Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é achegar ao alumnado aos coñecementos, habilidades e destrezas precisas para iniciarse no desenvolvemento das competencias vinculadas ao ámbito da didáctica e da profesión docente (competencias da materia). Para acadar este obxectivo e conseguir o desenvolvemento das competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber (S):
1) Recoñecer as características da sociedade actual e da educación infantil, comprendendo as súas relacións e influencias.
2) Coñecer os elementos configuradores da profesión docente, atendendo á figura da mestra/e da etapa de Educación Infantil.
3) Comprender como é e como se desenvolve a práctica docente no ensino de infantil.
Obxectivos referidos ao saber facer (SF):
4) Construír un esquema básico da organización, configuración e características da etapa de Educación Infantil no contexto máis inmediato
5) Analizar a figura do mestre/a de Educación Infantil dende a perspectiva da formación e da profesionalización
6) Iniciarse no desenvolvemento daquelas funcións máis destacadas da práctica docente no ensino de infantil (organización, planificación, observación, comunicación)
Obxectivos referidos ao saber ser (SS):
7) Valorar a importancia da Educación Infantil na sociedade actual e, por conseguinte, da profesión de mestre/a nesta etapa
8) Ser consciente do compromiso ético e socioeducativo que supón a profesión de mestre/a na sociedade actual
9) Cooperar cos compañeiros e compañeiras nas distintas tarefas a realizar respecto da labor docente, respectando as diferenzas e responsabilizándose das tarefas e compromisos propostos
Tamén será un obxectivo de grande relevancia nesta materia o de acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
A continuación establécense os contidos da materia, organizados segundo bloques temáticos:
BLOQUE I: Educación Infantil
- Concepto e enfoques da educación infantil
- Finalidades e sentido da educación infantil
BLOQUE II: Profesión Docente
- A profesión docente na actualidade
- A formación e o desenvolvemento profesional dos mestres/as de educación infantil
BLOQUE III: Didáctica
- Bases curriculares da educación infantil
- A práctica docente na educación infantil
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CASTRO ZUBIZARRETA, A., EZQUERRA, M. P. & ARGOS, J. (2017). Fundamentos teóricos de la Educación Infantil. Editorial Universidad de Cantabria.
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, R., LÓPEZ GÓMEZ, E., & CACHEIRO GONZÁLEZ, M. L. (2022). Procesos de enseñanza-aprendizaje en educación infantil. Narcea.
HERNÁNDEZ-LAINA, Y. (2023). La escuela de Educación Infantil en España. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
MARTÍN, A. M., CAMPOS, B. & PÉREZ, L. (2021). El desarrollo de la profesión docente. Una visión desde la acción pedagógica.
ZABALZA, M. A. (2008). Didáctica de la Educación Infantil. Narcea.
ZABALZA, M. A. & ZABALZA, M. A. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BASSEDAS, E., HUGUET, T., & SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Graó.
BEREMEJO, B. & BALLESTEROS, C. (Coords.) (2017). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
DÍEZ NAVARRO, C. (2013). La educación infantil: 10 ideas clave. Graó.
FERRERES, V. S., & IMBERNÓN, F. (1999). Formación y actualización para la función pedagógica. Síntesis.
GERVILLA, A. (2006). Didáctica básica de la educación infantil: conocer y comprender a los más pequeños. Narcea.
LÓPEZ RUPEREZ, F. (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
MARCELO, C., & VAILLANT, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
MORRISON, G. S. (2004). Educación Infantil. Pearson.
ZABALZA, M. A. (Coord.) (2008). Calidad en la educación infantil. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA PERIÓDICA
- Aula de Infantil: https://www.grao.com/es/aula-infantil
- Aula de Innovación Educativa: https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
- Boletín Oficial do Estado (BOE): https://www.boe.es/
- Cuadernos de Pedagogía: https://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/portalPublicoHome.do?lang=…
- Revista Digital de Educación y Formación del Profesorado (e-CO): http://revistaeco.cepcordoba.es/
- Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado: https://revistas.um.es/reifop/
- Revista Latinoamericana de Educación Infantil (RELADEI): https://revistas.usc.gal/index.php/reladei
WEBGRAFÍA
- Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/
- Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/
- Consellería de Política Social: https://politicasocial.xunta.gal/
- Educación 3.0: https://www.educaciontrespuntocero.com/
- El País · Educación Infantil: https://elpais.com/noticias/educacion-infantil/
- Espazo Abalar: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/
- Portal del Sistema Educativo Español: https://educagob.educacionyfp.gob.es/inicio.html
- Procomún (Red de Recursos Educativos en Abierto): http://procomun.educalab.es/es
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensión cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
X4 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás demais persoas. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
X11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo no estudantado.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E19 - Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20 - Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no contorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral do estudantado.
E21 - Saber traballar en equipo con outros/as profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22-Atender as necesidades do estudantado e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto
C) COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado teña desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado universitario como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe (E-A), así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Tendo en conta isto, esta materia vertébrase arredor dunha serie de principios metodolóxicos (combinación teoría-práctica; aprendizaxe activa, continua e participativa; motivación e curiosidade; traballo cooperativo; ética e cuestionamento crítico; actualidade) que marcarán tanto as sesións presenciais como non presenciais da materia.
- Aulas expositivas, dirixidas ao o traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual. Lévanse a cabo con todo o grupo-clase e están dirixidas á exposición de contidos, actividades de xestión e coordinación da materia, presentación de material audiovisual, etc. Tamén poden incorporar tarefas do alumnado (exposición de traballos, planificación, organización de equipos de traballo, etc.) incluíndo tamén aquelas actividades de avaliación de aprendizaxes e ensino en gran grupo.
- Aulas interactivas (de seminario), nas que se desenvolven, con carácter práctico-interactivo, actividades baseadas no traballo en equipo,na cooperación, no intercambio de experiencias e debates grupais, na posta en común de diversos obxectos de traballo (clips, documentais, textos, prácticas, etc.
- Titorías, dirixidas á atención máis personalizada entre profesorado e estudantado, co obxectivo de guiar a aprendizaxe e, por conseguinte, que estes acaden as competencias e obxectivos da materia. As actividades enmarcadas nesta tipoloxía de sesións son a discusión ou comentario de traballos, diálogo sobre cuestións dubidosas ou sobre temáticas de interese, orientacións sobre lecturas e traballos... Preferentemente, as titorías serán en grupos reducidos, agás naqueles casos en que sexa necesaria a atención individualizada. Recoméndase o uso do apoio titorial no horario establecido polo profesorado (a inicio de cada semestre), pregándose ao alumnado da materia consensuar coa/s docente/s da materia o momento e motivo da demanda titorial, para o seu axuste de horario e lugar de realización así como para axilizar a atención académica pertinente.
- Traballo autónomo fora da aula, dirixido á realización de actividades non presenciais, tanto de carácter individual como en grupo, relacionadas coas actividades formuladas en aula (presenciais). Entre as actividades máis habituais relacionadas co traballo autónomo, podemos destacar: estudo da materia e preparación de probas, lecturas, realización de exercicios, elaboración de informes e traballos, elaboración de conclusións escritas de sesións presenciais, buscas bibliográficas, buscas en bases de datos, análise de materiais, preparación e ensaio de presentacións de traballos individuais/grupais, preparación de debates, asistencia a conferencias, asistencia a congresos e accións formativas, elaboración de prácticas, etc. En xeral, serven como reforzo das sesións teórico - prácticas da materia.
Ademais de todo isto, na medida en que haxa recursos dispoñibles, prevese a organización dalgunha conferencia con profesionais externos e tamén unha saída de campo a institucións de carácter pedagóxico.
Así mesmo, esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O alumnado con dispensa de asistencia contará cunha planificación individualizada para o seguimento da materia, atendendo ás súas circunstancias excepcionais de non presencialidade. Neste senso, terá á súa disposición os contidos teórico-prácticos na Aula Virtual (apuntamentos, materiais de traballo, actividades e tarefas demandadas, etc.).
*AVISO: todas as producións e traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado ou elaborado de maneira fraudulenta suporá a aplicación da 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións'.
Así mesmo, a efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás naquelas actividades programadas de forma coordinada entre materias.
A avaliación nesta materia ten un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo os tres momentos esenciais da avaliación (inicial, continua e final).
Por outra banda, é preciso lembrar que a USC é unha universidade presencial polo que é obrigatorio axustarse á normativa específica da mesma na que se esixe un mínimo do 80% da asistencia ás sesións de clase —véxase o apartado de 'Observacións'— agás naqueles casos de dispensa oficial de docencia. Tendo en conta o anterior, ao tratarse dunha cuestión de obrigado cumprimento, a asistencia non será incluída como aspecto a valorar no sistema de avaliación da materia pero si será un aspecto controlado a través do sistema de sinaturas en aula.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO ASISTENTE:
- SEGUIMENTO E IMPLICACIÓN NA MATERIA (10% / 1 punto na cualificación final), referido á participación regular nas sesións de aula e aportacións relevantes á materia nas diversas dinámicas que se leven a cabo (tarefas, debates, titorías, etc.).
- PROBA ESPECÍFICA (40% / 4 puntos na cualificación final), relacionado coa proba individual e escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas sesións de clase.
- INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS DO ALUMNADO (40% / 4 puntos na cualificación final), incluíndo aquí tanto as tarefas de carácter práctico como o traballo xeral da materia (que adoptará a modalidade de proxecto interdisciplinar), a concretar na guía docente.
- PRESENTACIÓNS ORAIS/PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% / 1 punto na cualificación final), isto é, exposicións orais solicitadas ao alumnado.
*O alumnado que estea por debaixo da porcentaxe de asistencia que esixe a USC, non terá dereito a puntuación no apartado "seguimento e implicación na materia", debendo acadar obrigatoriamente un mínimo de 5 puntos entre os restantes apartados do sistema de avaliación e realizar un traballo obrigatorio que será decidido pola docente chegado o momento.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL:
Entrarán nesta categoría o alumnado que dispoña dunha dispensa ás clases teóricas concedida de xeito oficial. Contará cun ‘plan de traballo individualizado’ no que se detallarán as cuestións relativas á materia no seu caso concreto.
- SEGUIMENTO E IMPLICACIÓN NA MATERIA (10% / 1 punto na cualificación final): asistencia e participación a, polo menos, dúas sesións de titoría (presenciais e/ou telemáticas) acordadas entre a docente e o alumno ou alumna de dispensa, e a un mínimo de dúas sesións prácticas acordadas previamente entre a docente e o alumnado.
- PROBA ESPECÍFICA (40% / 4 puntos na cualificación final): realización dunha proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia, recollidos no conxunto total dos materiais postos á súa disposición na Aula Virtual. - INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS DO ALUMNADO (40% / 4 puntos na cualificación final): inclúense aquí as tarefas escritas solicitadas e o traballo xeral da materia, que se recollerá no plan de traballo individualizado elaborado para este alumnado.
- PRESENTACIÓNS ORAIS/PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% / 1 punto na cualificación final), isto é, exposicións orais solicitadas ao alumnado. Estas exposicións realizaranse de maneira pública na sesión ou sesións destinadas ao efecto ou a través da elaboración dunha presentación audiovisual.
Para a superación da materia, o alumnado con dispensa deberá acadar un mínimo de 5 puntos entre todos os apartados que configuran a súa avaliación.
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS COA AVALIACIÓN DA MATERIA:
· RECUPERACIÓN DA MATERIA: aquel alumnado, tanto asistente como de dispensa, que non supera a materia no período ordinario (1ª oportunidade), deberá superar unha proba individual de carácter teórico - práctico sobre os contidos da materia (2ª oportunidade).
· ALUMNADO REPETIDOR: o alumnado repetidor (2ª e/ou sucesivas convocatorias) ou non presentado será avaliado segundo o sistema e criterios de avaliación establecidos en cada curso académico para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (asistencia/dispensa).
· PROXECTO CompetenteS: en virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “seguimento e participación na materia” as súas intervencións en galego.
*NOTA IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o que se recolle no artigo 16 da 'Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións' que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, ao alumnado correspóndelle 150 horas de traballo, distribuídas do seguinte xeito:
> Tempo dedicado á actividade presencial: 51 horas.
- Aulas expositivas: 23 horas.
- Aulas interactivas: 23 horas.
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 horas.
- Actividades de avaliación: 2 horas.
> Tempo de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
Esta materia de formación básica de primeiro curso representará, nos máis do casos, o primeiro contacto do alumnado cos contidos propios desta. De aí que se aborden diferentes elementos relacionados tanto coa didáctica como coa profesión docente, desde unha perspectiva crítica pero globilizadora.
O desenvolvemento do programa precisará así unha obrigatoria flexibilidade que permita atender á situación do alumnado, as súas necesidades, coñecementos, características e evolución durante o semestre, así como ás circunstancias que poidan suceder no propio transcurso da materia.
Considerando estas cuestións establécense unha serie de recomendacións para o aproveitamento da mesma:
- Asistencia regular as aulas expositivas e interactivas, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
- Ética, responsabilidade e compromiso á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
- Contacto e comunicación coas docentes, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo no caso do alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
- Dominio das competencias dixitais básicas (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
- Realización de actividades complementarias que poidan recomendarse desde a materia, ou ben coñecerse a través das propostas da Facultade, ou doutras Facultades, organismos formativos, etc.
- Consulta de publicacións e revistas especializadas en educación.
En relación coa ASISTENCIA A CLASE, o Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010 aprobou a 'Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES' (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Nesta normativa expóñense tanto os beneficios da asistencia á clase (entre os que se sinala a “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”) como a forma de xustificar as faltas, entre outros aspectos.
Así mesmo, cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.
En relación ao anterior, esta materia segue as normas da 'Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias'.
Igualmente, esta materia baséase, entre outros, nun principio de RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL QUE RECOMENDA a entrega dos traballos individuais ou de grupo empregando, esencialmente, o soporte dixital, (Aula Virtual ou outros análogos). Cando se solicite entrega de traballos individuais e/ou grupais en formato impreso, teranse en conta as seguintes indicacións (sempre que sexa posible): evitar tapas de plástico/envoltorios externos innecesarios; empregar grampas; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos/partes; evitar anexos innecesarios.
Ademais, en atención aos criterios de IGUALDADE DE XÉNERO no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase e foméntase o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
O ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL ou CON NECESIDADE DE ADAPTACIÓNS OU APOIO POR CARACTERÍSTICAS DE NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria, http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/). Recoméndase ao alumnado realizar as xestións oportunas con este Servizo á maior brevidade posible co fin de acordar e realizar as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes na materia.
En relación co proceso de COMUNICACIÓN entre ALUMNADO-PROFESORADO este será realizado a través do correo electrónico da USC (@rai.usc.es) ou doutras ferramentas institucionais que a USC pon a disposición da comunidade universitaria. Non se aceptarán medios de comunicación externos exceptuando casos debidamente xustificados.
Eva María Barreira Cerqueiras
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alba Maria Souto Seijo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821006
- Correo electrónico
- albamaria.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU