Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS (SABER):
• Comprender o concepto de motricidade na etapa de educación infantil e as diferentes perspectivas desde as que se aborda o seu estudio.
• Identificar, desde unha perspectiva global, as competencias, os obxectivos, os criterios de avaliación e os saberes básicos relativos á motricidade e presentes no currículo de educación infantil.
• Coñecer os contidos básicos da motricidade, as variables do proceso de ensino-aprendizaxe e a súa didáctica na educación infantil.
DOS PROCEDEMENTOS (SABER FACER):
• Planificar, aplicar e avaliar propostas didácticas de motricidade infantil tomando como referencia o currículo e adaptadas a un contexto específico.
• Ser capaz de manexar e adaptar as variables do proceso de ensino-aprendizaxe tales como o espazo, os materiais, as interaccións persoais, os instrumentos, o tempo, os recursos e os métodos de ensino na educación infantil.
• Reflexionar, interpretar e extraer conclusións a partir da experimentación motriz.
• Manexar coa actitude crítica e reflexiva as fontes documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída.
DAS ACTITUDES (SABER SER):
• Valorar as posibilidades da motricidade no desenvolvemento de todas as dimensións do ser humano, así como a súa inclusión na educación infantil de forma planificada e intencional.
• Mostrar e transmitir unha actitude inclusiva sobre as singularidades e diversidades motrices, favorecendo un clima de respecto, confianza e de relación positiva.
• A motricidade humana na Educación Infantil.
• Os contidos da motricidade infantil.
• A motricidade no currículo de Educación Infantil.
• A didáctica en motricidade infantil.
• Desenvolvemento curricular e programación da motricidade infantil.
BÁSICA
- Gil, P. (2004). Metodología de la Educación Física Infantil. Sevilla: Wanceulen.
- Sugrañes, E., y Angel, M. (Coords.). (2007). La educación psicomotriz (3-8 años). Cuerpo, movimiento, percepción, afectividad: una propuesta teórico-práctica. Barcelona: Graó.
- Torres, G. (2015). Enseñanza y aprendizaje de la Educación Física en la Educación Infantil. Madrid: Ediciones Paraninfo.
- Ureña, N. (2010). Didáctica de la Educación Física en la Educación Infantil. Murcia: Diego Marín.
COMPLEMENTARIA
- Bilbao, A., y Oña, A. (2000). La lateralidad motora como habilidad entrenable. Efectos del aprendizaje sobre el cambio de tendencia lateral. European Journal of Human Movement, 6, 7-27.
- Cebrián, B., Martín, M. I. y Arroyo, M. A. (2013). Cómo trabajar la motricidad en el aula. Cuñas motrices para infantil y primaria. Buenos Aires: Miño y Dávila.
- Castañer, M., y Camerino, O. (2006). Manifestaciones básicas de la motricidad. Lleida: Edicions de la Universitat de Lleida.
- Castro, J. (2004). El desarrollo de la noción de espacio en el niño de Educación Inicial. Acción pedagógica, 13(2), 162-170.
- Conde, J. L., Martín, C., y Viciana, V. (1997). Las canciones motrices. Metodología para el desarrollo de las habilidades motrices en educación infantil y primaria a través de la música. Barcelona: Inde Publicaciones.
- García, S. y Ureña, N. (2015). La vuelta al mundo en 80 días. Programa de intervención motriz con cuento motor interrelacionado con el trabajo por proyectos en Educación Infantil. En J. Maquilón y Noelia Orcajada (Eds.), Investigación y acción educativa en Infantil y Primaria (279-290). Murcia: edit.um
- Garrido, U., y García-Marín, P. (2017). O conto motor como recurso docente nas etapas de Educación Infantil e Primaria [Obradoiro]. Actividade formativa O Album Ilustrado na Educación Infantil, Lugo, España.
- Gómez, A. (2013). La relajación en niños: principales métodos de aplicación. EmásF. Revista digital de Educación Física, 4(24), 35-43.
- Molina, M., y López, V. M. (2017). Educación física y aprendizaje globalizado en educación infantil: evaluación de una experiencia. Didacticae. Revista de Investigación en Didácticas Específicas, 2, 89-104.
- Navarro, B., y García, J. J. (s.f). El uso de ambientes de aprendizaje en educación infantil para trabajar contenidos de educación física. Recuperado de https://cutt.ly/Gf4BwJW.
- Pallares, C., López, V. M., y Bermejo, A. (2014). Teatro de sombras, diseño y puesta en práctica de una unidad didáctica en educación infantil. La peonza: Revista de educación física para la paz, 9, 63-71.
- Real Decreto 95/2022, de 1 de febrero, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Infantil.
Rey, A., y Trigo, E. (2000). Motricidad... ¿Quién eres?. Apunts, Educación Física y Deportes, 59, 91-98.
- Ureña, N., Cerezo, M. C. López , A. y Alarcón, F. (2018). Programa ACTIVAMotricidad. Ejercicio físico y neurociencia : beneficios en el desarrollo cognitivo, emocional y social en niños. España, Murcia: Lulu
- Vaca, M., y Varela, S. (2008). Motricidad y aprendizaje. Tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6 años). Barcelona: GRAÓ.
- Zagalaz, M. L., Morenos, R., y Cachón, J. (2001). Nuevas tendencias en la educación física. Contextos educativos, 4, 263-294.
BÁSICAS
CB2-Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación de forma profesional e posúa as competencias que se amosan por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5-Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
XERAIS
G1-Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil.
G2-Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións: cognitiva, emocional, motriz e volitiva.
G4-Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nas e nos estudantes.
TRANSVERSAIS
T2-Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3-Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E53-Coñecer os fundamentos da expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E54-Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E55-Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56-Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
SESIÓNS EXPOSITIVAS
A metodoloxía principal que se empregará será a “aprendizaxe baseada en problemas” coa finalidade de incentivar a colaboración e a cooperación. Esta metodoloxía combinarase coas explicacións do docente para facilitar a comprensión dos conceptos. Ademais, propoñeranse descansos activos relacionados cos contidos para favorecer a dinámica das sesións e a aprendizaxe.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Realizaranse no pavillón da Facultade e estruturaranse en tres fases: momento de encontro, de actividade motriz e de despedida. Buscarase a adquisición das competencias para fomentar o desenvolvemento da motricidade infantil a partir da experimentación de situación motrices, a reflexión construtiva e a análise. Ademais, o alumnado asumirá o rol do docente dirixindo parte dunha sesión.
TRABALLO GRUPAL
Consistirá no deseño e aplicación de situacións motrices empregando os recursos didácticos específicos de motricidade infantil.
TITORÍAS
Planificarase dúas titorías para cada equipo de traballo que se desenvolverán no despacho do profesor. A primeira destinarase a comprender as características do traballo grupal. A segunda orientarase á avaliación procesual do traballo grupal.
AULA VIRTUAL
Deseñarase como un espazo de aprendizaxe útil para comunicarse co alumnado, aloxar recursos bibliográficos, completar as actividades formativas, guiar o traballo autónomo e supervisar o proceso de ensino-aprendizaxe.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os apartados da avaliación-cualificación dividiranse en catro:
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (15%): avaliarase a partir da contribución individual nos traballos vinculados ao “aprendizaxe baseada en problemas” das sesións expositivas.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%): valorarase a través do traballo grupal relacionado co deseño e aplicación de situacións motrices.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (15%): a cualificación virá da exposición do traballo grupal, asumindo o rol de docente e dirixindo parte dunha sesión interactiva.
4) PROBAS ESPECÍFICAS (40%): corresponderase coas cualificacións obtidas nos traballos vinculados ao “aprendizaxe baseada en problemas” ou o exame final.
Para superar a materia deberanse cumprir tres condicións:
• Asistir ao 80% das clases. Segundo o artigo 1.2 do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia considerarase preceptiva para superar a materia. A porcentaxe de asistencia acadado comunicarase antes do exame final. As ausencias debidamente xustificadas non implicarán consecuencias negativas para avaliación e cualificación (artigo 3).
• Obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) no apartado de proba específica.
• Acadar unha puntuación media de 5 puntos o máis (sobre 10) entre todos os apartados que compoñen a avaliación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Haberá unha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
O alumnado que na primeira oportunidade non acade o 80% de asistencia a clase terá que presentar un traballo consistente no deseño dunha proposta didáctica baseada na motricidade infantil cun enfoque global (secuencia de aprendizaxe, unidade didáctica, traballo por proxectos ou centro de interese) composta por, polo menos, dez sesións.
As condicións para superar a materia serán as mesmas que na primeira oportunidade exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase, que se modifica por acadar unha cualificación de APTO na proposta didáctica cun enfoque global.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS (REPETIDORES)
O alumnado que en convocatorias anteriores acadara o 80% de asistencia a clase poderá optar por unha das seguintes opcións:
• Participar de todas as actividades formativas nas mesmas condicións co alumnado de primeira oportunidade.
• Ser avaliado cunha proba similar á de segunda oportunidade.
Deberase notificar a opción desexada ao docente. No caso de non facelo, a avaliación será mediante a proba global.
O alumnado cunha porcentaxe inferior ao 80% en convocatorias anteriores terá que cursar a materia nas mesmas condicións co alumnado matriculado por primeira vez.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Deberase ter en conta o cambio das porcentaxes nos apartados da avaliación e as seguintes matizacións:
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (10%): avaliarase na data asignada á proba específica mediante preguntas curtas sobre as competencias desenvolvidas nas sesións interactivas.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%): o alumnado con dispensa non estará exento da participación no traballo grupal.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (10%): tampouco estará exento da exposición do traballo grupal.
4) PROBA ESPECÍFICA (50%): corresponde co exame final.
As condicións para superar a materia serás as mesmas cas especificadas para o alumnado sen dispensa exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – SEGUNDA OPORTUNIDADE
Consistirá nunha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
As condicións para superar a materia serás as mesmas cas especificadas para o alumnado sen dispensa exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase.
ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS
O alumnado que requira adaptacións para seguir o desenvolvemento da materia deberá solicitalo ao Servizo de Participación e Integración Universitaria e, inmediatamente despois, concertar unha titoría co docente para concretar o seu plan de traballo.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada polo Consello de Goberno o 5 de abril de 2017.
A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS (150 horas), das cales 51 horas son presenciais e distribúense así:
• Expositivas = 24 horas en grupo grande.
• Interactivas = 24 horas en grupo mediano.
• Titorías =3 horas en grupo pequeno.
As horas de traballo autónomo estimadas para cada actividade formativa co fin de superar a materia son:
• Traballo individual = 15 horas.
• Traballo grupal = 54 horas.
• Exame final = 30 horas.
• Coñecer os obxectivos, os contidos, as metodoloxías e as modalidades e casuísticas da avaliación-cualificación.
• Participar de forma activa, construtiva e constante nas sesións presenciais.
• Seguir as orientacións e recomendacións do docente relativas á temporalización, os traballos, os estudo e as fontes documentais.
• Desenvolver as actividades formativas de forma progresiva ao longo do semestre.
• Cumprir cos prazos de entrega e revisar a calidade lingüística dos traballos.
• Empregar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
• Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
• A entrega dos traballos académicos realizarase a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Microsoft Office 365) coa finalidade de aforrar papel.
• A comunicación co docente vía correo electrónico deberá establecerse coa conta @rai proporcionada pola USC.
Pablo Garcia Marin
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Pavillón |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Pavillón |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Pavillón |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Pavillón |
Xoves | |||
10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Pavillón |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Pavillón |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Pavillón |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Pavillón |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Pavillón |
22.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
19.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |