Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os conceptos básicos de contorna e aprendizaxe.
- Establecer as relacións entre ambos: como se descobre, inclúe e proxecta a contorna como elemento de expansión educativa e recurso didáctico.
- Analizar experiencias de aprendizaxe na contorna desde as diferentes áreas de coñecemento ou disciplinas nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
- Identificar os axentes da aprendizaxe en relación coa contorna, desde o individuo á comunidade educativa e a sociedade.
- Adquirir recursos para o deseño de propostas didácticas para a utilización da contorna para a aprendizaxe.
- Deseñar propostas educativas para as etapas de Educación Infantil e Primaria a partir dos recursos que ofrece a contorna próxima.
BLOQUE I. EDUCAR NA CONTORNA: ESPAZO FÏSICO, SOCIAL E DE MEMORIA
1. A Contorna: educar dende as dimensións espacial e temporal
2. A paisaxe entendida como simbiose entre o físico e o social
3. Educar na contorna con memoria
4. A importancia das saídas escolares e o traballo de campo
5. A realización de actuacións didácticas centradas na contorna
BLOQUE II. A LINGUA E A LITERATURA COMO FERRAMENTAS PARA O COÑECEMENTO DA CONTORNA
1. A dimensión espacial e o medio nos estudos lingüísticos e literarios contemporáneos
2. A contorna na literatura: a configuración espacial e a conciencia ecocrítica nos textos literarios para a infancia
3. A literatura na contorna: rueiros e roteiros literarios para Educación Infantil e Primaria
4. A contorna na lingua: a toponimia de proximidade como ferramenta para a reflexión metalingüística
5. A lingua na contorna: a paisaxe lingüística como recurso educativo
Bibliografía básica
Carson, R. (2018). O sentido do abraio. Catroventos.
de León Perera, C.J. (2023). El papel de la historia local en la educación primaria. Aprendizaje mediante los itinerarios didácticos. Revista internacional de humanidades, 18 (3),1-8.
Flys Junquera, C., Marrero Henríquez e Barella Vigal, J. (2010). Ecocríticas. Literatura y medio ambiente. Iberoamericana/ Vervuert.
Millán Escriche, M. (2021). El conocimiento del entorno en educación infantil. Teoría y práctica desde las ciencias sociales y su didáctica. Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales, 40, 3-20.
Bibliografía complementaria
Agrelo Costas, E. (2019). Achegamento á literatura infantil e xuvenil galega dende unha pespectiva ecocrítica. Boletín Galego de Literatura, 54, 17-33.
Antón Fernández, E. (2017). “Claves ecofeministas para el análisis literario. Revista de Investigación y Divulgación sobre los Estudios de Género, 21, 45-74.
Armas Castro, X. (2012). ¿Qué se aprende fuera de las aulas? Discursos de los estudiantes de maestro sobre las salidas escolares. En: Congreso Internacional Innovación Metodológica y Docente en Historia, Geografía y Arte (667-677). Universidade de Santiago de Compostela.
Bataller Catalá, A. e Hernández Gassó, H. (2014). Uns amors, uns carrers. Cap a una didáctica de les geografies literàries. Universitat de Valéncia.
Benejam, P. (2003). Los objetivos de las salidas. ÍBER, Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía, e Historia, 36, 7-12.
Buzo Sánchez, I. (2015). Los SIG como herramienta para el estudio del paisaje cultural. ÍBER, Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 81, 37-40.
Caamaño Rojo, M.J. (2017). Educación literaria y educación ambiental: posibilidades de conexión a través del agua en la literatura infantil y juvenil gallega”. Agali Journal, Journal of Social Sciences and Humanities, 7, 9-26.
Cenoz, J. e Gorter , D. (2024). El paisaje lingüístico en contextos educativos. Revista Iberoamericana De Educación, 96 (1), 13–29. https://doi.org/10.35362/rie9616545
Feliu Torruella, M. e Hernández Pongiluppi, M. (2015). El paisaje en la didáctica de las ciencias sociales. ÍBER, Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 81, 9-14.
García Única, J. (2017). Ecocrítica, ecologismo y educación literaria. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 90 (31.3), 79-90.
Liceras Ruíz, A. (2016). La Geografía, el paisaje y los mapas. En A. Liceras Ruíz e G. Romero Sánchez (Coords.). Didáctica de las Ciencias Sociales. Fundamentos, contextos y propuestas (141-161). Pirámide.
Olmos Vila, R. (2019) Implementación de un currículo a partir de problemas sociales relevantes de la localidad. En J. Hortas, A. Dias e N. de Alba, (eds). Enseñar y aprender didáctica de las ciencias sociales: la formación del profesorado desde una perspectiva sociocrítica (927-936). ESE, IPL, AUPDCS.
Ordinas Garau, A. (2024). Toponimia y Didáctica de la Geografía. Una propuesta metodológica sobre el aprovechamiento de los nombres de lugar en las salidas de campo. Didáctica Geográfica, 25, 61–81. https://doi.org/10.21138/DG.697
Pena Presas, M. e Caamaño Rojo, M.J., (2019). El libro informativo infantil y juvenil: un recurso para la enseñanza y el aprendizaje de la geografía. En X. C. Macía Arce, F. X. Armas Quintá e F. Rodríguez Lestegás (eds.), La reconfiguración del medio rural en la sociedad de la información: nuevos desafíos en la educación geográfica (pp. 581-590). Andavira.
Martín Rojo, L.; Cárdenas Neira, C. e Molina, C. (2023). Lenguas callejeras: paisajes colectivos de las lenguas que nos rodean. Octaedro.
Méndez Cabrera, J. e Rodrigo Segura, F. (2019). La geografía de los clásicos: rutas literarias para el fomento lector y la promoción del patrimonio. Tejuelo 29, 217-244. Doi: https://doi.org/10.17398/1988-8430.29.217
Souto, X.M. (2017). Preguntas para innovar sobre conocimiento del medio en educación infantil y primaria. BIBL3W. Revista Bibliográfica de Geografía y Ciencias Sociales V XXII, 1.211, 1-12.
Thion Soriano-Mollá, D. (2011). La Naturaleza en la Literatura Española. Editorial Academia del Hispanismo.
Zusman, P. (2013). La geografía histórica, la imaginación y los imaginarios geográficos. Revista de Geografía Norte Grande, 54, 51-66. http://dx.doi.org/10.4067/S0718-34022013000100004.
Enlaces de interese:
-Sobre didáctica das ciencias sociais e xeografía
Congresos nacional e ibérico de didáctica da xeografía (acceso aberto a todas as actas)
http://didacticageografia.age-geografia.es//index.php?m=4
Revista Didáctica Geográfica
http://didacticageografica.age-geografia.es/index.php/didacticageografi…
Revista Scripta Nova (ten artigos específicos en didáctica da xeografía)
http://www.ub.edu/geocrit/nova.htm
Revista Boletín de la Asociación Española de Geografía (ten artigos específicos en didáctica da xeografía)
https://bage.age-geografia.es/ojs/index.php/bage
Revista REIDICS
https://mascvuex.unex.es/revistas/index.php/reidics/issue/archive
Revista Enseñanza de las Ciencias Sociales
https://www.raco.cat/index.php/EnsenanzaCS/index
Revista Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales
https://ojs.uv.es/index.php/dces
Revista Iber: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.grao.com/es/iber?gclid=Cj0KCQjwsYb0BRCOARIsAHbLPhH9g_evhEt3…
Journal of Geography (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.tandfonline.com/loi/rjog20
Journal of Geography in Higher Education (só se pode acceder dende unha IP da USC)
https://www.tandfonline.com/loi/cjgh20
-Sobre didáctica da lingua e da literatura e literatura infantil
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)
http://www.galix.org/
ANILIJ (Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil)
http://anilij.uvigo.es/
Boletín Galego de Literatura (ten artigos específicos en didáctica da lingua e da literatura)
https://revistas.usc.gal/index.php/bgl
Didáctica. Lengua y Literatura
https://revistas.ucm.es/index.php/DIDA
Lenguaje y Textos
https://polipapers.upv.es/index.php/lyt
Pangeas: Revista Internacional de Ecocrítica
https://revistes.ua.es/pangeas
Tejuelo. Revista de Didáctica de la Lengua y la Literatura
https://mascvuex.unex.es/revistas/index.php/tejuelo/index
Competencias Básicas e Xerais
- C6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Transversais
- T3. Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
- T4.Traballar de forma colaborativa.
- T5. Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
- T9. Incorporar o TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
- T10. Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas
- E2. Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
- E 3. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
- E8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
O traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións do profesorado, o traballo en pequenos grupos e a posta en común no grupo clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a problemas de ensino.
As sesións expositivas estarán destinadas a realizar presentacións da información básica por parte do profesorado, para realizar debates e discusións previamente preparados, para proxeccións audiovisuais e para as actividades de avaliación grupal. As sesións interactivas destinaranse á procura e selección de fontes e recursos, á preparación de informes, ao deseño e presentación de debates derivados dos traballos e a outras actividades que o profesorado considere convenientes. Nestas sesións promoveranse as relacións persoais e o traballo cooperativo. Porén, a diferenciación entre sesións expositivas e interactivas entenderase dende a flexibilidade pedagóxica.
As sesións titoriais destinaranse a prestar axudas concretas, revisar informes de avance dos traballos de grupo, resolver dúbidas específicas e outras cuestións que poidan xurdir durante o proceso de ensino-aprendizaxe.
En xeral, utilizarase a aula virtual para fornecer anotacións teóricas, material de apoio bibliográfico, modelos de traballo práctico e descrición de tarefas individuais, así como para a recollida de traballos de diferente índole.
Dada a relevancia que a contorna adquire nesta materia, prevese a realización dalgunha(s) saída(s) de campo.
As directrices de avaliación son as seguintes:
a) A asistencia e participación tanto nas sesións expositivas coma nas interactivas é obrigada, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para superar a materia. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terán un peso do 20% na cualificación final. Neste sentido, este programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
b) Dous traballos grupais, un por cada bloque de contido. Cada un deles terá un peso do 40% na avaliación.
O alumnado que dispoña de EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA (atendendo ás normas ditadas na instrución número 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC, sobre dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberá acordar un plan específico de traballo co profesorado que incluirá a asistencia a un mínimo de dúas sesións de titoría. A avaliación destes estudantes realizarase da seguinte forma:
a) Asistencia obrigada, como mínimo, a dúas sesións de titoría (unha por cada bloque de contido). Terá un peso do 10% na cualificación final.
b) Traballos personalizados e individuais. Terán un peso do 90% na cualificación final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade disporá dunha segunda para entregar todos os traballos pendentes e/ou mal valorados (por debaixo do 5). Queda excluído desta posibilidade o alumnado que non tivera asistido a un mínimo do 80% das sesións durante o desenvolvemento da primeira oportunidade, que só poderá superar a materia a través dunha proba individual específica.
ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade. Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar a avaliación da materia con condicións semellantes aos do alumando con dispensa.
Con carácter xeral, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 13,5 horas expositivas, 18 horas interactivas e 4,5 horas de titorías.
Considérase que as 76,5 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas.
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais.
- Preparación de presentacións orais, orientación e seguimento de traballos prácticos.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a procura de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
Recoméndase a familiarización inicial coas TIC para seguir con éxito o desenvolvemento do curso, así como para facilitar a comunicación co profesorado.
LINGUA
Esta materia impártese en lingua galega e aléntase a que os traballos realizados polo alumnado utilicen este idioma.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. Porén, o profesorado poderá indicar outra forma de entrega se a actividade a desenvolver así o require.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos que se realicen en papel, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assets usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragr aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
COMUNICACIÓN
O alumnado empregará necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Cómpre ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Andres Dominguez Almansa
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Jose Caamaño Rojo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812009
- Correo electrónico
- mariajose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
12.01.2026 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
17.06.2026 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |