Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
1. Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e Química.
Modelos e teorías.
Métodos de investigación en Física e Química.
2. Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo construtivista.
Estratexias e recursos para aprender a aprender.
3. A aprendizaxe da Física e da Química: construción e uso de coñecementos.
A construción de coñecementos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
4. O desenvolvemento das competencias e prácticas científicas.
A competencia científica e a súa relación coa práctica científica.
A construción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias e o uso de probas.
A indagación científica.
Estratexias docentes para favorecer o desenvolvemento destas competencias.
5. Resolución de problemas e traballo experimental en Física e Química.
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
6. Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e na Química.
Dificultades na transferencia de conceptos.
Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Dimensións afectivas na aprendizaxe das ciencias: motivación, interese, actitudes e emocións.
7. O ensino da Física e a Química no contexto social.
Contexto social da ciencia.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Bibliografía básica:
- Caamaño, A.(Ed.) (2011). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). 10 Ideas Clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Síntesis.
Bibliografía complementaria:
- Acevedo Díaz, J.A. (2004). “Reflexiones sobre las finalidades de la enseñanza de las ciencias: educación científica para la ciudadanía”. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias. 1(1), 3-16.
- Cid, R. (2006). As dificultades de aprendizaxe. Avaliación da aprendizaxe de contidos básicos en ciencias na ESO en Galicia. Colección investigación educativa 16 ,131-166 (ICE – USC).
- Crujeiras Pérez, B., Gallástegui Otero, J. R., Jiménez Aleixandre, M. P. (2014). Indagación en el laboratorio de química. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, 74,49-56.
- Domínguez, J.M. (2003). El uso de modelos en la enseñanza-aprendizaje de la física. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, 35, 53-59.
- Furió C., e outros. (2000) “La enseñanza y el aprendizaje del conocimiento químico”, en F. Perales Palacios, P. Cañal de León (Eds.): Didáctica de las Ciencias Experimentales, Ed. Marfil, Alcoy.
- González Aguado, M. (2013). 84 experimentos de química cotidiana en secundaria. Barcelona: Graó.
- Justi, R. (2006). La enseñanza de las ciencias basada en la elaboración de modelos. Enseñanza de las Ciencias 24(2), 173-184.
- Lozano Lucía, O. R. (2014). 85 experimentos de física cotidiana. Barcelona: Graó.
- Martín, M. J., Gómez, M. A., e Guitiérrez, M. S. (2000). La Física y la Química en secundaria. Madrid: Narcea.
- Mellado, V., Borrachero, A. B., Brígido, M., Melo, L. V., Dávila, M. A., Cañada, F., Conde, C., Costillo, E., Cubero, J., Esteban, R., Martínez, G., Ruiz, C., e Sánchez, J. (2014). Las emociones en la enseñanza de las ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 32(3), 11-36.
- Oliva, J. M. (2008). ¿Qué conocimientos profesionales deberíamos tener los profesores de ciencias sobre el uso de analogías? Revista Eureka sobre la Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 5(1), 15-28.
- Vázquez-Alonso, A., Manassero-Mas, A. (2012). La selección de contenidos para enseñar naturaleza de la ciencia y tecnología (parte 1): Una revisión de las aportaciones de la investigación didáctica. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 9(1), 2-31.
- Windschitl, M. (2003). Inquiry projects in Science Teacher Education: what can investigative experiences reveal about teacher thinking and eventual classroom practice? Science Education, 87, 112-143.
- Libros de textos de ESO e Bacharelato de Física e de Química de diversas editoriales.
- Revistas especializadas: Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales (https://www.grao.com/es/alambique), Boletín das Ciencias (https://www.enciga.org), Enseñanza de las Ciencias (https://ensciencias.uab.es/), Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias (https://revistas.uca.es/index.php/eureka), Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias (http://reec.uvigo.es/), Latinoamerican Journal of Physics Education (http://www.lajpe.org/), Physics Education (https://iopscience.iop.org/journal/0031-9120), Journal of Chemical Education (https://pubs.acs.org/journal/jceda8), International Journal of Science Education, Journal Research in Science Teaching, Research in Science Education, Revista de Educación (http://www.educacionyfp.gob.es/revista-de-educacion/inicio.html), Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Science Education (https://onlinelibrary.wiley.com/journal/1098237x).
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-G1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan quen de:
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
Que os estudantes sexan quen de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinares.
A docencia das clases expositivas e interactivas será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse de forma presencial ou a través de correo electrónico.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da docente. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas pola docente tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do/a estudante ou grupo de estudantes relacionada coa materia.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
AVALIACIÓN CONTINUA: 60%
- Asistencia a clase: 15%. O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024). A asistencia a clase ponderarase na cualificación final nunha porcentaxe (apartado b do artigo 1.2 do Regulamento) dun 15%.
- Participación activa: 15%. Entrega dun portafolios a través do Campus Virtual (C.V.) no que conste resumidamente: o que se traballou na aula cada día, unha reflexión persoal (diaria) e as tarefas realizadas en cada xornada.
- Traballos de clase: 30%. Os traballos, relacionados cos contidos da materia, serán comezados na aula e poden ser individuais ou en grupo (especificarase en cada un deles). A entrega dos traballos realizarase a través do C.V.
EXAME FINAL: 40%
- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas.
ACLARACIÓNS:
-Para obter puntuación no apartado de asistencia a clase será necesario asistir, como mínimo, ao 80% das clases.
- Para poder sumar as cualificacións da avaliación continua é preciso ter, como mínimo, un 4 no exame final.
- Segunda oportunidade da primeira convocatoria: a cualificación acadada na avaliación continua terase en conta na nota final, na mesma proporción. A porcentaxe de contribución da proba final na cualificación final da materia será a mesma que na primeira oportunidade.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
O alumnado que estea exento de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co docente na primeira semana despois de ter concedida a dispensa (para concretar un plan de traballo) e realizar as mesmas actividades que o resto do alumnado. A cualificación de cada alumno/a con dispensa obterase da seguinte forma:
- Portafolios: 15%.
- Traballos de clase: 30%.
- Proba final (individual): 55%.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá contactar co docente en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre para acordar con este o plan de traballo a seguir para superar a materia. Polo tanto, o alumnado que non contacte co docente dentro deste período será avaliado da mesma forma que o alumnado de primeira convocatoria.
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:
O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar coa docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o informe emitido polo SEPIU, co fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, buscas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
- Realización de exame: 3 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos serán entregados en formato dixital a través do Campus Virtual. Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos. Deberase:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Mario Outeiro Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- mario.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |