Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos e didácticos da aprendizaxe da lingua oral.
- Aprender a identificar as distintas variables e contextos que inflúen no desenvolvemento lingüístico da nenez.
- Coñecer o desenvolvemento da linguaxe na etapa da Educación Infantil e deseñar estratexias didácticas orientadas ao enriquecemento das competencias comunicativas.
- Levar o alumnado ao convencemento de que a linguaxe infantil é a base de todo o desenvolvemento da nenez e facelo consciente da súa importancia.
1. O proceso comunicativo na etapa de Educación Infantil.
2. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe da lingua oral: etapas e principais características.
3. Teorías e investigacións actuais na adquisición e o ensino-aprendizaxe da lingua oral.
4. Adquisición e aprendizaxe da lingua oral en contextos bilingües.
5. A lingua oral no currículo de Educación Infantil.
6. A lingua oral na aula de Educación Infantil.
BÁSICA
Aguado Alonso, G. (1995). El desarrollo del lenguaje de 0 a 3 años. Bases para un diseño curricular en la Educación Infantil. Cepe.
Fernández López, I. (2009). ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil. Arco Libros.
Monfort, M. (2001). El niño que habla. El lenguaje oral en el preescolar. Cepe.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R. Bel, A. e Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Ariel.
COMPLEMENTARIA
Álvarez Serrano, M. Á. et al. (2010). Diseño y elaboración de materiales para el desarrollo de las habilidades lingüísticas en educación infantil. Monsálvez.
Bigas, M. e M. Correig (eds.) (2001). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Síntesis.
Clark, E. V. (2009). First Language Acquisition. Cambridge University Press.
Correo Santana, J.L et al. (2011). Habilidades lingüísticas I. Didáctica de la lengua oral. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
Escandell Vidal, Mª. V. (coord.) (2010). El lenguaje humano. Ramón Areces.
Fernández Pérez, M. (1999). Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio. Ariel.
González Nieto, L. (2001). Teoría lingüística y enseñanza de la lengua. Lingüística para profesores. Cátedra.
López Morales, H. (1984). Enseñanza de la lengua materna. Playor.
Paredes Labra, J. e A. Herrán Gascón, A. (2009). La práctica de la innovación educativa. Síntesis.
ReyzábalL, M. V. (2001). La comunicación oral y su didáctica. La Muralla.
Robert E. e Owens, S. (2003). Desarrollo del lenguaje. Prentice Hall.
Scamilla González, Á. (2009). Las competencias en la programación de aula. Infantil y Primaria (3-12 años). Graó.
Siguan Soler, M. (1983). Metodología para el estudio del lenguaje en la infancia. Universitat de Barcelona.
Siguán Soler, M. (1989). Educación y bilingüismo. Santillana.
Siguán Soler, M. (dir.) (1991). Estudios sobre psicología del lenguaje infantil. Pirámide.
Taug, S. (1987). El lenguaje oral en la escuela. Una guía de observación y actuación para el maestro. Visor.
Tomasello, M. (2003). Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition. Harvard University Press.
Veiga Liz, M. P. (2004). Estimulación del lenguaje en Educación Infantil. Ideaspropias.
Vez Jeremías, J. M. (ed). (2002). Didáctica de las lenguas extranjeras en educación infantil primaria. Síntesis.
Vygotsky L. S. (1995). Pensamiento y Lenguaje. Paidós.
ESTA BIBLIOGRAFÍA PODERÁ SER AMPLIADA NAS DIFERENTES SESIÓNS DE TRABALLO.
XERAL
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primera infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e de hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
ESPECÍFICAS
E 42 - Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E 43 - Favorecer as capacidades de fala e de escrita.
E 44 - Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E 46 - Comprender o paso da oralidade á escrita e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
E 49 - Recoñecer e valorar o uso axeitado da linguaxe verbal e non verbal.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).
T4 - Competencia informacional.
BÁSICAS
CB1 - Que o estudantado amose posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e acostuma atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A metodoloxía didáctica utilizará de maneira complementaria a exposición, a interacción e a orientación titorial.
As sesións expositivas apoiaranse fundamentalmente na figura do docente e servirán para clarificar os contidos e conceptos básicos da materia, ilustrados con materiais seleccionados especificamente para a súa análise e comprensión; para orientar o traballo das sesións interactivas e para aclarar dúbidas.
O traballo expositivo complementarase con actividades prácticas relacionadas cos contidos da exposición, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias citadas anteriormente.
Nas sesións interactivas terá un protagonismo central o alumnado, a través de actividades individuais, de pequeno grupo e de gran grupo, que se fundamentarán no emprego de recursos de aprendizaxe que supoñan a participación activa do alumnado. Estarán orientadas a afondar nos aspectos nucleares do programa e a desenvolver as competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, así como ao desenvolvemento de competencias transversais, tales como o coñecemento instrumental da lingua galega e o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
O alumnado será atendido en titorías individuais ou en grupo reducido co obxectiv de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia, e de posibilitar o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos do curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
O uso da aula virtual será necesario para un axeitado aproveitamento dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán tanto as sesións expositivas como as interactivas. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo da USC, para garantir así unha comunicación efectiva co profesorado.
Ao longo do cuadrimestre empregaranse diversos instrumentos de avaliación con distinto peso no cómputo global.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
a) Participación na aula (10%), avaliada a través dun control de asistencia e a observación directa da actitude e participación do alumnado na aula.
O alumnado que non asista ao 80% das clases, sen causa xustificada, non será cualificado neste apartado.
b) Traballos escritos con diferentes tipos de agrupamento (35%)
c) Exposición oral dos traballos escritos amentados (5%)
c) Proba final (50%). Proba individual na data fixada pola Facultade.
Para superar a materia será imprescindible un mínimo de 4 puntos sobre 10 tanto na proba final como nos traballos escritos realizados ao longo do cuadrimestre. Por mor do tipo de metodoloxía empregada, requírese a asistencia do alumnado ao 80% das sesións interactivas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade, o alumnado poderase presentar á parte ou partes que non superase na primeira. Conservarase as cualificacións correspondentes á “Participación na aula” e “Exposición oral”. Poderanse recuperar os “Traballos escritos” e a “Proba final”, cos mesmos requisitos e ponderación indicados para a primeira oportunidade.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA / DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que, por aplicación de normativa superior, tivese concedida a exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase terá un sistema de avaliación adaptado á súa situación, polo que deberá poñerse en contacto co profesorado encargado da materia ao inicio do cuadrimestre.
Será avaliado da seguinte maneira, tanto na primeira coma na segunda oportunidade:
- Proba final: 60%
- Traballos individuais que se lle encarguen: 40%
ALUMNADO REPETIDOR
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle os criterios xerais que aparecen indicados con anterioridade.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase ponderarase na cualificación final ou parcial, na porcentaxe previamente establecida para a participación na aula (10 %), tanto para o alumnado de nova matrícula coma para o alumnado repetidor, se asiste ao 80% das clases.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
(Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-).
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A materia comprende un total de 51 horas de clases presenciais, que están distribuídas en clases expositivas en gran grupo, actividades grupais en seminarios, estudos sobre casos prácticos, orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba exame de 1 hora e media a 2 horas.
Considérase necesario dedicar por parte do alumno unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia.
- Asistencia e participación.
- Revisión dos contidos teóricos conforme se van traballando nas aulas.
- Aproveitamento das titorías para solucionar todos os problemas de comprensión da materia que non quedasen suficientemente resoltos nas aulas.
- Elaboración dos traballos encomendados con tempo suficiente. É imprescindible respectar os prazos de entrega estipulados para as tarefas encomendadas ao longo do cuadrimestre.
- Realización das actividades prácticas con rigor e a medida que se vai desenvolvendo a materia.
- Evitar a posposición da aprendizaxe.
- Para superar a materia, será requisito indispensable dominar tanto na escrita coma na oralidade a lingua galega e/ou castelá.
1) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2) Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
3) En relación aos traballos persoais ou de grupo entregados por escrito, débense ter en conta as seguintes indicacións en relación á responsabilidade medioambiental:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posíbel empregar grampas en lugar de encanutillados.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
4) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
5) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize etc.).
6) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7) Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado; enténdase privado coma proceso de comunicación e intercambio entre cada docente e o estudantado matriculado na materia.
8) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
21.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
06.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |