Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o significado da Expresión e Comunicación Corporal dende un punto de vista pedagóxico así como a súa aplicación na Educación Infantil e Primaria.
- Sensibilizar sobre a importancia da Expresión e Comunicación Corporal, analizando a importancia que ten para o desenvolvemento evolutivo do ser humán nas primeiras idades.
- Identificar o potencial dos contenidos de Expresión e Comunicación Corporal e relacionalos coas intencións educativas da etapa e área.
- Ser capaz de estruturar os distintos contidos da Expresión e Comunicación Corporal, os recursos metodolóxicos así como os elementos de avaliación axeitados aos procesos de ensinanza aprendizaxe que se desenvolven nas etapas de Infantil e Primaria.
- Reflexionar acerca da presencia, vivencia e conciencia do corpo como totalidade persoal no movemento para descubrir as posibilidades que ofrece o traballo do movemento expresivo e a percepción reflexiva da Expresión Corporal.
TEMA 1: Fundamentos teóricos:
- Qué é a Expresión e Comunicación Corporal: teorías, definicións e correntes actuais.
- Elementos da Expresión e Comunicación Corporal. Linguaxe corporal e linguaxe verbal.
- Capacidades que desenvolve a Expresión e Comunicación Corporal.
- Xustificación dentro dos deseños curriculares: estruturación de obxectivos e contidos dentro das etapas de Infantil e Primaria
TEMA 2: Contidos da Expresión e Comunicación Corporal:
- Contidos básicos da Expresión Corporal: comunicación non verbal e exploración expresiva do corpo.
- Contidos específicos da Expresión Corporal:
- Dramatización.
- Evolución cara ás actividades de representación: do xogo simbólico ao escénico.
- Danza: evolución cara ás actividades expresivo-rítmicas-coreográficas (danza e actividades coreográficas)
TEMA 3: Metodoloxía da Expresión e Comunicación Corporal:
- Orientacións metodolóxicas para a súa aplicación nas etapas de infantil e primaria.
- Papel do docente no traballo da expresión corporal.
- Avaliación das actividades específicas de expresión corporal.
- Recursos e posibilidades materiais alternativas para o desenvolvemento das actividades de expresión corporal
TEMA 4: Elementos orientadores da práctica na Expresión e Comunicación Corporal.
- Sensibilización e familiarización cos elementos básicos da expresión corporal.
- Tratamento globalizador dos elementos de expresión corporal e coñocemento corporal
- Posibilidades motrices expresivas no espazo e tempo.
- Percepción espacial e comunicación
- Percepción espacial e tempo. Ritmo
- Espazo, tempo e comunicación
- O xesto e a postura
- Elementos de representación e dramatización
- Ritmos e danzas. Bailes e coreografías
- Montaxes escénicos e coreográficos na escola
Básica:
ARRIAGADA, K. (2006): Propuestas prácticas de expresión corporal. Madrid. Wanceulen.
BARCALA, R., ABELAIRAS, C. E GIL, P. (2016). Didáctica de la Educación Física en Educación Infantil. Barcelona. Inde.
LEARRETA RAMOS, B.; SIERRA ZAMORANO, M.A. y RUANO ARRIAGADA, K (2006): Didáctica de la Expresión Corporal. Talleres monográficos. Barcelona. INDE.
MONTESINOS AYALA, D. (2004): La Expresión Corporal. Su enseñanza por el método natural evolutivo. Barcelona. INDE.
Complementaria:
ARTEAGA, M. y VICIANA, V. (1997): Las actividades coreográficas en la escuela: Funky, jazz, etc. Barcelona. Editorial Inde.
BENITO VALLEJO, J. (2001): Cuerpo en armonía. Leyes naturales del movimiento. Barcelona. Inde.
BENITO VALLEJO, J. (2005): Cuerpo, mente, comunicación: Bienestar integral en las personas mayores. Salamanca. Amarú.
BENITO VALLEJO, J. (2017). Educar para la ternura. Editorial Corona Borealis. Málaga. BROZAS, M.P. y PEDRAZ, M.V. (1999): Actividades Acrobáticas Grupales y Creatividad. Madrid. Editorial Gymnos.
CASTANER BALCELLS, M. (1999): El potencial creativo de la danza y la expresión corporal. Barcelona. Inde.
CASTAÑER BALCELLS, Marta (2000): Expresión Corporal y danza. Barcelona. Inde.
DE PRADO, D. y CHARAF, M. (2000): Relajación Creativa. Barcelona.Inde.
FERNANDEZ RUBÍ, M. (2003): La danza en las dramatizaciones. Madrid. CSS.
HERNÁNDEZ, V. (1997): Expresión corporal con adolescentes: sesiones para tutoría y talleres. Madrid. CSS.
MARTÍNEZ SÁNCHEZ, J.E. y ZAGALAZ SÁNCHEZ, M.L. (2006): Ritmo y Expresión Corporal mediante coreografías. Barcelona. Paidotribo (Libro + CD)
MIRAFLORES, E. y OCAMPO, J. (2004): Expresión corporal en Primaria. Editorial CCS, Madrid.
MONTAVEZ MARTÍN, M. y ZEA MONTERO, M.J. (2004): Recreación Expresiva. Vol. I. Córdoba. Editorial Re-crea y educa.
MONTAVEZ MARTÍN, M. y ZEA MONTERO, M.J. (2004): Recreación Expresiva. Vol. II. Córdoba. Editorial Re-crea y educa.
ORTIZ CAMACHO, M.M. (2000): Comunicación y lenguaje corporal. Bases y fundamentos aplicados al ámbito educativo. Granada. Proyecto sur.
ORTIZ CAMACHO, M.M. (2002): Expresión Corporal. Una propuesta didáctica para el profesorado de Educación Física. Granada, Grupo Editorial Universitario.
REBEL, G. (2002): El lenguaje corporal. Madrid. Edad.
RIDOCCI. M. (2005): Creatividad Corporal. Ciudad Real. Ñaque. RUCKLE, H (2000): “Cómo entender el lenguaje del cuerpo”. Madrid. Librería pedagógica.
SALOMÓ GURI, C (1999): Unidades didácticas III. Bailes de Salón. Colección: Unidades didácticas de aplicación. Barcelona. Inde.
VÁZQUEZ, B. (1989). La educación física en la educación básica. Madrid. Gymnos.
Deben adquirir as competencias que oficialmente se establecen na ficha correspondente a materia:
XERAIS:
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas da aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
BÁSICAS:
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e soese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, incúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS:
E.53. - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.55. - Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe basadas en principios lúdicos.
E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.58. - Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
- A asignatura de Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal, pola súa propia natureza, podemos considerarla eminentemente experiencial e vivencial. Por este motivo, son imprescindibles para comprender e reflexionar sobre a asignatura as aportacións teóricas, así como o compromiso naquelas actividades prácticas programadas. É importante polo tanto a participación activa e sentida do alumnado na mesma.
- As comunicacións co alumnado realizarase a través do Campus Virtual, correo electrónico ou presencialmente nas titorías.
Para superala materia establécese o seguinte baremo:
-A asistencia a clase non ponderará na cualificación da materia dacordo coas posibilidades dispostas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno (25 de novembro de 2024). Nas sesións interactivas, a asistencia a clase considérase de gran importancia no proceso de ensino-aprendizaxe da materia, polo que se fará rexistro de asistencia e se establece un máximo de 3 faltas de asistencia para someterse ao sistema de avaliación 1 de tódalas sesións impartidas. A asistencia, en ningún caso, repercutirá negativamente na cualificación do alumnado, soamente determinará o sistema de avaliación. Por tanto, ao considerarse parte do proceso de ensino-aprendizaxe, non ter influencia na cualificación, e non depender da asistencia a posibilidade de presentarse a calquera das convocatorias, non se xustificará ninguha falta de asistencia.
-Sistema de avaliación 1: Alumnado con 3 ou menos faltas de asistencia en sesións interactivas:
1) Memoria do proxecto realizado de Aprendizaxe e Servicio sobre a materia. Terase en conta a implicación do alumnado na materia: a participación, colaboración e interese (40%).
2) Elaboración e implementación de propostas didácticas grupales (50%).
3) Deseño, elaboración e execución dunha coreografía (10%).
-Sistema de avaliación 2: Alumnado con máis de 3 faltas de asistencia en sesións interactivas que realizou os traballos prácticos:
1) Exame final teórico da materia en data oficial (50%).
2) Elaboración e implementación de propostas didácticas grupales (25%)
3) Exame teórico-práctico en data oficial no que se deberá mostrar competencias no deseño e desenvolvemento de sesións prácticas baseadas en premisas específicas (25%).
- Sistema de avaliación 3: Alumnado con máis de 3 faltas de asistencia en sesións interactivas que non realizou os traballos prácticos. Sistema válido para alumnado repetidor ou con dispensa:
1) Exame final teórico da materia en data oficial (40%).
3) Traballos individuais relacionados cos contidos da materia (25%).
3) Exame teórico-práctico en data oficial no que se deberá mostrar competencias no deseño e desenvolvemento de sesións prácticas baseadas en premisas específicas (35%).
Valorarase:
- Asimilación dos contidos e dominio dos aspectos básicos da materia.
- Calidade das aportacions individuais e en grupo en relación ós contidos, tantos teóricos como prácticos da materia.
- Valoración do traballo persoal en relación ás normas establecidas que dirixen o coñecemento e uso de fontes documentais, capacidade de síntese e calidade das aportacions persoais.
- Implicación do alumnado na materia: participación, colaboración e interese.
- En tódolos casos, para superala materia débese obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
-Actividades en gran grupo............................20%
-Actividades en grupo mediano......................10%
-Actividades en grupo pequeno......................20%
-Actividades de traballo autónomo..................50 %
Estes datos de planificación teñen carácter orientativo considerando a heteroxeneidad do alumnado.
- A participación activa será un factor importante a ter en conta nesta materia.
- O respecto, colaboración e interacción grupal é fundamental para aproveitar ao máximo o contido da materia.
- Débense ter en conta as pautas dadas para a elaboración, recopilación e exposición dos traballos.
- Entregar os traballos en tempo e forma.
Indicacións específicas:
-É obrigatorio asistir ás clases interactivas en roupa e calzado deportivo, sen xoias nin reloxos voluminosos e, no caso de ter melena, co pelo recollido.
-O alumnado con algunha dispensa médica ou doutra índole que lle impida realizalas sesións prácticas debe asistir exactamente igual ás clases aínda que non realicen exercicio físico.
-Está terminantemente prohibido comer goma de mascar en clases prácticas.
Indicacións xerais:
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maite Abilleira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- maiteabilleira.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
01.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |