Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar formación nos principais aspectos da Xeoloxía, con especial fincapé nos tipos de rochas e no ciclo das mesmas, así como na súa influencia no medio natural.
Con estes obxectivos pretendese alcanzar os seguintes resultados da aprendizaxe:
- Coñecer os minerais e as rochas máis comúns, a súa orixe, composición e distribución.
- Saber empregar cartografía temática.
- Saber identificar e diagnosticar os aspectos xeolóxicos relacionados con problemas ambientais.
- Recoñecer os recursos e os riscos xeolóxicos.
- Espertar a sensibilidade polos temas ambientais.
Concepto e principios básicos da Xeoloxía. Estrutura, dinámica e evolución da Terra. Tectónica de placas. Mineraloxía. Procesos xeolóxicos internos e externos. Petroloxía. Deformacións da codia terrestre. Xeoloxía da Península Ibérica e de Galicia
Programa de clases expositivas
Tema 1. Evolución histórica. Conceptos e principios básicos. Estrutura, dinámica e evolución da Terra. Tectónica de placas e as súas implicacións para a vida (6 horas).
Tema 2. Concepto de mineral. Estrutura cristalina da materia (1 hora).
Tema 3. Nocións de Cristaloquímica. Estruturas metálicas, covalentes e iónicas (2 horas).
Tema 4. Sistemática mineral. Silicatos (3 horas).
Tema 5. Concepto de rocha. O ciclo das rochas (0,5 horas).
Tema 6. Rochas ígneas: xénese, relación coa tectónica de placas. Tipos de rochas ígneas (6,5 horas).
Tema 7. Rochas sedimentarias: Erosión, transporte, sedimentación, diaxénese. Tipos de rochas sedimentarias (5 horas).
Tema 8: Rochas metamórficas: Factores do metamorfismo. Relación coa tectónica de placas. Anatexia. Clasificación de rochas metamórficas (3 horas).
Tema 9. Deformacións da codia terrestre (2 horas).
Tema 10. Xeoloxía da Península Ibérica e de Galicia (1 hora).
Programa de clases interactivas
Prácticas de laboratorio
Práctica 1. Estudo das propiedades morfolóxicas dos minerais: identificación e clasificación (2 horas).
Práctica 2. Estudo das propiedades morfolóxicas e da composición mineral das rochas (2 horas).
Práctica 3. Estudo práctico I: identificación de coleccións de rochas e minerais de Galicia e a súa aplicación na análise de diferentes actuacións sobre o medio natural. (2 horas).
Saída de campo (4 horas)
Farase un percorrido polo entorno da comarca de Compostela observando e identificando os materiais xeolóxicos máis significativos, integrando esta actividade na análise do medio físico, características morfolóxicas, ocupación do territorio e biodiversidade.
Seminarios
Seminario 1: Aplicación dos principios básicos da xeoloxía á interpretación da historia xeolóxica dunha área (2 horas)
Seminario 2: Estrutura e evolución da litosfera (2 horas)
Seminario 3: Traballando con rochas ígneas (2 horas)
Seminario 4: Traballando con rochas sedimentarias (2 horas)
Seminario 5: Traballando con rochas metamórficas (2 horas)
Seminario 6: Xeoloxía de España e Galicia (2 horas)
Seminario 7: Aplicación dos coñecementos xeolóxicos á interpretación dos ecosistemas (2 horas)
Titorías
Seguimento da aprendizaxe do estudantado. Acláranse as dúbidas suscitadas polo estudantado e afondase naquelas cuestións que presentan mais dificultades (1 hora). Esta actividade levarase a cabo de xeito virtual.
Bibliografía básica
Tarbuck, E.J. et al., 2015; 2013; 2010. Ciencias de la Tierra: una introducción a la Geología Física. Madrid: Pearson
Biblioteca de Bioloxía: A TG 197 M 1
A TG 197 M 2
A TG 197 N
A TG 197 O 1
A TG 197 P 1
A TG 197 Q 1
Monroe, J., Wicander, R. y Pozo, M., 2008. Geología: dinámica y evolución de la Tierra. 4ª ed. Madrid: Paraninfo
Biblioteca de Bioloxía: A TG 264 1 (LIBRO)
A TG 264 2 (CD-ROM)
A TG 5 1 (LIBRO)
Bibliografía complementaria
Águeda, J., et al., 1983. Geología. 2ª ed. Madrid: Rueda. Biblioteca de Bioloxía: ATG15; ATG15B; ATG15C; ATG15D
Anguita, F., 2002. Biografía de la Tierra: historia de un planeta singular. Madrid: Aguilar. Biblioteca de Bioloxía: ATG231; Biblioteca de Farmacia: ATG34
Bastida, F., 2005. Geología. Una visión moderna de las Ciencias de la Tierra. Vol. I-II. Oviedo: Trea Ciencias. Biblioteca de Bioloxía: ATG244; Biblioteca de Farmacia: TG166; Biblioteca de Xeografía: FX513
Clark, S.P.Jr., 1981. La estructura de la Tierra. 2ª ed. Barcelona: Omega. Biblioteca de Bioloxía: ATG28; ATG28B
Ernst, W:G., 1974. Los materiales de la Tierra. Barcelona: Omega. Biblioteca de Bioloxía: ATG11; ATG11A; Biblioteca de Xeografía: XeoA451
Hochleitner, R., 1987. Minerales y rocas: una guía de identificación. Barcelona: Omega. Biblioteca de Bioloxía: ATG22; ATG22A; Biblioteca de Xeografía: XeoA330
Meléndez, B. y Fuster, J.M., 1984. Geología. 4ª ed. Madrid: Paraninfo. Biblioteca de Bioloxía: ATG2C; ATG2D; Biblioteca de Farmacia: ATG1A; TG112
Strahler, A.N., 1992. Geología física. Barcelona: Omega. Biblioteca de Bioloxía: ATG61B; ATG61C; ATG61D
Coñ01; Coñ02; Coñ09; Coñ11
H/D01; H/D06; H/D07; H/D08; H/D11
Comp02; Comp04; Comp05; Comp06; Comp08
Clases expositivas:
Asistencia e realización non obrigatoria.
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, e con diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de avaliación ao final de cada bloque; estas probas forman parte da avaliación continua. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Seminarios: asistencia e realización non obrigatoria. Traballo do estudantado, en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado. Neles, propóñense, para a súa resolución, diferentes actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc.) que permitan a aplicación dos coñecementos teóricos, afondando na súa aplicabilidade na caracterización do medio natural e na comprensión dos procesos ambientais. Estas actividades esixirán dunha participación activa do estudantado.
Prácticas de laboratorio: Asistencia e realización obrigatoria para aprobar a materia en ámbalas dúas oportunidades (porcentaxe de asistencia mínima 75%). Traballo persoal e en grupo encamiñado á observación e identificación de mostras de minerais e rochas, e interpretación de cartografía básica, promovendo unha aprendizaxe baseada en problemas e colaborativa. Nelas, seguindo os protocolos axeitados e empregando as ferramentas e equipamento apropiados, incluíndo técnicas de “e-learning”, resolveranse cuestións prácticas asociadas a análise do compoñente físico do medio natural. A asistencia a esta actividade é obrigatoria.
Saída e traballo de campo: Asistencia e realización obrigatoria para aprobar a materia en ámbalas dúas oportunidades (porcentaxe de asistencia mínima 100%). Saída de campo titorizada para aprender a observar os elementos xeolóxicos do medio físico e a identificar os materiais xeolóxicos e a súa interacción co restos de elementos do medio natural. No traballo persoal orientarase a actividade á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos. A asistencia a esta actividade é obrigatoria
Tanto os seminarios como as prácticas de laboratorio e campo buscan reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
Titorías: Asistencia e realización non obrigatoria. Individuais ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó estudantado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. Esta actividade levarase a cabo de xeito virtual.
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante un conxunto de actividades que comprenden un exame final e unha avaliación continua. A avaliación continua levarase a cabo a través de probas periódicas dos contidos tratados (aproximadamente 1 proba cada dous temas impartidos) mediante test multi-resposta, cuestións e/ou preguntas curtas a desenvolver presencialmente na aula ou a través da aula virtual e traballos entregados ou presentados, actividades de seminarios, laboratorio, campo e titorías. Nas actividades de laboratorio valorarase a asistencia e a realización das actividades e a calidade dun informe técnico. Na actividade de campo valorarase a asistencia e a realización das actividades. Nos seminarios valorarase a asistencia, a realización das actividades e a calidade das achegas asociadas.
A cualificación final terá en conta a avaliación continua (incluíndo probas, asistencia e achegas das prácticas de laboratorio, campo e dos seminarios) e o exame final.
O peso de cada unha das actividades na cualificación final é o seguinte:
-Avaliación continua:
Probas síncronas ou asíncronas...........................................................................10% da cualificación
Asistencia e calidade das achegas asociadas ás prácticas de laboratorio...................10% da cualificación
Asistencia e participación na saída de campo..........................................................5% da cualificación
Asistencia e calidade das achegas relacionadas cos seminarios...............................15% da cualificación
- Exame...........................................................................................................60% da cualificación
É necesario obter no exame final unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resto das cualificacións.
O estudantado que non realizara o 75% das prácticas de laboratorio e a práctica de campo e/ou non acadara unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) nas mesmas, para poder superar a materia deberá realizar e superar un exame práctico.
Para aprobar a materia é requisito realizar e superar as actividades obrigatorias da avaliación continua (saída de campo e prácticas de laboratorio é o exame final.
Estes criterios serán empregados nas dúas oportunidades. O estudantado repetidor avaliarase co mesmo sistema.
Conservaranse as cualificacións da avaliación continua (probas, prácticas de laboratorio, campo, seminarios) durante os dous cursos seguintes ós da súa obtención, sempre que estas foran iguais ou superiores ó 50% da cualificación máxima alcanzable en cada un dos apartados.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante a realización de exames teórico e/ou prácticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos resultados da aprendizaxe lévase a cabo do seguinte modo:
No exame avalíanse: Coñ01; Coñ02; Coñ11; H/D07; H/D08; Comp06
Coas probas periódicas avalíanse: Coñ01; Coñ02; H/D08; Comp06
Nos seminarios avalíanse: Coñ01; Coñ09; Coñ11; H/D06; H/D07; H/D11; Comp02; Comp05; Comp06; Comp08
Nas prácticas de laboratorio e campo avalíanse: Coñ01; Coñ09; Coñ11; H/D01; H/D06; H/D07; H/D11; Comp02; Comp04; Comp08
Traballo presencial na aula
Clases expositivas: 30 horas
Clases interactivas:
Prácticas de laboratorio: 6 horas
Práctica de campo: 4 horas
Seminarios: 14 horas
Titorías: 1 horas
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 57 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 70 horas
Elaboración da memoria de prácticas: 6 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 14 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 3 horasTotal horas de traballo persoal: 93 horas
Horas totais de dedicación á materia: 57 presenciais + 93 persoais = 150 horas
Asistencia e participación activa en todas as actividades
Consulta da bibliografía recomendada
Uso da aula virtual
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do estudantado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
Como materia de fundamentos básicos para bioloxía impartida para a totalidade do estudantado do grao, o programa e contidos están deseñados para un perfil variado en coñecementos relativos á xeoloxía. Con todo, é recomendable, pero non necesario, que o estudantado teña realizado un bacharelato científico-técnico e cursado materias de xeoloxía e/ou ciencias da Terra.
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Loreto Prieto Lamas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Sanmartin Sanchez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814984
- Correo electrónico
- patricia.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fabiana Martín Caramés
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- fabiana.martin.carames [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 03. Carl Linneo |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |