Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Desenvolver unha comprensión da función das artes na educación, de modo específico da música, e da súa contribución ao desenvolvemento de actitudes e hábitos útiles para a vida e para o traballo.
2. Dar a coñecer a natureza da música e as formas nas que a música se pode aprender.
3. Desenvolver habilidades e destrezas musicais básicas que contribúan á comprensión e coñecemento da linguaxe musical.
4. Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, a súa aplicación na educación primaria de xeito seguro e a súa relación con outras áreas, cos obxectivos xerais e as competencias da etapa.
5. Participar en propostas e proxectos musicais que fomenten a participación ao longo da vida en actividades dentro e fóra da escola.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – A natureza da música e o seu sentido na escola
• Valor formativo da música. ¿Por que ensinar música aos nenos? Que achega ao desenvolvemento infantil?
• Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical.
• Elementos da música e a súa exploración para un entendemento e desenvolvemento na Educación Primaria.
Bloque II – A música no currículo da Educación Primaria
• Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
• Relación da música con outras áreas curriculares e a súa contribución a desenvolvemento formativo e das competencias básicas.
• A música na atención á diversidade dende unha perspectiva curricular.
• Propostas de educación musical para a Educación Primaria.
Bloque III – Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estrutural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
Bibliografía básica.
- López de la Calle, M. (2001). La música y su proyección educativa. Investigación e Innovación na Escola Universitaria de Formación del Profesorado, Lugo. USC. pp. 233-246.
- Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la Música. Madrid: Pearson
- Jauset Berrocal, Jordi Á. (2013) Cerebro y Música, una pareja saludable. Barcelona: Círculo Rojo.
Bibliografía complementaria
- A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía. Didáctica de la música 41. Barcelona: Graó.
- Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
- International society for music education: www.isme.org
- Lines, D.K. (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Madrid: Ediciones Morata.
- Schanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Madrid: Morata.
- Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. Sevilla: MAD.
- Gillanders, C. y Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación 8. Madrid: Ed Musicalis, pp. 62-72.
- López Outeiral, J. S. (2008). Educación musical edificación personal y colectiva: una nueva visión educativa a través del proceso de aprendizaje de la práctica instrumental en los conservatorios de música españoles. Actas del Congreso Internacional Apgico, Loulé, Portugal, 17-19 octubre 2008 y Revista Recrearte, 11, 2-22.
Documentos:
- MEC. LOE, Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de Educación (BOE, 4 de mayo de 2006).
- Xunta de Galicia, Consellería de Educación y Ordenación Universitaria. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOGA, Núm. 171 do 9 de setembro de 2014)
As competencias que o documento oficial da titulación adscribe a esta materia son as seguintes:
G.1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
E.54 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes.
E.55 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E.56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
E.57 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais plásticas dentro e fóra da escola.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
T.1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A propia natureza da música e as competencias de diferentes tipos que deben desenvolver os estudantes a través desta materia esixe unha intervención na aula que combine diferentes estratexias. levasen a cabo actividades de gran grupo orientadas para falar, debater e reflexionar sobre os contidos propiamente teóricos da materia.
Os alumnos lerán previamente, cando sexa necesario, os materiais escritos a traballar.
Os alumnos terán a oportunidade de facer as exposicións dos seus traballos tomando como referencia os contidos máis teóricos impartidos nas primeiras clases Expositivas e Interactivas. A realización do Traballo realizarase preferentemente por grupos reducidos de 5 ou 6 alumnos/ as durante o tempo das propias clases Interactivas coa guía do docente. O Traballo final expoñerase para a súa avaliación, debate e reflexión sobre o mesmo que levará a cabo durante a clase expositiva.
Nas actividades de grupo reducido trabállanse outro tipo de aspectos ou contidos que requiren unha práctica regular e un desenvolvemento continuo ao longo da materia. No campo da música “facer” é un feito imprescindible xa que sen a súa práctica non é posible avanzar na súa comprensión e dominio. En consecuencia o tempo dedicado ás sesións prácticas será ostensiblemente superior ao destinado ás sesións teóricas. Do mesmo xeito o alumno deberá dedicar unha porcentaxe substancial do traballo persoal ao desenvolvemento das súas propias habilidades musicais.
As sesións ou prácticas específicas de música desenvólvense con diversas técnicas de traballo en grupo, o que dará lugar a que o alumno opere en múltiples configuracións espaciais. Con iso trátase de desenvolver no alumno as competencias xerais relacionadas con actitudes e valores. A realización do Traballo levará a cabo tomando como referencia os contidos máis teóricos impartidos nas primeiras clases Expositivas e Interactivas. As actividades en grupo pequeno ou de titorías dirixiranse a orientar e supervisar as aprendizaxes musicais e didácticas propostos para esta materia. Así mesmo, poderanse avaliar os procesos de aprendizaxe de forma máis individualizada.
A avaliación levarase a cabo de forma continuada sen deixar de ter en conta unha finalidade formativa. A avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
A) Participación na aula: 15% da nota final.
Tomarase en consideración a participación activa nas actividades presenciais, especialmente nas clases Expositivas. Realizarase un control de asistencia.
B) Proba específica: 50% da nota final.
Para isto implementaranse polo menos dúas probas obxectivas ao longo do cuadrimestre realizadas a través da aula virtual. Estas levarán a cabo presencialmente na aula seguindo cunha corrección e debate.
Para aprobar a materia será preciso alcanzar polo menos un 5 neste apartado.
C) Proxecto/Traballo utilizando a Música como recurso Educativo: 30% da nota final.
A exposición do Traballo efectuarase na Clase Expositiva ante o resto de compañeiros/as, seguido dunha avaliación por parte do docente e alumnado.
D) Presentación oral do Traballo/Proxecto do apartado C): 5% da nota final.
Tomarase en consideración a capacidade comunicativa e léxico empregado polos integrantes de cada un dos grupos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
1. O ALUMNADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA deberá poñerse en contacto co docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso co fin de acordar o seu plan de traballo específico e a avaliación da materia
2. O ALUMNADO QUE ASISTE A MENOS DO 80% DAS ACTIVIDADES PRESENCIAIS só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D.
3. O ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO) ten unha segunda oportunidade no mes de xullo. Terá dereito a realizar a proba final e entregar o Traballo, se é o caso, manténdoselle nos restantes apartados as cualificacións obtidas no período ordinario.
4. O ALUMNADO REPETIDOR pode optar por realizar todas as actividades comúns da materia desde os inicios do semestre participando dos mesmos criterios de avaliación que o resto dos estudantes ou facer unicamente a proba final respectándoselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación no curso anterior. Deberá poñerse en contacto co docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso co fin de acordar o seu plan de traballo específico e a avaliación da materia.
*Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Esta materia segue o sistema de avaliación C) para a primeira convocatória ordinaria (Xaneiro), o que significa que a asistencia é “preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. (...) con anterioridade á realización das probas deberá publicarse un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse”. O alumnado que non acade o 80% de asistencia nas sesións, só poderá examinarse na segunda convocatoria (Xuño-Xullo).
Seguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24 Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudante: 99 Total horas dedicación á materia: 150
Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.
A proposta docente que se presenta constrúese, de xeito esencial, dende a práctica na aula. Para poder alcanzar os obxectivos de aprendizaxe propostos nesta materia é fundamental a asistencia ás sesións permitindo ademais entender e asimilar a teoría dun xeito sinxelo e efectivo.
• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• A materia contará cunha Guía Docente na que os estudantes poderán atopar orientacións para o desenvolvemento de cada un dos bloques e temas encomendados.
• O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terá en conta para estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de canutillos.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/
QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragraphs/more_info_service/2023-01/
linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_05 | - | Aula de Música |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | - | Aula de Música |
19.05.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Música |
30.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |