Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. XERAIS
Educación e Linguas en Galicia, materia optativa do grao en Mestre/a de Educación Infantil, pretende formar o seu alumnado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
En concreto:
a. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
b. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
c. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
d. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
e. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
2. COÑECEMENTOS (saber)
a. O papel da comunicación, da interculturalidade e da diversidade lingüísticas na aprendizaxe das linguas.
b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas.
c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino.
d. As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente.
e. Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe.
3. PROCEDEMENTOS (saber facer)
a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das mesmas.
b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas.
c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas.
d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente na idade infantil.
e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar.
f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MCER.
g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado.
4. ACTITUDES (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e a aprendizaxe das linguas.
Tema 1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.
-----1a. Unidade e variedade lingüística no mundo actual: comunicación, cultura e diversidade. As linguas na UE. Directrices europeas para a organización educativa do multilingüismo.
-----1b. Dimensión social, cognitiva e educativa do plurilingüismo.
-----1c. O desenvolvemento da conciencia metalingüística cara á variación lingüística na etapa infantil.
Tema 2. A planificación lingüística escolar en contextos multilingües.
-----2a. A política e a planificación lingüística. Presentación de conceptos básicos. Fixación de teorías e tipos a partir da observación de distintas realidades multilingües.
-----2b. Fases e actividades da planificación lingüística. Planificación formal da lingua fronte á planificación funcional. Normativización fronte a normalización. O papel da escola nas distintas fases e actividades.
-----2c. Factores influentes na planificación lingüística. Condicións de éxito das intervencións planificadoras. Alcances e límites do sistema educativo como instrumento para o fomento do multilingüismo.
Tema 3. Aplicacións ao caso galego. A situación sociolingüística de Galicia e a súa relación co sistema educativo.
-----3a. A lingua vehicular no sistema educativo galego: unha ollada diacrónica. A lingua vehicular na primeira escolarización: evolución das disposicións legais a partir das decisións de inicio tomadas na LNL’83 (lingua materna e non segregación). A situación legal actual. A lingua vehicular no ensino primario e secundario: da non fixación cualitativa nin cuantitativa ao establecemento de directrices de ambos os tipos.
-----3b. Os centros plurilingües e as seccións bilingües: a metodoloxía AICLE/CLIL.
Tema 4. Outros usos lingüísticos escolares.
-----4.a. Administración, normalización/dinamización, etc.
-----4.b. O Proxecto Lingüístico de Centro. Análise de proxectos reais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BOILLOS PEREIRA, M. M. et al. (2022). ¿Es una buena idea el Tratamiento Integrado de Lenguas? Percepciones del profesorado de Educación Primaria. Didáctica. Lengua y Literatura 34, 161-170.
CASADO FRESNILLO, C. e GUTIÉRREZ RODRÍGUEZ, E. (2009). La lengua en la sociedad. En Escandell Vidal, M. V. (coord.). El lenguaje humano (pp. 294-301). Centro de Estudios Ramón Areces.
CONSELLO DE EUROPA (2001). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación. Xunta de Galicia.
FERNÁNDEZ PAZ, A., LORENZO SUÁREZ, A. e RAMALLO, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Xunta de Galicia.
MONTEAGUDO, H. (ed.) (2024). A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes. Consello da Cultura Galega.
MUÑOZ CRUZ, H. (coord.) (2023). Usar, enseñar, aprender lenguas en la diversidad, globalización y movilidad: perspectivas conceptuales y metodológicas. Ediciones del Lirio.
RAMALLO, F., BENAVIDES DA VILA, X. e LÓPEZ ALONSO, L. (2023). A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica. Propostas para a docencia. Deputación de Pontevedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AMENGUAL, M., JUAN, M. e SALAZAR, J. (eds.) (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Balears.
ANDRADE, A. I. e MARTINS, F. (coord.) (2007). Abordar as linguas, integrar a diversidade nos primeiros anos de escolaridade. Universidade de Aveiro.
CALLÓN, C. (2022). O libro negro da lingua galega. Xerais.
CUSTODIO ESPINAR, M. (2019). Los retos del docente AICLE. Padres y maestros 378, 24-30.
GALICIA (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/plans-e-actuacions/_/contido_…
GRADÍN MARTÍNEZ, M. (2020). Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego. Estudos de Lingüística Galega 12, 31-65.
LÓPEZ PEÑA, Z. (2019). Fomento de la concienciación lingüística del profesorado en formación. Estudio de caso. Cuadernos de Lingüística Hispánica 34, 155-174.
MONTEAGUDO, H. (2019). Política lingüística en Galicia: De la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador. En Giralt Latorre, J. e Nagore Laín, F. (eds.). La normalización social de las lenguas minoritarias (pp. 17-55). Prensas de la Universidad de Zaragoza.
NARVAJA DE ARNOUX, E. (2016). La perspectiva glotopolítica en el estudio de los instrumentos lingüísticos: aspectos teóricos y metodológicos. Matraga 23(38), 18-42.
PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2019). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. En https://www.dicenlen.eu/es.
PARDO VUELTA, M. (2015). Panorama sociolingüístico de la lengua gallega. Confluenze 7(2), 61-70.
RAMALLO, F. (2022). A Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Compromisos e incumprimentos. Grial 233, 26-31.
SILVA VALDIVIA, B. (2010). O modelo de educación bilingüe en Galicia. En Educación e linguas en Galicia (pp. 41-49). USC.
TRUJILLO, F. e RUBIO, R. (2014). El PLC como respuesta sistémica al reto de la competencia comunicativa en entornos educativos formales: propuesta de análisis de casos. Lenguaje y Textos 39, 29-38.
UNESCO (1996). Declaración Universal de los Derechos Lingüísticos. https://unesdoc.unesco.org/
WURM, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. UNESCO.
COMPETENCIAS XERAIS
G.6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas, cambios nas relacións de xénero e interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, discriminación e inclusión social, e desenvolvemento sustentable.
E.48. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da Educación Secundaria xeral e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reuniren e interpretaren datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Esta materia adopta un enfoque de aprendizaxe reflexiva, que esixe do alumnado unha participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudante e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesorado e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos etc., de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Nestas sesións o alumnado deberá deseñar actividades de conciencia metalingüística propias desta etapa educativa cunha finalidade aplicada.
Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas etc., ademais das propias do módulo e da materia.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario e á preparación da exposición dos traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo etc.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Baseándonos no principio de avaliación continua, a adquisición das competencias desta materia valorarase a través de catro tipos de actividades de aprendizaxe ou exercicios de avaliación: participación e implicación (A), presentacións orais (B), informes e outras producións escritas (C) e probas finais (D).
Para poder participar nesta avaliación continua, é imprescindible asistir como mínimo ao 80% das sesións interactivas (cf. Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela). En caso contrario, o alumnado non poderá obter puntuación nos apartados A (participación e implicación), B (presentacións orais) e C (informes e outras producións escritas).
A continuación descríbense con detalle os catro elementos sobre os que se basea a avaliación continua.
A. PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN
----- Peso máximo na cualificación: 5%
----- Obxecto de avaliación: observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas, prestando especial atención ao grao de pertinencia e motivación das intervencións e á propiedade e corrección da súa expresión e argumentación.
----- Instrumento de avaliación: ficha na que se rexistran as observacións do profesorado.
----- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a boa actitude e disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula.
B. PRESENTACIÓNS ORAIS
----- Peso máximo na cualificación: 5%
----- Obxecto da avaliación: aspectos formais (articulación,entoación, fluidez verbal, presentación ordenada dos contidos e competencia comunicativa) e cuestións de contido (pertinencia do tema e das fontes consultadas para a materia, relacións con outros contidos, argumentación axeitada e claridade nas conclusións).
----- Instrumento de avaliación: exposicións orais nas sesións interactivas.
----- Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a calidade formal da exposición.
C. INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS
----- Peso máximo na cualificación: 40%
----- Obxecto da avaliación: aspectos formais (propiedade e corrección expresivas, riqueza léxica, relación contido-forma e cohesión textual) e cuestións de contido (pertinencia do tema para a materia, enfoque do mesmo, fontes consultadas, orixinalidade e creatividade, argumentación e coherencia).
----- Instrumento de avaliación: toda a produción escrita (traballos, informes, exercicios...) individual ou grupal.
----- Orientacións para a avaliación: ao longo do semestre, o alumnado deberá ir presentando paulatinamente a súa produción escrita resultado dos pequenos traballos (individuais ou grupais) realizados nas sesións presenciais e mellorados ou ampliados nas horas non presenciais. A suma de todos eses pequenos traballos constituirá o portafolios da materia. O profesorado poderá recoller traballos entregados fóra de prazo sempre que haxa unha razón que xustifique o atraso na entrega. Nestas situacións, para evitar agravios comparativos cos compañeiros que si cumpriron os prazos, o traballo será cualificado de 0 a 7 puntos.
D. PROBAS FINAIS
----- Peso máximo na cualificación: 50%
----- Obxecto da avaliación: comprensión dos contidos básicos das sesións expositivas e interactivas.
----- Instrumento de avaliación: exame escrito tipo test.
----- Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá superar un exame final sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola secretaría do centro.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo.
Nesta segunda oportunidade, o 50% da cualificación procede das notas obtidas ao longo do curso nos apartados A (participación e implicación), B (presentacións orais) e C (traballos escritos), posto que serán conservadas para a segunda oportunidade.
O outro 50% da cualificación provén da realización dun exame escrito tipo test sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
3. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA TANTO NA PRIMEIRA COMA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
-- a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (5 puntos sobre 10 ou 2.5 sobre 5).
-- b. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A (participación e implicación), B (presentacións orais), C (informes e outras producións escritas) e D (probas finais).
4. ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade e avaliarase seguindo as indicacións previas.
Se algunha persoa repetidora non pode asistir a clase debido ao solapamento horario entre materias, afrontará unicamente unha proba final. Esta proba constará de tres partes, para así poder comprobar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
-- a. Nunha primeira parte presentaranse unha serie de preguntas tipo test cuxo valor será o 50% da cualificación final da materia.
-- b. Nunha segunda parte formularanse dúas preguntas de desenvolvemento: haberá unha pregunta referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. Esta segunda parte constituirá o 40% da cualificación da materia.
-- c. E nunha terceira parte realizaranse dúas preguntas orais, unha referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. O seu valor será o 10% da cualificación final.
5. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Este alumnado deberá realizar na data fixada o exame da materia. Independentemente de que sexa a primeira ou a segunda oportunidade, este exame constará sempre de tres partes que nos permitirán comprobar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
-- a. Nunha primeira parte presentaranse unha serie de preguntas tipo test cuxo valor será o 50% da cualificación final da materia.
-- b. Nunha segunda parte formularanse dúas preguntas de desenvolvemento: haberá unha pregunta referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. Esta segunda parte constituirá o 40% da cualificación da materia.
-- c. E nunha terceira parte realizaranse dúas preguntas orais, unha referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. O seu valor será o 10% da cualificación final.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
7. MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…
Como consta na Memoria da titulación, a esta materia optativa de 4.5 créditos está previsto que o alumnado lle dedique un total de 112.5 horas, das que 38.5 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o seguinte apartado sobre recomendacións.
--Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
--Atender as orientacións específicas das profesoras canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo…
--Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
--Usar fontes para estudar a materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender coma para afianzar conceptos.
--Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
--Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
--Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
--Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
--Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
--Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
--É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Correo electrónico coa extensión rai.usc, Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
--Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado: enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxidio o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
26.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
10.07.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |