Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Mellora Xenética é a aplicación da Xenética ós rendementos dos animais domésticos. O obxectivo básico é a predición do valor xenético dun individuo a partir dos datos obtidos deste ou dos seus parentes. O propósito da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán a os seus descendentes, coa finalidade de aumentar o valor dun carácter determinado na poboación.
Marcadores xenéticos e aplicacións en biotecnoloxía animal. Programas de selección. Valor reprodutivo. Selección masal. Selección familiar. QTL. Selección asistida por marcadores. Valor reproductivo. Control da consanguinidade en programas de mellora. Hibridación e heterosis. Variacións cromosómicas e a mellora en acuicultura. Poboacións monosexo e triploides. Programas de conservación.
A exposición e desenvolvemento destes contidos son feitas a través destes temas:
Tema 1: Introdución
Obxectivo da mellora xenética. Mellora Xenética vs Mellora Ambiental. Concepto de Mellora Xenética. Variabilidade Xenética e Mellora Xenética. 1HP/2HNP
Tema 2: Xenética de Poboacións
Os xenes nas poboacións. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Cuantificación da variabilidade xenética. O Equilibrio Hardy-Weinberg. Implicacións do equilibrio H-W. Apareamento no aleatorio. Endogamia. Cambios nas frecuencias xénicas. Mutación. Migración. Selección. Deriva xenética. 4HP/7HNP
Tema 3: O modelo xenético básico
Variación cualitativa vs variación cuantitativa. Análise de caracteres cuantitativos. Herdanza polixénica. Experimentos de Johannsen. Hipótesis multifactorial: experimentos de Nilsson-Ehle, East. O modelo estatístico da X. Cuantitativa. Efecto medio dun alelo. Valor reproductivo. Desviación dominante. 4HP/6HNP
Tema 4: O modelo xenético en termos de varianza
Compoñentes da varianza fenotípica. Heredabilidade en sentido amplo. Métodos de estimación de H2. O significado de H2. Repetibilidade. Descomposición da varianza xenética. Heredabilidade en sentido estrito. 3HP/5HNP
Tema 5. Estima da heredabilidad h2
Semellanza entre parentes. Métodos de estima da heredabilidad h2. Composición da covarianza. Regresión proxenie – proxenitor. Regresión proxenie – proxenitor medio. Correlación entre medios irmáns (HS). Correlación entre irmáns (FS). Valores de h2 para distintos caracteres. 3HP/5HNP
Tema 6. Resposta á selección
Selección artificial. Resposta á selección. Diferencial de selección / Intensidade de selección. Mellora da resposta á selección. Límite á selección. Información de parentes / Métodos de selección. Índices de selección. Depresión consanguínea. Heterosis. QTLs. 3HP/5HNP
BÁSICA:
- PIERCE, B. 2015. “Genética : un enfoque conceptual ”. Editorial Médica Panamericana. Disponible en línea en la web de la Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
-FRANKHAM, R.; BALLOU, J.D.; BRISCOE, D.A. 2004. A primer of Conservation Genetics. Cambridge University Press
-CABALLERO, A. 2017. Genética Cuantitativa. Ed. Síntesis.
-FALCONER, D.S. y MACKAY, T.F.C. 2006. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
COMPLEMENTARIA:
-GJEDREM, T. (Editor). 2005. Selection and Breeding Programs in Aquaculture. Springer.
-LEGATES, J.E. y WARWICK, E.J. 1992. "Cría y Mejora del Ganado". Ed. Interamericana.
-MARTÍNEZ, P.; FIGUERAS, A. 2007. Genética y Genómica en Acuicultura. Publicaciones científicas y tecnológicas del Observatorio Español de Acuicultura.
-NICHOLAS, FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.
Coñecementos:
Con03. 1.3. Posesión, con sentido crítico, dos coñecementos de vangarda da súa especialidade.
Habilidades / Destrezas:
H/D04. 2.4. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñería en áreas emerxentes da súa especialidade.
Competencias
Comp20. CE-13 Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos produtivos animais: biotecnoloxía e mellora animal.
Clases expositivas e interactivas de seminario:
As clases expositivas e interactivas de seminario van ser o núcleo básico da metodoloxía docente desta materia e se impartirán ó grupo completo. Nas clases teóricas trataranse os contidos específicos do programa (Con03. 1.3), e a aplicación destes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas ou casos prácticos.
Para o desenvolvemento dos contidos usarase calquera material que facilite a comprensión dos conceptos abordados (presentacións en PowerPoint, videos, animacións, etc). No desenvolvemento de cada clase expositiva o profesor pode propoñer cuestións ou problemas para os alumnos e comprobar o seu grado de comprensión.
Boletíns de problemas
Os estudantes disporán de boletíns de problemas e cuestións de complexidade crecente, relacionados cos conceptos tratados ao longo do semestre; a maioría dos problemas resolveranse nas clases. Cada alumno vai resolver un conxunto de cuestións específicas; o resultado será entregado ó profesor responsable da avaliación.
Prácticas de laboratorio
Son tres as prácticas a realizar na materia, cada unha delas conta cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Trala finalización da práctica estes contestarán un cuestionario que entregarán ao devandito profesor para a súa avaliación.
Xunto cos seminarios de problemas, han de contribuir a reforzar os coñecementos da materia e dotarán ós alumnos da capacidade para afrontar os problemas e casos prácticos relacionados co exercicio da súa profesión (H/D04. 2.4.; Comp20. CE-13)
Práctica 1.- Estimación de diversidade xenética a través de loci microsatélites mediante o programa GENEPOP. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
Práctica 2.- Análise da variación xenética dun rasgo cuantitativo en condicións naturais. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
Práctica 3.- Biometría dun carácter métrico de interese comercial e a estimación da súa heredabilidade por regresión lineal. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
O sistema de avaliación baséase na avaliación continua. A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria (>85%) para superar a asignatura. Cando a nota obtida na avaliación continua non é suficiente para aprobar a materia, realizarase un exame final de todo ou parte dos contidos da materia.
A resolución de preguntas e problemas específicos, así como cuestionarios ou calquera outro sistema de avaliación periódica realizado ó longo do curso por cada alumno suporá o 50% da nota final; outro 30% inclúe a interpretación de cada unha das prácticas realizadas por cada alumno; o 20% restante terá en conta a asistencia as clases expositivas e seminarios de problemas e a súa participación activa neles. Este sistema permitirá avaliar a adquisición dos coñecementos (Con 03.1.3), habilidades (H/D04.2.4) e as competencias previstas (Comp20. CE-13 Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos produtivos animais: biotecnoloxía e mellora animal).
Os alumnos repetidores non terán que realizar as prácticas (conservarase a nota da ano anterior). Os demais aspectos da avaliación serán equiparables ós dos alumnos de nova matrícula.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia o examen final será o único método de avaliación que suporá o 100% da nota final.
Tal como se recolle no Artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada en Consello de Goberno de 15 de Xuño de 2011, “...a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente …” e que “…Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.…”
Clases expositivas e interactivas de seminario:
Requirirán un total de 18 horas presenciais; 20 horas de traballo serán por parte do alumno.
Clases prácticas: 6 horas presenciais e de asistencia obrigatoria por parte do alumno na aula de informática e/ou laboratorio de Xenética.
Consideramos que se precisan un total de 15 horas para que o alumno chegue á comprensión de problemas e elabore os resultados das prácticas.
- Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das prácticas, clases expositivas ou interactivas.
- Resolver os boletíns de problemas a medida que avanza o desenvolvemento de conceptos nas clases expositivas.
- Usar as titorías para resolver dúbidas ou preguntas.
- Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web, ...) que estenderá todas as informacións recibidas nas clases teóricas e prácticas.
Materia en extinción no curso 2025/26, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Jaime Castro Alberto
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- jaime.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor