Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e manexar os símbolos gráficos dos elementos da música coa finalidade de comprender e aplicar os coñecementos teórico-prácticos da música: lecto-escritura musical, coordinación rítmica (corporal e instrumentos escolares), expresión vocal, expresión corporal e percepción auditiva.
- Coñecer e comprender as bases da educación musical na educación infantil valorando esta linguaxe no desenvolvemento integral dos nenos.
- Elaborar propostas didácticas tomando como base o currículo da expresión musical na educación infantil, analizando e empregando estratexias e recursos didácticos apropiados a esta etapa educativa.
- Demostrar interese, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan.
- Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, coidando a coherencia interna e a organización.
- Coñecer, manexar e utilizar aplicacións musicais TIC.
- Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
- Contidos básicos da linguaxe musical: teoría e práctica.
- A música na educación infantil. O currículo, fundamentos psicopedagógicos, recursos e propostas didácticas.
- Aplicacións musicais TIC.
Bibliografía básica
- Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A. (2008). La música en la escuela infantil (0-6). Editorial Graó.
- Cremades, R. (2017). Desarrollo de la expresión musical en educación infantil. Colección Didáctica y Desarrollo. Ediciones Paraninfo Universidad.
- Díaz, M., Riaño, G. (2011). Fundamentos musicales y didácticos en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria
Bibliografía complementaria
– Díaz, M., Giráldez, A. (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Barcelona, Graó.
– Giráldez, A. (2005): Internet y educación musical, Barcelona, Graó.
– Glover, J. (2004). Niños compositores: de 4 a 14 años. Barcelona: Graó.
– MEC (2006): Real Decreto 1630/2006, por el que se establecen las enseñanzas mínimas del segundo ciclo de Educación
Infantil, B.O.E. 04/01/07
– Pascual, P. (2006). Didáctica de la música para Educación infantil. Madrid: Pearson
– Ruiz, E. (2011). Expresión musical en la educación infantil. Orientaciones didácticas. Madrid: Editorial CCS
– Swanwick, K. (1991): Música, pensamiento y educación, Madrid, Morata.
– Tafuri, J. (2006). ¿Se nace musical? Como promover las actitudes musicales de los niños. Barcelona: Graó.
– Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. Sevilla: Mad
– Willems, E. (2001): El oído musical. La preparación auditiva del niño, Barcelona, Piados Educador.
Revistas
– Eufonía. Revista de Didáctica de la Música. Desde 1996. Barcelona, Graó.
– Léeme. Revista electrónica europea de música en la educación.
– Música y Educación. Revista de Pedagogía Musical, desde 1988. Madrid, Musicalis
– International Journal of Music Education. Revista de educación musical.
BÁSICAS E XENERAIS
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
ESPECÍFICAS
E.54. - Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E.55. - Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.57. - Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Sesións expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos. Nestas sesións desenvolveranse fundamentalmente os contidos básicos da linguaxe musical.
Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentales a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademais propoñeranse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e realización de probas musicais tipo test.
As tutorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
Poderíanse realizar saídas didácticas ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela para coñecer o folclore musical de Galicia.
A avaliación da materia estrutúrase nos seguintes apartados, seguindo un proceso de AVALIACIÓN CONTINUA (sen proba final):
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (15%): Tomarase en consideración a participación nas actividades sinaladas pola docente ao inicio do curso. O alumno que teña máis dun 20% de faltas de asistencia non xustificadas de forma adecuada, non será cualificado neste apartado, por tanto, obterá 0 puntos. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo de 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais.O control de asistencia realizarase con folla de sinaturas.
2) PROBAS ESPECÍFICAS (40%): Realizaranse probas de contido conceptual da materia e de habilidades de audición musical correspondentes á programación das partes interactiva e expositiva.
3) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%): Valorarase a través do traballo grupal, relacionado co deseño e aplicación dun tema didáctico musical para a educación infantil.
4) PRESENTACIÓNS ORAIS (15%): A cualificación virá das exposicións dos traballos en grupo realizadas polos estudantes.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axústase ao especificado no “Regulamento de Asistencia a clase” nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os aspectos que se avaliarán para superar a materia serán os mesmos que na primeira oportunidade: participación na aula, probas específicas, informes escritos e outras producións e presentacións orais. O alumnado poderá decidir as partes ás que se presenta para mellorar as súas cualificacións.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS (REPETIDORES)
O alumnado terá a posibilidade de participar nas actividades formativas nas mesmas condicións que o alumnado de primeira oportunidade ou ser avaliado cunha proba similar á de segunda oportunidade.
Deberá pórse en contacto coa docente nas dúas primeiras semanas do semestre, coa finalidade de concretar o plan de traballo.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – PRIMERA OPORTUNIDADE
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas será avaliado dos catro apartados de igual modo que o alumnado de convocatoria común: participación na aula, probas específicas, informes escritos e outras producións e presentacións orais.
Deberá pórse en contacto coa docente nas dúas primeiras semanas do semestre, coa finalidade de concretar o plan de traballo.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – SEGUNDA OPORTUNIDADE
As condicións para superar a materia serán as mesmas que na primeira oportunidade: participación na aula, probas específicas, informes escritos e outras producións e presentacións orais. O alumnado poderá decidir as partes ás que se presenta para mellorar as súas cualificacións.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Seguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS será desta materia é a seguinte:
- Horas expositivas: 24
- Horas interactivas: 24
- Horas de tutoría: 3
- Número total de horas presenciais: 51
- Horas de traballo do estudante: 99
- Número total de horas de dedicación á materia: 150
- Asistencia e participación nas clases.
- Estudo regular da materia.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan desde un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de tutorías.
- Entrega de traballos e/ou actividades expostas polo profesorado dentro dos prazos indicados.
- Utilizar os recursos da propia Facultade para a ampliación dos propios coñecementos.
- Os traballos individuais e/ou grupales deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programe de forma coordinada.
- Responsabilidade ambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios
Imprimir a dobre cara en calidade de aforro de tinta.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, entendéndose privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudiantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC.
Mª Angeles Lopez De La Calle Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Música |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Música |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Música |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Música |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Música |
28.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Música |
23.06.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Música |