT6.
- Competencias específicas: CE8.
2. Na avaliación continua:
- Competencias xerais e básicas: CG02, CG03, CB6, CB7, CB8.
- Competencias transversais: CT1, CT4, CT6.
- Competencias específicas: CE8.
Criterios e instrumentos de avaliación:
1- Coñecementos teóricos e prácticos da materia: resultado do exame final; porcentaxe da cualificación final: 50 %.
2- Seguimento e aproveitamento da materia: resultados das actividades propostas; porcentaxe da cualificación final: 50 %.
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un novo exame final; a cualificación final calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade (50 % criterio 1 + 50 % criterio 2).
A petición dos estudantes interesados, gardarase, unicamente para o seguinte curso, a avaliación do criterio 2 cando supere o 50 % da cualificación máxima que se pode outorgar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Traballo presencial:
Clases expositivas: 14 horas
Clases interactivas (seminarios, titorías e realización de exame): 7 horas
Total horas traballo presencial: 21 horas
-Traballo persoal do estudante:
Estudo autónomo: 27 horas
Resolución de casos prácticos e exercicios:18 horas
Lecturas: 8h
Revisión de actividades avaliables: 1 hora
Total horas traballo persoal do alumnado: 54
Horas totais de dedicación: 75 horas
Asistencia ás clases expositivas (presenciais) de forma habitual; asistencia e participación en clases interactivas (presenciais ou virtuais); utilización dos recursos dispoñibles na plataforma virtual; consulta da bibliografía e realización das actividades complementarias suxeridas; participación en titorías para resolver as dificultades.
Remigio Paradelo Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Martes | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Mércores | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |