Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Zooloxía, Produción Vexetal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Na Memoria Verificada da titulación recóllense coma obxectivos principais desta materia os seguintes:
1) Coñecimentos básicos sobre a biodiversidade
2) Problemática da conservación e xestión da biodiversidade
De maneira máis detallada, os obxectivos desta materia céntranse na asimilación dos conceptos de biodiversidade e ecosistema, así como na vertebración destes no Convenio da Diversidade Biolóxica e na Estratexia Europea da Biodiversidade, para posteriormente abordar a configuración dos compoñentes da biodiversidade (especies, hábitats) no ámbito territorial de Galicia. Finalmente, estes conceptos deberán ser utilizados na elaboración dos traballos que se presentarán como parte dos métodos de avaliación da materia.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Elementos integrantes do medio natural.
- A conservación da flora e fauna silvestre.
- O recoñecemento e estudio de ecosistemas e hábitats.
- Exemplos de integración do medio natural na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Estes contidos desenvolveranse da cordo ao seguinte temario (indícase de maneira orientativa o tempo dedicado a cada tema):
Programa teórico
1.- Concepto de Biodiversidade: Convenio da Biodiversidade Biolóxica e Estratexia Europea da Biodiversidade (1,5 h).
2.- Riqueza e diversidade específica (1,5 h).
3.- Especies protexidas (1,5 h).
4.- Especies invasoras (1,5 h).
5.- Concepto de Ecosistema: expresión territorial da biodiversidade (1,5 h).
6.- Hábitats de Interese Comunitario (1,5 h).
7.- Ameazas e xestión da biodiversidade (2,5 h)
8.- Areas Protexidas, uso público e actividades na Natureza (2,5 h).
Programa práctico
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizaranse viaxes de prácticas nas que se visitarán distintos Espazos Protexidos co fin de describir e avaliar os compoñentes da biodiversidade (especies, ecosistemas), así como as presións e ameazas causadas polo ser humano. Estas actividades levaranse a cabo de xeito coordinado coas outras dúas materias que integran o Módulo 3 desta Titulación (“P3281107 Coñecemento xeográfico do medio natural” e “P3281108 Natureza, paisaxe e arquitectura rural”.
Bibliografía básica
- Begon, M., Harper, J.L. & Townsend, C.R. (1999). Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades (3ª ed.). Ed. Omega. Barcelona.
- CDB (1993). Convenio sobre la Diversidad Biológica, Río de Janeiro, 1992. Tratados Internacionales de las Naciones Unida. New York. (https://www.cbd.int/doc/legal/cbd-es.pdf).
- Comisión Europea (2011). Estrategia de la UE sobre la Biodiversidad hasta 2020. Oficina de Publicaciones de la Unión Europea. Luxemburgo.
- Ramil Rego P. et al. (2005). La expresión territorial de la biodiversidad. Paisajes y hábitats. Recursos Rurais, Serie Cursos e Monografías 2: 109-123.
- Ramil Rego, P. et al. (2009). Os hábitats de interese comunitario en Galicia. 2 Vol. Recursos Rurais. IBADER. Lugo.
- Ramil Rego, P. et al. (2011). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. 1 Vol. + 7 Anexos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
- Ramil-Rego, P., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do IBADER. Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 918.
Bibliografía complementaria
- Delibes De Castro, M. (2001). Vida: la naturaleza en peligro. Temas de Hoy. Madrid.
- Díaz-Fierros, F. & López Silvestre, F., (Eds.)(2009): Olladas críticas sobre a paisaxe. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Morales Miranda, J. & Guerra Rosado, F. (1992): Uso público y recepción en Espacios Naturales Protegidos. Seminario permanente de educación ambiental en Espacios Naturales Protegidos. Secretaria General de Medio Ambiente. MOPT. Sevilla.
- Pascual Trillo, J.A. (2001). La vida amenazada: cuestiones sobre la biodiversidad. Ed. Nivela. Madrid.
- Pineda, P.D., De Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo J. (2002). La diversidad biológica de España. Prentice Hall-Pearson Education. Madrid.
- Ramil-Rego, P. (2009). Sinopse dos agrosistemas de Galicia. En: X. Simón Fernández & D. Copena Rodríguez (Eds.): 51-70. Construíndo un rural agroecolóxico. Universidade de Vigo.
- Ramil-Rego, P. & Ferreiro Da Costa, J. (2015). Guia de campo para a interpretación do feismo na paisaxe de Galicia. Horreum. Ibader. Lugo.
- Ricklefs, R.E. (1998). Invitación a la Ecología. La economía de la Naturaleza. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires, Madrid.
Bibliografía complementaria (en inglés)
- Martínez Sánchez, S.; Ramil-Rego, P. & Chuvieco, E. (2010). Monitoring loss of biodiversity in cultural landscapes. New methodology based on satellite data. Landscape and urban Planning 94 (2): 127-140.
- Martínez Sánchez, S., Ramil Rego, P., Sánchez Hinojo, B. & Chuvieco Salinero, E. (2011). Assessing Loss of Biodiversity in Europe Through Remote Sensing: The Necessity of New Methodologies. En: O. Grillo & G. Venora (Eds.): Biodiversity loss in a changing planet: 19-48. In Tech. Rijeka, Croatia.
- Schulze, E.D. & Mooney, H.A. (1994). Biodiversity and ecosystem function. Springer-Verlag. Berlin-Heidelberg.
Páxinas web.
http://biodiversity.eionet.europa.eu/
http://eunis.eea.europa.eu/
http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/environment/index_es…
http://www.eea.europa.eu/es
http://www.ibader.gal/
http://www.floraiberica.org/
http://www.natura.org/
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
CE9 - Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
CE10 - Que os estudantes teñan coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.
CE11 - Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se podan presentar na organización e realización de actividades.
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais e reversas), clases prácticas (viaxes de campo) e a titoración do proceso de elaboración dun traballo en grupo. Todas estas actividades teñen un carácter presencial.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre a diversidade biolóxica do territorio galego, os seus compoñentes e o seu valor desde o punto de vista da educación ambiental. Tamén servirán para iniciar ós estudantes na busca e análise de información sobre biodiversidade e ecosistemas que resulte útil para os obxectivos da mesma. Alo menos en parte, estas sesións teóricas terán un carácter interactivo (clases reversas), relacionado coa discusión na aula de certos temas ou lecturas recomendadas previamente e á confección de pequenos traballos, a traveso dos que se realizará a avaliación das competencias CB6, CE8, CE9, CE10 e CE11.
Durante as clases prácticas visitaranse varios Espazos Naturais con diferente representación dos tipos máis sobresaíntes de ecosistemas (hábitats) e especies presentes en Galicia, nos que se estudiarán as ameazas que afectan a estes compoñentes da biodiversidade. Dadas as características dos lugares a visitar e a época do ano na que se desenvolverán estas actividades prácticas (outono, estación con elevada probabilidade de choiva), os participantes deberan ir provistos de roupa e calzado axeitados.
Os estudantes serán atendidos en titorías de grupos reducidos para orientar o seu proceso de elaboración do traballo conxunto das materias do módulo (2 horas repartidas en catro sesións). O desenvolvemento desta modalidade docente permitirá avaliar as competencias CB6, CE8, CE9, CE10 e CE11.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a traveso do Campus Virtual da USC.
A avaliación do grado de adquisición das competencias relacionadas coa materia realizarase por medio de tres vías:
- a valoración do grao de participación nas actividades específicas da materia.
- a realización dunha proba escrita (exame) sobre os contidos da materia.
- a elaboración dun traballo de grupo que versará sobre contidos abordados polo conxunto de materias que conforman o módulo 3 (traballo de módulo).
Tendo en conta os intervalos establecidos na Memoria Verificada da titulación, establécese o seguinte cadro de correspondencias entre os sistemas de avaliación empregados, as competencias avaliadas e o peso de cada sistema na cualificación final:
Sistema de avaliación Competencias Ponderación sobre a nota final (%)
- Participación nas aulas y asistencia a actividades prácticas CE8, CE9 20%
- Realización da proba escrita: CB8, CB9, CE8,CE9 30%
- Elaboración do traballo do Módulo 3: CB8, CB9 50%
Para a superación final da materia haberá de acadarse unha nota mínima de 5 en cada un dos sistemas de avaliación empregados. A proba escrita realizarase nas datas, horas e lugares indicados no horario académico oficial da titulación. Proporcionaráse a traveso do Campus Virtual un guión de elaboración do traballo conxunto para as materias que integran o Módulo 3, que se levará a cabo dentro dos límites dunha área protexida declarada como tal dentro do territorio galego. Os grupos de traballo deberán de enviar ao profesor coordinador do Módulo 3 unha proposta de área protexida dentro do prazo que se estipule ao inicio do curso. Dita proposta deberá de ser aceptada como área válida para la realización do trabajo de módulo por dito profesor.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela". Nestes casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario académico e aparecen programadas na Guía docente, así como a entrega dos traballos individuais e de grupo e a realización da proba escrita.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Estímase que, para superar a materia, os estudantes deberían adicar o seguinte tempo de traballo persoal:
Tipo de traballo Nº de horas
Lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 18
Elaboración de traballos propios da materia 30
TOTAL horas 48
Recomendase asistir ás actividades docentes programadas na materia así como facer uso dos materiais que se proporcionarán a traveso da Plataforma do Campus Virtual da USC.
Calquera dúbida relativa aos contidos teóricos, o desenvolvemento das prácticas ou a elaboración dos traballos da materia poderán ser resoltos dentro do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou ben, mediante consulta telemática a traveso de correo electrónico dirixido a:
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
ramil.rego [at] gmail.com (ramil[dot]rego[at]gmail[dot]com)
jesus.dominguez [at] usc.es (jesus[dot]dominguez[at]usc[dot]es)
Tamén se contempla, se existen causas xustificadas, a realización de titorías virtuais mediante o software Teams ou similar.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 30 |
15.01.2026 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
01.07.2026 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |